Un grupo de alumnado do Curso posa nun dos estands de Culturgal. A feira das industrias culturais acollía, dentro do seu programa, a iniciativa Coidar de Nós, na que tamén participaron os alumnos

Visitamos Culturgal e participamos na iniciativa Coidar de Nós

La Feira das Industrais Culturais de Galicia é unha cita que procuramos non perder. Sen ir máis lonxe, o ano pasado decidimos visitala co alumnado da sexta edición para compensalo por non ter tido viaxe no seu día por mor da covid. E iso que o Curso, que é bianual, non estaba activo!

Con ese precendente, e coa sétima edición en marcha, a visita era ineludible. Porque ademais acudimos cunha dobre motivación: por unha banda, conectar a feira co noso alumnado. Por outra, participar  en Coidar de nós para coidar da cultura. Un proxecto impulsado dende a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural e co que o CEUXiC colabora.

Culturgal dende dentro

Coa nosa visita quixemos achegarnos á oferta de Culturgal. Pensando moi especialmente no alumnado que nunca antes a visitara. Para iso contamos coa acollida e as explicacións de Cecilia Carballido, que é unha das persoas que forma parte do equipo da feira.

Este ano, segundo nos explicou, o recente cambio na dirección modificou a dinámica habitual de planificación e produción. Alén dalgúns cambios, esta edición da feira mantén un amplo programa que trata de combinar o profesional coas propostas abertas ao público.

Coidar de Nós

Imaxe da AGPXC da mesa de traballo celebrada en Culturgal

O CEU en Xestión e Innovación Cultural colabora coa iniciativa Coidar de Nós para Coidar a Cultura. Un proxecto que coordina Sergio Lago, coordinador tamén do Curso, e que trata de afondar en modelos máis sustentables no traballo cultural. Partindo da idea de que para que as profesionais da xestión cultural poidan deseñar, producir e garantir propostas sustentables, elas mesmas deben ter garantida esa sustentabilidade laboral e vital.

O proxecto, que conta co apoio do Ministerio de Cultura, está impulsado pola Asociación galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) e en Culturgal desenvoleu dúas propostas.

Por unha banda, unha mesa de traballo. Nela participou alumnado do CEUXiC de diversas edicións e profesionais do sector público e privado. O obxectivo era atopar coincidencias e diverxencias entre as condicións e melloras que unhas e outras consideraban sobre o seu traballo.

Por outra banda, Culturgal acolleu a charla sobre como tender cara modelos máis sustentables no traballo no sector. Nela participaron Raül Carretero, da Associació de professionals de la gestió cultural de Catalunya, Ana Aznar, de la Asociación de Gestión Cultural de Extremadura, Berta Figueiras da Rede de Espazos e Agentes de Cultura Comunitaria y Carlos Lorenzo, predidente da AGPXC.

 

Abordáronse moitas cuestións interesantes que suscitaron preguntas. Algunhas respondéronse na propia charla e outras deixámolas para o xantar colectivo, no que tivemos ocasión de coñecernos máis entre nós e tecer rede. 😊

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*