Diversificación de ingresos. Con Berta Mariño
No bloque adicado ao financimento cultural achegámonos a novas fórmulas de financiamento da man de Berta Mariño, quen nos achegou ao benchmarking.
Un benchmark é, literalmente, un punto de referencia. O benchmarking consiste, por tanto, en tomar referencias dos produtos, servizos e procesos dalgún modo similares ao noso proxecto que nos indiquen cales son as mellores prácticas e así xerar un coñecemento que nos resulte útil.
A utilidade deste proceso radica en que, cos datos que obtemos, podemos trazar unha estratexia propia e, ademais, competitiva con proxectos similares. E aínda que para moitas de nós o benchmarking é algo novo, o certo é que é algo que comezou a desenvolverse nos anos 60 en Estados Unidos, e especialmente nos 80, cando a compañía Xerox decidiu analizar como traballaba en relación aos seus competidores.
Desde entón o benchmarking é algo asociado ao ámbito empresarial, pero está xa implantado noutros campos, segundo nos explica Berta, que non pon como exemplo a Axencia Vasca de Innovación, que analizou xunto a consultora Deloitte os centros de innovación social, ou o estudo da fundación Interarts para o proxecto piloto do Fondo Europeo de Integración sobre a xestión da diversidade cultural en institucións culturais.
Pero nesta sesión non só falamos deste proceso, senón das vías de financiamento que podemos ter en conta á hora de planificar, desde o punto de vista económico, o noso proxecto: así, falamos de crowdfunding (donación a un proxecto de forma habitualmente desinteresada, polo que non é unha inversión), pero tamén de crowdlending (inversión de diñeiro para conseguir unha porcentaxe de participación ou como préstamo), pero tamén de convocatorias públicas e privadas e patrocinio.
E xa para rematar, traballamos por equipos, con todo o aprendido, sobre os nosos proxectos.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!