Tes dúbidas sobre o Posgrao da USC en Xestión e Innovación Cultural para a práctica profesional?
Nesta edición cúmprense 10 anos de traxectoria ofrecendo un programa formativo adaptado ás características do sector cultural galego e ás necesidades formativas das súas profesionais. Resolvemos as túas dúbidas!
En que consiste a oferta de posgraos da USC?
A USC, a través do Centro de Estudos Propios, promove unha oferta propia de posgraos de formación especializada dirixidos á actualización profesional. A oferta académica de posgrao englóbase dentro da estratexia da máis alta calidade da USC. Podes atopar toda a información aquí.
Cal é o noso modelo formativo?
Para facilitar a conciliación coa actividade persoal e profesional o noso posgrao ten carácter semipresencial:
- As sesións presenciais supoñen unha parte esencial da experiencia formativa. Son un punto de encontro co amplo elenco de profesionais e especialistas que acompañan ao grupo de aprendizaxe de cada edición. Todas as aulas grávanse e quedan a disposición do alumnado nunha plataforma virtual, xunto a materiais adicionais, para poder revisalas ou recuperar en caso de non poder asistir puntualmente por compromisos profesionais ou persoais.
- Outra metade da formación desenvólvese a través da elaboración de traballos prácticos auto-organizados. Trabállase en equipo, con apoio telemático do equipo de titorización e o uso de ferramentas colaborativas.
Cando se celebra a formación?
As aulas celébranse entre o 04 de outubro de 2024 e o 16 de maio de 2025. Todos os venres lectivos e un xoves de cada mes, en horario de tarde: 16:30 a 20:30 horas.
Podes atopar o programa e calendario completo aquí.
As persoas que desexen realizar as prácticas optativas poderán realizalas entre o 10/01/2025 e o 30/09/2025, que é a data oficial de finalización do curso.
Onde se celebra?
A sede principal da formación é a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC (Avda. Burgo das Nacións, s/n – 15782, Santiago de Compostela). Tamén desenvolvemos visitas e sesións en diferentes espazos culturais da cidade.
En que idiomas se desenvolve?
En galego e castelán, podendo puntualmente manexarse recursos en inglés e portugués.
Que debo facer para superar o curso?
O propio curso seguirá unha secuencia de contidos e apoio titorial que permita deseñar de xeito práctico un proxecto de xestión cultural. Faise ademais en equipo, co asesoramento do equipo de titorización e o apoio de docentes e profesionais que nos visiten nas aulas.
A avaliación final realízase a partir de:
- Entrega de proxecto grupal (traballo práctico).
- Sesión de presentación de proxectos ante comité de profesionais en activo.
- Un breve traballo individual de resumo sobre a temática dunha sesión do curso.
En que consisten as prácticas optativas?
Para propiciar unha inmersión total no mundo profesional e para aplicar os contidos nos que afondamos na aula, o Curso ofrece prácticas optativas en institucións e empresas culturais de referencia.
Ao longo das diferentes edicións celebradas até hoxe colaboramos con entidades moi diversas, que podes atopar aquí. Trátase dun listado de posibles destinos, aberto e que medra ano a ano.
A experiencia práctica busca ser o máis persoalizada aos intereses e dispoñibilidade do noso alumnado. Aconsellamos e recomendamos as entidades nas que mellor poden encaixar os seus obxectivos. Tanto se é a inserción laboral, permitindo conectar con empresas e profesionais, como se xa se está a traballar e o que se busca é coñecer por dentro outros proxectos e entidades.
Aspectos prácticos
As persoas que desexen realizar as prácticas optativas poderán facelo entre o 10/01/2025 -unha vez superados os contidos iniciais da formación- e o 30/09/2025, aínda que as aulas rematen en maio. Este prazo adicional facilítase para quen desexe realizalas en eventos ou proxectos que se celebren durante o verán.
No título de Experta/o poden formalizarse unha ou dúas experiencias de prácticas tuteladas en entidades de 125 horas cada unha. Na mesma ou diferentes entidades.
Unha vez realizadas, a USC acredita de xeito complementario ao título as horas de práticas, co detalle da actividade e entidade de acollida.
As persoas que realicen prácticas estarán dadas de alta na seguridade social, sen custe adicional para elas ou a entidade de acolllida. Isto é compatible tanto con estar xa traballando como autónoma/o (RETA) ou contratada/o en réxime xeral. Así como con estar recibindo calquera tipo de prestación compatible con desenvolver unha actividade, incluída a de desemprego. Tampouco afecta á declaración da renda. Tes información ampliada na USC e na Seguridade Social.
Cales son os requisitos de acceso?
A oferta de posgraos da USC actualízase neste 2024/25 e existen dous itinerarios para cursar a formación:
8ª edición do Diploma de Experta/o en Xestión e Innovación Cultural da USC
Os requisitos de acceso son os mesmos que para os másteres oficiais da USC (www.usc.gal/gl/admision/master). Será preciso ter titulación universitaria. Poderá ser admitido tamén o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requirida; aínda que deberá finalizar o Grao antes do 30/09/2025 para obter o Diploma de Experta/o.
Como novidade, poderán cursarse tamén os mesmos contidos de forma modular, como Cursos de Formación Específica da USC
1) Análise e planificación estratéxica no sector cultural e creativo
(100 horas / 10 créditos ECTS)
2) Deseño e xestión de proxectos culturais
(100 horas / 10 créditos ECTS)
3) Mediación, comunidades e comunicación cultural
(90 horas / 9 créditos ECTS)
Nesta modalidade poderán matricularse persoas con ou sen titulación universitaria, acreditando neste último caso e de xeito alternativo unha traxectoria formativa, profesional ou activista próxima ao sector cultural, socioeducativo ou creativo. Ao finalizar, a USC certificará cada un dos módulos de xeito independente.
Cal é o importe da matrícula?
8ª edición do Diploma de Experta/o en Xestión e Innovación Cultural da USC
O prezo do curso completo son 1.740,00 €, coa posibilidade de pago fraccionado sen xuros nin trámites adicionais:
- 1º prazo de 895,00 € coa matrícula, no mes de setembro de 2024.
- 2º prazo de 845,00 € ata o 21 de novembro de 2024.
Como novidade, poderán cursarse tamén os mesmos contidos de forma modular, como Cursos de Formación Específica da USC
1) Análise e planificación estratéxica no sector cultural e creativo (100 horas):
- 600,00 € coa matrícula, nun único pagamento.
2) Deseño e xestión de proxectos culturais (100 horas):
- 600,00 € co peche de prazo de matrícula, nun único pagamento (consultar posibles ampliacións de prazo).
3) Mediación, comunidades e comunicación cultural (90 horas):
- 540,00 € co peche de prazo de matrícula, nun único pagamento (consultar posibles ampliacións de prazo).
Hai bolsas ou descontos aplicables?
Os estudos propios non contemplan ningún tipo de bolsas ou exencións de prezos públicos (familia numerosa, discapacidade, estudante da USC, persoal da USC, etc.). Para facilitar o acceso si existe a posibilidade dos pagamentos fraccionados sinalados anteriormente.
Outras posibilidades:
- A USC está inscrita no catálogo de especialidades da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE). As empresas que inscriban aos seus traballadores no mesmo poderán beneficiarse de bonificacións nas súas cotizacións á Seguridade Social.
- Se actualmente traballas nunha empresa podes solicitar un Permiso Individual de Formación (PIF). O cal permite, coa autorización da empresa, compatibilizar traballo e estudos e dedicar parte da xornada laboral a realizar calquera formación recoñecida por unha acreditación oficial. A empresa benefíciase dunha bonificación polo custo salarial íntegrp das horas de ausencia (ata 200 horas laborables por ano natural ou curso escolar).
- Diversas entidades convocan regularmemte axudas a formación. Por exemplo, a Fundación Daniel e Nina Carasso e Hablar en Arte convocan Complemento Directo, unha liña de axudas específicas para formacións de posgrao como o noso, sendo seleccionado alumnado de anteriores edicións, nos que se aborda a mediación cultural como un elemento indispensable para a democracia cultural. A convocatoria 2024-25 está aberta ata o 12/09/24. Ademais de apoio económico, ofrecen un programa de mentorías adicional.
Como se formaliza a matrícula?
Para iniciar o proceso só tes que cubrir o formulario de solicitude de praza que atoparás aquí. Analizaremos todas as solicitudes recibidas, podendo concertar entrevistas telefónicas persoais.
Os criterios principais de selección serán a motivación para realizar o Curso e a valoración do perfil académico e/ou profesional, pero tamén temos en conta a orde cronolóxica de solicitudes.
Posteriormente debe formalizarse a inscrición e matrícula na sede virtual da USC, para o cal facilitaremos a información e acompañamento sobre os pasos a realizar de xeito sinxelo.
Datas
O prazo de solicitude de praza e pre-inscrición finaliza o 31 de agosto de 2024.
Posteriormente publicarase a listaxe de persoas admitidas, as cales deberán formalizar a matrícula entre 02 e o 15 de setembro de 2024.
A partir dese día só poderán matricularse, no caso de quedar vacantes dispoñibles, as persoas en lista de agarda. Incluídas novas solicitudes que poidan recibirse durante o mes de setembro. Podes escribirnos a usc@xestioncultural.com para consultar en calquera momento as posibilidades abertas.
Inclúe a matrícula algún tipo de seguro ou beneficio?
Todo o alumnado está cuberto por un seguro de accidentes e responsabilidade civil a través da póliza subscrita pola Universidade. Adicionalmente e durante o curso completo (ata o 30 de setembro de 2025) formas parte da comunidade de alumnado da USC. Podes consultar aquí a información dos beneficios que esta ofrece.
As persoas que realicen prácticas estarán dadas de alta na seguridade social sen custe adicional para elas ou a entidade de acolllida. Isto é compatible tanto con estar xa traballando como autónoma/o (RETA) ou contratada/o en réxime xeral. Así como con estar recibindo calquera tipo de prestación compatible con desenvolver unha actividade, incluída a de desemprego. Tampouco afecta á declaración da renda. Tes información ampliada na USC e na Seguridade Social.
É posible solicitar unha factura?
É posible que a Universidade emita unha factura para acreditar o pago por dunha entidade ou empresa. Poderá incluír tanto os importes de matricula como o seguro obrigatorio. A solicitude pode realizarse na oficina que xestiona a matricula nos días seguintes á formalización do pago. Esta facilitará un formulario que se debe cumprimentar e enviar segundo o procedemento indicado no mesmo.
As facturas corresponderán sempre a pagos realizados dentro do ano natural. Non se poderán emitir facturas de pagos de anos atrasados. A factura debe solicitarse nos días seguintes do pagamento realizado.
O título acredita méritos en concursos e oposicións?
As titulacións propias da USC están plenamente recoñecidas. É a administración ou entidade convocante a que establecerá para cada concurso o criterio de valoración de méritos e dos puntos concretos que sume cada formación coa que conte a persoa aspirante. En caso de dúbida, habería que consultar ao organismo que convoca a praza.
Esta formación permite adquirir os coñecementos específicos para afrontar os temarios de preguntas test ou curtas sobre xestión cultural. Ademais, outra achega da proposta formativa é que permite dotarse das ferramentas para estruturar e fundamentar un proxecto cultural integral, adaptado a un determinado contexto territorial ou social. Esta adoita ser a última proba puntuable en procesos selectivos.
Créditos ECTS
Os títulos propios teñen a mesma validez fóra que dentro de España. É un título curricular de estudios non regrados, e amparados pola Lei Orgánica de Universidades.
Verás que na información do programa, xunto ás horas estándar certificadas no título emitido pola USC, indicamos os créditos ECTS. As siglas ECTS corresponden a European Credit Transfer System, un sistema que permite medir o traballo que teñen que facer os estudantes para adquirir os coñecementos, capacidades e destrezas necesarias para superar as diferentes materias do seu plan de estudo.
As entidades que valoren baixo este sistema de actividade de estudos contabilizarán 25 horas por crédito. Xa que inclúen o tempo de horas lectivas, horas de estudo, titorías, seminarios, traballos, prácticas ou proxectos, así como as esixidas para a preparación e realización de exames e avaliacións.
Tes algunha dúbida adicional?
Para calquera consulta podes escribirnos un correo a usc@xestioncultural.com. Tamén podes enviarnos unha mensaxe por Whatsapp ou Telegram ao +34 698 914 849. Chamadas non habilitadas.