Por Ana Escariz
O xoves 8 de abril asistimos a unha clase online impartida por Pedro Jiménez, do colectivo andaluz Zemos98, formado ademais de Pedro, por Sofía Coca Gamito, Lucas Tello e Felipe G. Gil. A cooperativa, que agora ofrece servizos de formación, mediación, produción e consultoría, xurdiu coma festival audiovisual e foi tomando diferentes formas ata chegar a ser o que é hoxe: un referente cultural interesado na educación expandida, o procomún, os coidados, a remestura e a cultura da participación que se codea coas organizacións máis punteiras no que a cultura participativa se refire no ámbito europeo.
En canto á súa financiación, conta cun 33% de fondos públicos e cun 67% fondos privados. Ao longo do seu percorrido foise internacionalizando cada vez máis e actualmente as proporcións de procedencia dos seus fondos son as seguintes: 41% internacional, 43% nacional, 13% rexional e 4% local. De aí que Zemos98 sexa o axente cultural indicado para falar de proxectos e axudas europeas.
Para coñecer un pouco máis a fondo os principios sobre os que se basean ou, como lle chama Pedro, “el código fuente de Zemos98”, recomendounos botar unha ollada á súa newsletter Canceladísimxs ou ler o último artigo que publicaron: Pedagogía de los cuidados.
Durante a primeira parte da clase, Pedro falounos dalgúns dos proxectos nos que está involucrado Zemos98:
- PLANEA: Impulsada pola Fundación Daniel y Nina Carasso, PLANEA é unha rede de escolas, axentes e institucións culturales que se comprometen a utilizar as prácticas artísticas na escola pública de forma transversal, situada nos territorios e con vocación de xeralización e permanencia.
Esta rede está formada por tres nodos de mediación (Zemos98, Pedagogías Invisibles e PERMEA), 13 “centros piloto” que forman parte do plan transversal do proxecto e 23 “centros colaboradores” que fan proxectos concretos. Ademáis de todo o que o proxecto xera nestes centros, outros outcomes son recursos públicos (código aberto) que pode usar calquera centro, profesor ou artista interesado.
- CONCOMITENTES: esta iniciativa, tamén financiada pola Fundación Carasso, parte do proxecto “Les nouveaux commanditaires” da Fondation de France e da idea que a cidadanía poida ser un “mecenas” que encargue obras ou proxectos artísticos. Dentro deste proxecto hai varias iniciativas que se están desenvolvendo, entre elas UCI pediática na que participa Zemos98, que está baseada no traballo na UCI pediátrica dun hospital de Tenerife para facela un lugar máis acolledor para os pacientes.
- COMMONSPOLY: é un xogo de mesa que naceu no Hackcamp Reclaim the Commons de 2015 durante o festival número 17 de Zemos98. O xogo, que “fomenta una cultura de cooperación y cuestiona el modelo violento de privatización neoliberal” convertiuse, segundo Pedro, nunha ferramenta moi potente para usar durante os procesos de creación de fondos europeos.
Se queredes saber máis sobre a historia de como o xogo Landlord’s game, patentado por Elizabeth Magie, se convertiu no Monopoly que coñecemos (en sí mesma un exemplo de como funciona o capitalismo) podedes escoitar este episodio de 99% invisible.
- CREATURES- CREATIVE PRACTICES FOR TRANSFORMATIONAL FUTURES: Pertence a Horizonte 2020, un programa que financia proxectos de investigación e innovación de diversas áreas temáticas no ontexto europeo. CreaTures activa e explora prácticas artísticas orientadas á sostibilidade medioambiental ye social e pon en valor procesos de participación, espazos de reflexión e de produción colaborativa no ámbito artístico. É moi interesante o que comentou aquí Pedro sobre como estes proxectos de investigación parten das prácticas culturais e despois as universidades as apoian, algo que adoita ser ao revés. Neste proxecto, Zemos98 en concreto (pertencena el outras 10 organizacións) está a traballar dunha banda, sobre o Commonspoly coma ferramenta para poñer en funcionamiento debates relacionados coa cooperación entre diferentes axentes sociales e para reflexionar sobre os diferentes modos de propiedade e doutra, no formato Hackcamp coma metodoloxía para explorar espazos de intersección entre diferentes disciplinas coma a socioloxía, as ciencias políticas, a arte, o diseño e o activismo medioambiental.
Pedro tamén falou de outros proxectos nos que participan coma Culture of Solidarity, mediactivism.eu o Némesis.
Máis cousas interesantes que aprendemos nesta sesión
A segunda metade da clase estivo adicada a algunhas aprendizaxes que Pedro compartiu connosco:
1. Os discursos de innovación, creatividade e emprendemento adoitan sosterse sobre a precariedade das pequenas organizacións. En España somos máis precarias fronte a socios europeos e en axudas europeas non nos podemos permitir, por exemplo, non poder cobrar honorarios nun proxecto.
2. Defender a idea de cultura coma elemento de transformación social, non coma sector, para permitir unha mirada trasversal. A cultura pode ser un punto de encontro entre disciplinas e ámbitos. Ademais e especialmente no ámbito europeo, cada vez son menos as axudas sectoriais (coa excepción do audiovisual con MEDIA Europa) e máis as multidisciplinares.
3. Promover a cultura coma dereito, non coma recurso.
4. Construir unha rede non é facer un proxecto.
5. Confiar no valor dos nosos proxectos e non obsesionarnos con que non falamos inglés.
6. Reivindicar que a financiación apoie procesos e non só resultados.
7. Compartir metodoloxías e coñecementos cara afora e seguir traballando cara adentro.
8. Ter paciencia para entender os contextos alleos sen consideralos subordinados nin o contrario.
9. Os financiadores son entramados colectivos onde participan persoas coma ti.
10. O humor é algo moi serio nos proxectos europeos.
Outros consellos que nos deu de cara ás axudas europeas foron:
– Ter en conta a importancia que lles dan as axudas os “outcomes” que poden saír dun proxecto.
– Arriscar na programación.
– Aproveitar as oficinas de apoio a proxectos europeos, que dispoñen de ferramentas para axudar nos procesos.
– Facer unha boa investigación da European Cultural Foundation, que socois españois hai, que tipo de proxectos… É dicir, enterarse de que están facenfo aí fóra!
-Ter en conta que se enviamos un proxecto a Europa, recibiremos unha valoración moi útil e relevante para aprender.
Por último, deixo algunhas ligazóns de referencias que foron aparecendo ao longo da clase:
Coop57 (instrumento financeiro inserido nun marco máis amplo de finanzas éticas e solidarias)
Stimuli (empresa griega que saca adiante moitísimos proxectos europeos)
Open Society Foundations (Fundación preocupada pola sostibilidade dos proxectos)
OVNI (observatorio de vídeo no identificado, proxecto de Toni Serra no CCCB)
Sinsal Audio (promotora musical e unha produtora de eventos culturais)
Belén Gopegui (escritora)
Jose Luis del Vicente (Comisario e investigador cultural especializado en tecnoloxía)
Pd. Aínda que non o comentou durante a clase, Pedro forma parte de Los Voluble, un colectivo que ten co seu irmán Benito e que traballa dende o activismo audiovisual e sonoro sobre temas coma a raza, as fronteiras, o flamenco, o dixital… Teñen colaborado con artistas coma Niño de Elche, Raúl Cantizano, Rocío Márquez e, mais recentemente, María Llergo. Recoméndovos encarecidamente que vaiades a algún dos seus shows se tedes a oportunidade. De verdade, son tremendos.
Se queredes ir abrindo boca, podedes investigar os seus proxectos Flamenco is not a Crime ou Borderhack. Deixo aquí o meu TFG, no que os entrevistei aos dous sobre cuestións de purismo e mezcla no flamenco por se vos interesa. Aparecen por primeira vez no minuto 7’30’’.