{"id":2854,"date":"2017-12-20T22:40:07","date_gmt":"2017-12-20T21:40:07","guid":{"rendered":"http:\/\/edu.xestioncultural.com\/?p=2854"},"modified":"2018-01-10T10:46:20","modified_gmt":"2018-01-10T09:46:20","slug":"economia-da-cultura-con-pau-rausell","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/","title":{"rendered":"Econom\u00eda da cultura. Con Pau Rausell"},"content":{"rendered":"<p>Por <strong>Carmen Prego Lamas<\/strong><\/p>\n<p>Na \u00faltima aula antes do comezo do descanso de Nadal, acheg\u00e1monos \u00e1 Econom\u00eda da Cultura a trav\u00e9s do profesor da Universidade de Valencia, <a href=\"http:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/equipo-docente\/#toggle-id-11\">Pau Rausell<\/a>. Benvidas as achegas do profesor, xa que nos permitiron, ou polo menos no meu caso, entender a xesti\u00f3n cultural dende a perspectiva da xeraci\u00f3n de econom\u00eda, de investimento, de reto, de crecemento econ\u00f3mico \u2026. Mudando vellas expresi\u00f3ns como a de \u201cA Cultura como gasto\u201d.<\/p>\n<div id=\"attachment_2592\" style=\"width: 310px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2014\/05\/pau-rausell.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" aria-describedby=\"caption-attachment-2592\" class=\"wp-image-2592 size-medium\" src=\"http:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2014\/05\/pau-rausell-300x300.jpg\" alt=\"pau rausell\" width=\"300\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2014\/05\/pau-rausell-300x300.jpg 300w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2014\/05\/pau-rausell-80x80.jpg 80w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2014\/05\/pau-rausell-36x36.jpg 36w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2014\/05\/pau-rausell-180x180.jpg 180w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2014\/05\/pau-rausell.jpg 400w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2014\/05\/pau-rausell-120x120.jpg 120w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-2592\" class=\"wp-caption-text\"><span style=\"color: #808080\">Pau Rausell, profesor da Universidade de Valencia<\/span><\/p><\/div>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Quero empezar este post cunha idea clave e que permite centrar o que foi a sesi\u00f3n de traballo co profesor Rausell: <strong>nos anos 90 a investigaci\u00f3n na Econom\u00eda da Cultura necesitaba xustificarse ante os \u201ceconomistas\u201d ( de servizos, os financeiros,\u2026.) o corro da Econom\u00eda (con mai\u00fasculas, para entendernos) estaba pechado para o \u00e1mbito da cultura. Se te xuntabas, comenta o profesor Rausell, co sector da Cultura notabas \u201caqu\u00ed est\u00e1n os economistas a ensuciar a cultura\u201d<\/strong>. A perspectiva mudou e <strong><em>aqueles economistas agora<\/em> <\/strong><em><strong>queren aproximarse\/facer industria cultural<\/strong>. <\/em>\u00a0E comenta, con gran satisfacci\u00f3n, que nestes momentos a \u201cUnidad de Investigaci\u00f3n en Econom\u00eda de la Cultura y Turismo (Econcult)\u201d que el dirixe, \u00e9 <strong>unha das unidades de investigaci\u00f3n que m\u00e1is ingresos xera na Universidade de Valencia<\/strong>. Aproxim\u00e1monos as propostas de traballo desta unidade nas que a m\u00e1xima \u00e9 a de <strong>proxectos con viabilidade orzamentaria<\/strong> apostando polos espazos, a innovaci\u00f3n e a cultura. Ideas interesantes no seguinte enlace web <a href=\"http:\/\/www.econcult.eu\/es\/proyectos\/\">econcult.eu<\/a>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Destaco a reflexi\u00f3n inicial de traballo dalgunhas propostas desta Unidade de investigaci\u00f3n, como por exemplo:<\/p>\n<ul>\n<li><em>El Horno. Espacio de las Artes y la Cultura para la inclusi\u00f3n social y la Salud P\u00fablica: <\/em>como unha proposta de reinvenci\u00f3n do espazo, o inicio de proxecto \u00e9 cunha pregunta clave: \u00bfqu\u00e9 \u00e9 o que temos? \u00bfcales son as restrici\u00f3ns do espazo? <strong>Relacionar cultura\/creatividade\/sa\u00fade\/inclusi\u00f3n\/cuesti\u00f3ns arquitect\u00f3nicas\u2026. Na xesti\u00f3n deste espazo.<\/strong> Cunha visi\u00f3n integral dos proxectos na s\u00faa fase inicial.<\/li>\n<\/ul>\n<p>As\u00ed mesmo, Pau Rausell tam\u00e9n analiza as pol\u00edticas culturais e entre as prioridades destaca, por exemplo, que a nivel europeo todas as convocatorias especialmente o <a href=\"https:\/\/ec.europa.eu\/growth\/smes\/cosme_es\">PROGRAMA COSME<\/a> cada vez ten m\u00e1is importancia na valoraci\u00f3n dos proxectos presentados no \u00e1mbito da cultura, do patrimonio. Temos, polo tanto, un novo exemplo desta <strong>mirada da Econom\u00eda \u00e1 Cultura.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Vexamos m\u00e1is polo mi\u00fado esta aproximaci\u00f3n. <\/strong>A econom\u00eda como ciencia social que explica as elecci\u00f3ns dos individuos, e aplicada ao \u00e1mbito da cultura\u00a0 \u201ctrata de inferir o comportamento dos individuos cando te\u00f1en que elixir entre usos alternativos do seu tempo e recursos\u201d e aqu\u00ed temos:<\/p>\n<ul>\n<li>O individualismo metodol\u00f3xico: son os individuos os que toman as decisi\u00f3ns de xeito racional e consciente.<\/li>\n<li>Estas decisi\u00f3ns son tomadas no marco de determinadas preferencias.<\/li>\n<li>O obxectivo destas decisi\u00f3ns \u00e9 maximizar a utilidade das ditas elecci\u00f3ns.<\/li>\n<li>Todo este proceso est\u00e1 suxeito a un conxunto de restrici\u00f3ns que poden ser: de orzamento dispo\u00f1ible, en relaci\u00f3n co tempo, co custe de oportunidade ou con outras restrici\u00f3ns institucionais e sociais.<\/li>\n<\/ul>\n<p>A partir da conxunci\u00f3n destes principios metodol\u00f3xicos p\u00f3dense elaborar modelos econom\u00e9tricos que poden chegar a explicar <strong><em>por que decidimos comprar unha entrada a un museo ou explicado en termos econ\u00f3micos: a satisfacci\u00f3n pola entrada ao museo \u00e9 superior ao seu custe?<\/em><\/strong> A partir de aqu\u00ed, pasar\u00edamos a outros dos puntos da aplicaci\u00f3n da<a href=\"http:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/Na-aula.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignleft wp-image-2858 size-medium\" src=\"http:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/Na-aula-300x115.jpg\" alt=\"Na aula\" width=\"300\" height=\"115\" srcset=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/Na-aula-300x115.jpg 300w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/Na-aula-768x294.jpg 768w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/Na-aula-1030x395.jpg 1030w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/Na-aula-1500x575.jpg 1500w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/Na-aula-705x270.jpg 705w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/Na-aula-845x321.jpg 845w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/Na-aula-450x173.jpg 450w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a> Econom\u00eda \u00e1 Cultura: dado ese nivel de preferencia (a elecci\u00f3n no noso caso da compra desa entrada ao museo) como se poder\u00edan aumentar os beneficios de satisfacci\u00f3n?<\/p>\n<p>As\u00ed, dende unha perspectiva de aplicaci\u00f3n da Econom\u00eda \u00e1 Cultura podemos establecer, como exemplo, o seguinte obxectivo: \u201cimos facer que a xente vaia m\u00e1is ao teatro\u201d posibles ideas:<\/p>\n<ul>\n<li>Baixar os impostos do teatro, pero non necesariamente ten por que baixar o prezo.<\/li>\n<li>Prezo: reduci\u00f3n do custe.<\/li>\n<li>Programar m\u00e1is teatro: creamos a oferta, creamos m\u00e1is oportunidade. Aumentar a programaci\u00f3n reducindo as restrici\u00f3ns.<\/li>\n<li>Outras moitas que poder\u00edan xurdir,\u2026<\/li>\n<\/ul>\n<p>A Econom\u00eda da cultura tenta, polo tanto, aproximarse os h\u00e1bitos de consumo cultural, por exemplo e\u00a0 facer inferencias, extraer conclusi\u00f3ns que permitan xerar os elementos necesarios para acadar ese obxectivo. O profesor Rausell com\u00e9ntanos que Espa\u00f1a \u00e9 un dos pa\u00edses nos que m\u00e1is analizado est\u00e1n os h\u00e1bitos culturais da poboaci\u00f3n e que no desenvolvemento das programaci\u00f3ns non empregamos nin o 10% desta informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Nesta aproximaci\u00f3n ao estudio aplicado da Econom\u00eda \u00e1 Cultura \u00e9 importante saber:<\/p>\n<div id=\"attachment_2847\" style=\"width: 310px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/vidriera-post-Pau-Rausell.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" aria-describedby=\"caption-attachment-2847\" class=\"wp-image-2847 size-medium\" src=\"http:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/vidriera-post-Pau-Rausell-300x221.jpg\" alt=\"vidriera-post Pau Rausell\" width=\"300\" height=\"221\" srcset=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/vidriera-post-Pau-Rausell-300x221.jpg 300w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/vidriera-post-Pau-Rausell-705x519.jpg 705w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/vidriera-post-Pau-Rausell-450x331.jpg 450w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/vidriera-post-Pau-Rausell.jpg 720w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-2847\" class=\"wp-caption-text\"><span style=\"color: #808080\">Vidrieira no Mus\u00e8e Carnavalet da Historia de Par\u00eds<\/span><\/p><\/div>\n<p><strong>Que estuda a disciplina acad\u00e9mica da econom\u00eda da cultura?<\/strong><\/p>\n<ul>\n<li>Aqu\u00ed atopamos, por unha parte que os bens e servizos culturais non son un <em>output<\/em> calquera xa que son <strong><strong>\u201cbens de experiencia\u201d e en moitos casos moitos destes bens\/servizos culturais mostran atributos de bens p\u00fablicos.<\/strong><\/strong><\/li>\n<li><strong>O estudio dos mercados da cultura<\/strong><\/li>\n<li><strong>A xesti\u00f3n dos grandes equipamentos culturais <\/strong>\u00e9 un tema clave especialmente en cuesti\u00f3ns relacionadas cos modelos de xesti\u00f3n cultural e que se est\u00e1n a converter en temas centrais de estudo en traballos de econom\u00eda e de xesti\u00f3n cultural<\/li>\n<li><strong>As funci\u00f3ns da intervenci\u00f3n p\u00fablica na provisi\u00f3n de bens e servizos culturais:<\/strong> tanto para a satisfacci\u00f3n dos dereitos culturais como polos efectos econ\u00f3micos e a versatilidade da cultura para acadar un abano de obxectivos sociais, educativos, etc.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Desta an\u00e1lise da aplicaci\u00f3n da Econom\u00eda \u00e1 Cultura, tam\u00e9n xurde unha cuesti\u00f3n <strong>\u00bfhai cousas en cultura que non se poden contar\/cuantificar? <\/strong>Por exemplo: <strong>o impacto cognitivo dunha exposici\u00f3n p\u00f3dese cuantificar, darlle un valor econ\u00f3mico?<\/strong><\/p>\n<p>No estudio dos mercados da cultura temos:<\/p>\n<ul>\n<li>Experiencias culturais que non son de mercado,<\/li>\n<li>Experiencias culturais que son de mercado,<\/li>\n<li>Experiencias que prev\u00e9n as AA.PP.<\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00c9 importante co\u00f1ecer onde est\u00e1 <strong>o \u00e1tomo cultural, <\/strong>o punto de relaci\u00f3n\/de contacto entre a <strong><em>econom\u00eda de mercado e o ecosistema cultural. <\/em><\/strong>Nestes momentos, estamos convertendo, cada vez m\u00e1is, <strong>bens e servizos culturais como produtos.<\/strong><\/p>\n<p>En relaci\u00f3n co estudio da Econom\u00eda das Organizaci\u00f3ns Culturais, o profesor Rausell comenta que:<\/p>\n<ul>\n<li>As organizaci\u00f3ns culturais funcionan, cada vez m\u00e1is, como referentes doutras organizaci\u00f3ns econ\u00f3micas<\/li>\n<li>As motivaci\u00f3ns dos\/as participantes (sexan capital ou traballo) plan\u00e9anse en termos diferentes ao resto do sistema econ\u00f3mico, o que implica unha maior resistencia <strong>\u201cnon podemos comparar o mercado de cadeiras co mercado das emoci\u00f3ns\u201d.<\/strong><\/li>\n<li>A creatividade como <em>input<\/em> e o contexto (espacio) resultan m\u00e1is importantes que en outros \u00e1mbitos.<\/li>\n<li>As condici\u00f3ns obxectivas de traballo no sector cultural son <em>peores <\/em>que na media da econom\u00eda , pero <strong>hai alg\u00fan tipo de compensaci\u00f3n, un valor engadido.<\/strong><\/li>\n<li>A tendencia estrutural que o \u00e1mbito da cultura non sexa comparable aos outros sectores.<\/li>\n<li>Os\/as profesionais do \u00e1mbito da cultura destacan polas s\u00faas habilidades\/capacidades de innovaci\u00f3n e creatividade respecto dos profesionais doutros sectores, pero te\u00f1en m\u00e1is dificultades na xesti\u00f3n do tempo, por exemplo, e na habilidade de comunicar os contidos dos seus proxectos.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Cultura, alicerce da sustentabilidade<\/strong><\/p>\n<p>A \u00faltima parte da sesi\u00f3n centrouse nas <strong>posibilidades da Econom\u00eda da Cultura como programa de pol\u00edtica econ\u00f3mica e a s\u00faa relaci\u00f3n co desenvolvemento<\/strong>,\u00a0 e as\u00ed, temos que ser conscientes da evoluci\u00f3n do concepto de desenvolvemento e tomando de referencia a <strong>Jon HAWKES <\/strong>que no seu libro <em>The Fourth Pillar of Sustainability: culture\u2019s essential role in public planning<\/em>, que como argumento central est\u00e1 o de <strong>propor a cultura como cuarto piar da sustentabilidade (ao mesmo nivel que os tres piares tradicionais: desenvolvemento econ\u00f3mico, social e ecol\u00f3xico). <\/strong><\/p>\n<p>Para HAWKES a cultura \u00e9 un proceso, non un produto. <strong>Sen a vitalidade da cultura, a planificaci\u00f3n p\u00fablica nunca pode ser realmente eficaz e \u00edntegra; coa importancia do nivel local para favorecer un desenvolvemento sostible cun forte compo\u00f1ente cultural.<\/strong><\/p>\n<p>Rausell sost\u00e9n que o obxectivo de toda acci\u00f3n p\u00fablica \u00e9 a da pol\u00edtica na que a cultura adquire centralidade e reflexiona sobre aspectos como:<\/p>\n<ul>\n<li>As pol\u00edticas culturais son as que \u201cmenos cambian\u201d nun cambio electoral <strong>faise o que se fai.<\/strong><\/li>\n<li>Temos modelos de facer xesti\u00f3n cultural <strong>secuestrados polos equipos t\u00e9cnicos: quen delimita a pol\u00edtica cultural a nivel municipal \u00e9 o t\u00e9cnico<\/strong>. Anoto a reflexi\u00f3n!!<\/li>\n<li>As pol\u00edticas culturais son as menos eficaces de todas.<\/li>\n<\/ul>\n<p>A centralidade da Cultura nas pol\u00edticas p\u00fablicas debe ser unha aposta xa que:<\/p>\n<ul>\n<li>A Cultura incrementa o \u201catractivo\u201d das rexi\u00f3ns.<\/li>\n<li>A Cultura incrementa a productividade dos restantes sectores<\/li>\n<li>Mellora a eficiencia e a adaptaci\u00f3n \u00e1s novas realidades sociais<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<div id=\"attachment_2846\" style=\"width: 510px\" class=\"wp-caption alignright\"><a href=\"http:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/destaque-post-Pau-Rausell.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" aria-describedby=\"caption-attachment-2846\" class=\"wp-image-2846\" src=\"http:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/destaque-post-Pau-Rausell-300x169.jpg\" alt=\"destaque-post Pau Rausell\" width=\"500\" height=\"281\" srcset=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/destaque-post-Pau-Rausell-300x169.jpg 300w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/destaque-post-Pau-Rausell-768x432.jpg 768w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/destaque-post-Pau-Rausell-1030x579.jpg 1030w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/destaque-post-Pau-Rausell-705x397.jpg 705w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/destaque-post-Pau-Rausell-450x253.jpg 450w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/destaque-post-Pau-Rausell.jpg 1280w\" sizes=\"auto, (max-width: 500px) 100vw, 500px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-2846\" class=\"wp-caption-text\"><span style=\"color: #808080\">Destaque do informe RIS3 GALICIA, das estratexias de especializaci\u00f3n para o RETO 1: Novo modelo de xesti\u00f3n de recursos naturais e culturais baseados na innovaci\u00f3n, cunha aposta pola modernizaci\u00f3n do sector turismo e industrias culturais galegos a trav\u00e9s do uso intensivo das TICs para acadar un sector tur\u00edstico competitivo a nivel Europa baseado no Turismo cultural e nos recursos naturais.<\/span><\/p><\/div>\n<p>Esta aposta, a trav\u00e9s da innovaci\u00f3n, tam\u00e9n \u00e9 unha preocupaci\u00f3n das pol\u00edticas europeas as\u00ed Europa 2020 \u00e9 a estratexia de crecemento da UE para a pr\u00f3xima d\u00e9cada. Baixo a perspectiva de que a \u201cUE se converta nunha econom\u00eda intelixente, sostible e integradora\u201d e fixando cinco grandes obxectivos en materia de emprego, <strong>innovaci\u00f3n<\/strong>, educaci\u00f3n, inclusi\u00f3n social e clima\/enerx\u00eda. Cada estado membro adopta os seus propios obxectivos nacionais. As\u00ed mesmo, as autoridades nacionais e rexionais deben preparar estratexias de especializaci\u00f3n intelixente no proceso de descubrimento de emprendedores. Estas estratexias (ESCALAS RIS3: estratexias nacionais e rexionais para a especializaci\u00f3n intelixente) ser\u00e1n determinantes na distribuci\u00f3n dos fondos europeos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<div id=\"attachment_2845\" style=\"width: 160px\" class=\"wp-caption alignleft\"><a href=\"http:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/debuxo-post-Pau-Rausell.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" aria-describedby=\"caption-attachment-2845\" class=\"wp-image-2845\" src=\"http:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/debuxo-post-Pau-Rausell-e1515576058358-300x282.jpg\" alt=\"debuxo-post Pau Rausell\" width=\"150\" height=\"141\" srcset=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/debuxo-post-Pau-Rausell-e1515576058358-300x282.jpg 300w, https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/debuxo-post-Pau-Rausell-e1515576058358.jpg 313w\" sizes=\"auto, (max-width: 150px) 100vw, 150px\" \/><\/a><p id=\"caption-attachment-2845\" class=\"wp-caption-text\"><span style=\"color: #808080\">Pau Rausell, por Jaime Capilla Cela<\/span><\/p><\/div>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A modo de conclusi\u00f3n, desta interesante aula, podemos dicir que a <strong>cultura xera espazos amables onde se xeran relaci\u00f3ns e que cando estas danse con frecuencia dan lugar a interacci\u00f3ns. Apostar, en definitiva, polo crecemento econ\u00f3mico baseado, tam\u00e9n, no dereito a emocionarse xa que como dir\u00eda PIERE LUIGI SACCO, a \u201cCultura alegra a vida\u201d.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Por Carmen Prego Lamas Na \u00faltima aula antes do comezo do descanso de Nadal, acheg\u00e1monos \u00e1 Econom\u00eda da Cultura a trav\u00e9s do profesor da Universidade de Valencia, Pau Rausell. Benvidas as achegas do profesor, xa que nos permitiron, ou polo menos no meu caso, entender a xesti\u00f3n cultural dende a perspectiva da xeraci\u00f3n de econom\u00eda, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":8,"featured_media":2875,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[12],"tags":[],"class_list":["post-2854","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-curso-experto-universitario-xestion-cultural-usc-2017-18"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v26.8 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Econom\u00eda da cultura. Con Pau Rausell - USC Xesti\u00f3n Cultural<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Econom\u00eda da cultura. Con Pau Rausell - USC Xesti\u00f3n Cultural\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Por Carmen Prego Lamas Na \u00faltima aula antes do comezo do descanso de Nadal, acheg\u00e1monos \u00e1 Econom\u00eda da Cultura a trav\u00e9s do profesor da Universidade de Valencia, Pau Rausell. Benvidas as achegas do profesor, xa que nos permitiron, ou polo menos no meu caso, entender a xesti\u00f3n cultural dende a perspectiva da xeraci\u00f3n de econom\u00eda, [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"USC Xesti\u00f3n Cultural\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2017-12-20T21:40:07+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2018-01-10T09:46:20+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/2017-12-17-foto-sesi\u00f3n-pau-raussel-e1515577531768.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"4330\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"2067\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"bencuriosa\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"bencuriosa\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"9 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/\"},\"author\":{\"name\":\"bencuriosa\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/46768c887e9d5f3560545d3cb1776847\"},\"headline\":\"Econom\u00eda da cultura. Con Pau Rausell\",\"datePublished\":\"2017-12-20T21:40:07+00:00\",\"dateModified\":\"2018-01-10T09:46:20+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/\"},\"wordCount\":1771,\"commentCount\":0,\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/2017-12-17-foto-sesi\u00f3n-pau-raussel-e1515577531768.jpg\",\"articleSection\":[\"4\u00aa edici\u00f3n 2017-18\"],\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/\",\"url\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/\",\"name\":\"Econom\u00eda da cultura. Con Pau Rausell - USC Xesti\u00f3n Cultural\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/2017-12-17-foto-sesi\u00f3n-pau-raussel-e1515577531768.jpg\",\"datePublished\":\"2017-12-20T21:40:07+00:00\",\"dateModified\":\"2018-01-10T09:46:20+00:00\",\"author\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/46768c887e9d5f3560545d3cb1776847\"},\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/2017-12-17-foto-sesi\u00f3n-pau-raussel-e1515577531768.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/2017-12-17-foto-sesi\u00f3n-pau-raussel-e1515577531768.jpg\",\"width\":4330,\"height\":2067},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Econom\u00eda da cultura. Con Pau Rausell\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#website\",\"url\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/\",\"name\":\"USC Xesti\u00f3n Cultural\",\"description\":\"Posgrao en Xesti\u00f3n e Innovaci\u00f3n Cultural na Universidade de Santiago de Compostela\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/46768c887e9d5f3560545d3cb1776847\",\"name\":\"bencuriosa\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/485c909532241cb45c7d3af7fefa036a?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/485c909532241cb45c7d3af7fefa036a?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"bencuriosa\"},\"url\":\"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/author\/bencuriosa\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Econom\u00eda da cultura. Con Pau Rausell - USC Xesti\u00f3n Cultural","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"Econom\u00eda da cultura. Con Pau Rausell - USC Xesti\u00f3n Cultural","og_description":"Por Carmen Prego Lamas Na \u00faltima aula antes do comezo do descanso de Nadal, acheg\u00e1monos \u00e1 Econom\u00eda da Cultura a trav\u00e9s do profesor da Universidade de Valencia, Pau Rausell. Benvidas as achegas do profesor, xa que nos permitiron, ou polo menos no meu caso, entender a xesti\u00f3n cultural dende a perspectiva da xeraci\u00f3n de econom\u00eda, [&hellip;]","og_url":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/","og_site_name":"USC Xesti\u00f3n Cultural","article_published_time":"2017-12-20T21:40:07+00:00","article_modified_time":"2018-01-10T09:46:20+00:00","og_image":[{"width":4330,"height":2067,"url":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/2017-12-17-foto-sesi\u00f3n-pau-raussel-e1515577531768.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"bencuriosa","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"bencuriosa","Tiempo de lectura":"9 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/"},"author":{"name":"bencuriosa","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/46768c887e9d5f3560545d3cb1776847"},"headline":"Econom\u00eda da cultura. Con Pau Rausell","datePublished":"2017-12-20T21:40:07+00:00","dateModified":"2018-01-10T09:46:20+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/"},"wordCount":1771,"commentCount":0,"image":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/2017-12-17-foto-sesi\u00f3n-pau-raussel-e1515577531768.jpg","articleSection":["4\u00aa edici\u00f3n 2017-18"],"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/","url":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/","name":"Econom\u00eda da cultura. Con Pau Rausell - USC Xesti\u00f3n Cultural","isPartOf":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/2017-12-17-foto-sesi\u00f3n-pau-raussel-e1515577531768.jpg","datePublished":"2017-12-20T21:40:07+00:00","dateModified":"2018-01-10T09:46:20+00:00","author":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/46768c887e9d5f3560545d3cb1776847"},"breadcrumb":{"@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#primaryimage","url":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/2017-12-17-foto-sesi\u00f3n-pau-raussel-e1515577531768.jpg","contentUrl":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/wp-content\/uploads\/sites\/2\/2018\/01\/2017-12-17-foto-sesi\u00f3n-pau-raussel-e1515577531768.jpg","width":4330,"height":2067},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/2017\/12\/economia-da-cultura-con-pau-rausell\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Econom\u00eda da cultura. Con Pau Rausell"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#website","url":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/","name":"USC Xesti\u00f3n Cultural","description":"Posgrao en Xesti\u00f3n e Innovaci\u00f3n Cultural na Universidade de Santiago de Compostela","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/46768c887e9d5f3560545d3cb1776847","name":"bencuriosa","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/485c909532241cb45c7d3af7fefa036a?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/485c909532241cb45c7d3af7fefa036a?s=96&d=mm&r=g","caption":"bencuriosa"},"url":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/author\/bencuriosa\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2854","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/8"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2854"}],"version-history":[{"count":17,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2854\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":2877,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2854\/revisions\/2877"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2875"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2854"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2854"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/edu.xestioncultural.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2854"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}