Definindo equipos e aproximándose aos aspectos legais
O pasado venres 31 de outubro quedaron definidos os equipos que traballarán xuntos durante as vindeiras semanas e adicamos a primeira parte da aula ao traballo práctico sobre os seus proxectos. Os titores do Curso, Sergio Lago y Marcos Lorenzo, foron os encargados de conducir a sesión.
Unha vez posto en común o traballo de diagnose realizado durante a semana, debatíronse e perfiláronse mellor as ideas, obxectivos e principais destinatarios, avanzando na esencia do proxecto: que imos a realizar, a quen vai destinado, que necesidades pretendemos cubrir e os principais argumentos de defensa da nosa proposta.
No último tramo da sesión realizamos unha aproximación ás obrigas legais que pode atoparse un xestor cultural na súa actividade. Neste sentido, fixemos mención en varias ocasións á excelente “Guía de boas prácticas da xestión cultural” da Asociación de Profesionales de la Gestión Cultural de Cataluña (APGCC). Outra fonte de referencia é a biblioteca técnica e lexislativa que está a xerar a Asociación Galega de Empresas de Servizos para Eventos (AGASE).
Coñecimos tamén os aspectos máis significativos dos dereitos de autor e dos dereitos dos usuarios no contexto das actividades culturais, así como os diferentes marcos de traballo para operar legalmente como xestores culturais. Neste último punto parámonos especialmente nas contas do freenlancismo cultural, no tsunami de iniciativas animando ao emprendemento cultural e creativo e, finalmente, no auxe do cooperativismo cultural en Galicia, unha forma empresarial que actúa tamén como ferramenta para a transformación social.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!