Financiamento cultural. Marco europeo e cooperación cultural internacional. Cristina Farinha

Por: Lola Mera

En todas as clases ás que asistimos metemos sempre boa información no peto, e nesta, non podía ser menos. Aínda que o tema escápase un pouco aos nosos proxectos de man, relacionados maioritariamente a vilas pequenas e por tanto teñen unha escala menor que os proxectos de visibilidade internacional; non foi sen menos de grande interese. Aínda que como veremos máis adiante todo é posible se quixésemos chegar a algún tipo de finaciamento europeo.

Para darnos leccións de políticas culturais no eido internacional achegouse á nosa clase 22 bis a socióloga e investigadora Cristina Farinha, colaboradora na Comisión Europea coma representante do Ministerio de Cultura de Portugal en diferentes programas como consultora de políticas, avaliadora ou estratega do sector cultural creativo.

Primeiramente adentrounos en cómo ven o mundo dende Bruselas, recalcando que os seus obxectivos e visións non teñen  unha repercusión directa co cidadán de a pe, xa que este tipo de problemas recae nos gobernos locais ou nacionais; e que a área da cultura segue sendo unha área secundaria, de temática marxinal, complementaria, que segue unha liña na procura do mantemento da paz baseada principalmente no libre movemento das persoas dentro da comunidade. Estes tipos de programas e actividades culturais son ou están moi pouco estruturados, non seguen unhas pautas reguladas e ademais existen grandes obstáculos para poder traballar a nivel comunitario como poden ser temas fiscais, estatutos familiares, visados ou autorizacións de traballo, idiomas, dereitos da propiedade intelectual e derivados…

Despois desta non breve introdución, meteunos de cheo no programa marco Europa Creativa (http://www.europacreativa.es/https://ec.europa.eu/programmes/creative-europe/node_es https://eacea.ec.europa.eu/creative-europe_en) destinado a impulsar e apoiar os sectores culturais e creativos (cine, televisión, artes escénicas, patrimonio cultural material e inmaterial, literatura, deseño e outros ámbitos afíns) a través de tres diferentes subprogramas segundo o sector: cultural, media e intersectorial.2017 04 28 cristina farinha

No bloco da dereita pódense apreciar tres desafíos do programa Europa Creativa: o do propio programa, xa que se traballa nun mercado fragmentado nos 28 mercados que o conforman provocando dificultades na creación de redes,  aínda que resulte enriquecedor pola diversidade de contidos;  o da revolución dixital, xa que vive en constante cambio mudando así as formas de creación e, por último, o do acceso ao financiamiento,  onde non existe garantía ningunha, aínda que xa están a disposición os novos créditos internacionais a través da banca destinados a este tipo de proxectos vía CERSA.

Aínda que máis alá de toda unha teoría que asemella lonxe e dificultosa, tamén pode existir unha vía de finaciamento para calquera dos nosos proxectos  atopando dous países máis dentro da UE co mesmo obxetivo e as mesmas características sen ter que responder ás tres prioridades culturais do programa Europa Creativa: mobilidade fronteiriza, desenvolvemento dunha audiencia e creación de capacidades. É dicir, pensa no teu proxecto, se existisen dous países máis que fixeran un evento baseado no mesmo que este e seguiran a mesma liña de actuación, soamente sería enlazalos, xa que o plan de comunicación sería o mesmo coa única diferenza de chegar a unha escala de visibilidade internacional. Tendo en conta que se lle tería que dar unha relevancia, unha calidade no contido e nas actividades máis fundamentadas que para un simple evento local, dando resposta a todas as cuestión técnicas posibles e, demostrando sempre que non será un evento puntual senón que terá unha continuidade, aínda que logo non a teña realmente.

Non esquecer que só se aproban ao redor dun 15 por cento das candidaturas presentadas, de todas formas, boa sorte!

A parte do Europa Creativa existen moitos máis programas de finaciamento transacional visibles coma o programa Erasmus, o COSME, o LIFE +, Europe for citizens, Horizon 2020. Ou outros de acción externa, desenvolvemento e cooperación coma o Cultures Plus ou mesmo proxectos de internacionalización dunha cidade a través da cultura como pode ser a selección dunha Capital Europea da Cultura, Culture 21, Eurocities, Like ou o Creative Cities Network en colaboración coa Unesco.

Calquera cousa:

cristina-farinha-2

E para todo o demais, vémonos no Cesto ás 8.30 na sexta feira.

1 comentario

Trackbacks y pingbacks

  1. […] A súa presenza no curso estaba programada para o 28 de abril pero foi intercambiada pola de Cristina Farinha. Tocoulle pois a el pechar como poñente o noso […]

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*