{"id":8683,"date":"2025-02-14T17:46:50","date_gmt":"2025-02-14T16:46:50","guid":{"rendered":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/?p=8683"},"modified":"2025-02-27T18:06:26","modified_gmt":"2025-02-27T17:06:26","slug":"producion-cultural-con-marcos-vazquez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/","title":{"rendered":"Produci\u00f3n cultural. Con Marcos V\u00e1zquez"},"content":{"rendered":"<p><strong>Por Claudia Mart\u00ednez<\/strong><\/p>\n<p>Na clase de hoxe non falamos dos temas leg\u00e1is da organizaci\u00f3n dun festival, necesarios pero dos que xa se falaron na clase de hai d\u00faas semanas. Hoxe f<strong>alaremos con Marcos V\u00e1zquez do proceso creativo e lox\u00edstico da produci\u00f3n dun festival.<\/strong> Far\u00e9molo desde un enfoque cultural e non mercantil<em>.<\/em><\/p>\n<p>En <a href=\"https:\/\/esmerarte.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Esmerarte<\/a> producen dous festivais con perspectivas, obxectivos e, por conseguinte, xeitos de traballar moi diferentes. O <a href=\"https:\/\/portamerica.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Portam\u00e9rica<\/a>, situado nunha antiga azucreira de Portas, unha aldea Pontevedra, \u00e9 un festival de mediano tama\u00f1o cun cartaz destinado a un p\u00fablico reducido. Durante todo o ano e nos d\u00edas do evento se leva a cabo moitas iniciativas que buscan ter un impacto positivo na localidade e ademais hai un esforzo detr\u00e1s por promover o benestar social e aplicar pol\u00edticas medioambient\u00e1is para combatir a s\u00faa pegada.<\/p>\n<p>Pola contra, <a href=\"https:\/\/www.osondocamino.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">O Son do Cami\u00f1o<\/a>, situado no Monte do Gozo, Santiago de Compostela, \u00e9 un festival de gran tama\u00f1o. Non ten como principal preocupaci\u00f3n a pegada que deixan na contorna e o seu cartaz de m\u00fasica \u00e9 \u201cmainstream\u201d.<\/p>\n<h4>Secuencia de <strong>pasos para planificar un evento<\/strong><\/h4>\n<p><strong>Definir o evento<\/strong><\/p>\n<p>O obxectivo principal dun festival \u00e9 determinar que se quere acadar co evento. Neste caso, pode ser a difusi\u00f3n cultural a trav\u00e9s da m\u00fasica, a danza ou outras formas art\u00edsticas, ofrecer entretemento ao p\u00fablico asistente ou incluso a recadaci\u00f3n de fondos para apoiar unha causa ben\u00e9fica ou algunha organizaci\u00f3n. \u00c9 importante establecer claramente esta meta, xa que guiar\u00e1 todas as decisi\u00f3ns relacionadas co evento.<\/p>\n<p>O p\u00fablico obxectivo \u00e9 outro aspecto clave ao definir un festival. Debemos pensar a quen queremos dirixir o evento, xa que isto influir\u00e1 nas actividades, no tipo de programaci\u00f3n e na estratexia de comunicaci\u00f3n. O p\u00fablico pode ser moi variado: desde a mocidade que busca diversi\u00f3n e novas experiencias, at\u00e9 familias que desexan gozar dun d\u00eda ao aire libre, ou profesionais que se interesen en aspectos m\u00e1is t\u00e9cnicos ou espec\u00edficos do festival.<\/p>\n<p>Finalmente, o formato do evento \u00e9 determinante para dar forma ao festival. Este pode adoptar diferentes modalidades, como un concerto, un festival tem\u00e1tico, ou un ciclo de actividades culturais ou art\u00edsticas. A elecci\u00f3n do formato depender\u00e1 dos obxectivos do evento e das expectativas do p\u00fablico obxectivo. Cada tipo de evento ter\u00e1 un enfoque distinto en termos de espazos, duraci\u00f3n, programaci\u00f3n e recursos necesarios para a s\u00faa organizaci\u00f3n.<\/p>\n<p>As\u00ed, ao definir un festival, \u00e9 esencial ter en conta todos estes elementos para garantir o seu \u00e9xito e que se poidan cumprir os obxectivos establecidos.<\/p>\n<p><strong>Cuesti\u00f3ns temporais<\/strong><\/p>\n<p>A elecci\u00f3n das datas ten que ser axeitada. Dependendo do teu p\u00fablico colocar un data ou outra pode ser crucial para que poidan asistir. Marcos pon de exemplo que o ano pasado O Son do Cami\u00f1o coincidiu por datas moi pr\u00f3ximo \u00e1 selectividade. Ao priorizar a dispo\u00f1ibilidade do artista en vez de a do p\u00fablico poder\u00edanse perder moitos asistentes que non puideron acudir ao evento. Por isto, \u00e9 importante considerar factores externos como as vacaci\u00f3ns escolares, festividades locais ou outros eventos concorrentes que poidan afectar \u00e1 afluencia de p\u00fablico.<\/p>\n<p>Ademais das datas \u00e9 esencial elaborar un cronograma detallado que incl\u00faa todas as fases do evento, establecendo prazos claros para cada unha delas. Este cronograma debe abranguer desde as tarefas previas \u00e1 planificaci\u00f3n (pre-produci\u00f3n), como a contrataci\u00f3n de artistas e a promoci\u00f3n, ata a execuci\u00f3n do evento (produci\u00f3n) e o seu posterior seguimento (pos-produci\u00f3n). A definici\u00f3n de prazos axeitados permite garantir que cada aspecto do festival se leve a cabo de forma ordeada e dentro do tempo establecido, evitando imprevistos e asegurando o \u00e9xito da actividade.<\/p>\n<p><strong>Localizaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-8687 alignleft\" src=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/annie-spratt-AFB6S2kibuk-unsplash-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"348\" height=\"232\" srcset=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/annie-spratt-AFB6S2kibuk-unsplash-300x200.jpg 300w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/annie-spratt-AFB6S2kibuk-unsplash-1030x687.jpg 1030w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/annie-spratt-AFB6S2kibuk-unsplash-768x512.jpg 768w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/annie-spratt-AFB6S2kibuk-unsplash-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/annie-spratt-AFB6S2kibuk-unsplash-2048x1366.jpg 2048w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/annie-spratt-AFB6S2kibuk-unsplash-18x12.jpg 18w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/annie-spratt-AFB6S2kibuk-unsplash-1500x1000.jpg 1500w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/annie-spratt-AFB6S2kibuk-unsplash-705x470.jpg 705w\" sizes=\"auto, (max-width: 348px) 100vw, 348px\" \/>Seleccionar o espazo adecuado implica ter en conta varios factores como o aforo, a ac\u00fastica e a accesibilidade. Ademais, \u00e9 fundamental contar cun plan de mobilidade eficiente, que garanta que os asistentes poidan desprazarse facilmente ata o lugar do evento. O Monte do Gozo, por exemplo, \u00e9 un espazo ideal polo seu aforo, pero presenta alg\u00fans inconvenientes no que respecta ao acceso. A s\u00faa proximidade \u00e1 AP-9 \u00e9 vantaxosa, pero as estradas que conducen ao recinto son de s\u00f3 un carril, o que pode crear atascos, e o aparcamento tam\u00e9n resulta limitado. Para minimizar estas dificultades, a organizaci\u00f3n do festival disp\u00f3n de servizos de lanzadeiras desde tres puntos de Santiago, permitindo que os asistentes accedan ao evento de maneira m\u00e1is c\u00f3moda. Do mesmo xeito, para o Portam\u00e9rica, a organizaci\u00f3n ofrece unha soluci\u00f3n para mellorar a mobilidade ao dispo\u00f1er de buses que conectan as cidades de arredor co espazo do festival.<\/p>\n<p>O Coliseum en A Coru\u00f1a \u00e9 un exemplo de espazo cunha excelente accesibilidade, xa que est\u00e1 ben comunicado mediante a autopista e conta cun amplo aparcamento. Por outra banda, o IFEVI en Vigo ser\u00eda un exemplo de mala accesibilidade: a s\u00faa entrada, por unha \u00fanica v\u00eda, e o aparcamento reducido dificultan a chegada ao evento, facendo que a experiencia sexa pouco placenteira.<\/p>\n<p>Despois de ter a localizaci\u00f3n \u00e9 dependendo de onde sexa o evento haber\u00e1 que xestionar a obtenci\u00f3n das autorizaci\u00f3ns necesarias para diferentes aspectos do evento, como a seguridade, o control do tr\u00e1fico, o son e as condici\u00f3ns sanitarias. Por exemplo, para o uso de sistemas de son ao aire libre, \u00e9 necesario obter unha licenza que regule os niveis de ru\u00eddo para non afectar \u00e1 contorna e cumprir coas normativas locais. Tam\u00e9n se deben xestionar permisos para o control e protecci\u00f3n dos asistentes, garantindo que o evento conte cun adecuado sistema de seguridade e emerxencias.<\/p>\n<p><strong>Equipo e recursos<\/strong><\/p>\n<p>Durante a pre-producci\u00f3n, o equipo humano estar\u00e1 composto por un grupo fixo de profesionais, pero na fase de produci\u00f3n do evento, o n\u00famero de traballadores aumentar\u00e1 considerablemente. En Esmerarte, todo o persoal \u00e9 contratado directamente por eles, sen recorrer \u00e1 subcontrataci\u00f3n de empresas externas. Deste xeito, aseg\u00faranse de formar a todos os traballadores nos riscos laborais asociados \u00e1s s\u00faas tarefas espec\u00edficas. O principal inconveniente desta modalidade \u00e9 a complexidade de coordinar e xestionar a todo o persoal de maneira eficiente durante o evento.<\/p>\n<p>Un recurso fundamental \u00e9 o t\u00e9cnico. Os recursos t\u00e9cnicos necesarios para a producci\u00f3n do evento, \u00e9 dicir, equipos de son, de iluminaci\u00f3n, escenograf\u00eda, est\u00e1 alugado.<\/p>\n<p>Outro \u00e9 o orzamento. A distribuci\u00f3n de recursos econ\u00f3micos moitas veces sirve para diferenciarse do resto. Gastar di\u00f1eiro en alugar unha nora pode ser unha inversi\u00f3n. Marcos sinala que as entradas de festivais en Galicia son moito m\u00e1is baratas que no resto de Espa\u00f1a. Isto pode responder a que a man de obra ou provedores sexan m\u00e1is baratos pero os artistas seguen costando o mesmo nunha zona que noutra de Espa\u00f1a. Do mesmo xeito mostra as entradas do Primavera Sound de BCN e o de Portugal, 100 euros m\u00e1is baratas. Tam\u00e9n menciona que hai aspectos puramente mercant\u00eds, como subir considerablemente o prezo das primeiras entradas ou non devolver o di\u00f1eiro dos vasos, cos que buscan aproveitarse do fanatismo dos asistentes para incrementar os seus beneficios.<\/p>\n<p>Os fondos do Son do Cami\u00f1o ve\u00f1en\u00a0 dunha subvenci\u00f3n por retorno publicitario. Este tipo de axuda non se contemplaba para festivais e foi O Son do Cami\u00f1o o primeiro que se beneficiou dela.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tras seguir os pasos para planificar o evento hai que reunir as <strong>ferramentas e documentos de uso habitual<\/strong>:<\/p>\n<p><strong>O rider t\u00e9cnico<\/strong><\/p>\n<p>O rider t\u00e9cnico \u00e9 un dos documentos m\u00e1is importantes na produci\u00f3n dun espect\u00e1culo. Nel, o artista detalla todos os requisitos t\u00e9cnicos que necesita para a s\u00faa actuaci\u00f3n, como a disposici\u00f3n<img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignright  wp-image-8689\" src=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/hai-nguyen-FeQHl8GQ2Gw-unsplash-300x169.jpg\" alt=\"\" width=\"389\" height=\"219\" srcset=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/hai-nguyen-FeQHl8GQ2Gw-unsplash-300x169.jpg 300w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/hai-nguyen-FeQHl8GQ2Gw-unsplash-1030x579.jpg 1030w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/hai-nguyen-FeQHl8GQ2Gw-unsplash-768x432.jpg 768w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/hai-nguyen-FeQHl8GQ2Gw-unsplash-1536x864.jpg 1536w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/hai-nguyen-FeQHl8GQ2Gw-unsplash-2048x1152.jpg 2048w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/hai-nguyen-FeQHl8GQ2Gw-unsplash-18x10.jpg 18w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/hai-nguyen-FeQHl8GQ2Gw-unsplash-1500x844.jpg 1500w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/hai-nguyen-FeQHl8GQ2Gw-unsplash-705x397.jpg 705w\" sizes=\"auto, (max-width: 389px) 100vw, 389px\" \/> do escenario, o equipo de luces e son ou os instrumentos.<\/p>\n<p>En moitos casos, os riders son sinxelos e f\u00e1ciles de cumprir, pero noutros poden ser m\u00e1is complexos. Moitas veces \u00fasase o di\u00e1logo para adaptar o rider e conseguir que encaixe entre dous artistas con necesidades distintas. Neste proceso, o xefe de produci\u00f3n t\u00e9cnica xoga un papel clave, pois \u00e9 quen dialoga e negocia cos artistas para axustar o rider de maneira que encaixe no escenario do festival. Se o rider incl\u00fae demandas que a organizaci\u00f3n non pode cubrir, non ten sentido negociar sobre iso. Por exemplo, no festival Son do Cami\u00f1o, por normativa dos bombeiros, non se permite o uso dunha determinada cantidade de p\u00f3lvora. Se un artista solicita este material, o seu uso ser\u00e1 rexeitado.<\/p>\n<p>Marcos comenta que as botellas de CO\u2082 son unha ferramenta moi utilizada, sobre todo por artistas urbanos. &#8220;\u00c9 algo un pouco rid\u00edculo e, desde o punto de vista lox\u00edstico, bastante complicado&#8221;, defende Marcos.<\/p>\n<p>No rider hai un apartado que se chama <em>hospitality<\/em>, nesa parte do documento se detallan todas as necesidades da banda en canto a aloxamento, viaxes e camerinos. A informaci\u00f3n inclu\u00edda neste documento\u00a0pode ser fonte de conflitos, especialmente polo espazo esixido por cada artista, xa que moitos requiren \u00e1reas exclusivas. Por\u00e9n, normalmente ac\u00e1dase un acordo.<\/p>\n<p>El <em>hospitality<\/em> pode resultar rid\u00edculo polas exquisiteces que incl\u00fae, xa que alg\u00fans artistas fan petici\u00f3ns excesivas ou innecesarias. Con todo, Marcos entende que hai que ter en conta que pasan moito tempo na estrada, e moitas veces un espazo ben acondicionado e acolledor pode suplir estas demandas. Igual que co rider, no apartado de hospitality \u00e9 implescindible chegar a acordos.<\/p>\n<p><strong>Contra rider<\/strong><\/p>\n<p>O contra rider \u00e9 o documento que se lles entrega aos artistas en contraposici\u00f3n aos rides dos artistas. Este informe indica a todas as bandas cales son os equipamentos cos que poden contar no festival. Reflictir\u00e1 o acordo chegado entre as partes acerca das infraestruturas e sistemas postos \u00e1 disposici\u00f3n de cada artista.<\/p>\n<p>Igual que no rider, no contra rider est\u00e1n detallado os inears que se van utilizar, o personal t\u00e9cnico, os monitores e o sistema de son entre outras cousas.<\/p>\n<p><strong>Folla de ruta<\/strong><\/p>\n<p>Outro documento fundamental \u00e9 a folla de ruta, un cronograma detallado do d\u00eda do evento que se env\u00eda aos artistas. Este escrito empr\u00e9gase para indicar a cada banda o xeito de chegar ao recinto, o que van atopar en canto a son, os horarios de acceso e resto de informaci\u00f3n para facer o show. Outra informaci\u00f3n que se pode engadir \u00e9 a informaci\u00f3n do hotel, os horarios de recollida, especificaci\u00f3ns de onde estacionarveh\u00edculos pesados ou incluso un directorio de contactos do festival.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h4>Durante o show: coordinaci\u00f3n, supervisi\u00f3n e deixar o m\u00ednimo marxe \u00e1 improvisaci\u00f3n<\/h4>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-8691 alignleft\" src=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/toushif-alam-FE4Ha7AMmIo-unsplash-300x225.jpg\" alt=\"\" width=\"343\" height=\"257\" srcset=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/toushif-alam-FE4Ha7AMmIo-unsplash-300x225.jpg 300w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/toushif-alam-FE4Ha7AMmIo-unsplash-1030x773.jpg 1030w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/toushif-alam-FE4Ha7AMmIo-unsplash-768x576.jpg 768w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/toushif-alam-FE4Ha7AMmIo-unsplash-1536x1152.jpg 1536w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/toushif-alam-FE4Ha7AMmIo-unsplash-2048x1536.jpg 2048w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/toushif-alam-FE4Ha7AMmIo-unsplash-16x12.jpg 16w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/toushif-alam-FE4Ha7AMmIo-unsplash-1500x1125.jpg 1500w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/toushif-alam-FE4Ha7AMmIo-unsplash-705x529.jpg 705w\" sizes=\"auto, (max-width: 343px) 100vw, 343px\" \/>La <strong>listaxe de tarefas para facer nun festival est\u00e1 composta polas de produci\u00f3n<\/strong> <strong>e os seus prazos.<\/strong>\u00a0 Un ano antes do festival, establ\u00e9cense as datas para ter o cronograma definido. O primeiro paso \u00e9 contactar cos provedores e xestionar cuesti\u00f3ns clave como a solicitude de licenzas e a coordinaci\u00f3n co equipo t\u00e9cnico, que incl\u00fae arquitectos e enxe\u00f1eiros.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n \u00e9 fundamental analizar o aforo, calculando o n\u00famero de persoas permitido por metro cadrado, e po\u00f1erse en contacto co equipo de infraestruturas (encargado do escenario e dos servizos) e co de maquinaria (carretillas elevadoras, entre outros) e os provedores de hostalar\u00eda. Ademais, c\u00f3mpre redactar varios documentos clave: un borrador do proxecto para entregar ao concello; o plan de autoprotecci\u00f3n, que define os medios para afrontar emerxencias; o plan de seguridade e sa\u00fade, que recolle todos os protocolos destinados a garantir a integridade dos traballadores e asistentes; o relativo \u00e1 prevenci\u00f3n de riscos laborais, que garante que todos os traballadores estean informados sobre as medidas necesarias para minimizar posibles perigos durante a montaxe e celebraci\u00f3n do evento; o certificado de implantaci\u00f3n do proxecto de actividade; o certificado de solicitude estrutural, emitido por un enxe\u00f1eiro, quen debe inspeccionar as instalaci\u00f3ns; tam\u00e9n hai que acreditar que toda a maquinaria instalada conta co marcado CE; e por \u00faltimo, \u00e9 imprescindible contratar un seguro de responsabilidade civil.<\/p>\n<p>Outro paso clave \u00e9 adecuar o terreo, que pode implicar tarefas como desbrozar, instalar farolas ou colocar valos. Xa no \u00faltimo mes antes do evento, comeza a fase de construci\u00f3n, que incl\u00fae o montaxe do escenario, a instalaci\u00f3n el\u00e9ctrica, os traballos de hostalar\u00eda e a preparaci\u00f3n dos camerinos, entre outros aspectos.<\/p>\n<p>Despois de falar sobre os pasos a seguir para organizar un festival, sobre os documentos de uso fundamental e o cronograma para non esquecer ning\u00fan paso do plan, Marcos ensinounos dous videos resumo dos dous festivais que organizan en Esmerarte.<\/p>\n<p>Deunos un consello que a eles lles funciona moito para mellorar en cada edici\u00f3n: facer fotos do recinto horas antes de abrir as portas. Ter imaxes de todos os recunchos do festival, s\u00edrvelles para despois facer unha an\u00e1lise de que melloras se poden facer para os seguinte anos.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n nos ensinou o <strong>informe de sostenibilidade<\/strong> que implantaron o ano pasado no Portam\u00e9rica e que pon en valor a creaci\u00f3n e funcionamento do festival. Este documento que se encontra na p\u00e1xina web recolle as medidas para minimizar a pegada ambiental que ten na contorna. Fala do plan de reforestaci\u00f3n de \u00e1rbores aut\u00f3ctonas para compensar as 52 toneladas de co2 que sup\u00f3n a produci\u00f3n do festival, da accesibilidade a demanda dos asistentes con discapacidade, da b\u00fasqueda de produtores de km cero, da iniciativa para reducir a demanda da auga, da creaci\u00f3n de totebags con lonas dos anos anteriores,&#8230;e moitos outros proxectos que fan parte do festival e lle dan unha raz\u00f3n de ser.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Por Claudia Mart\u00ednez Na clase de hoxe non falamos dos temas leg\u00e1is da organizaci\u00f3n dun festival, necesarios pero dos que xa se falaron na clase de hai d\u00faas semanas. Hoxe falaremos con Marcos V\u00e1zquez do proceso creativo e lox\u00edstico da produci\u00f3n dun festival. Far\u00e9molo desde un enfoque cultural e non mercantil. En Esmerarte producen dous [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":8,"featured_media":8684,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_bbp_topic_count":0,"_bbp_reply_count":0,"_bbp_total_topic_count":0,"_bbp_total_reply_count":0,"_bbp_voice_count":0,"_bbp_anonymous_reply_count":0,"_bbp_forum_subforum_count":0,"footnotes":""},"categories":[21],"tags":[],"class_list":["post-8683","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-8a-edicion-2024-25"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v26.8 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Produci\u00f3n cultural. Con Marcos V\u00e1zquez<\/title>\n<meta name=\"description\" content=\"Nesta sesi\u00f3n do Curso Marcos V\u00e1zquez achegounos \u00e1 produci\u00f3n cultural a trav\u00e9s da s\u00faa experiencia nos festivais Portam\u00e9rica e O Son do Cami\u00f1o.\" \/>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Produci\u00f3n cultural. Con Marcos V\u00e1zquez\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Nesta sesi\u00f3n do Curso Marcos V\u00e1zquez achegounos \u00e1 produci\u00f3n cultural a trav\u00e9s da s\u00faa experiencia nos festivais Portam\u00e9rica e O Son do Cami\u00f1o.\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"USC Xesti\u00f3n Cultural\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2025-02-14T16:46:50+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2025-02-27T17:06:26+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/2025-02-14-Marcos-Vazquez-producion-4.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"1670\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"869\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"bencuriosa\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"bencuriosa\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"13 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/\"},\"author\":{\"name\":\"bencuriosa\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/46768c887e9d5f3560545d3cb1776847\"},\"headline\":\"Produci\u00f3n cultural. Con Marcos V\u00e1zquez\",\"datePublished\":\"2025-02-14T16:46:50+00:00\",\"dateModified\":\"2025-02-27T17:06:26+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/\"},\"wordCount\":2315,\"commentCount\":0,\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/2025-02-14-Marcos-Vazquez-producion-4.jpg\",\"articleSection\":[\"8\u00aa edici\u00f3n 2024-25\"],\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/\",\"url\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/\",\"name\":\"Produci\u00f3n cultural. Con Marcos V\u00e1zquez\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/2025-02-14-Marcos-Vazquez-producion-4.jpg\",\"datePublished\":\"2025-02-14T16:46:50+00:00\",\"dateModified\":\"2025-02-27T17:06:26+00:00\",\"author\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/46768c887e9d5f3560545d3cb1776847\"},\"description\":\"Nesta sesi\u00f3n do Curso Marcos V\u00e1zquez achegounos \u00e1 produci\u00f3n cultural a trav\u00e9s da s\u00faa experiencia nos festivais Portam\u00e9rica e O Son do Cami\u00f1o.\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/2025-02-14-Marcos-Vazquez-producion-4.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/2025-02-14-Marcos-Vazquez-producion-4.jpg\",\"width\":1670,\"height\":869},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Produci\u00f3n cultural. Con Marcos V\u00e1zquez\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#website\",\"url\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/\",\"name\":\"USC Xesti\u00f3n Cultural\",\"description\":\"Posgrao en Xesti\u00f3n e Innovaci\u00f3n Cultural na Universidade de Santiago de Compostela\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/46768c887e9d5f3560545d3cb1776847\",\"name\":\"bencuriosa\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/485c909532241cb45c7d3af7fefa036a?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/485c909532241cb45c7d3af7fefa036a?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"bencuriosa\"},\"url\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/author\/bencuriosa\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Produci\u00f3n cultural. Con Marcos V\u00e1zquez","description":"Nesta sesi\u00f3n do Curso Marcos V\u00e1zquez achegounos \u00e1 produci\u00f3n cultural a trav\u00e9s da s\u00faa experiencia nos festivais Portam\u00e9rica e O Son do Cami\u00f1o.","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"Produci\u00f3n cultural. Con Marcos V\u00e1zquez","og_description":"Nesta sesi\u00f3n do Curso Marcos V\u00e1zquez achegounos \u00e1 produci\u00f3n cultural a trav\u00e9s da s\u00faa experiencia nos festivais Portam\u00e9rica e O Son do Cami\u00f1o.","og_url":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/","og_site_name":"USC Xesti\u00f3n Cultural","article_published_time":"2025-02-14T16:46:50+00:00","article_modified_time":"2025-02-27T17:06:26+00:00","og_image":[{"width":1670,"height":869,"url":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/2025-02-14-Marcos-Vazquez-producion-4.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"bencuriosa","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"bencuriosa","Tiempo de lectura":"13 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/"},"author":{"name":"bencuriosa","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/46768c887e9d5f3560545d3cb1776847"},"headline":"Produci\u00f3n cultural. Con Marcos V\u00e1zquez","datePublished":"2025-02-14T16:46:50+00:00","dateModified":"2025-02-27T17:06:26+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/"},"wordCount":2315,"commentCount":0,"image":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/2025-02-14-Marcos-Vazquez-producion-4.jpg","articleSection":["8\u00aa edici\u00f3n 2024-25"],"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/","url":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/","name":"Produci\u00f3n cultural. Con Marcos V\u00e1zquez","isPartOf":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/2025-02-14-Marcos-Vazquez-producion-4.jpg","datePublished":"2025-02-14T16:46:50+00:00","dateModified":"2025-02-27T17:06:26+00:00","author":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/46768c887e9d5f3560545d3cb1776847"},"description":"Nesta sesi\u00f3n do Curso Marcos V\u00e1zquez achegounos \u00e1 produci\u00f3n cultural a trav\u00e9s da s\u00faa experiencia nos festivais Portam\u00e9rica e O Son do Cami\u00f1o.","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#primaryimage","url":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/2025-02-14-Marcos-Vazquez-producion-4.jpg","contentUrl":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2025\/02\/2025-02-14-Marcos-Vazquez-producion-4.jpg","width":1670,"height":869},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2025\/02\/producion-cultural-con-marcos-vazquez\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Produci\u00f3n cultural. Con Marcos V\u00e1zquez"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#website","url":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/","name":"USC Xesti\u00f3n Cultural","description":"Posgrao en Xesti\u00f3n e Innovaci\u00f3n Cultural na Universidade de Santiago de Compostela","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/46768c887e9d5f3560545d3cb1776847","name":"bencuriosa","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/485c909532241cb45c7d3af7fefa036a?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/485c909532241cb45c7d3af7fefa036a?s=96&d=mm&r=g","caption":"bencuriosa"},"url":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/author\/bencuriosa\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8683","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/8"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=8683"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8683\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":8693,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/8683\/revisions\/8693"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8684"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=8683"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=8683"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=8683"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}