Vermú con… Roberto Gómez de la Iglesia

En colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, iniciamos unha serie de encontros informais con docentes foráneos que participan da nosa iniciativa formativa.

roberto-gomezA idea é establecer un punto de encontro, sen periodicidade fixa, pero que nos permita compartir un vermú/café entre profesionais, estudantes e coa participación de persoalidades de referencia para a nosa profesión, superando o formato de charla unidireccional.

A primeira cita foi con Roberto Gómez de la Iglesia, consultor experto en cultura e innovación, especialista na colaboración entre os mundos da cultura e da empresa. Foi durante 25 anos conselleiro delegado do grupo Xabide, unha das empresas pioneiras na península ibérica en xestión cultural, así como coordinador do proxecto Disonancias. Actualmente é director de c2+i e de Conexiones improbables.

  • Cando e onde? Sábado 14 de febreiro de 2015 ás 12:00 na zona vella de Compostela (o local será comunicado ás persoas asistentes).
  • Como inscribirse? Escribindo ao correo do Curso: formacion@xestioncultural.com
  • Custe? De balde para asociad*s AGPXC.
  • Prazas limitadas

 

.

.

1 comentario

Trackbacks y pingbacks

  1. […] das primeiras citas con Roberto Gómez de la Iglesia e Susana Marques, contaremos nesta ocasión con Jaume Colomer, profesor da Universitat de Barcelona, […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*