Entradas de]

Programación e mediación cultural: artes escénicas e libro. Con Paulo Rodríguez e Yolanda Castaño

Por Miguel Torres Nesta sesión coñecemos o traballo de dous profesionais como son Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro, e Yolanda Castaño, poeta e entre outros proxectos organizadora do “Poetas Di(N)Versos”. Con eles fixemos un percorrido por certas técnicas de programación nos ámbitos nos que traballan, puidemos coñecer proxectos interesantes e abordamos algúns […]

Programación e mediación cultural: cinema e música. Con Ángel Sánchez e Vítor Belho

Por Paulo Bouzas Na aula do 24 de Xaneiro tivemos a primeira parte das sesións destinadas a programación e mediación cultural, e comezamos con audiovisual e música. Para isto contamos con Ángel Sánchez, co-director do festival de cinema documental Play-doc de Tui, e con Vítor Belho, produtor e fundador de Nordesía.  A primeira quenda foi […]

Os públicos da cultura. Con Jaume Colomer

Por Sabela Ramos O pasado mércores 17 de xaneiro tivemos con nós a Jaume Colomer, quen compartiu con nós tódolos seus anos de experiencia traballando, tanto no sector público como privado, na xestión cultural e, máis en concreto, a súa experiencia en análise e estudo dos públicos da cultura. A maiores dos seus cargos en […]

Deseño operativo dos proxectos culturais. Con Marcos Lorenzo, Sergio Lago e Diego Parajó

Por Débora Valuja A primeira aula despois do Nadal estivo enfocada en (pre)visualizar as tarefas que cada equipo deberá desenvolver durante os próximos dous meses. Esta visualización foi dividida en tres partes. A primeira parte foi a máis teórica. Debuxamos unha estrutura ideal temporal para os nosos anteproxectos. Como é evidente, o obxectivo da mesma […]

Conversa aberta con Encarna Lago, Paula Cabaleiro e Julio Gómez: Inclusión, igualdade e sostibilidade, novas obrigas na Xestión Cultural

Trala intensa primeira parte de presentación dos anteproxectos -e un merecido descanso-  a sesión do 21 de decembro continuou cunha segunda parte, máis sosegada para os equipos, pero igualmente interesante, na que primeiro escoitar, e logo falar, sobre cuestións  que están a ser cada vez máis importantes para a sociedade e que supoñen un reto […]

Economía da cultura. Con Pau Rausell

Por Carmen Prego Lamas Na última aula antes do comezo do descanso de Nadal, achegámonos á Economía da Cultura a través do profesor da Universidade de Valencia, Pau Rausell. Benvidas as achegas do profesor, xa que nos permitiron, ou polo menos no meu caso, entender a xestión cultural dende a perspectiva da xeración de economía, […]

Da idea ao anteproxecto cultural. Con Marcos Lorenzo, Sergio Lago e Diego Parajó

Por Jaime Capilla Comezamos a aula como cada mércores recapitulando a sesión anterior, na que tivemos a oportunidade de acudir á Feira das Industrias Culturais, Culturgal (Pontevedra). Tentamos valorar o conxunto da feira e as distintas charlas e presentacións ás que puidemos asistir. Falamos sobre a conversa con Xosé Manuel Aldea (director do Curturgal) e […]

Turismo cultural e desenvolvemento territorial. Con Carlos Martins

Por Antía Lorenzo A sesión de Carlos Martins iniciouse cunha breve introdución da súa biografía e traxectoria profesional. Comeza estudando Economía e decide relacionarse e moverse na etapa universitaria na AIESEC (Asociación de Estudantes Internacionais de Economía). Céntrase nos noventa como unha época convulsa e de novas realidades (Muro de Berlín, Iugoslavia…) como un momento […]