Retos do sector cultural e creativo: Culturgal 2018

Desde que comezou a súa andaina no ano 2014 o Curso sempre acude a Culturgal. Por ser a cita de referencia das industrias culturais e creativas de Galicia – e por tanto a maneira máis doada de poñer ao alumnado en contacto co que se está a facer no sector e coa xente que o fai- pero tamén por ser o espazo idóneo para desenvolver actividades ou aulas especiais. E esta quinta edición non foi unha excepción.

Cultural desenvolveuse este ano entre o 30 de novembro e o Xosé M. Aldea, coordinador de Culturgal, nun encontro co alumnado da 5ª edición do Curso2 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, sendo o venres o día dedicado ao sector profesional. A décimo primeira edición da feira superou nesta ocasión os oitenta stands e organizou máis de cento vinte actividades para todos os públicos, co referente das 15.000 persoas de asistencia de anteriores edicións. Nun encontro con Xosé M. Aldea, coordinador xeral da feira, soubemos que este ano, por primeira vez, introduciuse o uso de tarxetas prepago como parte da estratexia de análise para a elaboración dun plan de xestión de públicos, así como do éxito que está a ter o Espazo de Arte Contemporáneo, cunha gran afluencia de visitantes e mesmo con varias vendas importantes rexistradas no ano anterior.

En Culturgal, aínda que hai uns poucos stands para postos de artesanía con produtos vinculados á cultura (instrumentos musicais, cerámica, zocos, …) a meirande parte está reservada a empresas e entidades culturais, que complementan a súa actividade de exposición e/ou venda coa programación do auditorio (co gaiteiro Carlos Núñez como gran referencia das actuacións nesta edición) e os espazos Foro, Escena e Libro.

 

A xestión cultural en Galicia: unha visión panorámica e actual

Estes espazos están reservados fundamentalmente a actividades de pequeno formato, como encontros, actuacións e presentacións. Como a que protagonizou o Curso, que presentou no Espazo Libro “A xestión cultural en Galicia: unha visión panorámica e actual”, unha iniciativa que recolle, por primeira vez, as análises e reflexións de vari*s profesionais do sector cultural galego, cada un ou unha sobre o ámbito no que traballa ou está especializad*, plasmadas dun xeito didáctico e ameno, co obxectivo de xerar un espazo aberto de coñecemento e diálogo sobre a cultura galega e a súa xestión.Presentación de "A Xestión Cultural en Galicia"

Na presentación estiveron, ademais dos coordinadores do Curso Sergio Lago e Marcos Lorenzo, Alberto García, presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) e Marián Fernández, socia da cooperativa cultural O Cable Inglés, por ser autores dos dous primeiros artigos (sobre sociocultura e sobre o sector musical en Galicia) en ser publicados.

Tamén participou na presentación David Lombao, director do dixital Praza.gal por ser este o medio no que se publicarán, cada sábado, os artigos que compoñen A Xestión Cultural en Galicia e que podedes ler nesta sección do xornal:

 

http://praza.gal/tema-timeline/158/a-xestion-cultural-en-galicia/

 

Segundo explicou David Lombao, o comezo desta colaboración entre o Curso e Praza coincide cunha nova etapa no dixital galego, que ademais de renovar a súa web incorpora a revista dixital Vinte, dirixida pola xornalista María Yáñez. Ademais, na presentación soubemos que esta iniciativa do Curso non só terá un percorrido dixital, senón que, en breve, estará editado en papel, a través da editorial Andavira.

 

 

Pero, polo de agora, lembrade: cada sábado en Praza tedes a ocasión de ler A Xestión Cultural en Galicia. Para non deixar de #aprendercompartindo ;)

 

3 replies

Trackbacks & Pingbacks

  1. […] nova sesión do CEU en Xestión Cultural, comezamos falando da visita da semana pasada ao Culturgal e das características dun evento destas dimensións e os participantes dos sectores culturais […]

  2. […] más información aquí sobre la presentación en Culturgal. Además, podéis seguir desde aquí el hilo de las […]

  3. […] máis información aquí sobre a presentación en Culturgal. Ademais, podedes seguir desde aquí o fío das publicacións en […]

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*