Presentación de anteproxectos e conversa aberta: inclusión, sostibilidade e igualdade. Con Encarna Lago, Julio González e Paula Cabaleiro

O pasado 20 de decembro celebramos a derradeira sesión do ano cunha doble proposta: por unha banda, a presentación en formato pechakucha dos anteproxectos dos catro equipos de traballo e, por outra, a conversa aberta sobre accesibilidade e inclusión, igualdade e sostibilidade entre tres profesionais de referencia no sector e o alumnado. Estas tres personas -coas que os equipos tiveron tamén ocasión de contrastar os seus traballos- foron Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Julio Gómez, promotor musical e director de Sinsal, e Paula Cabaleiro, comisaria de arte e directora do museo de arte contemporáneo Fundación Florencio de la Fuente (Cuenca).

A escolla destas cuestións ten moito que ver coa necesidade social xeral de tratalas e traballalas, pero aínda máis coa necesidade que hai, no eido da xestión cultural, de incorporalas ás propostas que se desenvolven non só con conciencia social ou boa intención, senón con ideas claras de que facer e como -é dicir, dunha metodoloxía- para acadar a súa materialización real.

 

Inclusión, sostibilidade e igualdade

Foi Encarna Lago a encargada de achegarnos a necesidade 2018-12-20 valoración dos proxectosde mudar, na premisa ética, estética e empatía, esta última por alteridade. É dicir, non só ter a capacidade de entender o que a outra persoa poida sentir, senón ser quen de incorporar realmente a súa perspectiva. Algo fundamental á hora de abordar as cuestións relacionadas coa inclusión de todas as persoas nos espazos museísticos que, como nos lembrou, non teñen clientes, senón usuari*s e traballador*s con dereito, neste caso, ao acceso á cultura. Para falar do que é, ou do que debera ser a inclusión, Encarna compartiu palestra con Ángeles Miguélez, compañeira súa no Museo Provincial do Mar  e responsable no último ano de máis de 75 obradoiros. Ángeles é invidente, unha circunstancia que nunca impediu o seu traballo como guía a responsable dos talleres deste espazo: ” Para min traballar no museo -explicounos- supuxo entrar no mercado laboral e por tanto ter plena autonomía, pero tamén autoestima: pasei de ser “a cega” a ser unha persoa máis”.

Con Encarna falamos tamén do valor das palabras, que ás veces, mesmo sen querer, definen as relacións e os enfoques. Neste sentido, quedounos claro que somos divers*s, non distint*s, e que para garantir a inclusión debemos escoitar, non prexulgar, e estar sempre en contínua formación. E ser flexibles: “diranvos que tedes que ser unha orquesta sinfónica. Eu dígovos: sede jazz”.

Trala intervención de Encarna e Ángeles tomou a palabra Julio Gómez, quen nos explicou a política de sostibilidade da súa empresa, SINSALaudio, así como do festival Sinsal, un referente de boa práctica cultural tamén neste ámbito. Con el falamos de medidas no plano medioambiental, como as accións que implementaron para reducir e xestionar mellor os residuos xerados, pero tamén de introducir criterios sostibles desde o punto de vista social e económico. Así, durante a sesión abordáronse cuestións como a economía circular, a aposta polo produto e os provedores locais, a análise de mobilidade de públicos… pero tamén de garantir a inclusión, a igualdade, a diversidade de xénero e a non discriminación, ademais dunhas condicións laborais dignas para as persoas que traballan en torno aos proxectos.

O último tema a tratar na conversa aberta foi o da igualdade, da man de Paula Cabaleiro, que fixo un repaso á súa propia vida laboral para entender o porqué de aplicar un enfoque de xénero á xestión cultural. Segundo nos explicou, ao rematar Belas Artes decatouse de que, sendo as alumnas o 70% do alumnado xeral da facultade, no mercado laboral, especialmente no eido artístico, esta pirámide invertíase até case desaparecer as artistas, fronte a unha ampla presenza en concursos, galerías e ferias de artistas masculinos. Por iso, o seu obxectivo, como galerista e xestora cultural, foi o de apostar polas artistas para posibilitar unha representación equilibrada do sector. Algo no que, segundo nos explicou, xa están a incorporar algunhas feiras de arte, mestras que outras -paradóxicamente, as máis consolidadas do mercado- seguen mantendo inmutables os seus criterios.

 

Catro anteproxectos para rematar o ano

Pero, antes de participar na conversa aberta, o alumnado do Curso presentounos o resultado do traballo desenvolto nestas últimas semanas. Aquí tedes un pequeno resumo dos estupendos anteproxectos culturais desta 5ª edición:

 

Equipo 1: Cangas

2018-12-20 equipo CangasO equipo 1 adoptou, para desenvolver o seu proxecto, a fórmula de equipo municipal de Cultura, situado nunha vila mariñeira, que resultou ser Cangas. A súa proposta inicial, co nome provisional de Marearte, está dirixido ás persoas novas da vila, cunha franxa de idade de entre 15 e 35 anos, e parte cun obxectivo: achegarse aos seus gustos e linguaxes, coa idea de traballar nun espazo de lecer, formación e creatividade un proxecto vinculado á recuperación histórica e patrimonial da vila, tecendo sinerxías co alumnado e profesorado do bacharelato de Artes e coa Bienal de Arte do Morrazo, entre outras entidades.

 

 

Equipo 2: barrio de San Pedro (Compostela)

O equipo 2 planificou como sociedade limitada un proxecto 2018-12-20 equipo San Pedronun entorno urbano, que foi o barrio compostelán de San Pedro. Nel puideron observar, no desenvolvemento do traballo de diagnose, unha grande actividade cultural e unha importante presenza de entidades e asociacións de perfil sociocultural. Pero tamén unha certa falta de sinerxías, de propostas para a xente maior e de novas actividades para un sector da mocidade (23-30 anos) que moitas veces acaba por marchar do barrio por falta de inserción laboral. Precisamente estes últimos son o público de Creadores á Feira, unha proposta na que novos creadores disporían dun mes para dar forma ás súas propostas, en colaboración coas entidades do barrio, para despois expoñelas, durante unha semana, nos mesmos locais onde foron creadas e tamén nos comercios da rúa.

 

Equipo 3: casco vello da Coruña

2018-12-20 equipo A CoruñaO equipo 3 debía traballar no contexto dunha fundación e nun entorno histórico, para o que escolleron a fundación Luis Seoane e o casco vello da Coruña. A súa proposta, Memorarte, trata precisamente de paliar unha das debilidades que detectaron no seu traballo de diagnose: a desvinculación entre o espazo museístico e o barrio no que foi construído. Unha zona, ademais, con non moita actividade sociocultural, non sendo a difusión patrimonial pensada para persoas alleas ao barrio. Memorarte trata de buscar a esencia do barrio a través da historia que non se escribe en maiúscula, pero que é a que constrúe a identidade local, a través da veciñanza de maior idade e o arte de vangarda.

 

Equipo 4: Boiro

O equipo 4, constituído para a ocasión como cooperativa de economía social, debía desenvolver o seu traballo nunha vila mariñeira, para o que escolleu Boiro. Un lugar no que, certamente2018-12-20 equipo Boiro, hai moitas propostas culturais e moitos colectivos traballando nelas, pero no que tamén observaron unha desconexión entre as institucións e estas entidades e a escasa vinculación dalgúns sectores económicos da vida cultural. Como primeira idea xurdiu a necesidade dunha acción coordinada entre todo o que se está a facer e elementos como a importante canteira musical da vila. E a partir de aí estableceron tres posibles liñas de traballo: a recuperación da memoria téxtil, un festival musical e a recuperación -mediante o uso cultural- dos espazos industriais hoxe baleiros. Como proposta final, o equipo ofreceunos Medre o Mar, un festival de mar e música sobre o que traballarán os vindeiros meses.

 

Tanto os titores como os profesionais convidados destacaron a gran calidade dos pechakuchas e a frescura das propostas, e, ademais de consellos e recomendacións sobre cuestións puntuais, déronlle moitos azos ao noso alumnado para seguir avanzando como futur*s xestor*s culturais.

Nos vindeiros meses veremos como evolucionan estas catro propostas coas que pechamos o primeiro trimestre de Curso. No 2019, seguiremos a #aprendercompartindo e #aprenderfacendo con tod*s vós ;)

 

 

 

 

 

A práctica profesional: visita ao Auditorio de Galicia

Por Cecilia Prieto

O Auditorio de Galicia é un edificio deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos arredor do ano 1989. Encadrado no Programa Nacional de Auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura en colaboración con entidades privadas.

A visita comeza na entrada principal do propio edificio, alí nos FOTO 1agarda Xaquín López, actual director-xerente do Auditorio de Galicia e coñecido como Xocas. Profesional do sector da cultura -licenciado en Filoloxía Galega pola USC, músico, produtor- conta cunha longa experiencia en actividades relacionadas coa dirección e xestión de proxectos culturais.

Unha vez realizadas as presentacións oportunas, procedemos a comezar a visita guiada polas  instalacións e  iniciamos unha conversa grupal e un devagar paulatino polos diversos espazos. Sen dúbida, uns intres de reflexión conxunta para o alumnado do CEU Xestión Cultural 2018-19.

 

O espazo

O Auditorio de Galicia conta con catro salas dividas en dúas plantas que descorren ao longo da superficie total do edificio, na zona de Vite. O xerente apunta que no seu momento realízase nesa zona da cidade, coa finalidade de iniciar a transformación urbanística de dita área polas necesidades da mesma.

 

  • Planta Baixa: Sala (1) – Issac Díaz Pardo

Iniciamos o noso percorrido na planta inferior do edificio. É un espazo de 1.000 m² de forma irregular destinado ás exposicións. O primeiro do que nos percatamos na nosa ollada é que estamos ante unha sala de exposicións baleira.

dav

Xaquín explícanos que isto débese a que, a partires do vindeiro sábado 22 de decembro, cédese o espazo para o lecer das familias a través da súa Programación do Apego, onde se insiren actividades diversas, dende accións formativas para futuras nais/pais ou obradoiros de arrolo, clases pre-parto, concertos familiares, etc,… É dicir, unha proposta que permite o desenvolvemento de diversos obxectivos (potenciar o vínculo en lingua galega) ou establecer un fío sentimental co edificio, crear hábitos culturais dende as primeiras etapas da vida,  que permita ser nun futuro parte do público adulto.

Tamén nos indican as liñas de traballo no espazo,  o compromiso coa acción cultural galega-incluíndo propostas que permitan re visitar o noso pasado-  a nova creación contemporánea, actividades e acción que permitan a converxencia ou a reflexión do artístico co social, especialmente non últimos 50 anos (propostas de banda deseñada, discos,..).

Sinala que estamos ante una sala de exposicións que ten unha reforma posterior, xa que inicialmente o edificio permitía a entrada da luz natural, pero iso limitaba as posibilidades expositivas, polo que modificáronse parcialmente as estruturas orixinais.

En dita sala, e inxerida dentro da programación anual do Auditorio de Galicia, artéllanse outras propostas coma:

  • Exposicións: un mínimo de tres ao longo do ano, por exemplo no 2019 (dende febreiro-marzo realizarase unha escolma sobre deseño en Galicia e a edición do correspondente catálogo,…)
  • Premios a novos artistas: Con carácter bianual, o premio acolle a obras de 40 creadoras que son seleccionadas de entre os centos de portafolios presentados. As obras forman parte da exposición e reciben tres galardóns.
  • Proxectos Europeos: formando parte das 10 institucións europeas da creatividade e liderando un proxecto no marco europeo (con formación, visualización de novos artistas, etc.,…).
  • Programa de Abono: de musica clásica, que permite o aceso aos concertos da Real Filharmónica de Galicia, todos os mércores e xoves cunha media de 800 asistentes e unha taxa de ocupación do 75%.

 

sdr

 

No tocante ao funcionamento xeral e xestión do Auditorio de Galicia, Xaquín sinala que actualmente funcionan como un organismo autónomo local dependente da Concellería de Cultura do Concello de Santiago, para os que programan e colaboran no 90% das actividades ou accións culturais ao longo de todo o ano en Compostela. Dispoñen de orzamento propio, unha estrutura máis pequena e, polo tanto, máis áxil formando unha parte relevante do ecosistema cultural da cidade.

 

Primeira Planta: Salas (3).

  • Sala Mozart

mde

 

Entramos na sala máis pequena, con capacidade para 260 espectadores destinada entre outras actividades a concertos, conferencias e ensaios teatrais. Como é unha sala independente pódese usar á vez que as outras salas. Actualmente, reside nela a Banda Municipal de Santiago de Compostela.

 

 

Sala Circular

Trátase dun espazo cálido e máis reducido, sendo a sala máis pequena. Ten capacidade para 50 persoas, está destinada á celebración de coloquios, conferencias de prensa ou presentacións. Alí afondamos sobre aspectos relevantes na xestión cultural relativos ao impacto da crise, as cuestións orzamentarias, a redución do apoio a Cultura a nivel local e no propio Auditorio de Galicia.

Trasladóusenos unhas ideas xenéricas sobre o modelo ideal de financiamento, así como os gastos en persoal e mantemento da programación e o propio edificio. Tamén fixemos mención á escaseza de convocatorias para persoal directivo en cultura e á planificación política a medio ou longo prazo.

 

  • Sala Angel Brague

Seguidamente, achegámonos á sala principal do Auditorio. A parte máis ilustrativa da visita, xa que se trata dun espazo con capacidade para 1.002 espectadores acondicionado para acoller representacións teatrais, ballet e ópera, así como concertos de música sinfónica e para a organización de congresos. Dende 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.

 

Finalmente, rematamos a conversa entre bambalinas sobre montaxes, espectáculos, a concha acústica tan analóxica que dispón o edificio e das dotacións doutras instalacións do país.

 

Marketing cultural e xestión de públicos. Con Beatriz Fontán

Por Patricia López

Na sesión desta semana, tivemos a sorte de contar con Beatriz Fontán, especialista en marketing cultural, para afondar na cuestión dos públicos e sobre como chegar a eles dunha forma efectiva. A aula comezou deixando de lado as novas tecnoloxías e buscando o diálogo entre tódolos asistentes. Tras unha redistribución do alumnado na clase, comenzamos definindo os nosos obxectivos en relación ó tema a tratar, co fin de resolvelos ó final da sesión.

Á hora de iniciar un proxecto cultural e o seu enfoque de cara ós seus posibles consumidores, é moi importante definir este público. Para iso pódese usar o método da segmentación, coñecer factores determinados como a idade e o xénero da xente que nos interesa; sen embargo, isto non nos mostra as súas tendencias e, á hora de conectar con el, é preciso saber que é o que o move. Con esta metodoloxía creamos unha comunidade conformada por xente cun interese común.

As tendencias de marketing actuais, relacionadas co mundo das marcas, están comezando a utilizar as estratexias que sempre formaron parte do marketing cultural pero, por que? Porque é un marketing máis humanizado, relacionado cuns valores concretos e que conecta máis co público, que busca xerar experiencias e contidos, e para iso é moi importante realizar un exercicio de empatía. Jesús Cimarro, director do Festival Internacional de Teatro de Mérida e director do teatro La Latina, define o marketing como un sistema de pensamento: hai que deixar de pensar tanto no que nós, como entidade, emitimos cara fóra e temos que tentar poñernos na posición das outras persoas, ver a través de seus ollos, pero sempre sen pervertir o produto.

Beatriz recolle estes principios do marketing nunha frase pronunciada pola súa avoa: “Quen llo dá a quen o entende, non llo dá, que ben llo vende”. Con isto o que quere dicir é que a quen lle interese o teu proxecto é ó que llo tes que intentar vender. Non llo podes dar, porque esta persoa está disposta a pagar por el. Unha vez temos o noso proxecto, temos que buscar este público.

Cando xa sabemos cales son as persoas que nos interesan, temos que coñecer ben o noso produto e saber en que se diferencia, cal é a nosa motivación. Para esmigallalo, podemos utilizar o chamado círculo dourado de Simon Sinek.

 

2

 

Este gráfico serve para estruturar e contar o noso proxecto dunha forma útil e para atraer a ese público que está disposto a pagar, que nos interesa conquistar. Normalmente, cando relatamos de que vai o noso proxecto, comezamos polo “que”, seguimos polo “como” e despois falamos de a “quen” o diriximos; non obstante, o verdadeiro meollo da cuestión atópase no “para que”. Se contamos o noso proxecto dende o círculo interior ata rematar nese “que”, o noso discurso vai ter moito máis impacto, porque ese “para que” é o que verdadeiramente nos define, o que nos diferencia de forma sustancial, e trátase de algo puramente emocional.

3

A forma idónea de chegar á raíz do noso proxecto, como nos contaba Beatriz, é preguntarse “para que” polo menos cinco veces e marcarse unha utopía ou ideal, que aínda que non poidamos alcanzar, serve para definir uns obxectivos que nos permiten seguir un camiño. Con esta utopía tamén hai que ter coidado con xerar unha falsa expectativa, non se pode caer no overpromise, en prometer por riba do que podemos cumplir: hai que soñar, pero tamén hai que ser realistas.

Para dirixir a nosa estratexia, teremos que utilizar o chamado marketing mix ou a teoría das 4p, ferramenta para facer unha análise dende tódalas perspectivas do marketing.

As 4p son: produto, precio, placement (distribución) e promoción, aínda que tamén deberíamos engadir unha quinta: persoas. Unha vez definidas todas estas variables, poderemos comezar co noso plan de xestión de públicos. Para xestionar de forma óptima os nosos públicos, é preciso seguir unha serie de pasos:

  • Crear equipo. Buscar a transversalidade e a implicación con todos os que interactúan cos públicos.
  • Fixar obxectivos SMART para o plan (eSpecíficos, Medibles, Alcanzables, Realistas e Temporalizados).
  • Facer unha diagnose. Despois dun DAFO, faremos o MIX: sistemas de prezos e promocións actuais, perfís de públicos actuais, produtos de oferta e de demanda e comunicación.
  • Segmentación. Creación dunha base de datos que nos diga como é o noso público e que o move.
  • Fixación de obxectivos por perfís.
  • Deseño de estratexias de fidelización, activación e captación.
  • Definición de accións específicas para cada estratexia.

Ademáis, é moi importante traballar cos públicos:

  • Hai que diversificar, incrementar e regularizar as prácticas dos públicos activos.
  • Xestionar a comunidade de públicos implicados.
  • Captar novos públicos a partir da demanda latente.
  • Investir na formación de gustos e valores en nenos e adolescentes.
  • Crear interese polas prácticas culturais en públicos con demanda inexistente.

Xa na segunda parte da sesión, puidemos poñer todos os novos coñecementos en práctica a través dos nosos proxectos grupais. Finalmente, penso que todos conseguimos, na medida do posible, chegar ós obxectivos que nos marcamos ó principio da aula.

O proxecto cultural: da idea ao anteproxecto

Por Alfonso Muñoz

Nesta nova sesión do CEU en Xestión Cultural, comezamos falando da visita da semana pasada ao Culturgal e das características dun evento destas dimensións e os participantes dos sectores culturais galegos, así como da conversa co director da feira,  Xosé Manuel Aldea, entre outras cuestións.

Para coñecer o orzamento da feira, Sergio Lago sinalou que a organización publica unha memoria anual económica e considerouna de especial interese. En comparación con outras feiras estatais, o orzamento que se manexa e bastante inferior. Pola súa banda, Diego Parajó destacou a ausencia dunha programación de intercambio entre profesionais, sinalando que foi absorbida polos stands adicados á venda ao público.

Xa metidos na aula correspondente, a primeira hora adicámola ao traballo en grupo e ao intercambio de ideas, conectando as sesións de diagnose e creatividade para, posteriormente, facer unha pequena presentación de cada grupo e elixir a idea principal do proxecto.

 

Equipo 1. Cangas do Morrazo

Forma xurídica: Equipo Municipal de Cultura.

O equipo de Cangas do Morrazo no seu proceso de traballo atopou un amplio abano de actividades culturais impulsadas en gran parte polo tecido asociativo co que conta o municipio. No proceso de diagnose, destacaron os seguintes puntos:

  • A oferta cultural non está enfocada hacia ningún público 2018 12 05 Equipo Cangasespecífico, o que dificulta chegar a determinados sectores do mesmo como é o caso da xente moza, público familiar… a pesares de que que a idade media da poboación ronda os 35 anos.
  • Non existe gran comunicación entre os concellos limítrofes que forman a mancomunidade, non habendo competencia entre eles, pero tampouco un diálogo común para o desenvolvemento dun proxecto cultural conxunto a longo prazo, nin tampoco existe diálogo entre as asociacións.
  • Os inmigrantes da zona están excluídos indirectamente das actividades culturais,  xa que non existe ningún plan nin acción específico para a súa participación.
  • Cangas sempre estivo vinculada á industria conserveira e a pesca. O seu desenvolvemento xirou entorno ao mar, coa chegada da democracia á vila en materia urbanística quedou estancada.
  • A época de máis afluencia de xente é o verán debido ao movemento turístico estival.

Como idea principal para o seu proxecto elixiron a creación dunha comunidade onde toda a veciñanza estivera representada, e en especial a xuventude, coa intención de movilizar a este sector de poboación e involucralo na vida cultural da vila.

 

Equipo 2. Barrio de San Pedro. Santiago de Compostela.

Forma xurídica: Empresa. Sociedade Limitada.

No barrio de San Pedro o equipo de traballo observou a existencia dunha poboación eminentemente nova na que a media de idade é de 44 anos cunha pluralidade cultural e étnica, e tamén con importantes edificios culturais ademáis dun gran tecido asociativo, así como servizos de transporte próximos ao barrio e incremento do número de persoas en situación de dependencia.

2018 12 05 Equipo San Pedro

Ideas resultantes da diagnose deste equipo:

  • Hai unha necesidade de maior dotación de recursos para garantir a escolarización, banco de libros, apoio escolar e necesidade de máis actividades extraescolares.
  • Falta de actividades formativas e ocupacionais, orientación laboral.
  • Persoas maiores en situación de dependencia, necesidade de fomento de actividades lúdicas e recreativas para este colectivo.
  • Minorías étnicas. Incremento de persoas estranxeiras, falta de alternativas formativas.
  • Necesidade de servizos de apoio ás familias, sobre todo aquelas que teñen menores ao seu cargo.

A idea principal sobre a que xirará o seu proxecto é a de dinamizar á xente nova para integrala no mundo laboral, mediante a introdución de negocios de xente nova no barrio para retelos nesta zona da cidade.

 

Equipo 3. A Coruña

Forma xurídica: Fundación

O marco de traballo do equipo 3 é a cidade vella da Coruña, 2018 12 05 Equipo Coruñana que se atoparon cunha poboación en descenso con vivendas desocupadas e falta de servizos comúns, ademais o sector económico crea gran cantidade de establecementos comerciais na zona, aínda que polo xeral teñen pouca duración no tempo.

Os datos da diagnose realizada polo equipo son os seguintes:

  • Non hai conexión entre as distintas entidades culturais do barrio.
  • Hai pouca difusión das actividades socioculturais e unha falta de implicación da poboación local na vida cultural.
  • Hai unha tendencia a convertir a zona nun barrio residencial de clase social alta.
  • Existencia de diversas entidades con programación dirixida a distintos públicos.
  • Hai un atractivo paisaxístico: a cidade vella foi declarada conxunto histórico-artístico en 1985.

Para o seu proxecto a idea escollida por este grupo foi a de incentivar a formación de maiores.

 

Equipo 4. Boiro

Forma xurídica: Empresa. Economía Social

O equipo 4 desenvolveu o seu traballo na vila de Boiro. Trátase dunha zona basicamente mariñeira pero cun sector cultural moi activo, cunha poboación moi implicada nas distintas asociacións culturais que traballan na zona.

Ideas da diagnose:

  • Desconexión entre as institucións e as asociacións. Falta de apoio da entidade local.
  • Descompensacións entre axudas ao deporte e á cultura por parte de Concello.
  • Falta de implicación da hostelería e aloxamentos na actividade cultural.
  • O ámbito industrial, fundamentalmente conserveiro e pesca, non busca nin se beneficia do sector cultural da vila. Pérdida nos anos 70 da industria téxtil.
  • Importante oferta cultural. Contan cunha sala de música referente en Galicia, ademáis de importantes grupos e músicos.
  • Alta participación e implicación dos habitantes. Boiro é un referente a nivel cultural. Sentimento de comunidade. Membros compartidos entre asociacións e cunha forte implicación.
  • Inestabilidade do traballo creativo e cultural. A falta de visibilidade e de oferta cultural provoca unha falta de demanda. Contraprogramación intensiva a nivel local e comarcal. Pouca vontade política con respecto á cultura.
  • Localización clave (a media hora de Santiago, de Pontevedra), pobo mariñeiro, etc. Vontade de colaboración cos empresarios da zona. As iniciativas culturais máis importantes son as que saen da xente, da súa demanda, dando lugar a unha forte implicación.

A idea final escollida para o proxecto deste grupo foi a realización dun festival no que se poñan en interconexión o sector cultural co sector industrial e se creen sinerxías de cara a unha futura colaboración máis habitual e fluída.

 

Preparación do pechakucha

Trala exposición dos distintos equipos de traballo pasamos a preparación do pechakucha, no que se fará a presentación de anteproxectos na vindeira sesión. Trátase dunha presentación áxil apoiada en 20 imaxes e cun tempo de 6 minutos.

Definimos a estructura básica:

Presentación

  1. QUEN SOMOS (fórmula xurídica e presentación do equipo)
  2. CONTEXTO (cidade, rural…etc)
  3. DIAGNOSE (principais ideas e outra información que queramos destacar), con DAFO e mapa de axentes.
  4. IDEAS (derivadas da diagnose e idea elixida)
  5. IDEA ELIXIDA:
  • Que (formato)
  • Cando (?)
  • Para que (obxectivos)
  • Para quen (definir o público)

Ademais dun último apartado de posibles proxectos de referencia.

 

 

Retos do sector cultural e creativo: Culturgal 2018

Desde que comezou a súa andaina no ano 2014 o Curso sempre acude a Culturgal. Por ser a cita de referencia das industrias culturais e creativas de Galicia – e por tanto a maneira máis doada de poñer ao alumnado en contacto co que se está a facer no sector e coa xente que o fai- pero tamén por ser o espazo idóneo para desenvolver actividades ou aulas especiais. E esta quinta edición non foi unha excepción.

Cultural desenvolveuse este ano entre o 30 de novembro e o Xosé M. Aldea, coordinador de Culturgal, nun encontro co alumnado da 5ª edición do Curso2 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, sendo o venres o día dedicado ao sector profesional. A décimo primeira edición da feira superou nesta ocasión os oitenta stands e organizou máis de cento vinte actividades para todos os públicos, co referente das 15.000 persoas de asistencia de anteriores edicións. Nun encontro con Xosé M. Aldea, coordinador xeral da feira, soubemos que este ano, por primeira vez, introduciuse o uso de tarxetas prepago como parte da estratexia de análise para a elaboración dun plan de xestión de públicos, así como do éxito que está a ter o Espazo de Arte Contemporáneo, cunha gran afluencia de visitantes e mesmo con varias vendas importantes rexistradas no ano anterior.

En Culturgal, aínda que hai uns poucos stands para postos de artesanía con produtos vinculados á cultura (instrumentos musicais, cerámica, zocos, …) a meirande parte está reservada a empresas e entidades culturais, que complementan a súa actividade de exposición e/ou venda coa programación do auditorio (co gaiteiro Carlos Núñez como gran referencia das actuacións nesta edición) e os espazos Foro, Escena e Libro.

 

A xestión cultural en Galicia: unha visión panorámica e actual

Estes espazos están reservados fundamentalmente a actividades de pequeno formato, como encontros, actuacións e presentacións. Como a que protagonizou o Curso, que presentou no Espazo Libro “A xestión cultural en Galicia: unha visión panorámica e actual”, unha iniciativa que recolle, por primeira vez, as análises e reflexións de vari*s profesionais do sector cultural galego, cada un ou unha sobre o ámbito no que traballa ou está especializad*, plasmadas dun xeito didáctico e ameno, co obxectivo de xerar un espazo aberto de coñecemento e diálogo sobre a cultura galega e a súa xestión.Presentación de "A Xestión Cultural en Galicia"

Na presentación estiveron, ademais dos coordinadores do Curso Sergio Lago e Marcos Lorenzo, Alberto García, presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) e Marián Fernández, socia da cooperativa cultural O Cable Inglés, por ser autores dos dous primeiros artigos (sobre sociocultura e sobre o sector musical en Galicia) en ser publicados.

Tamén participou na presentación David Lombao, director do dixital Praza.gal por ser este o medio no que se publicarán, cada sábado, os artigos que compoñen A Xestión Cultural en Galicia e que podedes ler nesta sección do xornal:

 

http://praza.gal/tema-timeline/158/a-xestion-cultural-en-galicia/

 

Segundo explicou David Lombao, o comezo desta colaboración entre o Curso e Praza coincide cunha nova etapa no dixital galego, que ademais de renovar a súa web incorpora a revista dixital Vinte, dirixida pola xornalista María Yáñez. Ademais, na presentación soubemos que esta iniciativa do Curso non só terá un percorrido dixital, senón que, en breve, estará editado en papel, a través da editorial Andavira.

 

 

Pero, polo de agora, lembrade: cada sábado en Praza tedes a ocasión de ler A Xestión Cultural en Galicia. Para non deixar de #aprendercompartindo ;)