Entradas de]

Presentación do Curso 2016-17. Datos, tendencias e boas prácticas na xestión cultural.

Por Sandra Quintana. O 7 de outubro comezou o Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural na sala 22bis da Facultade de CC. Económicas da USC en Compostela. A presentación e benvida do curso déunola Isabel Neira xunto con Gonzalo Rodríguez, Marcos Lorenzo e Sergio Lago. Logo deles tocounos aos alumnos presentarnos. Entre nós hai […]

O proxecto cultural. Da idea ao anteproxecto

O pasado venres 27 de novembro foron os titores do Curso, Sergio Lago e Marcos Lorenzo, os encargados de conducir a sesión. O obxectivo principal era realizar a sempre difícil transición entre a xeración de ideas e o inicio da aterraxe, que debera concluír na pausa do Nadal e xa en forma de anteproxecto. Como […]

María Yáñez e a contorna dixital: comunidades e creación colectiva

Celebramos unha nova sesión adicada á comunicación na contorna dixital, pero desta volta analizando a perspectiva das novas lóxicas de comunidade e as posibilidades de creación colectiva, non só de contidos, senón tamén de proxectos en común. Para falar de todos estes temas convidamos a María Yáñez, especialista en contidos dixitais e en distribución e […]

Rubén Bastón, marketing dixital e medios sociais

Nunha das sesións máis amenas do Curso, polo estilo desenfadado do convidado, recibimos a Rubén Bastón, responsable de Marketing e Comunicación en Elogia. Coordinador de equipos, relator e profesor de medios sociais e marketing online, Rubén tamén é un apaixonado do baile e da música tradicional galega.   Empregando o VI Estudio Anual sobre Redes Sociales […]

Participando en Zinc Shower 2015

Arredor do Curso desenvolvemos diversas actividades co obxectivo de coñecer novos proxectos, nov*s profesionais e en definitiva, crear rede. Sen dúbida, unha das máis interesantes foi a viaxe ao ZINC SHOWER 2015, en Matadero Madrid. Diego Parajó, socio de Xeneme Proxectos Sociais, xunto con África Rodríguez, co-xestora e fundadora do Coworking-Pontevedra Espacio Arroelo, desenvolveron un […]

Diego Parajó, Beatriz Fontán e a participación dos públicos

Estamos en pleno proceso de traballo práctico e con este enfoque afrontamos dúas sesións arredor dos destinatarios dos nosos proxectos e accións. Máis aló de pensar neles como receptores pasivos dunha actividade, quixemos convidar a dúas persoas que na súa actividade profesional traballan na participación activa e na implicación do máximo número posible de axentes. […]