Entradas de]

Manuel Gago e a divulgación cultural na rede

A última aula do Curso foi conducida por Manuel Gago, profesor de xornalismo na USC, director de culturagalega.gal (o portal divulgativo do Consello da Cultura Galega), fundador de patrimoniogalego.net e autor do blog decano da rede en Galicia: Capítulo Cero, con información sobre arqueoloxía, gastronomía ou viaxes. Gago dividiu a súa exposición en dúas partes […]

Héctor Pose e a acción cultural local

Nesta aula acompañounos Héctor Pose, doutor en psicopedagoxía, profesor da Universidade da Coruña, ex-técnico municipal de cultura do Concello de Malpica, co-impulsor do proxecto Interea e especialista en cultura e cidade. A sesión estivo dividida en tres partes: planeamento estratéxico en cultura, Axenda 21 da Cultura e presentación de proxectos culturais imaxinativos e innovadores. Ao […]

Susana Marques e o financiamento europeo

O venres pasado visitounos Susana Marques, directora da empresa de xestión cultural Setepés, así como consultora da Unión Europea e experta en desenvolvemento das industrias creativas. Susana Marques fixo unha exposición eminentemente técnica, móstrándonos as diferentes liñas de financiamento europeo ás que se poden acoller os proxectos culturais. A comezar, ensinounos a estrutura da Comisión […]

Roberto Gómez de la Iglesia: outras conexións entre cultura e empresa

O pasado venres puidemos gozar da exposición de Roberto Gómez de la Iglesia, economista e consultor cultural, director da empresa c2+i e coordinador do proxecto Conexiones Improbables. Roberto comezou a clase debuxando un contexto actual incerto e neboento, onde cada vez é máis difícil planificar, o que nos obriga a dotarnos de estruturas (empresas, organizacións…) […]

Fuco Sanjiao e a teoría económica da cultura

O pasado venres visitounos Fuco Sanjiao, profesor do departamento de Economía Aplicada da USC e actual secretario do Museo do Pobo Galego. A súa exposición estivo centrada na teoría económica, e no seu emprego no estudo da esfera cultural. Para mostrar con integridade este enfoque, comezou lembrando os fundamentos da análise económica, a saber: o […]

E retomamos o Curso con Pau Rausell

Logo das vacacións de Nadal, iniciamos o segundo dos módulos do Curso, dedicado ao financiamento da cultura. Para iso, e a modo de clase maxistral, contamos con Pau Rausell, profesor da Universidade de Valencia e un dos meirandes expertos peninsulares en Economía da Cultura. Ao longo da súa exposición presentounos esta disciplina, cos seus principais […]

Gonzalo Rodríguez e Natalia Balseiro. Desenvolvemento e innovación na cultura

A sesión do pasado venres, 21-nov, contou coa presenza de Gonzalo Rodríguez, profesor de Estrutura Económica da USC e socio da empresa de consultoría ambiental e desenvolvemento Habitaq Estratexias, e de Natalia Balseiro, directora do congreso de danza e pensamento MOV-S, e exdirectora do Centro Coreográfico Galego. Gonzalo falounos do concepto de desenvolvemento e Natalia […]