Entradas de]

Beatriz Pereira e as técnicas de investigación de marketing

Nunha nova sesión do Curso visitounos Beatriz Pereira, responsable de Investigación Comercial en R e Consultora Asociada en iuni. Con máis de 14 anos traballando en investigación para sector privado e público, é licenciada en Psicoloxía pola USC, cun posgrao en Investigación de Comportamento do Consumidor, Investigación Comercial e Mercado. Comezamos con ela unha serie […]

Vermú con… Jaume Colomer

En colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e outros colectivos profesionais galegos, abrimos unha serie de encontros informais con docentes foráneos que participan da nosa iniciativa formativa. A idea é establecer un punto de encontro, sen periodicidade fixa, pero que nos permita compartir un vermú/café entre profesionais, estudantes e coa participación de […]

Jaume Colomer, os públicos da cultura

Iniciamos un novo módulo coa visita de con Jaume Colomer, profesor da Universitat de Barcelona, consultor cultural e unha das referencias en xestión de públicos da cultura, temática sobre a que xirou principalmente a aula. Na sesión abordáronse aspectos clave como o propio concepto de públicos culturais, os procedementos para identificalos e coñecer os seus […]

Financiamento cultural, unha ollada ás sesións de presentación de proxectos con patrocinadores

Aínda que estamos xa inmersos no último trimestre, facemos unha pausa para recuperar a experiencia do recente peche do segundo módulo do Curso, o dedicado ao financiamento cultural. Na primeira parte da sesión, na aula da Facultade de Económicas, os equipos expuxeron os seus proxectos para sometelos ao contraste avaliador do resto de compañeir*s. Unha […]

Vermú con… Susana Marques

En colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, iniciamos unha serie de encontros informais con docentes foráneos que participan da nosa iniciativa formativa. A idea é establecer un punto de encontro, sen periodicidade fixa, pero que nos permita compartir un vermú/café entre profesionais, estudantes e coa participación de persoalidades de referencia para a […]

Paulo Rodríguez, financiamento institucional de proximidade

Na sesión do venres 20 de febreiro conversamos con Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro (A Coruña), vicepresidente da AGPXC e presidente de RED (Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública), arredor do financiamento institucional de proximidade, especialmente no que se refire ás relacións profesionais e empresariais coas administracións […]

Vermú con… Roberto Gómez de la Iglesia

En colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, iniciamos unha serie de encontros informais con docentes foráneos que participan da nosa iniciativa formativa. A idea é establecer un punto de encontro, sen periodicidade fixa, pero que nos permita compartir un vermú/café entre profesionais, estudantes e coa participación de persoalidades de referencia para a […]

A edición e comercialización de produtos culturais con Marcos López

Marcos López, responsable da Área Audiovisual de OQO editora, OQO filmes, foi o noso docente convidado o pasado venres 6 de febreiro. Dentro das distintas liñas de financiamento cultural que estamos a revisar neste 2º trimestre, a súa aula permitiunos coñecer as claves da edición e comercialización de produtos culturais, especialmente os editoriais e audiovisuais. […]

Julio Gómez, financiamento cultural e públicos

Na sesión do venres 30 de xaneiro Julio Gómez, co-director en Sinsalaudio e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, achegounos ás canles de ingresos que proveñen directamente dos públicos de eventos culturais, tomando como referencia principal os festivais. Segundo Julio, estamos asistindo á eclosión do concepto festival – ou evento- como fórmula […]