Conversa aberta na Cidade da Cultura sobre cultura dixital. Con Balbina Gándara, María Yáñez e Sonia Méndez

Por Jorge Álvarez

As sesións do Curso que se dan fóra das aulas sempre son especiais. Ben sexan no Auditorio de Galicia, no Consello da Cultura Galega ou, no caso de hoxe, na Cidade da Cultura. En concreto, a sesión de hoxe estivo adicada á cultura dixital. Comezamos cun encontro na sala Eisenmann con María Pereira, directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura dende o ano 2012. María presentou a Cidade da Cultura como un espazo de intervención artística. Deunos un dato interesante, como é o orzamento anual co que conta a fundación para as súas distintas actividades: 1.000.000€. Unha cantidade axustada para o espazo ao que nos estamos referindo.

Este orzamento está repartido da seguinte maneira:

  • 42% Exposicións
  • 22% Ciclos Artísticos (como os concertos do “Atardecer no Gaiás”)
  • 15% Ciclos en Familia
  • 21% en varios proxectos como son a Aula Gaiás, Letras e Pensamento, etc.

 

2018 04 26 conversa no Gaiás-Jorge (1)Unha das maiores eivas do complexo Gaiás, segundo nos comentaba María, é a propia situación xeográfica, sen dúbida unha barreira física coa cidade de Santiago. Por iso dende os departamentos de marketing e comunicación esfórzanse para chegar á poboación de Compostela cun gran traballo en redes sociais, prensa e outros medios, como son as relacións cos centros escolares. Na explicación das actividades da Fundación xurdiu un dos seus eventos mais populares, o Atardecer no Gaiás, un ciclo de concertos de verán que se levan a cabo na zona exterior das instalacións. María falounos dun dos concertos con máis afluencia de público na última edición do ciclo, o do compositor e rapeiro C. Tangana. Nese momento abriuse un pequeno debate sobre a tipoloxía de concertos que “debe” programar una entidade como a Fundación Cidade da Cultura: buscamos a calidade artística máis “exquisita” ou abrimos a programación a outros públicos co fin de que se acheguen e coñezan o espazo? E se realmente programamos un artista que achegue novos públicos… conseguimos fidelizar a eses públicos para posteriores actividades? Aí quedou un debate, que, sen dúbida, daría para moito mais!

Por outra banda, María contounos que as montaxes de eventos son sempre subcontratadas, xa que a propia fundación non ten capacidade propia para realizalas. Habitualmente as empresas externas adoitan ser galegas. E tamén fixo especial fincapé nos novos espazos naturais do Gaiás:

 

  • O Bosque de Galicia : O principal espazo natural con 24 hectáreas plantadas con especies arbóreas autóctonas. Este bosque conta con 3 quilómetros de sendas peonís, zonas de descanso e un miradoiro cunhas vistas privilexiadas a Compostela
  • Xardín Literario : Un espazo adicado a escritores e poetas galegos. Con pouco mais de unha hectárea de superficie, conta con 14 especies de árbores diferentes. Compleméntase cun sendeiro, unha instalación artística con placas literarias, un estanque e un miradoiro.
  • Parque do Lago : Unha área de descanso e paseo situada nas inmediacións do complexo. Conta cun lago de preto de 5.000 m3 rodeado de vexetación, unha tarima de madeira e unha carballeira convertida en centro de ocio.

 

Para rematar, coñecemos máis a fondo outras actividades como as visitas astronómicas no verán ou a carreira Holi Gaiás . María rematou a súa exposición falando dos proxectos de intervención artística nos espazos naturais, no que tres ideas contaban cun orzamento de 10.000€ cada unha, para levar a cabo a produción das mesmas e os honorarios dos artistas. Os proxectos foron:

  • Figuras en Xabón de Antía Cea
  • Proxecto de avistamento de paxaros de Ánxela Caramés e Paul Edwar Guy
  • Tres merendeiros para convertir linguaxe estatística en linguaxe poética de Chus Martínez e Beatriz Lobo

 

 

Coñecendo o complexo arquitectónico

A sesión continuou cunha visita guiada polo complexo Gaiás que comezou na propia sala onde estabamos, a sala Eisenma2018 04 26 conversa no Gaiás-Jorge (2)n:  un espazo polivalente no que se celebran desde presentacións, roldas de prensa ou cócteles. A continuación, o noso guía Rafa Lens levounos ata o exterior da sala e fronte a Cantina, parándonos diante da Singularidade: unha escultura (unha gran “bola” de libros e libretas) feita para unha exposición efímera nun primeiro momento, pero que finalmente quedou alí converténdose nunha seña de identidade do Gaiás.

Seguimos coñecendo un pouco máis de preto a Biblioteca e o Arquivo de Galicia, que albergan e difunden o patrimonio bibliográfico galego. Tamén funcionan como deposito legal de tódalas publicacións editadas en Galicia, das que se deposita unha copia nas súas 2018 04 26 conversa no Gaiás-Jorge (3)instalacións. No mesmo edificio da Biblioteca achegámonos ata unha das zonas, sen dúbida, mais curiosas e descoñecidas da Cidade da Cultura: un pequeno “mundo soterrado” polo que entran os transportes de carga e descarga e proveedores ás instalacións

As Torres Hejduk foron a seguinte parada: diseñadas orixinalmente por John Hejduk como torres botánicas para o parque de Belvís, Peter Eisenman decidiu recuperalas para o seu proxecto no Gaiás. Dentro das torres atopamos unha exposición temporal, Betula Pendula  que busca representar a fraxilidade dos bosques galegos. Nunha das torres, uns bidueiros colgados (e cun sistema de rego propio nas alturas para mantelos) e abaixo un espello para dar a sensación de caminar sobre as copas. Na outra torre de pedra, un bosque queimado. Espectacular.

 

 

 

Xa preto do final da visita Rafa  falounos das zonas verdes da Cidade da Cultura:

 

  • O Bosque de Galicia: un espazo na ladeira do monte Gaiás, con sete mil especies autóctonas de árbores e 24 hectáreas2018 04 26 conversa no Gaiás-Jorge (6) que busca achegar o complexo a cidade de Compostela a través de unas sendas peonís. Estas poderán usarse incluso sen luz natural gracias a un sistema de iluminación ecolóxico. Ademais o bosque conta con diversas zonas de descanso e un mirador no alto.
  • O Xardín Literario: Un espazo verde adicado os poetas e escritores galegos, con distintas especies de árbores plantadas que simulan as follas dun libro aberto.
  • O Parque do Lago: Un área verde, que conta co propio lago, bancos, areas de lecer e ata una zona de “running” nunha carballeira

 

A visita guiada rematou no Museo Centro Gaiás, sen dúbida un dos edificios máis espectaculares (e non só da Cidade da Cultura!). Conta cunha fachada de 43 metros de altura e mais de 16.000 metros cadrados de superficie onde levar a cabo toda a programación de exposicións e divulgación. Xa chegando ao final da sesión volvemos á Sala Eisenman para ter unha conversa aberta sobre Cultura dixital.

 

 

Falando no Gaiás sobre cultura dixital

As protagonistas desta conversa aberta foron Balbina Gándara, experta en dixitalización e posta en valor do patrimonio cultural, María Yáñez, xornalista especializada no mundo dixital, e Sonia Méndez, actriz e directora do festival de contidos dixitais Carballo Interplay.

2018 04 26 conversa no Gaiás-Jorge (7)Balbina comezou falándonos da consultora onde traballa, UNAYTA onde, entre outras cousas, dixitalizan arquivos, fondos históricos, expedientes médicos, documentos administrativos ou arquivos multimedia. Como exemplo, púxonos un dos últimos traballos que están a levar a cabo: a dixitalización das actas de plenos dos anos 30 e 40 do  século XX no Concello de Vimianzo, ou outro se cabe máis curioso: a dixitalización de preto de 3.200 entradas de partituras e letras do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol.

Continuou a conversa María Yáñez falando da situación da creación colectiva e a produción audiovisual específica para Internet. Como exemplo de comunicación falounos dos memes, gifs, grupos de Facebook, Galipedia e algunhas páxinas adicadas ao humor en galego.  Para finalizar, Sonia Méndez contounos como no 2011 creou unha web serie practicamente “sen saber” o que estaban a facer. Casi de rebote colgaron a serie en Internet e, pouco a pouco, foi crecendo sen buscar ese crecemento en ningún momento. Esa é a “maxia” de Internet! Fixo fincapé na distinción dos contidos online, como son esas web series, cos contidos pensados para televisión: formatos diferentes para públicos diferentes.

A sesión pasou voando! Quedámonos practicamente sen tempo para falar con estas tres mulleres expertas na cultura online e dixital, pero con moi bo sabor de boca, iso si. Tamén coñecendo un pouco máis a Cidade da Cultura, o que alí se fai, como se traballa, e, por que non dicilo, tirando abaixo algúns mitos que a acompañan desde o seu polémico comezo.

Con esta foto do noso particular “atardecer no Gaiás” despedimos a sesión do 26 de abril.

 2018 04 26 conversa no Gaiás-Jorge (8)

Estratexias de comunicación dixital para institucións culturais. Con Araceli Corbo

Por Alfonso Villanueva

 

Na sesión de hoxe contamos con Araceli Corbo, responsable da biblioteca-centro de documentación do Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León, MUSAC, profesora asociada na Universidade de León e organizadora de varios encontros sobre redes sociais, museos e centros de arte. A aula comezou con Araceli explicando a estratexia, canles e proxectos que seguiron dende diferentes museos para dar a coñecer a súa oferta cultural e expositiva. Comezou falando sobre o MUSAC, onde ela traballa, e o gran esforzo que se fai para difundir todo o que a institución desenvolve, dando información inmediata e facendo fincapé no streaming. Explicounos que actualmente a web 2.0 é un traballo colectivo que pasa por unha constante actualización e que constitúe unha ferramenta básica.

2018 04 25 Araceli C. (2)

 

En canto á comunicación que se establece co público das institucións, Araceli dividiu as ferramentas a empregar en función da situación do usuario respecto á institución, xa que, desde a perspectiva da estratexia de comunicación, non compartiremos do mesmo xeito o que queremos contar se a persoa aínda non nos visitou ou se xa fixo a visita. Da mesma maneira, as ferramentas e códigos son distintos se a persoa está xa accedendo á nosa proposta.

 

 

 

 

Plataformas que podemos utilizar antes da visita

A páxinas web son, en moitos casos, o primeiro que busca a persoa que quere coñecer a institución, por iso é fundamental mantela actualizada e non só iso, senón que hai que relacionar os contidos que hai nela. Como exemplo de páxina innovadora falounos, entre outras, da web do Museo del Prado e destacounos outras ferramentas a ter en conta nas nosas tarefas de comunicación:

 

  • Sites específicos nos que ofrecer as imaxes de tódalas obras que hai nos diferentes espazos.  Neste sentido explicounos que algúns son edicións especiais e que, por si mesmos, son case exposicións.

 

  • Arquivos dixitais con acceso ás persoas usuarias. Hai museos que tamén ofrecen na súa web as coleccións online, amosando unha parte das coleccións ou todo o seu arquivo. Nalgúns casos tamén se utiliza Pinterest, redes sociais ou gifs para amosar e difundir as coleccións.

 

  • Visitas virtuais, que poden incluso ser en 3D. Nalgunhas webs, como a que xa comentamos do Museo del Prado, é posible deseñar unha visita personalizada escollendo as obras que se queren ver. Dentro desta opción, como en todas, xoga tamén un papel moi importante a creatividade da persoa que deseña as estratexias de comunicación e as posibilidades da institución. Isto ás veces tradúcese en propostas sorprendentes, como a visita nocturna cun robot que popularizou o museo Tate.

 

  • Liñas de tempo. Utilízanse para mostrar as coleccións pero tamén como ferramenta educativa.

 

Xa no eido dos recursos audiovisuais debemos ter en conta diversas canles. Temos a opción de empregar Youtube, para publicar vídeos tanto para promoción das exposicións como para dar información das mesma mediante os seus comisarios ou artistas. Tamén é unha boa canle para compartir contidos propios da web da institución. Pero esta non é a nosa única posibilidade á hora de empregar a imaxe:

 

  • Facebook live. É un medio que os museos tamén utilizan e que proporciona moitas visitas

 

2018 04 25 Araceli C. (4)

  • Periscope. Vídeos de corta duración que só duran 24 horas

 

  • Snapchat. Tamén se usa, aínda que moito menos polas súas limitacións. Casa Batlló é unha das institucións culturais que o emprega.

 

  • Instagram. Actualmente é unha das redes que máis se utilizan, tanto para desenvolver concursos e outras actividades participativas como para invitar aos usuarios a poñer un hashtag e buscar a súa complicidade como altofalantes da oferta cultural. As Instagram Stories, por certo, están a ser un recurso cada vez máis empregado.

 

  • Podcast. Hai museos que crean contidos propios para as redes, ben sexa no eido da arte sonora, e esta sería a ferramenta a empregar para a súa difusión, como na publicación de entrevistas a comisarios, artistas, persoas implicadas na exposición, etc,…cuxas opinións poden ser relevantes á hora de achegar a nosa proposta ao público.

 

Outra ferramenta que nos permite a comunicación co público antes de que este se achegue á nosa institución son as publicacións dixitais. Neste ámbito Araceli destacounos dúas opcións:

 

  • Issu, que permite facer publicacións dixitais e ademais ofrece a posibilidade de descargalas.

 

  • Blogs, que permiten facer publicacións con argumento e material. Moitos dos museos os teñen e tamén se empregan como os sites con temáticas especificas.

 

Se queremos ter un contacto máis próximo e personalizado co público, temos a opción do envío de mails específicos. Neste sentido, Mailchimp é unha plataforma que permite enviar moitos mails á vez, coa posibilidade engadida de dispor de varias propostas de deseño e de crear listas de contactos. Pero tamén temos a alternativa da mensaxería inmediata, con aplicacións como WhatsApp ou Telegram. Ademais, temos Facebook, que resulta unha plataforma moi interesante pola marxe de contido que ofrece, e Instagram, que como antes dixemos permite o posicionamento dun hashtag, tamén a través das conversas que poidamos establecer.

 

 

 

Plataformas, canles, medios e estratexias a utilizar durante a visita

 

2018 04 25 Araceli Corbo (5)

Como xa explicamos, hai, por parte da institución, unha comunicación previa á experiencia cultural da persoa usuaria, pero tamén hai a posibilidade de seguir comunicándonos unha vez que “está a ser” esa experiencia, aínda que con outras ferramentas:

 

 

 

  • Cartelería na que se lle indique ao usuario a posibilidade de participar, especificando as canles nas que o pode facer.

 

  • Influencers na inauguración. Estas persoas falarán a través das súas contas (falamos de instagramers, youtubers,…) e opinarán sobre a  exposición ou evento

 

  • Determinar un hashtag e animar aos usuarios a empregalo para xerar máis presencia nas redes.

 

  • Realidade virtual, aumentada e recursos de xeolocalización: utilizado máis en institucións que apostan por crear experiencias.

 

  • Museoloxía interactiva, a través da tecnoloxía Kinect, que achega as obras aos usuarios. Outra posibilidade son as pantallas interactivas nas que a persoa elixe os contidos.

 

  • Apps. O primeiro museo que as usou en España foi o museo Picasso. Hoxe en día utilízanse para facer audioguías. Moitas delas tamén inclúen xogos.

 

 

 

Plataformas, canles, medios e estratexias despois da visita do usuario

A persoa que visitou a nosa institución se cadra quedou con gana de saber máis e a nós interésanos gañar público e fidelizalo. Para iso, a comunicación segue a ser fundamental. Estas son algunhas das ferramentas que podemos empregar para manter o interese pola nosa oferta:

 

  • Fliker, con álbums das visitas ao museo

 

  • Vimeo, no que facer un repositorio dos streamings que se producen durante as visitas. Adoita ter unha moi boa acollida porque ofrece a posibilidade de ser consultado a posteriori.

 

  • Videoconferencias a través de YouTube ou Hangouts, establecendo mesmo a posibilidade de debates.

 

 

 

2018 04 25 Araceli C. (5)En xeral, son moitas as posibilidades que ofrece o ámbito dixital en materia de comunicación cultural. Segundo nos explicou Araceli, hai unha cousa fundamental para que todas funcionen dun xeito correcto, que é que na nosa páxina web teñamos sempre indicado cales son as nosas canles e redes de comunicación, para que a persoa usuaria -o noso público- entenda dun xeito fácil como nos comunicamos con ela e ata que punto pode obter información de nós.

Iso sen esquecer unha posibilidade externa a ese tecido de canles e redes propias como é a Wikipedia: unha plataforma na que aínda faltan institucións culturais, pero na que moitas están tratando de estar presentes, xa que é unha ferramenta básica de primeiro contacto co público.

 

Por suposto, só con ferramentas non se fai nada. Para que todo isto teña sentido é preciso deseñar unha estratexia de comunicación dixital. Para iso necesitamos saber cal é o noso punto de partida, os obxectivos que queremos acadar e o público ao que nos queremos dirixir. Con esa información definida poderemos planificar a nosa estratexia de contidos, que redes empregaremos para os nosos fins e que accións concretas desenvolveremos e en base a que calendario.

Con todo isto deseñado, chegaría o momento de pasar á acción e executar a nosa estratexia.

O plan de comunicación cultural. Con Sonia Díaz

Por Anxela Baltar

Esta sesión estivo dividida en dúas partes: a primeira consistiu en profundizar no plan de comunicación, e durante a segunda parte traballamos por grupos aplicando aos nosos proxectos os conceptos explicados. Ao mesmo tempo, noutro espazo da facultade, os alumnos e alumnas interesados gravaban un video para elaborar a Mostra de Saberes desta edición do curso, respondendo a unhas breves preguntas sobre as nosas experiencias laborais culturais, expectativas de futuro, etc,…

 

A primeira pregunta que facía Sonia era: Por que necesitamos plan de comunicación?

Deste xeito comezamos a analizar a necesidade deste documento para os nosos proxectos. Apuntou un dato curiosos: a maioría dos proxectos cos que ela traballou non tiñan plan de comunicación. Sen embargo, é fundamental que todo o equipo saiba que mensaxes se van transmitir, cando, e de que maneira. Tamén para distribuír os recursos de maneira axeitada, planificando que necesitamos, que podemos facer,… Todo iso conseguímolo elaborando un bo plan de comunicación.

A continuación, presentounos un modelo posible. Este modelo ten a seguinte estrutura:

  • Diagnose                                                                2018 04 18 (1)
  • Obxectivos
  • Públicos
  • Soportes
  • Estratexias e tácticas
  • Accións e materiais
  • Cronograma
  • Orzamento

Analizamos neste punto algúns factores como:

  • A creación dun proxecto novo trae implícita certa debilidade, descoñecemento da marca. Necesitamos para comunicar que o público recoñeza.
  • O obxectivo primeiro é construír e difundir unha marca forte. A partir de aquí cada proxecto ten as súas características dependendo dos obxectivos, necesidades,… etc.
  • Públicos: a cada un, que lle ofrecemos? Algúns buscan emocións, outros unha programación concreta… Hai que analizar os distintos tipos de público que ten cada proxecto.
  • É necesario fixar que soportes queremos producir, en que prazo e con cantos cartos.

Hai que dar resposta a unha serie de dúbidas e cuestións previas: de onde partimos? para que? para quen? como? cando e canto? Para resolver estes aspectos temos que ter en conta algúns factores:

 

  • Canto máis clara estea a comunicación no cuantificable, máis sinxelo será saber se se conseguiu ou non.
  • Debemos recoller aparicións en prensa: clipping de anos anteriores
  •  Temos que decidir o modo de comunicar, como queremos transmitir a nosa mesaxe en redes, medios,… etc.

 

Novas tendencias e recursos

 

  • Medios: É moi minoritario facer soamente promo en medios, pero é unha acción importante. O noso proxecto debería saír en medios locais, comarcais, pois é moi habitual que o público busque aí a programación cultural. É importante crear accións que permitan que a televisión obteña unha imaxe máis dinámica e, simultáneamente, convocar aos medios e ás institucións, facer roldas de prensa,… A nota de prensa é tamén algo fundamental: hai que buscar un titular (factible, o que nos gustaría ver no xornal), e informar de cando, onde e canto custa na primeira frase (técnica da pirámide invertida).2018 04 18 (2)
  • Redes e web: Adaptar expectativas ás posibilidades. O ideal é ter un perfil específico para o proxecto, por exemplo: aínda que sexa un festival dun concello, debería ter as súas propias redes e non publicar dende as da institución.
  • Comunicación directa: É moi útil ter bases de datos porque é ter a posibilidade de chegar ao público que xa amosou interese no proxecto. Deste xeito está asegurada a atracción e o interese. Podemos facer tamén accións corpo a corpo: físicas, de presentación… Exemplo: presentar o festival en centros de ensino, proxeccións previas,…
  • O camiño do medio: Crowdfunding: trátase dunha opción moi utilizada na actualidade, pero é algo caro por esforzo e por “cansino”. Patrocinios de comunicación: pedir contrapartida aos concellos.

 

 Estes foron os puntos que tocamos na primeira parte da sesión. Despois do descanso, Sonia repartiu uns documentos para que cada grupo cumprimentara e comezara, deste xeito, a elaborar o seu plan de comunicación correspondente. Cada unha das follas repartidas correspondía a un punto da estrutura do plan:

 

  • Diagnose: DAFO, observacións, recomendacións
  • Obxectivos (cuantitativos, cualitativos)
  • Públicos
  • Soportes
  • Estratexia e tácticas (brainstorming, ideas creativas, como contarlle o noso proxecto a cada público)
  • Accións e materiais (levar as ideas que sexan posibles ao factible para cada público, exemplo: flashmob para a mocidade)
  • Cronograma
  • Orzamento

Cada grupo, traballando conxuntamente, elaborou coa axuda de Sonia as partes do plan que lle deu tempo ao longo desta segunda parte da aula. Temos agora como tarefa continuar coa estrutura e darlle forma (en Word, maquetando,…) e, deste xeito, rematar finalmente o noso plan de comunicación.

 

Dereito aplicado á xestión cultural. Con Patricia Gabeiras

Por Silvia Muíño

Patricia Gabeiras inicia a sesión manifestando que ela é fundamentalmente xurista e amante do Dereito, mais no momento que comezou a traballar a propiedade intelectual soubo que este sería o tema que centraría a súa carreira profesional. Nesta cuestión, que nin sequera abordara nos seus estudos universitarios, afondou cando realizou un doutoramento en Dereitos da Cultura e comezou a estudar o financiamento e parte económica deste, posto que tamén fixo un mestrado financeiro. De feito, chegou a investigar máis a fondo no tema na súa tese doutoral mixta sobre Dereitos da Propiedade Intelectual na que elaborou unha ferramenta de aprendizaxe e fixo unha operación de titulización; é dicir, de realizar un balanzo dos dereitos de autor/a de cobro futuro.

 

O dereito constitucional de acceso á cultura

O tema das súas investigacións académicas veu directamente relacionado coa reflexión de se as axudas públicas á cultura deben de seguir sendo xestionadas para o momento e valorar as circunstancias nas que naceron. Para abordar esta cuestión, o enfoque constitucional é moi importante e o dereito de acceso á cultura é un dos temas aos que continuamente recorre, porque aí está a base da cuestión.

Lembra que con base a este enfoque constitucional levou adiante a iniciativa para que os/as menores puidese entrar nas salas, porque antes a Lei de espectáculos o prohibía; nin sequera nesta cuestión era importante o punto de vista económico, mais si que o era o dereito constitucional de acceso á cultura, máis aínda cando se podía interpretar que, ao se lle negar aos menores o acceso ás salas, interrompíase unha faceta da educación que é a participación na vida cultural.

 

O proceso de creación dun proxecto cultural

 

Inicio do proxecto

Cando queremos levar a cabo un evento hai moitas implicacións que debemos ter en conta e sobre as que nos debemos de asesorar. A Lei de Espectáculos é a primeira delas, posto que recolle a participación dos menores nos espectáculos, a normativa de seguridade e mais do ruído; a maiores hai que ter en conta o risco administrativo que se corre nun sector ateigado de microempresas con recursos moi limitados e intentar atallalo o máximo posible, posto que o dereito é moi importante para a viabilidade dun proxecto cultural, así como intentar identificas os principais problemas que poden xurdir á hora de materializalo.

 

Rexistro da marca

O primeiro paso cando nace un proxecto é protexelo 2018 04 17 Patricia Gabeiras (2)e inscribir a marca. Cómpre reflexionar sobre a importancia da propiedade intelectual e industrial e rexistralo, así como medir os recursos necesarios para facer un seguimento da marca.

 

Licenza administrativa

A normativa de espectáculos establece que hai que ter unha licenza de actividade para realizar un evento. A Administración pública é a que ten que realizar a autorización para levantar un recito e abrilo, no caso, por exemplo, dun festival. Non obstante, os procedementos administrativos non están adaptados ás necesidades do sector e isto motiva que se tramiten en demasiados casos a última hora, que é cando se ten o proxecto definitivo. En todo caso, destaca que non ten sentido que a un festival de música lle apliquen a Lei de Construción e esta cuestión pon en risco os proxectos que precisan dun marco xurídico máis claro e adaptado ás características do sector cultural.

 

Tipos de financiamento dun proxecto cultural

A estrutura financeira dun evento é esencial, porque hai que ter claros os recursos cos que se vai facer o proxecto, as axudas públicas e os posibles ingresos. Cómpre ter moi clara a utilización dos recursos públicos e distinguir entre patrocinios, subvencións en concorrencia competitiva e subvencións directas, porque estes conceptos non son intercambiables xuridicamente:

  • Subvención directa. Subvención que se dá directamente a unha entidade.
  • Subvención en concorrencia competitiva. Subvención que sae a concurso con criterios públicos para entidades.
  • Patrocinio. Contrato privado cunha entidade.

As subvencións teñen como finalidade apoiar as políticas, deben de ter uns obxectivos na planificación política, e o ideal é que estes estivesen recollidos nun plan que defina os recursos que se destinan para esas políticas, así como os instrumentos xurídicos que van utilizar para xestionar esas partidas orzamentarias (subvención directa, en concorrencia competitiva ou patrocinio). O problema é que o panorama xurídico no tema das subvención é inseguro e a aplicación está determinada por cuestións políticas e ideolóxicas. A Lei de Subvencións impide dar máis de tres anos unha subvención a unha mesma entidade sen xustificalo e, de sermos estritos, a subvención directa é subsidiaria, mais tampouco hai que deixar de lado que o criterio na concorrencia competitiva é subxectivo; o que non quita que a partir do ciclo de tres anos haxa que cumprir os obxectivos, valorar se se xestionou correctamente a subvención e se o proxecto é viable. Aí é onde reside a lóxica das subvencións.

Por outra banda, está o patrocinio, que é un contrato bilateral con contraprestacións recíprocas no que Administración pública traballa e actúa como un privado, o promotor ten que cumprir coa finalidade da subvención e o que quere é que a publicidade se recolla porque o patrocinado colabora na publicidade do patrocinador. Cando se dá un patrocinio vai exixir un impacto coas pezas publicitarias nas que está a súa imaxe.

 

2018 04 17 Patricia Gabeiras (4)

 

Normativa de riscos laborais

 Máis un dos temas importantes no proceso de posta en marcha dun proxecto cultural é a normativa de riscos laborais, desde o punto de vista da responsabilidade e os requisitos, tanto na propia empresa como no equipo de profesionais e persoas subcontratadas. É moi relevante dispoñer da documentación e cumprir a normativa para non incorrer en responsabilidade penal.

 

Os seguros de responsabilidade civil

Canto aos seguros de responsabilidade civil hai que ter en conta o tipo e contía de seguros que se necesitan, entre os que están os do persoal directivo, administrador, o de actividade e cancelación. Ademais, hai que ter en conta que non debe traballar ninguén no recinto que non estea asegurado e que debe existir un seguro de responsabilidade civil para as persoas asistentes. Por outro lado, e no caso de que se contrate a carga e descarga a unha empresa esta debe ter seguro de responsabilidade civil e de existires persoas voluntarias tamén deben de estar cubertas.

 

Os dereitos de autor/a

 O tema das entidades de xestión dos dereitos de autor/a é un tema controvertido, mais en realidade son  necesarias e naceron como estruturas pseudosindicais para agrupar as persoas que precisan que os seus dereitos sexan tutelados, posto que non os poden xestionar de maneira individual. Isto non exime que haxa que analizar a traxectoria da SGAE e tentar reencamiñala como a ferramenta útil que debería ser para a protección dos dereitos de autor/a.

En primeiro lugar hai que ter en conta que hai dous titulares de dereitos, o/a autor/a da música e o/a autor/a da letra, que poden ou non ser a mesma persoa. En principio, o que se gañe pola obra repartiríase entre eles, mais como orixinariamente non tiñan a capacidade de facer as súas partituras e contrataban a alguén para a edición, o/a autor/a cedíalle ao editor eses dereitos e a posibilidade de que  os promovera para que levara unha porcentaxe dos dereitos de distribución. Logo dunha reforma lexislativa indícase que o contrato de cesión é unha reforma en exclusiva dos dereitos de cesión, esa modificación baleira de capacidade dos seus dereitos aos autores en beneficio o editor. No momento cronolóxico no que se produce esta reforma entran na SGAE os editores como socios.

 

Presentación e contraste dos proxectos con financiadores. Con Carme Casado (Cersia), José Luis Maestro (Turgalicia) e Iván Fernández (Galicia Calidade)

Por Pablo Pérez

O pasado mércores 11 de abril tivemos no salón de actos da facultade unha sesión de contraste de proxectos con posibles financiadores. A sesión dividiuse en dúas partes: na primeira parte tivo lugar unha mesa redonda na que os poñentes falaron sobre o patrocinio, cada un dende a súa modalidade, e unha segunda parte na que se desenvolveron as simulacións de entrevistas ante potenciais financiadores.

A mesa redonda estivo formada por diferentes profesionais: do sector público autonómico estivo José Luis Maestro, de Turismo de Galicia; do público local,  Carme Casado, do Cersia, e do patrocinio privado, Iván Fernández, de Galicia Calidade. Carme foi a encargada de romper o xeo:

 

Carme Casado é economista vocacional e profesional, traballa no edificio do CERSIA Empresa, do Concello de Santiago de Compostela, sendo a responsable de promoción económica dentro da Concellería de Igualdade e Desenvolvemento Económico. Durante a súa exposición contounos o importante que é coñecer as estratexias válidas para achegarse ás administracións e a vía para coñecer que obxectivos perseguen as entidades públicas para, dese xeito, poder darlles a mellor 2018 04 11 sesión presentacións patrocinios - 10reposta posible co noso proxecto, axustando a nosa planificación estratéxica aos obxectivos das entidades locais.

Recalcou a necesidade de levar sempre a unha primeira entrevista cun financiador unha definición do proxecto a presentar que estea en sintonía cos obxectivos que persegue, buscando sempre na medida do posible unha empatía nos valores entre proxecto e entidade. Fixo moito fincapé na importancia de “non ser tan xeneroso coas nosas  ideas”, antes de que estas saian ó mercado, advertindo e suxerindo preservar os puntos chaves de proxectos innovadores, agardando primeiro e ver se hai interese e non “regalar” un traballo de creación propia.

 

 

José Luis Maestro foi o segundo en intervir. Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, traballa na Xunta de Galicia dende o 1993, onde comezou exercendo diversas responsabilidades na Consellería de Política Territorial e Obras Públicas. Actualmente é subdirector de ordenación, inspección e planificación turística na axencia Turismo de Galicia, onde é director de competitividade. José Luis leva asistindo catro anos consecutivos a esta mesma aula e achegando 2018 04 11 sesión presentacións patrocinios - 50moitas das claves para que un proxecto cultural con dimensión turística teña éxito. Comezou a intervención  facendo referencia e compartindo o que a súa compañeira Carme Casado dixera sobre a necesidade dos valores comúns que tiñan que existir entre o financiador e o proxecto, e engadiu ademais que os proxectos son avaliados por moitas persoas e en niveles diferentes, o que significa que  non é un proceso fácil.

Na súa intervención destacou catro ámbitos de respaldo a proxectos turísticos desde a axencia Turismo de Galicia. Comezou falando das convocatorias de subvencións, indicando que contan cuns criterios moi obxectivos e destacando, de entre todas as liñas, a de cooperacións entre empresas, xa que é a que máis se aproxima ó ámbito cultural (sempre dende o turismo). Outra liña de axuda coas administracións a través dos xeodestinos e das agrupacións de destinos turísticos por concellos, por comarcas  e por provincias, cos que a administración de Turismo de Galicia convenia, sendo eles mesmos os que fan propostas e financian proxectos culturais.  Proxectos  europeos, nos que existe unha participación activa de Turismo de Galicia, no que actualmente se están a desenvolver catro proxectos cunha compoñente cultural moi intensa. E por último a acción directa por parte de Turismo de Galicia a través da elaboración de produtos turísticos para a promoción do destino Galicia, no que o cultural ten un papel moi relevante.

 

 

2018 04 11 sesión presentacións patrocinios - 31Iván Fernández, licenciado en Xornalismo e Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago, é dende 2007 o responsable de marketing e comunicación de Galicia Calidade. Contounos que na actualidade o selo traballa con 104 empresas (de ámbito alimentario e turístico principalmente). En Galicia Calidade dedícanse por unha parte á certificación de marcas e por outra ao investimento en promoción da marca común. Invisten en patrocinio ou publicidade, ademais de patrocinaren o deporte, a cultura e o asociacionismo, entre outras. Iván anotou que lles chegaban un promedio de 2 proxectos por día e que resultaba imposible financiar tantas iniciativas, pero que en ocasións exercen de axentes mediadores das súas propias marcas socias e as poñen en contacto con proxectos que consideraban adecuados para elas.

 

 

 

Tralo descanso, xa na segunda parte, cada equipa tivo uns quince minutos para presentar os seus proxectos fronte aos posibles financiadores. As entrevistas desenvolvéronse de xeito simultáneo en tres espazos diferentes. O obxectivo desta práctica foi obter unha avaliación obxectiva e profesional dos dossieres de patrocinio que presentou cada equipa e obter unha información completa sobre as carencias e acertos no xeito de abordar a presentación.

 

 

 

 

Marco europeo e cooperación cultural internacional. Con Cristina Farinha

Por Inés Portela

Comezamos a aula, coma cada día, coa valoración da aula anterior: Uxío Novoneyra. Os titores coméntannos tamén como será a próxima aula, que consistirá nunha especie de caso práctico onde teremos que, cada grupo, presentarlle o noso proxecto a un posible patrocinador. Tras esta explicación, preséntase  Cristina Farinha, a poñente do día de hoxe, que falará do marco europeo e a cooperación cultural internacional.

Cristina expón a importancia de coñecer os principios da Unión Europea para poder pedir financiamento europeo, xa que será esencial adaptarse aos seus obxectivos con todas as súas liñas de actuación. A UE ten unha orixe económica, xa que nace nos anos 50 como unha alianza entre varias industrias europeas do ferro e do aceiro, que buscan crear unha zona de libre mercado. E se ben a súa historia foi sufrindo numerosos cambios, temos que ter en conta que esta idea da libre circulación, da cooperación e colaboración entre países  sempre será clave en todo o que faga a UE. Debemos ter en conta ademais que basea o seu funcionamento no principio de subsidiaridade: esto quere decir que o nivel de intervención da Unión Europea nunca será directo sobre unha área ou país, senón que a súa acción será complementaria ao que teñan que facer os axentes (gobernos) máis cercanos aos cidadáns.

Se combinamos ambas ideas (a libre circulación e o principio de subsidiaridade) podemos deducir que calquera proposta que lle presentemos á UE para solicitar o seu apoio por unha banda deberá incluír varios socios en diferentes países e, por outra, deberá contar con máis apoios, xa que non se lle solicitará á UE que financie o 100% do custe do proxecto.

Isto lévanos á mobilidade que, lonxe da percepción que temos, é bastante baixa: tan só un 2,8% no 2013 e 3,7% no 2015, mentres que, or exemplo, en Estados Unidos, entre estados a mobilidade ascende a un 30%. Complicacións fiscais, falta de homologación entre cualificacións e diplomas académicos, a seguridade social de cada país, temas de propiedade intelectual, idiomas… son só algúns dos problemas que fan que a mobilidade entre países europeos sexa tan baixa.

 

Programa Europa Creativa

O programa Europa Creativa é exclusivo para o sector cultural. Xorde no ano 2000. Sobre o orzamento do que dispón, poderíase decir que é residual, tendo en conta os orzamentos que manexa un organismo como a Unión Europea. Por otra parte, preséntanse varias problemáticas 2018 04 04 Cristina Farinha (2)cando queremos presentar un proxecto a esta liña de axudas:

 

  • Temos un mercado fragmentado e pequeno, e non sempre ben preparado, especialmente para o que supón traballar con socios doutros países. Para tentar paliar este primeiro problema, Europa Creativa axuda á mobilidade e á formación.
  • As novas tecnoloxías. Por iso apoia todo o relacionado coa accesibilidade.
  • Os poucos créditos bancarios. Para paliar isto hai instrumentos de garantía financeira nos países. No caso de España sería a Compañía Española de Refinanciamento (CERSA)

 

Europa Creativa está accesible en tódalas linguas oficiais, pero é recomendable presentar todo en inglés, xa que como é obrigatorio que haxa mínimo tres socios en tres países distintos, cabe entender que a única forma de entenderse entre socios sería o inglés. E tamén porque é a lingua que tódolos avaliadores de proxectos coñecen e dominan mellor. E, tamén a ter en conta, as prioridades obxectivas do programa cultura de Europa Creativa, que son estas:

 

  • Mobilidade: circulación de ideas, persoas, contidos…
  • Desenvolvemento de audiencias: cantidade e sobre todo, diversidade, con especial interés nos novos públicos. Importante a participación activa
  • Formación: sobre todo no relacionado coas novas tecnoloxías, novos modelos de negocio, formación e educación, capacitación dos profesionais….

 

Tamén é importante coñecer os criterios de avaliación do programa, que son os seguintes:

 

  • Relevancia: explicación da importancia do noso proxecto para a Unión Europea (30% da puntuación)
  • Calidade dos contidos e actividades (30%)
  • Comunicación e promoción (20%)
  • Calidade/importancia dos socios/as ( 20%)

 

Cando presentemos un proxecto a Europa Creativa é importante, ademáis de coñecer ben as bases e obxectivos do programa, coñecer tamén da Unión Europea como organismo e  tratar o noso proxecto como se fose unha obra de arte:

 

  • Idea clara e ben contextualizada
  • Marca identitaria, temática única e distintiva
  • Linguaxe clara
  • Que interese xeraría este proxecto nas persoas?
  • Desenvolvemento continuado/sostibilidade, continuidade do proxecto. Explicar sempre ao final, aínda que sexa nunha frase curta, que o proxecto ten visión de futuro.

 

As dúas posibilidades de participar nestes proxectos de Europa Creativa serían dúas:

  • Plan pequeño: mínimo 3 socios de distintos países, 200.000 euros máximo, proxecto a 2 anos
  • Plan grande: mínimo 7 socios, 2 millóns de euros máximo, proxecto a 4 anos

 

2018 04 04 Cristina Farinha (4)Hai que presentar dende o primeiro momento un programa de actividades moi concreto e definido. Permítense pequenas variacións durante os 2 ou 4 anos que dure o proxecto, pero deben ser cousas moi puntuais. Deberemos explicar tamén moi detalladamente como as actividades responden ás necesidades dos públicos e facer tamén unha previsión de resultados, así como aclarar como avaliaremos a posteriori o proxecto. A comunicación tamén terá que ser clara e concreta. Plasmaremos un plan de comunicación detallado en cada país socio do proxecto (canles, públicos….), incluso cun calendario definido. Esta comunicación tamén deberá ser continuada no tempo, cos medios(web, redes sociais…) que consideremos.

Haberá que xustificar tamén porque somos eses socios e non outros, aínda que sexa un argumentario feito para a ocasión. Non interesa tanto o currículo académico de cada socio como a experiencia real en canto ao proxecto en cuestión. Tamén se debe plasmar a división de tarefas dentro do equipo e indicar se o proxecto está aberto a, nun futuro, seguir sumando socios ou non. Debemos ter en conta que unha vez o proxecto é aceptado os socios non poden variar. Como moito podería cambiar un deles, pero tería que ser xustificado de xeito moi claro, xa que, polo xeral, ante esta situación de cambio de socio a situación é que se cancela ou remata o proxecto. Valórase positivamente un espectro amplo entre os socios, é decir, que non sexan de países fronteirizos. Pode haber socios de fóra da Unión Europea, pero non poden ser socios oficiais, xa que non terán as mesmas condicións económicas.

De 600 proxectos presentados poden ser aprobados uns 20. E isto é importante: na maioría dos casos o motivo de ser rexeitados é porque están mal redactados ou presentados, e noutra gran parte porque non hai orzamento para financiar  máis.

 

 

Outros programas europeos

Na última parte da clase Cristina Farinha fixo un repaso doutros programas europeos, como o Programa Erasmus +, que 2018 04 04 Cristina Farinha (1)é unha actividade centrada na educación e formación, ou so de financiamentos transnacionais da UE, como:

  • Cosme
  • Life+
  • Europe for Citizens
  • Horizon 2020
  • Erasmus +
  • Europe Creative

Tamén hai programas de acción externa, orientados a para países de fóra de Europa:

  • DG Enlargment
  • Neigbouring countries
  • European External Action Service
  • Europe Aid Development and Cooperation
  • EU strategy for international cultural relations (2016)

 

Falamos tamén das Capitalidades Europeas da Cultura. Non supoñen un  financiamento europeo de maneira directa, xa que é un título ou mención, pero si promove a internacionalización da cidade, o que permite revitalizala culturalmente e captar fondos doutas canles de financiamento. En canto a redes de cidades a ter en conta, falamos de Eurocities, Axenda 21 para a cultura, Culture for cities and regions e Unesco. Do mesmo xeito, Cristina achegounos fundacións a ter en conta, como European Cultural Fundations,  Asia-Europe Fundation, Roberto Cimetta Fundation (bolsa de movilidade para o Mediterraneo), European Festivals Association e EFFE: Europe for festivals, festivals for Europe.