Entradas de]

Mediación e programación cultural: laboratorios e cultura comunitaria. Con Fran Quiroga

Por David Blanco Curadoría da escoita: este concepto, que compartiu connosco Fran Quiroga, recolle en gran medida a esencia do compartido nesta xornada como iremos desvelando a continuación. Nun primeiro momento achegámonos á experiencia do proxecto Concomitentes en Betanzos, a través do cal dende a mediación se procura que a cidadanía pase a ser a […]

Mediación e programación cultural nun espazo público, con Xaquín López. A práctica artística e creativa, con Caterina Varela, Jaione Camborda e Clara R. Cordeiro

Por Carmen Boo Mais un outro día que este semiconfinamento e a forzosa tele-docencia nos leva a mudar de plans. Esta xornada de mediación e programación cultural debía ter como actividade principal a visita ao Auditorio de Galicia mais non puido ser. En troques, tivemos a presenza de Xaquín López, o director xerente deste espazo. […]

Programación e mediación cultural: audiovisual, con Pela del Álamo, e letras, con Soledad Felloza

Por Elena G. Román Novo semiconfinamento, volta as sesións en liña, desta vez para falar de programación e mediación cultural, con dous profesionais que dirixen proxectos ben diferentes: Pela del Álamo, xestor cultural, productor cinematográfico e director do  Festival Internacional de Cine Curtocircuito , que se celebra en Santiago de Compostela, de carácter público pero […]

Programación e mediación cultural: artes escénicas, con Paulo Rodríguez, e música, con Belén Bermejo

Por Nuria Sobral Este 22 de xaneiro voltamos ás aulas para a primeira sesión do bloque de “Mediación e programación cultural” do curso. Esta clase dividiuse en dúas partes: a primeira impartida por Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e a segunda por Belén Bermejo, directora artística e coordinadora de proxectos […]

Retos transversais na xestión cultural: inclusión e accesibilidade, xénero, sostibilidade. Con Encarna Lago e Ángeles Miguélez

A deste 18 de decembro foi unha xornada moi intensa. Ás magníficas presentacións dos anteproxectos do noso alumnado sumamos, tralo descanso, a intervención de Encarna Lago e Ángeles Miguélez, xerente e responsable das visitas guiadas respectivamente da Rede Museística Provincial de Lugo. Viñan para falarnos de cuestións que coñecen de primeira man, porque as impulsan […]

Presentación e contraste dos anteproxectos do alumnado

O 18 de decembro celebramos a presentación dos anteproxectos do alumnado. Nesta ocasión, con tres profesionais do ámbito cultural –Encarna Lago, Ángeles Miguélez e Marcos Lorenzo- como convidadas para dar contraste ás propostas xunto co equipo de titores. A sesión celebrouse de maneira presencial nunha das aulas da facultade, cunha presentación en formato pechakucha por […]

Traballo en equipo e técnicas de presentación de proxectos. Con Juan José Romero

Na penúltima sesión deste primeiro trimestre démonos cita de novo na aula para asistir a un obradoiro impartido por Juan José Romero, socio de Suma Importancia, quen nos achegou as claves dunha boa comunicación orientada a ese momento, tan importante como ás veces temido, da presentación dun proxecto. Esta sesión chega nun momento clave, xa […]

Os públicos da cultura. Con Jaume Colomer

Por Eli Monteagudo Unha vez máis e debido a actual situación sanitaria vémonos na circunstancia de asistir a esta aula a través dunha plataforma en liña. Esta dificultade vese compensada polos atractivos contidos educativos dun comprometido relator aos que podemos acceder gracias a esta tan necesaria formación para as xestoras e xestores culturais. Comezamos con […]

Retos do sector cultural e creativo na era da economía de plataformas. Con Xulio Vázquez.

Por Sara Piñeiro Durante a xornada do venres 27 de novembro, tornamos á sesión en liña, tal vez, o escenario propicio para achegarnos aos retos que o sector cultural e creativo teñen na era da economía de plataformas. Desta vez acompañounos Xulio Vázquez, profesional cunha longa traxectoria en diversos eidos culturais, gran coñecedor da cultura e […]