Achegámonos á “cultura que toca” nunha nova edición de Culturgal
É case unha tradición visitar Culturgal con cada edición do Curso, pero o ano pasado, por mor da covid e a non presencialidade, non puido ser. Por sorte, esta fin de semana puidemos saldar esa débeda co alumnado da sexta edición cunha visita á “cultura que toca”, como indicaba o lema desta nova cita da Feira das Industrias Culturais Galegas.
A xornada comezou no Pazo da Cultura de Pontevedra cun encontro coa organización da feira, que tivo como aliciente unha visita guiada, na que a nosa anfitroa resultou ser Sara Piñeiro, compañeira do Curso e parte do equipo de Culturgal, quen nos explicou todo o necesario para poder orientarnos no recinto e gozar da programación.
Tamén tivemos tempo para achegarnos no noso percorrido a Escena Galega de la mano de Diego V. Meizoso, titor da sexta edición :)
E, por suposto, tivemos tamén tempo para gozar da oportunidade de vernos en persoa, da oferta cultural presencial e de todo o que os stands ofrecen nun Culturgal que, probablemente, nunca viviramos dun modo tan intenso.
Trackbacks y pingbacks
[…] Culturais de Galicia é unha cita que procuramos non perder. Sen ir máis lonxe, o ano pasado decidimos visitala co alumnado da sexta edición para compensalo por ter viaxe no seu momento, por mor da covid. E iso que en novembro do ano […]
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!