USC Xestión Cultural
  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Inicio
  • Blog do Curso
  • Publicacións
  • Obxectivos
  • Destinatarios
  • Programa
  • Equipo Docente
  • Entidades Colaboradoras
  • Información e Matrícula
  • Search
  • Menu Menu
  • TECER REDES DE COÑECEMENTO

Equipo promotor e titorías

O grupo impulsor do Curso está formado pola profesora de economía aplicada na USC Isabel Neira, o tamén profesor da USC e experto en desenvolvemento local e innovación Gonzalo Rodríguez, e os xestores culturais Marcos Lorenzo e Sergio Lago, dous profesionais en activo de contrastada traxectoria.

O equipo complétase cun grupo de titores: Diego Parajó e Sonia Díaz, que apoian aos grupos de aprendizaxe co seu coñecemento especializado en novas metodoloxías de deseño e traballo en equipo e comunicación cultural, respectivamente, e Beatriz Fontán e Diego V. Meizoso, que aportan ás participantes o seu coñecemento en marketing cultural e en xestión de proxectos culturais.

Isabel Neira
https://www.linkedin.com/pub/isabel-neira-g%C3%B3mez/24/ba9/b0bhttps://twitter.com/NeiraI

Isabel Neira

Directora académica USC
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Doutora en Ciencias Económicas e Profesora Titular de Economía Aplicada (Econometría) na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Investigadora en capital humano, capital social e emprendemento.

Actualmente é presidenta de AEDE (Asociación da Economía da Educación), membro do Consello Galego de Estadística, directora do equipo de investigación GEM-USC e directora do Curso de Experto en Coaching na USC.

Actúa tamén como asesora da ANECA (Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación) para a avaliación das TIC nas Universidades españolas e da ACSUG (Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia).

Sergio Lago
http://es.linkedin.com/pub/sergio-lago/26/a14/346/https://twitter.com/sergio_lago

Sergio Lago

Coordinación académica, contidos e titorías
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Socio fundador de BenCuriosa, un equipo de profesionais da xestión cultural centrado na consultoría en políticas culturais, a formación especializada e o deseño de programas e eventos ao servizo do coñecemento e da creatividade.

Iniciou a súa carreira profesional en 2003 creando un estudo de deseño gráfico e web vinculado ao sector musical, participando posteriormente na creación e dirección de diversos proxectos, tanto empresariais como institucionais, no ámbito da produción e a distribución física e dixital de contidos culturais, incluídas iniciativas de comercio electrónico.

En 2011 foi seleccionado como director de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, desenvolvendo ata maio de 2013, o proceso de reformulación estratéxica do seu modelo, así como a organización integral do evento anual. Posteriormente e ata 2015 foi coordinador técnico na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, onde actualmente está a desenvolver o seu Banco Dixital de Boas Prácticas na Xestión Cultural.

Tamén, entre outros proxectos, é responsable da posta en marcha e e comisariado do programa de innovación cultural “Coruña Dixital” para a área de Culturas e Coñecemento do Concello da Coruña.

.

Marcos Lorenzo
https://es.linkedin.com/pub/marcos-lorenzo/14/63/900https://twitter.com/culturatleta

Marcos Lorenzo

Coordinación de contidos
USC Xestión Cultural

CV ampliado

É técnico de Cultura no Concello de Ferrol e socio fundador de BenCuriosa, un equipo de profesionais da xestión cultural centrado na consultoría en políticas culturais, a formación especializada e o deseño de programas e eventos ao servizo do coñecemento e da creatividade.

Economista e antropólogo, realizou estudos complementarios en xestión cultural, urbanismo e cooperación internacional.

Traballou como asesor da Cidade da Cultura de Galicia, onde dirixiu o I Encontro Internacional de Economía e Cultura, así como o ciclo de cultura contemporánea NEXOS, entre outras actividades. Foi -ademais de responsable da política cultural do Concello de Ferrol, no que actualmente traballa- director da empresa de xestión cultural e-Burbulla S.A., xerente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, coordinador de proxectos europeos na Fundación Galicia Emigración e fundador da empresa social Cidadania S. Coop. Galega.

Marcos Lorenzo é tamén autor de diversas investigacións e ensaios.

Gonzalo Rodríguez
https://www.linkedin.com/pub/gonzalo-rodriguez-rodriguez/14/403/176

Gonzalo Rodríguez

Co-director académico USC
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Doutor en Economía e Profesor do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

Experto en desenvolvemento local e innovación.

Diego V. Meizoso

Diego V. Meizoso

Docente e titor
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Xestor cultural con 13 anos de experiencia, é dende o ano do 2017  xerente de Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas), qunha das máis importantes do Estado a nivel sectorial, con 35 compañías produtoras asociadas.

Tamén dende agosto do 2018 coordina Camiño Escena Norte, proxecto de intercambio cultural por medio das artes escénicas promovido pola propia Escena Galega e as súas entidades parceiras EscenAsturias (Asturias), Acepae (Cantabria) e Eskena (Euskadi), que este ano contará coa súa 2ª edición.

Antes foi socio traballador da cooperativa cultural 7HCoop, onde deseñou e coordinou proxectos de mediación cos públicos sobre a programación de artes escénicas de Compostela Cultura e o programa de Didácticos Audiovisuais. Traballou no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, no Festival Internacional de Teatro Universitario de Galicia, nas actividades do trinta aniversario do Museo do Pobo Galego e na produción do ALT (festival alternativo das artes escénicas de Vigo), do Corpo(a)Terra (festival de danza e artes do corpo de Ourense) ou do ciclo musical De Lugares e Órganos e do programa de música en espazos de interese cultural Espazos Sonoros, entre outras moitas propostas relacionadas coa coordinación e programación de contidos.

Estudou filoloxía inglesa na USC, ademais de varias formacións orientadas ao ámbito cultural como os posgraos en Xestión do Mercado Cultural e do Lecer (UNED), Animación Sociocultural, Lecer e Tempo Libre (UNED) ou Sectores e Industrias Culturais (UOC), así como o mestrado en Xestión Cultural, Orientación Rrofesional (UOC-UdG), entre outras propostas formativas.

Sonia Díaz
https://es.linkedin.com/in/emerecihttps://twitter.com/emereci

Sonia Díaz

Docente e titora
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Freelance en nócomún, Experta en comunicación cultural

Licenciada en Xornalismo, cursou unha diplomatura en Estudos Culturais no Reino Unido, un doutoramento en Comunicación Audiovisual en Barcelona, un máster en Xestión Cultural en Chile e é asesora ICEX en Internacionalización Empresarial.

Colaborou coa Xunta de Galicia e coa AGE na organización e na difusión da presenza galega nas feiras internacionais do libro, foi asesora de comunicación de Ouvirmos e de Nordesía Producións entre outros. Actualmente deseña e executa as estratexias de comunicación de numerosos festivais, mercados e feiras de distintas disciplinas.

Aínda que centrada na asesoría estratéxica, tamén colabora esporadicamente como guionista audiovisual e como responsable de contidos de proxectos literarios, fotográficos ou expositivos.

Diego Parajó
https://www.linkedin.com/in/diegoparajohttps://twitter.com/DiegoParajo

Diego Parajó

Docente e titor
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Socio fundador e xerente de Xeneme Proxectos Sociais desde 1998, onde desenvolve a súa actividade como formador, consultor e project manager en proxectos de servizos sociais, educativos e culturais.

Diplomado en Educación Social. Experto en Xestión Cultural. Máster en Responsabilidade Social Empresarial. Especialista en mediación de procesos comunitarios, innovación social e creatividade. Formado en desenvolvemento comunitario, coaching sistémico, agile project management e dirección de empresas. Consultor certificado en Creative Problem Solving.

É tamén director do centro sociocultural municipal Local de Música de Pontevedra desde 2008 e socio e membro activo de AESGAL, asociación de sociedades laborais de Galicia, así como fundador de Asociación Socioeducativa e Cultural O NÚCLEO, unha ONG de innovación social dixital na comarca de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) orientada ao desenvolvemento do talento nas persoas mediante proxectos TIC.

Beatriz Fontán
http://es.linkedin.com/in/beatrizfontanhttps://twitter.com/brfontan

Beatriz Fontán

Docente e titora
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Máster en Dirección Comercial e Marketing e Máster en Producción e Xestión Audiovisual. Educadora infantil. Especializada en marketing cultural.

Desenvolve a súa carreira nas áreas de comunicación, produción, xestión e mercadotecnia. Entre outras compañías ten traballado no Grupo Prisa, El Mundo e as produtoras galegas Filmax, Ficción Producións, Milú Films e Continental Producións, coordinando tamén o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela “Curtocircuito”. Durante os últimos anos colaborou estreitamente coa  banda galega “Berrogüetto” asumindo as tarefas de management e contratación de xiras a nivel nacional e internacional.

Actualmente desenvolve temas de formación, estratexia e comunicación efectiva para profesionais independentes e PEMES, ademais de impulsar novos proxectos como www.serapornombres.com e www.poliedrica.es

Profesionais e expert*s convidad*s 2020-21

Para o día a día dun profesional da xestión de proxectos resulta imprescindíbel contar cunha rede de expert*s colaborador*s e aprender a traballar de xeito horizontal e aberto. Por este motivo acompañarannos expert*s universitari*s e profesionais en activo que nos permitirán afondar nos aspectos máis importantes de cada unha das etapas dun proxecto de xestión cultural. Aquí podedes coñecer xa a algúns e algunhas deles.

 

Alberto García
https://www.linkedin.com/profile/view?id=49555555https://twitter.com/albertodeboiro

Alberto García

Educador social e dinamizador cultural
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración. Posgrado en Educación Social e Animación Sociocultural.

Inicia a súa traxectoria en 1993 no eido da educación non formal. Dende 1999 é técnico de cultura do Concello de Boiro e exerce como director do Centro Social de Boiro. A partir de 2007 compatibiliza o traballo municipal con proxectos para Xunta de Galicia, plan Xacobeo, Culturgal (Feira das industrias culturais galegas), Cidade da Cultura de Galicia e outros.

No terceiro sector, participa activamente no movemento asociativo. Foi presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (2015-19).

Colabora habitualmente en docencias para USC (Ceuxc, Facultade de Humanidades Lugo, Educación Social SdC) e outras institucións. Tamén publica con regularidade textos relacionados ca xestión cultural, insistindo moito nas teorías da cultura cidadá.

Ana Lorenzo
https://www.linkedin.com/pub/ana-lorenzo-vila/5a/8a/a32https://twitter.com/analorenzov

Ana Lorenzo

Socia de Cidadanía, Experta en participación social
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciada en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Experiencia profesional e implicación activa na promoción da Economía Social.

Experta en investigación-acción e en democracias participativas. Proxectos de mellora da acción pública: transversal, relacional, participativa, eficiente. Mecanismos áxiles de planificación, seguimento e avaliación. Desenvolvemento de competencias vinculadas coa cooperación, a creatividade colectiva ou o traballo en rede. Publicacións no ámbito da organización asociativa e cooperativa.

Ángeles Miguélez

Ángeles Miguélez

Traballadora do Museo do Mar (Rede Museística Provincial de Lugo)
USC Xestión Cultural

CV ampliado

É licenciada en Dereito, traballa no Museo Provincial do Mar da Rede Museística Provincial de Lugo desde o ano 2011, sendo na actualidade encargada de auxiliares de sala.

Para a adaptación do seu  posto de traballo, a Xerente da Rede, Encarna Lago, ideou o proxecto “Fotografía a cegas”, do que formou parte, e a partir do cal comenza a participar en numerosos e diversos foros a nivel nacional e internacional, como o Congreso Internacional de Educación e Accesibilidade, Congreso Internacional de Museos Inclusivos, Encontro MUNAL ou o Congreso Internacional “O Museo para Todas as Persoas”, compartindo a experiencia da inclusión partindo da adaptación  do posto dunha persoa con discapacidade visual á actividade museística.

Xunto coa xerente da Rede Museística ten participado tamén como relatora en cursos de formación para a Rede de Museos Etnográficos de Asturias,  Rede de Museos-Consell de Mallorca, título propio de Técnico Auxiliar en Entornos Culturales da Universidade de Málaga para persoas con diversidade intelectual ou no Curso en liña de formación propia da Rede Museística Provincial de Lugo.

Ania González
https://www.linkedin.com/in/ania-gonz%C3%A1lez-47579148/https://twitter.com/aniagonzalezc

Ania González

Avogada e investigadora cultural
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Ania González é licenciada en Dereito pola UNED, Mestrado en Avogacía pola UVIGO. Especialista en Museoloxía, Imaxinación Política, Teoría Crítica e Feminismos polo Programa de Estudos Independentes do Centro de Estudos do Museo de Arte Contemporánea de Barcelona.

Colabora como investigadora con varias institucións públicas e proxectos independentes, como o Congreso Internacional de Artes Vivas e Políticas de MOV-S, o Instituto Interuniversitario de Comunicación Intercultural (IICC-Universidade Carlos III), o TEA Tenerife Espacio de las Artes ou o Instituto da Cultura e das Artes de Sevilla (ICAS).

Ademais, formou parte da dirección do proxecto artístico autoxestionado FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea, cos artistas Olmo Blanco e Diego Vites.

Dirixe xunto a comisaria María Marco e o artista dixital Horacio González a revista online pletora.es. Con este último, ademais, coordina o programa de acción e investigación Outra Institucionalidade (vhplab.net) e xuntos conforman o colectivo de acción crítica directa Agentes del Caos. Colabora como firma convidada con medios especializados como Babelia – El País ou Praza Pública e imparte charlas e cursos centrados na relación entre os ámbitos do Dereito e a Cultura.

Bea García
https://www.linkedin.com/in/bea-garcia-54a27a14/https://twitter.com/BeaGarciaGzlez

Bea García

Museóloga e xestora de proxectos
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Bea García é licenciada en Historia da Arte, maxíster en Museografía e Exposicións e experta universitaria en Conservación de Museos: Museoloxía e Cultura Contemporánea.

Participou  en  numerosos  proxectos  de  museoloxía,  entre  os  que  se  inclúen  o  centro  de  interpretación da natureza  El  Péndere, a  exposición permanente  El  Campo  en Extremadura  en  Mérida,  a musealización  do  parque  minero  de  Almadén  e  do  Real  Hospital  de  Mineros ou a  exposición  Lois  Pereiro Lírica  Punk  entre outros moitos proxectos.  A  súa  experiencia  laboral  inclúe a  participación  en  varios  plans  directores  para  a  ordenación  e posta  en  valor  do  patrimonio  dun  territorio,  como  o  plan  director  das  minas  de  mercurio  de  Almadén (Cidade  Real),  o  das  minas  de  volframio  en  Fontao  (Vila  de  Cruces,  Pontevedra) ou o  Plan  Director  da  Cidade  da  Cultura  de  Galicia.

Ademais, foi responsable de contidos de Zinc Shower nas súas tres primeiras edicións e directora de proxectos en varias empresas, como e-cultura, e-burbulla e Micelios, desenvolvendo, desde unha dinámica de traballo en equipo, máis de cincuenta proxectos de innovación social, económica e cultural para entidades públicas y privadas.

Tras cursar Masteryourself, forma parte da comunidade Teamlabs, desde onde traballa a evolución desde a curación de programas formativos á co-creación de comunidades de equipos de aprendizaxe.

Belén Bermejo
https://www.facebook.com/sirgotorcendo/?fref=ts

Belén Bermejo

Fundadora de Sirgo Torcendo e directora artística e coordinadora do festival Espazos Sonoros
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Belén Bermejo é directora artística e coordinadora de proxectos como o festival Espazos Sonoros, o ciclo De Lugares e Órganos, o proxecto Chegar a Galicia, chegar ao mundo e fundadora e colaboradora do Equipo de Catalogación e para a Difusión dos Órganos de Galicia.

Doutora en dereito, foi profesora de Dereito Administrativo e de Xestión de Persoal das Administracións Públicas na escola de RR.LL. da UDC e desenvolveu tarefas como investigadora na área de Dereito Administrativo da USC, no campo da cultura e protección do patrimonio histórico.

Como docente e investigadora, realizou estadías en diversas universidades europeas como Cambridge, Palermo ou Innsbruck e realizou diversas publicacións en libros e revistas especializadas. Foi, durante máis dunha década, profesora contratada pola Universidade de Innsbruck para impartir a asignatura de Introdución ao Dereito español.

Á fronte da empresa Sirgo Torcendo, da que é fundadora, colaborou en proxectos expositivos para diversas institucións como o MUPEGA ou a USC en exposicións como 150 anos da Lei Moyano: dos Ábacos aos Computadores ou Rodríguez Cadarso, un reitor para un país e Antonio Casares: investigador e reitor da modernidade. Ademais, ten colaborado con numerosas institucións públicas e privadas (concellos, fundacións, deputacións, gobernos autonómicos, festivais internacionais de música, museos, etc.) na organización de concertos e proxectos musicais e, na actualidade, traballa tamén como axente para importantes formacións nacionais e internacionais no eido da música antiga e clásica.

Carlos Martins
https://twitter.com/cfmartins_tweethttps://www.linkedin.com/in/carlosmartinsopium

Carlos Martins

Economista e Consultor, Presidente de ADDICT e Socio-Xerente de Opium
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Doutorado en Xeografia na Universidade do Porto, con investigación sobre estratexias de innovación territorial a través da cultura e a creatividade.

Posgraduado en Turismo Cultural pola Universidade de Barcelona.

Licenciado en Economia pola Faculdade de Economia da Universidade do Porto.

Frequência do Short Master en Cultura do Vinho e Enoturismo.

Sócio da Opium, Lda, empresa dedicada á planificación cultural, territorial e económica.

Foi Director Executivo de Guimarães 2012 Capital Europeia da Cultura e da Fundação Cidade de Guimarães.

Foi presidente da ADDICT – Agência de Desenvolvimento das Indústrias Criativas.

Foi coordenador do Estudo Macroeconómico “Desenvolvimento de um Cluster de Indústrias Criativas no Norte de Portugal”.

Foi co-autor do Plan de Xestión do Centro Histórico do Porto Património Mundial.

Foi coordinador do Programa de Animación das Cidades do Euro 2004.

Foi membro do Conselho Nacional de Cultura – Secção das Artes.

Foi concelleiro de Cultura, Turismo e Desenvolvemento Económico do Município de Santa Maria da Feira.

Foi presidente da Sociedade de Turismo de Santa Maria da Feira SA.

Foi Presidente da Direção de Agência de Desenvolvimento Regional de Entre-Douro-e-Vouga.

Fundador da Associación (e do festival) Porto Post Doc e da Orquestra Filarmónica Portuguesa.

Atualmente, coordina programas de desenvolvemento de turismo cultural para o Turismo de Portugal, Turismo do Centro e municipios do Norte e Centro do país.

Carme Casado
https://www.linkedin.com/in/carmecasadocasado/https://twitter.com/casadocarme

Carme Casado

Responsable de Promoción Económica en CERSIA Empresa
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Carme Casado é economista, “vocacional e profesional”. Como ela mesma adoita explicar, é unha “facilitadora de proxectos empresarias e institucionais”. Faino en CERSIA Empresa, un organismo dependente do Concello de Santiago e, por tanto, de carácter público, no que é a responsable de Promoción Económica.

O seu traballo, e os seus intereses académicos, diríxense aos ámbitos do desenvolvemento local e a promoción económica como eixos do desenvolvemento das cidades e da calidade de vida da cidadanía. Sobre esta cuestións ten impartido varias conferencias e cursos.

Encarna Lago
https://es.linkedin.com/pub/encarna-lago/35/485/491https://twitter.com/encarnalago

Encarna Lago

Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, foi coordinadora e comisaria de 413 exposicións e autora de numerosos artigos e publicacións.

Defensora do traballo colaborativo e inclusivo, elaborou o informe para a creación da Rede Museística en xuño de 2006 e impulsou o Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade, a través do cal trata de ofrecer un centro aberto e libre de barreiras.

Foi poñente en diversos foros nacionais e internacionais sobre didáctica e xestión de museos, capacidades diferentes, diálogo intercultural, responsabilidade social, xénero e igualdade, redes e conexións de museos e o enfoque do “software libre” aplicado á museoloxía.

O seu modelo de xestión baseado na democratización cultural “Museos para todxs entre todxs” recibiu, entre outros, o Premio da Critica Galicia 2004, Premio Once Solidaridade 2011, Premio Mellor experiencia didáctica dun Museo Fundación Rosalía 2008 e o Premio Boa e Xenerosa Árdelle o Eixo Os Aventados 2015.

Jaume Colomer
https://es.linkedin.com/in/jaumecolomerhttps://twitter.com/JColomerV

Jaume Colomer

Profesor da Universitat de Barcelona, Consultor cultural
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Jaume Colomer é consultor especializado en análise e planificación de sistemas e organizacións culturais, ademais de especialista en análise e xestión de públicos da cultura, así como en planificación e xestión de artes escénicas.

É o fundador e director da consultoría BISSAP, especializada en xestión cultural, dende a que realizou ou dirixiu máis dun cento de estudos, plan e proxectos.

Foi profesor asociado da Universidade de Barcelona (1994-2018) dando clase no Grao de Educación Social e no Mestrado oficial en Xestión Cultural como titular, entre outras, das asignaturas Estudo de Públicos e Políticas de Programación Cultural, Programas de Animación Sociocultural e Pedagoxía do Ocio.

Na actualidade segue a impartir docencia en varios mestrados e posgraos da UB, ao tempo que colabora con outras universidades. Ademais, é responsable da Secretaría Técnica del Cercle de Cultura e asesor do programa CaixaEscena do Fundación La Caixa. 

Os seus últimos títulos publicados son: (2006) La gestión de las artes escénicas en tiempos difíciles (Cuadernos Gescénic), (2009) Marketing de las artes escénicas. Creación y desarrollo de públicos (Cuadernos Gescénic, en coautoría con Jordi Sellas), (2012) Guía legal y financiera de las artes escénicas en España (Instituto Autor), y (2013) Formación y gestión de públicos escénicos en una sociedad tecnológica (Fundación Autor-SGAE). Ata o 2019 foi colaborador mensual da revista ARTEZ, na que publicou máis dun cento de artigos.

Juan José Romero
https://www.linkedin.com/in/jjromerocrusat/

Juan José Romero

Xestor de programas e socio de Suma Importancia
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Socio fundador de Suma Importancia, ten formación en Administración e dirección de Empresas e máster en dirección de equipos comerciais por ESIC. Consultor especializado en desenvolvemento de modelos de negocio e comunicación comercial, forma parte do staff docente do Instituto Empresarial ISEI con sede en Hermosillo (México) dentro do Mestradi en Dirección de Organizacións do Coñecemento.

Experto en auto-desenvolvemento do liderado, en Suma Importancia asume a xestión e programación d econtidos, administración e relacións internas.

Lluís Bonet
https://es.linkedin.com/in/lbonethttps://twitter.com/lbonetub

Lluís Bonet

Profesor da Universitat de Barcelona, Experto en Economía da Cultura
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Profesor de Economía Aplicada da Universidade de Barcelona, onde dirixe a área de cursos de posgrao en xestión cultural. Foi investigador invitado no Massachusetts Institute of Technology e profesor invitado na Universidade de Montpellier, e ten ditado conferencias e seminarios en máis de corenta países.

Mestre nos campos da xestión cultural, políticas culturais e economía da cultura, foi membro da xunta directiva da Asociación Internacional de Economía da Cultura, presidente da Rede Europea de Centros de Formación en Xestión Cultural (ENCATC), vicepresidente da Asociación de Educadores en Administración das Artes e presidente do xurado de investigación en políticas culturais que outorga a Fundación Europea da Cultura.

Entre as súas múltiples publicacións, foi coautor da obra “Políticas para la creatividad. Guía para el desarrollo de las industrias culturales y creativas” (UNESCO, 2010).

María Yáñez
https://www.linkedin.com/in/mariayanezhttps://twitter.com/maria_yanez

María Yáñez

Directora de Vinte e comisaria de contidos dixitais
USC Xestión Cultural

CV ampliado

María Yáñez  leva dúas décadas traballando como xornalista en medios dixitais, desenvolvendo contidos audiovisuais para internet e deseñando estratexias de comunicación online para diversos proxectos culturais. É Licenciada en Xornalismo e Máster en Estudios Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Na actualidade dirixe VINTE, unha revista online de sociedade, cultura e tendencias vinculada ao xornal Praza.gal e traballa como xornalista e consultora de comunicación para organizacións vinculadas ao audiovisual, como a produtora Portocabo ou a Academia Galega do Audiovisual, para a que coordina a publicación “Papeis da Academia”.

Fai traballos de comisariado en distintos proxectos relacionados con la cultura dixital audiovisual, como o festival Carballo Interplay ou o LAIC, Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación impulsado polo programa Coruña Dixital. E colabora coa European Cultural Foundation no desenvolvemento de MediActivism, unha plataforma de arquivo e difusión online de pezas documentais creadas por mozas e mozos activistas de toda Europa. 

A súa carreira profesional estivo ligada a empresas como a productora Continental Producciones, donde foi axudante de desenvolvemento de proxectos de cine entre 2002 e 2005; o diario Vieiros, do que foi directora entre 2005 e 2006; A Navalla Suíza, empresa de comunicación web da que foi cofundadora e socia entre 2008 e 2018 e coa que gañou en 2010 o concurso Content 360º do MIPTV de Cannes na categoría “Next Generacion Online Video Experience”; Screenly, plataforma de distribución de cine en salas baixo demanda da que coordinou desenvolvemento e comunicación entre 2013 e 2017, e a numerosos medios de comunicación.

Dirixiu para TVG o documental “Linguas Cruzadas” (2007) e o programa “O país dos ananos” (2008) e nos últimos anos foi responsable de marketing e comunicación de películas galegas como “Vilamor”, “Encallados”, “Os días afogados” ou “Eroski Paraíso”. Tamén colaborou con festivais de audiovisual e/ou tecnoloxía como o TEK-FEST, o Festival de Cans ou o Festival ZEMOS98. 

Como investigadora ten participado en varios proxectos de investigación da USC relacionados con narrativas dixitais, e foi coeditora de EMBED, publicación en torno ao audiovisual integrado. Impartiu docencia en varios mestrados e postgraos de distintas Universidades e ten dado numerosas conferencias e talleres sobre novos medios por distintos países.

Na actualidade é docente na materia de Desenvolvemento de Narrativas Audiovisuais en Contextos Dixitais do Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais da Universidade de Vigo.

Miguel Martín

Miguel Martín

Departamento de Servizos Sociais do Concello da Coruña
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciado en Ciencias Políticas, Socioloxía e Administración e Dirección de Empresas. Máster en Organización de Servizos de Orientación Profesional e Emprego. Ata o 2020 foi xefe do departamento de Promoción Cultural do Concello da Coruña.

Entre 2005 e 2009 foi director do IGAEM e da AGADIC. Con anterioridade traballou na Xunta de Galicia e os Concellos de Ferrol e A Coruña en programas de servizos sociais, fomento do emprego, asesoramento a emprendedores, implantación de sistemas de calidade e avaliación de programas e servizos. Foi docente do Máster de Estudos da Unión Europea, da Universidade de A Coruña, e do Máster en Xestión de Entidades non Lucrativas, da Cruz Vermella-Escola de Negocios Caixanova.

Entre 1996 e 2005 foi vicepresidente da Asociación Chavós.

Pau Rausell
https://www.linkedin.com/pub/pau-rausell-k%C3%B6ster/2/472/879https://twitter.com/PauRausell

Pau Rausell

Profesor da Universidade de Valencia, Experto en Economía da Cultura
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Profesor titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Valencia, onde dirixe “Área de Investigación en Economía Aplicada á Cultura” (ECONCULT). É un dos maiores expertos estatais en economía da cultura.

Participa como investigador principal en numerosos proxectos europeos e iberoamericanos, onde é requirido como relator de numerosos cursos, seminarios e conferencias. Colabora asiduamente en prensa escrita (El País) e radio (Cadena Ser, programa La Ventana).

Paulo Rodríguez
https://twitter.com/xpaulor

Paulo Rodríguez

Director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, Presidente de RED (Rede Española de Teatros e Auditorios)
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciado en Filoloxía Hispánica e Dea en Galego-Portugués e Estudos Románicos. Ampliou a súa formación como especialista en Teatro na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo da Universidade do Porto (Portugal) e en Xestión Cultural na Universitat Oberta de Barcelona.

No ámbito da xestión ocupou o cargo de técnico de cultura na UDC e foi director e coordinador da Aula de Teatro do Campus de Lugo da USC. Desde decembro de 2006 ata maio de 2011 ocupou o cargo de Director-Xerente do Auditorio de Galicia, organismo autónomo local que ten encomendada a xestión da Área de Cultura do Concello de Santiago de Compostela e integra o Consello Municipal de Cultura como secretario e o Consello Municipal de Turismo. En maio do 2011 tomou posesión da praza de Director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Na actualidade, ademais do seu cargo en RED, tamén forma parte do Consejo Estatal de las Artes Escénicas y de La Música, do Comité Ejecutivo de Mercartes, da Comisión Artística da Rede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC) e coordina a Comisión de Ballet, Danza y artes del Movimiento de La Red Española de Teatros Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública.

Fundou a súa propia compañía de teatro e traballou con varias compañías profesionais de teatro, como actor e director.

Pela del Álamo
https://www.linkedin.com/in/pela-del-%C3%A1lamo-83357614/

Pela del Álamo

Director do festival internacional de cinema Curtocircuíto
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Pela del Álamo é licenciado en Comunicación Audiovisual e Máster en Documental de Creación pola Universidade Pompeu-Fabra de Barcelona. Desde 2001 traballou en publicidade, televisión e cine. En 2005 crea delÁlamo estudio, onde alterna esta actividade profesional con proxectos persoais.

Ten dirixido e producido dúas películas documentais A cuarta pista (2006) e N-VI (2012). Con este último consegue recoñecementos no Festival de Málaga, en Márgenes, MiradasDoc ou Alcances e asiste a outros como Seminci, Cinespaña, LimaIndependiente ou DocumentaMadrid.

En 2013 convirtese en director artístico de Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine desde onde ten comisariado retrospectivas con cineastas como Ulrich Seidl, Peter Greenaway, Jørgen Leth, Aki Kaurismäki, Abel Ferrara ou Sergei Loznitsa. Ao tiempo, é programador en LA OLA – Spanish Cinema Showcase en Los Angeles, California. Foi xurado en festivais internacionais como Curtas Vila do Conde, Riga International Film Fest, Hamburg International Film Festival ou FIDMARSEILLE. É membro fundador e secretario da Xunta directiva de Proxecta – Coordinadora de Festivais de Cine de Galicia e vicepresidente de PANTALLA – Federación Estatal de Coordinadoras de Festivales de Cine.

Actualmente desenvolve súa próxima longa Montaña ou Morte para Zeitun Films.

Roberto G. de la Iglesia
https://www.linkedin.com/in/rgomezdelaiglesiahttps://twitter.com/im_probables

Roberto G. de la Iglesia

Consultor experto en cultura e innovación, Director de c2+i e de Conexiones improbables
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Economista e consultor, foi durante 25 anos conselleiro delegado do grupo Xabide, unha das empresas pioneiras na península ibérica en xestión cultural.

Especialista na colaboración entre os mundos da cultura e da empresa, foi coordinador do proxecto Disonancias, e agora da iniciativa Conexiones Improbables, a través da súa nova empresa c2+i (culture + communication + innovation).

Profesor de formación de posgrao en xestión cultural na Universidade Complutense de Madrid, e nas universidades de Deusto e de Córdoba (Arxentina). Publicou media ducia de libros sobre economía, cultura e comunicación.

Ruth Sousa
https://www.linkedin.com/in/ruthsousaestevez/

Ruth Sousa

Responsable de comunicación en BenCuriosa
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Socia de BenCuriosa, un equipo de profesionais da xestión cultural -especializados no eido dixital- centrado na consultoría cultural, a formación especializada e o deseño de programas e eventos relacionados coa formación e a creatividade.

Formada en realización audiovisual, a súa traxectoria profesional estivo ligada inicialmente ao departamento técnico da TVG e varias produtoras.  Posteriormente, desenvolveu noutros medios galegos outros perfís vinculados á redacción de contidos, especialmente no Grupo Voz, tanto na radio e o xornal como, principalmente, a súa canle de televisión.

Nos últimos anos, ademais de colaborar puntualmente en medios como a revista Tempos Novos, reorientou o seu interese profesional cara o ámbito da cultura, traballando no ámbito da comunicación.

É experta universitaria en Xestión Cultural pola USC, ademais de especialista en Estratexias Dixitais en Institucións Culturais pola UOC.

Soledad Felloza
https://twitter.com/SoleFelloza

Soledad Felloza

Directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Artista multidisciplinar (actriz, dramaturga, escritora, fotógrafa,…), Soledad Felloza traballa desde diferentes perspectivas a narración. No eido da literatura infantil publicou La Vuelta al mundo (La Fragatina, 2017) e A Cociñeira do rei (OQO, 2015), Premio Europeo de Narración Oral ao mellor conto para nenas e nenos.

Ademais de colaborar en publicacións literarias, dirixe a posta en escena do Instituto do Mediterráneo de Pepe Monleón do espectáculo “Tirant Lo Blanc”, con mozos de capacidades diferentes de sete países de Europa, e de “As mulleres e o mar”, no Centro de Arte de Argel. Imparte obradoiros de teatro en centros penitenciarios e de narración oral en centros de ensino, desde o ámbito infantil ao universitario, e do ámbito nacional e internacional.

Participa en campañas de animación á lectura así como en varios circuítos de artes escénicas do ámbito internacional. Ademais, ten realizado varios traballos e exposicións fotográficas.

Dirixe Atlántica desde o seu comezo, no ano 2013. O festival de narración internacional, que naceu en Compostela, celébrase actualmente en varios concellos galegos.

Xulio Cordeiro
https://www.linkedin.com/pub/xulio-cordeiro/27/21b/40

Xulio Cordeiro

Responsable de produción de eventos na Cidade da Cultura
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Responsable de produción da Cidade da Cultura de Galicia, onde, entre outros eventos, dirixiu a produción do concerto de Björk, os programas Cidade Imaxinaria e Atardederes no Gaiás, o ciclo Nexos e os Premios da Cultura Galega.

Con anterioridade coordinou para as empresas La Fábrica de Chocolate e Esmerarte as producións do Festival Cultura Quente e de Vigo Tranforma.

Foi socio e director da empresa XXL Produción e Loxística, manager de Berrogüetto, tour manager de Luar na Lubre, responsable técnico en xira do Centro Coreográfico Galego, así como director de produción do Festival de Ortigueira.

Xulio Vázquez
https://www.linkedin.com/in/xulio-v%C3%A1zquez/

Xulio Vázquez

Xestor cultural
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Con máis de 20 anos de experiencia no sector musical e cultural, é co-fundador de NOAD Cultura Digital, unha axencia creativa de autor e oficina de representación internacional de artistas dixitais que traballa no deseño de proxectos que conxugan arte, cultura e tecnoloxía.

Entre 2015 e 2018 foi asesor técnico e coordinador xeral da Concellaría de Culturas, Deportes e Coñecemento do Concello da Coruña, etapa na que programaba e coordinaba as Festas da Coruña, así como a súa respectiva comunicación. Ademais é o responsable do exitoso re-deseño do Festival Noroeste Estrella Galicia.

Previamente traballou como promotor e axente musical, así como director de proxectos culturais como o FIM Crunia, MUAU [Museo Urbano de Arte Urbana] ou Sala O Túnel, no Coliseum da Coruña. Comezou a súa etapa profesional como coordinador de actividades socioculturais na rede de Centros Cívicos do Concello da Coruña.

Avaliación por profesionais do sector

De igual xeito que no mercado laboral, a avaliación do traballo realizado durante o Curso realizarase a través da defensa dos proxectos realizados durante o Curso ante profesionais que avaliarán todos os aspectos nunha sesión final de pitching.

Con esta dinámica pretendemos que o alumnado se achegue a todos os aspectos precisos para traballar con éxito na xestión de proxectos culturais: unha sólida base teórica, un coñecemento amplo das fases e profesionais que participan dun proxecto integral e non menos importante, a necesidade de saber explicar e vender ben o seu proxecto.

Profesionais e expert*s que pasaron polo Curso en anteriores edicións

 

Agar Ledo
https://twitter.com/agarledo

Agar Ledo

Comisaria e museóloga
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Agar Ledo foi responsable de exposicións do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, durante unha década, na que dirixiu e coordinou proxectos expositivos. Comisariou exposicións de artistas como Ánxel Huete, Grace Schwindt, Gintaras Didžiapetris, Patricia Esquivias, Pedro Barateiro, Carlos Bunga ou Diego Santomé, ademais de propostas centradas na análise da produción cultural en Galicia e nas implicacións sociais e políticas que rodean á práctica artística.

Cun Mestrado en museoloxía e estancias de formación no Fred Jones Jr. Museum of Art (Norman, OK), Le Consortium (Dijon), Musée d’art contemporain de Lyon e no ICI-Independent Curators International (Nova York), a súa carreira profesional ten transcorrido en espazos como o CGAC (Santiago de Compostela, 1998-2004), a Fundación Luís Seoane (A Coruña, 2005) ou a primeira BIACS (Sevilla 2004-2005), onde traballou como coordinadora no equipo de quen foi un dos máis visionarios comisarios e historiadores da arte do século XX: Harald Szeemann.

Alfons Martinell
http://www.alfonsmartinell.com/https://twitter.com/alfonsmartinell

Alfons Martinell

Profesor emérito da Universidade de Girona, Cátedra Unesco Políticas Culturais e Cooperación
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Profesor emérito e Doutor honorífico da Cátedra Unesco: “Políticas Culturais e Cooperación” da Universidade de Girona. Foi Director Xeral de Relacións Culturais e Científicas da Axencia Española de Cooperación Internacional. Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España (2004 – 2008). Presidente e fundador do Observatorio Interarts (1995 – 2004). Fundador e membro do Laboratorio de Investigación e innovación en Cultura e Desenrolo arrollo con sede en Colombia e España. Experto no campo da Formación de Xestores Culturais, Cooperación Cultural e Desenvolvemento, Políticas Culturais. Publicou diferentes libros, artigos e traballos no campo de xestión cultural, políticas culturais, cultura e desenvolvemento, cooperación cultural internacional. Impartiu docencia en diferentes Universidades de España. Europa e América Latina e dirixiu proxectos de cooperación cultural en institucións internacionais.

Ángel Sánchez
https://twitter.com/PlayDocFest

Ángel Sánchez

Co-director do Play-Doc Festival
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Valencia. Traballou como xornalista e produtor en varias canles de televisión. Tamén dirixiu a produción dunha gran variedade de espectáculos, concertos, festivais de arte e campañas publicitarias.

Ángel Sánchez é fundador e director, xunto con Sara García, de Play-Doc, Festival Internacional de Documentais. Play-Doc cumpriu doce edicións este 2016; un evento cinematográfico de referencia polo que pasaron decenas de miles de visitantes. Paralelamente desde o festival organízanse un gran número de talleres e seminarios enfocados á promoción e formación de cineastas noveis.

En 2014 fundan Play-Doc TV, a primeira plataforma cinematográfica de VOD en Galicia que se emite a través do operador de cable galego R.

Araceli Corbo
https://www.linkedin.com/in/aracorbo/?ppe=1https://twitter.com/aracorbo

Araceli Corbo

Responsable de la Biblioteca-Centro de Documentación MUSAC
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Araceli Corbo foi a responsable da Biblioteca – Centro de Documentación do MUSAC (Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León) que hoxe leva o seu nome. Licenciada en Documentación, Diplomada en Biblioteconomía, Experta en Información, DEA no doctorado de “Estudos interdisciplinares de xénero” e Grao de Salamanca. Máster en Edición da Universidade Salamanca e Edicións Santillana, cursos de experto en Community Manager e Marketing online, ademais de numerosos cursos sobre arte contemporánea, xestión de exposicións e formación especializada en documentación de museos.

Profesora asociada da Universidade de León na Área de Biblioteconomía e Documentación, onde xa exerceu como tal en 2008-2011 e responsable do Centro de Documentación – Biblioteca do CASA (Centro de Arte de Salamanca, agora DA2).

Organizadora dos “Encontros sobre Redes Sociais en Museos e Centros de Arte” que se celebran no MUSAC (León, 2010-2013) e as “Xornadas Arte e Redes: axentes e contidos” en Etopia_ Centro de tecnoloxía e Arte (Zaragoza, 2013). Tamén dos Foros da Edición sobre publicacións especializadas e un Seminario sobre Publicacións de Artistas.

Programou obradoiros de hardware e software libre para a Biblioteca-Centro de Documentación do MUSAC. Asesora do proxecto: “Territorio Archivo” da Fundación Cerezales Antonino e Cinia, coordinadora do Archivo Documental de Artistas de Castilla y León (ADACYL) e comisaria de “El mundo de hoy en 20 libros de fotografía”, “La imagen editada”, “Campo de Agramante”, “Todo en parte. Publicaciones de artistas en las colecciones del MACBA”, “Colectivos y Espacios independientes de Castilla y León”, “Feminismos León. De la buhardilla del CCAN a la insumisión transfeminista” e “Completando discursos. Ediciones especiales en el Centro de Documentación“ para o Proxecto Vitrinas do MUSAC.

No 2013, foi directora do Festival Miradas de Mujeres e comisariou exposicións sobre a temática de xénero e tres exposicións colectivas baixo esta temática e unha individual: colectivas: “La casa que habito”, “Desde la mimesis a la ficción y viceversa” e “Universos identificados” na  Galería Adora Calvo | Individual: “El cuerpo expuesto” da artista Miriam Vega no Centro Leonés de Cultura. Catálogos: https://issuu.com/aracorbo

Beatriz Pereira
https://www.linkedin.com/in/beatrizpereiralafuentehttps://twitter.com/BPLInvestiga

Beatriz Pereira

Responsable de Investigación Comercial en R e Consultora Asociada en iuni
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciada en Psicoloxía pola USC e posgrao en Investigación, Comportamento do Consumidor, Investigación Comercial e Mercado.

Con máis de 14 anos traballando en investigación para sector privado e público, colaborou e asesorou a empresas e organismos como R Cable e Telecomunicacións de Galicia, Anova (Grupo O Correo Galego), Sondaxe (Grupo La Voz), Grupo de Investigación Psicom da USC, Xunta de Galicia, Centro Coreográfico Galego, Fundación Cidade da Cultura… entre outros. Socia fundadora de Ideara.

Berta Mariño
https://www.linkedin.com/in/berta2012/

Berta Mariño

Xestora de proxectos, calidade e innovación
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Formada en Ciencias Políticas e da Administración Pública e especializada en xestión de proxectos, xestión de calidade e innovación, nos últimos 13 anos ten participado na xestión de proxectos no ámbito das Tecnoloxías da Información en organizacións multinacionais como Indra ou en proxectos de  I+D+i na Universidade de Vigo.

A súa especialización en distintas metodoloxías de xestión de proxectos, e experiencia en distintas organizacións públicas e privadas, está enfocada principalmente na análise de procesos e fluxos de traballo, especialmente na implantación de oficinas de proxectos. Ademais, ten experiencia na organización de grandes procesos e “macroeventos”, como as eleccións no Parlamento de Galicia e de Mallorca.

Berta Mariño está vinculada específicamente á xestión cultural a través da Asociación Cultural Galicia Fiddle, na que traballa en proxectos de desenvolvemento comunitario e sociocultural.

César Abella
https://www.linkedin.com/in/c%C3%A9sar-abella-v%C3%A1zquez-81240329/

César Abella

Director xeral de Trivium-Estratexias en Cultura e Turismo
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciado con grao en Historia da Arte pola USC, cursou, entre outras titulacións, un posgrao universitario en Turismo Cultural pola Universidade de Barcelona e un mestrado en Xestión de Bens Culturais e Patrimonio Cultural da Universidade da Coruña.

No 2004 fundou Trivium- Estratexias en Cultura e Turismo (S.L), da que é director xeral e na que coordina un equipo multidisciplinar de profesionais que desenvolven e presentan proxectos relacionados co turismo, a xestión cultural, a difusión do patrimonio e as exposicións a institucións públicas e privadas. Algúns dos seus proxectos máis recentes son a coordinación da Semana do Patrimonio Invisible (Compostela), do desenvolvemento da APP para a Ruta da Arquitectura Modernista da Coruña ou da web oficial do Castelo de Vimianzo.

Ademais é tutor e docente no posgrao de Territorios Creativos e Turismo Cultural e no mestrado de Institucións e Empresas Culturais da Universitat de Barcelona, coordinador da Ruta Megalítica do Arco Atlántico e técnico de proxectos en IBERTUR e no Laboratorio de Patrimonio e Turismo Cultural da Universitat de Barcelona

César Abella é -ata o vindeiro decembro de 2018- xerente do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (Xunta de Galicia).

Cristina Farinha
https://www.linkedin.com/in/cristina-farinha-bb068498

Cristina Farinha

Perita em políticas do setor cultural e criativo (Portugal)
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Formada em sociologia, a sua área de interesse profissional é a política cultural com enfoque no papel da cultura na governação e desenvolvimento; no estatuto social e profissional dos artistas; e na cooperação e mobilidade internacional.

Trabalha como freelancer para a Comissão Europeia: na avaliação do programa Europa Criativa; na monitorização e seleção das Capitais Europeias da Cultura e no grupo de trabalho dos Estados-membros sobre empreendedorismo e inovação no setor cultural e criativo (como representante do Ministério da Cultura de Portugal.

Investigadora do Instituto Sociologia Universidade Porto, é docente da disciplina “Parcerias, Redes e Internacionalização” no Mestrado em Gestão de Indústrias Criativas da Escola das Artes da Universidade Católica do Porto.

Eduard Miralles
https://www.facebook.com/Interarts

Eduard Miralles

Presidente de Interarts e consultor cultural
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Presidente de Interarts, fundación especializada en cooperación cultural internacional, e Asesor de Relacións Culturais da Deputación de Barcelona, onde dirixiu o Centro de Estudos e Recursos Culturais e a bienal “Interacció” de políticas e xestión cultural.

Colaborou como consultor en materia de cultura, cooperación e desenvolvemento con organismos como FEMP, AECID, OEI ou UNESCO. Foi o primeiro vicepresidente de ENCATC, Rede Europea de Centros de Formación de Responsables Culturais e fundador de INTERLOCAL, Rede Iberoamericana de Cidades para a Cultura. Forma parte do Comité Executivo da Rede Española da Fundación Anna Lindh.

Fátima Anllo
https://www.linkedin.com/pub/f%C3%A1tima-anllo-vento/22/410/369https://twitter.com/fanllovento

Fátima Anllo

Fundadora e Directora Xeral do "Observatorio de Creación y Cultura Independientes"
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciada en Medicina, con Máster en Administración de Artes Visuais e Artes Escénicas pola Universidade de New York. Estudos complementarios en ciencias sociais na Universidade de Essex, e en xestión organizativa en IEEP e no Tavistock Institute (Londres).

Durante anos foi co-directora do Máster en Xestión Cultural: Música, Teatro e Danza da Universidade Complutense de Madrid. Con anterioridade tamén foi directora do departamento de estudos e mecenado da Fundación Autor (SGAE) e directora xeral de The History Channel Iberia.

Fernando Prieto
http://es.linkedin.com/in/fernandoprietoprado/https://twitter.com/ferprietoprado

Fernando Prieto

Emprendedor orientado á innovación, Consultor de crowdfunding
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Emprendedor orientado á innovación, Fernando Prieto é socio de Estudo Gato Salvaxe, a primeira produtora de videoxogos española que presentou o seu proxecto en Kickstarter, o que lle levou a fundar a consultora Start Your Business International Consulting, SYBIC, en 2013, para axudar a que proxectos españois se poidan presentar os seus proxectos na maior plataforma de crowdfunding do mundo, Kickstarter.

Tamén é socio fundador de Smart Guide, empresa que se dedica ao envío de contidos dentro de edificios, desenvolvendo tamén servizos xeolocalizados en museos.

Fernando é licenciado en Dirección e Administración de empresas polo CUNEF de Madrid, e desenvolveu gran parte da súa carreira profesional en banca, sendo durante 8 anos director da Fundación Caixa Galicia da Coruña.

Fuco Sanjiao

Fuco Sanjiao

Profesor da USC, Experto en Economía da Cultura
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Doutor en Dereito e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

Patrón numerario do Padroado do Museo do Pobo Galego, da que actualmente é secretario da Xunta Reitora.

Os seus campos de investigación principais son a Economía da Cultura e Xestión Cultural, con especial atención a Museos, Teatro e Lingua, Análise Económica do Dereito e Elección Pública.

Fur Alle Falle
https://twitter.com/furallefalle

Fur Alle Falle

Expert*s en prácticas e ferramentas colaborativas
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Vanesa Castro e Iñaki López son Fur Alle Falle, unha produtora cultural independente que nace en 2003.  Tamén son parte da asociación RuralC, o laboratorio de experimentación Dio3Stu, a comunidade Montenoso, o grupo de música Cuerpo Astral e outros proxectos colaborativos. Amb*s son licenciad*s en Belas Artes e especialistas en medios audiovisuais e transmedia, producen obras analóxicas e dixitais, fan performances e happenings, organizan eventos culturais e curadorías e imparten talleres e conferencias.

A súa forma de traballo caracterízase por merodear e tratar de hackear límites, cuestionar o incuestionable ou colleitar erros que son virtudes. Utilizan o humor como recurso creativo. Para cada proxecto realizan unha investigación e aplican a disciplina que consideran máis adecuada para expresar ou cuestionar ideas.

Sempre ofrecen unha boa documentación das súas creacións e procesos, o cal para eles é unha clave de éxito. Traballan sempre cunha mirada social, tratando que os seus proxectos e accións incidan no común. Comparten os seus procesos para que poidan ser revisados, reutilizados e mellorados.

Héctor Pose
http://es.linkedin.com/pub/h%C3%A9ctor-pose/14/83/497https://twitter.com/hposeporto

Héctor Pose

Profesor da UDC, Experto en Xestión Cultural
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Doutor en Psicopedagoxía e Profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade da Coruña.

Foi un dos máximos responsables do proxecto Interea, referencia da investigación e a publicación sobre xestión cultural en Galicia.

As súas liñas de investigación na actualidade lévanno a estudiar as políticas culturais locais, a relación entre cultura e cidade, os tempos escolares e tempos de ocio, así como a promoción da participación social municipal.

Ten publicado artigos en diversos libros e actas de Congresos e Xornadas sobre asociacionismo, animación teatral, xestión cultural, patrimonio, etc.

Jaron Rowan
http://www.demasiadosuperavit.net/https://twitter.com/sirjaron

Jaron Rowan

Investigador, axitador cultural, escritor e docente
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Coordinador da área de arte en BAU, Centro Universitario de Deseño, en Barcelona onde imparte a asignatura “Economía, empresa e deseño”. Tamén é membro da liña de investigación Objetologías/GREDITS. Durante varios anos foi titor e un dos lelctores do curso MA in Culture Industry de Goldsmiths University e impartidiu cursos e obradoiros en torno a asuntos relacionados coa economía da cultura, as políticas culturais ou o traballo en cultura en numerosas universidades e institucións culturais. Foi un dos membros fundadores de YProductions (2003-2013) e durante varios anos foi un dos coordinadores do Fcforum.

Escribiu o libro “Emprendizajes en cultura”, publicado no 2010 coa editorial Traficantes de Sueños na que desde unha óptica crítica realiza un análise dos principais programas de promoción da aprendizaxe que actualmente se están levando a cabo no Estado español e evalúa algunhas das súas consecuencias. De forma máis recente colaborou en libros como “Cultura libre digital” (Icaria, 2012), “La tragedia del copyright” (Virus, 2013) e publicou “Memes: inteligencia idiota, política rara y folclore digital” (Capitan Swing, 2015) e “Cultura libre de Estado” (Traficantes de Sueños, 2016).

Joaquín Martínez "Kin"
https://es.linkedin.com/in/kin-joaqu%C3%ADn-mart%C3%ADnez-esmerarte-a9794452https://twitter.com/kinchocolate

Joaquín Martínez "Kin"

Socio fundador e director de Esmerarte
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Diplomado en Relacións Laborais e Máster Superior en Xestión Cultural e Artística pola Universidade de Alcalá de Henares. Complementou a súa formación con cursos superiores en Dereito Laboral e Procesal, Prevención de Riscos e Seguridade no Traballo, Xestión de Recursos Humanos e Dirección de Empresas.

Promotor, manager, produtor, xestor cultural e consultor, combina os numerosos itinerarios da xestión artística con outra das súas grandes paixóns, a xestión de proxectos relacionados coa gastronomía.

Fundador e director de Esmerarte Industrias Creativas, unha das empresas culturais galegas de referencia, é tamén manager personal de artistas como Xoel López, Vetusta Morla, Eladio y los Seres Queridos, Villanueva ou Furious Monkey House entre outros.

Como director artístico e promotor, no eido dos festivais musicais e culturais, é responsable de proxectos como por exemplo PortAmerica (Nigrán) ou Cultura Quente (Caldas de Reis).

José Ramón Porto
https://www.linkedin.com/in/joseramonportopedrido

José Ramón Porto

Director Xeral de pe-marketing
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e MBA polo Instituto de Empresa de Madrid.

Profesor asociado da Escola de Negocios Caixanova; Profesor de Mercadotecnia e Comunicación no Máster en Xestión de Proxectos de Medio Ambiente e Responsabilidade Social Corporativa da USC; e Profesor de Xestión de Proxectos no Máster en Xestión da Sostibilidade e a Responsabilidade.

Entre outros cargos, foi Director Xeral de Marketing de Microsoft España.

Juan Freire
https://www.linkedin.com/in/juanfreire/eshttps://twitter.com/jfreire

Juan Freire

Socio de xtribeU, EduCaaS, AtlanticMTA e isinviable, Experto en estratexias de innovación
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Doutor en Bioloxía, profesor titular en excedencia da Universidade da Coruña e ex-decano da súa Facultade. Foi responsable da cátedra de Economía Dixital da EOI Escuela de Organización Industrial.

Desenvolve tarefas de investigación, consultaría e coordinación de proxectos nos ámbitos organizacional, ambiental, cultural, dixital e educativo. Foi director de innovación do grupo Barrabés, dedicado á consultaría en Internet e internacionalización, e socio-fundador de Team Labs.

Actualmente está a traballar en diversas iniciativas de aprendizaxe radical, baseadas no traballo en equipo e no desenvolvemento de proxectos.

Julio Gómez
http://es.linkedin.com/pub/julio-g%C3%B3mez/1a/547/51bhttps://twitter.com/juliosinsal

Julio Gómez

Historiador e investigador sonoro, Co-director en Sinsalaudio
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Historiador e investigador sonoro. Iniciou a relación coa música a finais dos oitenta como crítico nos medios de comunicación Faro de Vigo e Radio 4 de Radio Nacional de España. En 1994, comenza a exercer a súa actividade de programador musical e no ano 2000 funda a promotora Sinsalaudio.

No ano 2003, bota andar a primeira edición do Festival Sinsal onde se presentan propostas musicais, de diversos estilos, inéditas en Galicia. Un festival estacional, itinerante e con localizacións en varios espazos como a extensión de Sinsal San Simón.

Ademáis, participa desde o 2005 no proxecto de paisaxe sonora escoitar.org e colabora coa web mediateletipos.net. Entre 2013 e 2014 foi presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

Luis Álvarez Pousa
https://www.linkedin.com/pub/lu%C3%ADs-%C3%A1lvarez-pousa/14/6a1/2b2https://twitter.com/LAlvarezPousa

Luis Álvarez Pousa

Profesor da USC, Director de Tempos Novos
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Profesor titular de Xornalismo Especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación (Universidade de Santiago), imparte tamén aulas no Máster Universitario en Comunicación e Industrias Creativas da USC.

Exerceu como xornalista en La Voz de Galicia durante 23 anos, creando e dirixindo ata 1984 o seu primeiro Suplemento de Cultura. No grupo Voz foi coordinador xeral de Video Voz-TV e posteriormente de Multimedia Voz.

Fundador das revistas Teima e Tempos Novos, que dirixe na actualidade. É asimesmo membro do consello asesor do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) e director do Observatorio Galego dos Medios (OM) do CPXG.

A principios dos 70 puxera en marcha e dirixiu as históricas Xornadas do Cine en Ourense. Entre 1983 e 1985 foi Director Xeral de Cultura, na Xunta de Galicia, creando entón o Centro Dramático Galego e o Arquivo da Imaxe.

Manuel Gago
https://www.linkedin.com/pub/manuel-gago/19/36a/84ahttps://twitter.com/magago

Manuel Gago

Profesor na USC. Director de culturagalega.org
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Profesor asociado no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, impartindo materias como Arquitectura da Información e Teoría dos Cibermedios. Ao mesmo tempo, é director de culturagalega.org, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega.

As súas liñas de investigación tratan sobre redes sociais, deseño interactivo de cibermedios e divulgación científica en novos formatos interactivos.

É experto en deseño e desenvolvemento de medios dixitais e en comunicación multimedia sobre patrimonio cultural, gastronomía e ciencia.

Marcos López
https://es.linkedin.com/pub/marcos-lópez/41/821/805https://twitter.com/_OQO_

Marcos López

Responsable da Área Audiovisual de OQO editora, OQO filmes
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Membro da Xunta Directiva da Asociación Galega de Produtores Independientes (AGAPI), é Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela.
Actualmente traballa como Produtor Executivo da serie de animación en Stop Motion Cocorico coproducida por Televisión de Galicia, ademais de coordinar os programas culturais de alfabetización audiovisual e animación á lectura de OQO para numerosas entidades.

No eido internacional programou e coordinou as actividades de OQO editora/OQO filmes no Brasil (Brasilia, São Paulo e Rio de Janeiro) e en México (México DF e Guadalajara).

No eido docente, é colaborador do curso de Posgrao Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e participou en numerosos foros internacionais.

Marián Fernández
https://www.linkedin.com/in/marianfernandezalvarez/https://twitter.com/ocableingles

Marián Fernández

Socia cooperativista de O Cable Inglés
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciada en Xornalismo pola USC e certificada por Google en Marketing e Xestión de Contidos Dixitais, traballou como social media manager e community manager en varios proxectos culturais. Tamén en varios medios de comunicación, primeiro no ámbito informativo e logo no creativo, como guionista e directora de varias propostas audiovisuais.

É unha das socias da cooperativa cultural O Cable Inglés, unha proposta empresarial (Premio aos Valores Cooperativos 2013) que naceu da man de catro emprendedoras e que ten como alicerces fundacionais os valores medioambientais, sociais e a igualdade de xénero.

Traballa, entre outros proxectos, no deseño e organización dos Premios Martín Códax da Música e no Festival Premios Martín Códax, así como na recente iniciativa FEST Galicia.

Mariela Villar
https://www.linkedin.com/in/marielaccaminahttps://twitter.com/MarielaCCAMINA

Mariela Villar

Fundadora e Directora de CCAMINA, Co-Directora do Curso de Experto Universitario en Coaching da USC
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciada en Ciencias Políticas e Sociais, con Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación e Máster en Xestión de Patrimonios e Asesoría Financieira.

Formada tamén en Programación Neurolinguística e Creatividade aplicada á Empresa, despois de 10 anos de experiencia profesional en distintos postos de responsabilidade e cargos directivos, actualmente traballa no eido do Coaching co seu propio proxecto empresarial.

Formadora en habilidades e actitudes de éxito e profesora de Coaching en distintas universidades e escolas
privadas, está certificada en Coach Internacional, Coach de Equipos, Coach de Emprendedores, Coach para o Desenvolvemento Socio-emocional e en Myers BriggsTypeIndicator(MBTI©)

Natalia Balseiro
https://www.linkedin.com/in/diegoparajohttps://twitter.com/nataliabalseiro

Natalia Balseiro

Freelance. Investigadora, xestora e mediadora cultural
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Referente da innovación cultural en Galicia, é creadora e socia da plataforma Entránsito.net así como directora dende 2011 de mov-s, “Encuentro Internacional de Danza y Artes del Movimiento” promovido por Mercat de les Flors.

Como freelance desenvolve contidos culturais e colabora con numerosos proxectos artísticos. Coñece tamén o eido local da súa experiencia como Técnico de Cultura en San Sadurniño e foi Directora do Centro Coreográfico Galego.

Patricia Gabeiras
http://gabeirasyasociados.com/derecho-de-la-cultura-abogados-relaciones-culturales/https://twitter.com/pgabeiras

Patricia Gabeiras

Doutora en Dereito especializada en Dereito Financeiro e Dereito da Cultura
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Doutora en Dereito da Cultura e socia directora da firma Gabeiras & Asociados, conta con máis de vinte anos de experiencia profesional como Abogada e sempre compaxinou esta actividade profesional coa docencia. Na actualidade é profesora dos Máster de Propiedade Intelectual, Xestión Cultural e Industria Musical e Estudos Sonoros da Universidade Carlos III de Madrid e participa regularmente como relatora en conferencias, seminarios e publicacións especializadas no sector cultural.

Combina a súa experiencia e formación no ámbito da cultura coa especialidade de Dereito Bancario e Financeoro. A súa tese doutoral versou sobre vías alternativas de financiamento do sector cultural a través da creación de fondos de titulización de dereitos audiovisuais. É ademais, Master en Dereito Privado Europeo Comparado pola Universidade Carlos III de Madrid, Master en CorporateFinance e Banca de Inversión polo Instituto de Estudos Bursátiles e Especialista en financiaments estruturados e Derivados polo mesmo centro (IEB).

Raúl Olivan
https://raulolivan.com/https://twitter.com/raulolivan

Raúl Olivan

Director xeral de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Voluntariado do Goberno de Aragón
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Responsable de por en marcha, e dirixir, Zaragoza Activa (ZAC), un ecosistema de empresas, persoas e proxectos públicos que fomenta o emprendemento e a innovación social, desde unha lóxica colaborativa.

Entre outros moitos proxectos, colabora como consultor co Ministerio de Cultura de Colombia e a ONG Metrópoli no proxecto Laboratorios Sociais de Emprendemento Cultural.

Rosa Ferré
https://www.linkedin.com/in/rosa-ferr%C3%A9-aa265896/https://twitter.com/ferre14rosa

Rosa Ferré

Directora de Matadero Madrid
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Rosa Ferré é dende xaneiro de 2018 directora de Matadero Madrid, despois de gañar por unanimidade do xurado o concurso público correspondente.

Filóloga, con más de vinte anos de experiencia en programación cultural multidisciplinar e na dirección de proxectos expositivos, foi, antes de asumir este último proxecto, directora de actividades culturais no Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, onde estableceu novas liñas de traballo, comunicación e estratexia dixital, ademais de afondar en novas redes de coprodución e itinerancias internacionais.

Ten traballado como asesora de contidos e xestora de proxectos expositivos e editoriais para distintas institución artísticas e culturais nacionais e internacionais, ademais de asesorar durante varias edicións o Festival Internacional das Letras-Gutun Zuria de Bilbao.

Rubén Bastón
https://www.linkedin.com/in/rubenbastonhttps://twitter.com/rubenbaston

Rubén Bastón

Responsable de Marketing e Comunicación en Elogia
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciado en Xornalismo, adícase de cheo ao marketing online desde 2007.

Actualmente é responsable de Marketing e Comunicación de Elogia, empresa de servizos online especializada en Marketing4eCommerce, con responsabilidade de servizo ao cliente na súa oficina de Vigo (Galicia e Noroeste de España). Director das áreas de Social Media (estratexia e xestión de campañas) e SEO (Search Engine Optimization).

Coordinador de equipos, ponente e profesor de Social Media e marketing online, tamén é un apaixoado do baile e da música tradicional galega.

Santiago Eraso
https://twitter.com/santiagoeraso

Santiago Eraso

Investigador e xestor cultural
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Investigador e profesional de ampla traxectoria no campo da Arte e a Cultura, Santiago Eraso licenciouse en Filosofía y Letras na Universidade de Deusto. A súa extensa vida laboral comeza como responsable da biblioteca municipal de Tolosa. Unha etapa trala que desenvolveu numerosos proxectos en diferentes postos de responsabilidade. Foi, por exemplo, director de Arteleku, Centro de Arte y Cultura Contemporánea (1987-2006), institución pioneira das actuais fábricas de creación e medialabs. Tamén director cultural da Candidatura de Donostia a Capital Europea de la Cultura 2016 e director de contidos e infraestruturas da empresa municipal Madrid Destino e responsable da xestión de Matadero Madrid, Conde Duque, Medialab-Prado e Centro Palacio de Cibeles (2015-16).

Tamén formou parte do Consello Vasco da Cultura baixo as presidencias de Juan José Ibarretxe e Patxi López como lehendakaris. No 2011 recibiu o premio Gure Artea, que é o máximo galardón do sector das artes do Goberno Vasco.

Actualmente, Santiago Eraso segue a investigar e traballar no campo da Arte e a Cultura. Mantén un blog sobre arte, cultura, ética e política no que poden lerse reflexións e documentación sobre os proxectos nos que está involucrado e en cuxos dous epígrafes principais quedan resumidas as súas obsesións persoais: Pensar Europa e a Cultura como ben común.

Susana Marques
https://www.linkedin.com/pub/susana-marques/19/797/924https://www.facebook.com/setepes

Susana Marques

Consultora da Unión Europea e Directora de Setepés (Portugal)
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Licenciada en Xestión do Patrimonio Cultural polo Instituto Politécnico do Porto e Máster en Xestión de Servizos pola Universidade Católica Portuguesa.

É fundadora e directora da empresa de consultaría e xestión cultural Setepés desde hai 15 anos. Consultora da Unión Europea e membro de “A Soul for Europe EEIG”, así como profesora convidada na Escola Superior Artística do Porto. Experta en estratexia e desenvolvemento das industrias creativas e en cooperación intersectorial.

Uxío Novoneyra Rey
https://www.linkedin.com/in/uxionovo/https://twitter.com/UxioNovo

Uxío Novoneyra Rey

Consultor de proxectos culturais
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Politólogo. Diploma de Estudos Avanzados en Procesos Políticos Contemporáneos pola USC. Postgrao na ITE Caixa Galicia en Licitación internacional e Institucións Financeiras Multilaterais. Máster en Administración Europea e Xestión de Fondos Comunitarios pola Universidade da Coruña.

Actualmente é copropietario e consultor da empresa Proxespla, ademais de secretario da fundación Uxío Novoneyra, dende a que, entre outras actividades, promove o Festival dos Eidos, no Caurel.

É editor de Abooks, unha editorial -e unha solucionadora- orientada á transición ao mundo dixital, que (auto)edita, distribúe, publicita, deseña e acompaña na transición a edición dixital a outros axentes editoriais.  Anteriormene foi coordinador en Caligrama Libros, unha consultora de xestión de financiamento, proxectos e comunidades, ademais de distribuidora editorial, especializada no libro de importación e libro-obxecto en España.

Vítor Belho
https://www.linkedin.com/in/v%C3%ADtor-belho-48646020/?ppe=1https://twitter.com/vbelho

Vítor Belho

Produtor de ideas, fundador de Nordesía Producións
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Máster Superior en Xestión Cultural, Música Teatro e Danza pola Universidade Complutense de Madrid. Grado en Liderazgo Emprendedor e Innovación, Universidad de Mondragón.

Promotor, manager, produtor, xestor cultural e consultor, desenvolve unha boa parte do seu traballo actual nos mercados internacionáis da música, no desenvolvemento de estratexias de glocalización, music exchange e music cities.

Fundador e promotor de iniciativas empresariais diversas como Nordesía Produccións, e-burbulla, Casa das Crechas… e de iniciativas asociativas como A.C. Cidade Vella en Compostela; é membro da EFWMF (European Forum of Worldwide Music Festivals); en 2016 e 2017 traballa como consultor para internacionalización en PRIMERA LÍNEA, primeiro foro profesional da música en Cuba.

Como director artístico e promotor é responsable do branding, conceptualización e produción de eventos e festiváis como Cantos na Maré, Sons da Diversidade, Festival dos Abrazos, MACC, Festa dos Mundos, Feito a Man… parceiro WOMEX nas edicións 2014, 2016 (Santiago de Compostela) e 2018 (Las Palmas de Gran Canarias).

Xavier Campos
https://www.linkedin.com/in/xavier-campos-l%C3%B3pez-600bb0116?ppe=1https://twitter.com/sinheira

Xavier Campos

Asesor cultural da Deputación Provincial da Coruña
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Desde setembro 2015, traballa no asesoramento no deseño e coordinación da política cultural da Deputación da Coruña. Técnico da Biblioteca Municipal Ágora. Coordinación do proxecto de dinamización sociomunitaria Suma Ágora.

Foi técnico de proxectos culturais en Trivium Ect.  Asesor do Gabinete da Consellaría de Cultura da Xunta, no 2008 e 2009 e Xefe do Gabinete Técnico do IGAEM do 2006 ao 2008.

Yolanda Castaño
https://www.facebook.com/yolandacastanopoesia

Yolanda Castaño

Poeta e xestora cultural freelance
USC Xestión Cultural

CV ampliado

Poeta galega con 23 anos de traxectoria na literatura de xeito profesional e xestora cultural freelance. Licenciada en Filoloxía e con estudos audiovisuais, dende 2009 dirixe tres proxectos con poetas galegos e internacionais: o ciclo de recitais mensuais POETAS DI(N)VERSOS na Coruña (Premio da Crítica Galicia á mellor Iniciativa Cultural 2014), o Festival de Poesía PONTEPOÉTICA en Pontevedra e o Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador” na illa de San Simón. Alén diso, ofrece obradoiros literarios, recitais, videopoesía e outras mostras do seu traballo dentro e fóra do país, por toda Europa e América, ademais de Tunisia, Cabo Verde, India, China ou Xapón. Foi responsable de mostras poéticas colectivas, de traducións de poesía e de edicións literarias, e ten programado eventos poéticos para outras institucións, como a Fundación Luís Seoane ou o Concello de Ribadeo.

Premio da Crítica Española 1999, Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo Crítico 2009 (ao mellor poemario publicado en España por un autor/a mozo/a, escollido tamén por El Cultural coma un dos 5 mellores libros de poesía editados ese ano en España), Premio Fundación Novacaixagalicia, “Autora do Ano” nos Premios Irmandade do Libro 2014 e Finalista do Premio Nacional de Poesía entre outros recoñecementos, Yolanda Castaño conta con seis poemarios individuais (entre os que salientan Vivimos no ciclo das Erofanías, O libro da Egoísta, Profundidade de Campo ou A segunda lingua), edicións bilingües dos mesmos para Visor libros, un par de escolmas persoais, algunhas plaquettes (en castelán, alemán, macedonio e chinés) e cinco libros de poesía infantil, ademais de obras asinadas como editora e tradutora. Desenvolve multitude de experiencias que mesturan a poesía con outras linguaxes creativas (plástica, música, danza, arquitectura, performance, fotografía… e ata cociña), ben en solitario ou en colaboración con outros artistas. Foi distinguida con varias bolsas internacionais de creación en residencia: en 2011 no IWTCR de Rodas (Grecia) e mais na Villa Waldberta (Múnich), en 2014 no HIP-Beijing (China) e en 2016 no Castelo de Hawthornden (Escocia). Durante anos traballou en televisión (Premio Mestre Mateo Mellor Comunicador/a de TV 2005) e publicou columnas en distintas cabeceiras galegas. Aparece representada en numerosas revistas especializadas, libros colectivos e antoloxías tanto galegas como estatais e estranxeiras, así coma en numerosos festivais internacionais de poesía, téndose traducido en parte a vinte e cinco linguas distintas.

Persoas colaboradoras nas actividades do Curso

Ademais do cadro de profesorado, contamos cunha rede de profesionais e expert*s que colaboran co Curso participando en mesas redondas, ofrecendo o seu contraste aos proxectos do alumnado ou prestando a súa axuda na organización de visitas guiadas a boas prácticas en xestión cultural.

Ana Estévez

Ana Estévez

Educación e Acción Cultural no Museo do Pobo Galego
USC Xestión Cultural
Balbina Gándara

Balbina Gándara

Directora comercial de Unayta
USC Xestión Cultural
Belén Montero

Belén Montero

Realizadora e produtora, fundadora de Esferobite
USC Xestión Cultural
Belén Vidal

Belén Vidal

Responsable do sistema de xestión Interna de Galicia Calidade
USC Xestión Cultural
Bruno Costa

Bruno Costa

Director do Festival Imaginarius en Santa Maria da Feira
USC Xestión Cultural
Carlos Meixide

Carlos Meixide

Escritor, xornalista e humorista
USC Xestión Cultural
Clara Rodríguez Cordeiro

Clara Rodríguez Cordeiro

7H Cooperativa
USC Xestión Cultural
Daniel Pires

Daniel Pires

Socio do local Maus Hábitos do Porto
USC Xestión Cultural
Daniel Ramos

Daniel Ramos

Técnico da Empresa Municipal Porto Lazer
USC Xestión Cultural
Daniela Fernandes

Daniela Fernandes

Membro da Asociação Cultural ZunZum, de Viseu
USC Xestión Cultural
David Barro

David Barro

Director xerente da fundación Didac
USC Xestión Cultural
Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra

Consello da Cultura Galega
USC Xestión Cultural
Emi Candal

Emi Candal

Urdime
USC Xestión Cultural
Fran P. Lorenzo

Fran P. Lorenzo

Xornalista
USC Xestión Cultural
Gil Ferreira

Gil Ferreira

Concelleiro de Cultura da Câmara Municipal de Santa Maria da Feira
USC Xestión Cultural
Iván Fernández

Iván Fernández

Director de Comunicación e Marketing de Galicia Calidade
USC Xestión Cultural
Javier López

Javier López

Ainé
USC Xestión Cultural
José Bastos

José Bastos

Concelleiro de Cultura da Câmara Municipal de Guimarães
USC Xestión Cultural
José Cruzio

José Cruzio

Membro do Colectivo CAOS Casa das Artes e Oficios de Viseu
USC Xestión Cultural
José Figueirido

José Figueirido

Presidente do NACO de Oliveirinha en Viseu
USC Xestión Cultural
José Luis Maestro

José Luis Maestro

Axencia de Turismo de Galicia
USC Xestión Cultural
Luis Teixeira

Luis Teixeira

Director do Mestrado em Gestão de Indústrias Criativas da Universidade Católica Portuguesa no Porto
USC Xestión Cultural
Manuel Vilar

Manuel Vilar

Museo do Pobo Galego (visita guiada)
USC Xestión Cultural
María Garrido

María Garrido

Martín Códax
USC Xestión Cultural
María Lado

María Lado

Poeta
USC Xestión Cultural
María Pereira

María Pereira

Directora de Acción Cultural da fundación Cidade da Cultura
USC Xestión Cultural
María Xosé Fernández Cerviño

María Xosé Fernández Cerviño

Padroado do Museo do Pobo Galego
USC Xestión Cultural
Mercedes Peón

Mercedes Peón

Música
USC Xestión Cultural
Miguel Torres

Miguel Torres

Responsable de Proxectos da ACERT en Tondela
USC Xestión Cultural
Mónica Maneiro

Mónica Maneiro

Responsable de contidos da fundación Didac
USC Xestión Cultural
Nuno Leocádio

Nuno Leocádio

Carmo 81 en Viseu
USC Xestión Cultural
Paula Cabaleiro

Paula Cabaleiro

Comisaria de arte e xestora cultural
USC Xestión Cultural
Paulo Carrilho

Paulo Carrilho

Membro da Associação Cultural Zunzum en Viseu
USC Xestión Cultural
Patricia de Lorenzo

Patricia de Lorenzo

Actriz, integrante de Chévere Teatro
USC Xestión Cultural
Pompeu José

Pompeu José

Director artístico da compañía Trigo Limpo en Tondela
USC Xestión Cultural
Quique Costas

Quique Costas

Ex Director de Nordesía, Manager de Milladoiro
USC Xestión Cultural
Raquel Guerra

Raquel Guerra

Directora do núcleo de arte de Oliva Creative Factory en São João da Madeira
USC Xestión Cultural
Rodrigo Francisco

Rodrigo Francisco

Membro do Cine Clube de Viseu
USC Xestión Cultural
Sandra Oliveira

Sandra Oliveira

Directora do Festival Jardins Efémeros en Viseu
USC Xestión Cultural
Sonia Méndez

Sonia Méndez

Directora do festival Carballo Interplay
USC Xestión Cultural
Víctor Ferreira

Víctor Ferreira

Litonor
USC Xestión Cultural

Ao finalizar a túa formación contarás coas ferramentas precisas para deseñar, planificar e coordinar proxectos culturais dun xeito integral.

Reserva a túa praza!
Followon TwitterSubscribeto RSS Feed

Blog do Curso

  • Retos transversais na xestión cultural: inclusión e accesibilidade, xénero, sostibilidade. Con Encarna Lago e Ángeles Miguélez18/12/2020 - 19:12
  • Presentación e contraste dos anteproxectos do alumnado18/12/2020 - 19:11
  • Traballo en equipo e técnicas de presentación de proxectos. Con Juan José Romero17/12/2020 - 18:47
  • Marketing cultural e xestión de públicos. Con Beatriz Fontán11/12/2020 - 14:09
  • Os públicos da cultura. Con Jaume Colomer04/12/2020 - 10:49

Suscríbete ao noso boletín

CONTACTO: usc[@]xestioncultural.com | Tlf. USC +34 881811547 |||||||||||||| deseño do sitio web por BenCuriosa
  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
Scroll to top