Financiamento cultural. Marco europeo e cooperación cultural internacional. Cristina Farinha

Por: Lola Mera

En todas as clases ás que asistimos metemos sempre boa información no peto, e nesta, non podía ser menos. Aínda que o tema escápase un pouco aos nosos proxectos de man, relacionados maioritariamente a vilas pequenas e por tanto teñen unha escala menor que os proxectos de visibilidade internacional; non foi sen menos de grande interese. Aínda que como veremos máis adiante todo é posible se quixésemos chegar a algún tipo de finaciamento europeo.

Para darnos leccións de políticas culturais no eido internacional achegouse á nosa clase 22 bis a socióloga e investigadora Cristina Farinha, colaboradora na Comisión Europea coma representante do Ministerio de Cultura de Portugal en diferentes programas como consultora de políticas, avaliadora ou estratega do sector cultural creativo.

Primeiramente adentrounos en cómo ven o mundo dende Bruselas, recalcando que os seus obxectivos e visións non teñen  unha repercusión directa co cidadán de a pe, xa que este tipo de problemas recae nos gobernos locais ou nacionais; e que a área da cultura segue sendo unha área secundaria, de temática marxinal, complementaria, que segue unha liña na procura do mantemento da paz baseada principalmente no libre movemento das persoas dentro da comunidade. Estes tipos de programas e actividades culturais son ou están moi pouco estruturados, non seguen unhas pautas reguladas e ademais existen grandes obstáculos para poder traballar a nivel comunitario como poden ser temas fiscais, estatutos familiares, visados ou autorizacións de traballo, idiomas, dereitos da propiedade intelectual e derivados…

Despois desta non breve introdución, meteunos de cheo no programa marco Europa Creativa (http://www.europacreativa.es/https://ec.europa.eu/programmes/creative-europe/node_es https://eacea.ec.europa.eu/creative-europe_en) destinado a impulsar e apoiar os sectores culturais e creativos (cine, televisión, artes escénicas, patrimonio cultural material e inmaterial, literatura, deseño e outros ámbitos afíns) a través de tres diferentes subprogramas segundo o sector: cultural, media e intersectorial.2017 04 28 cristina farinha

No bloco da dereita pódense apreciar tres desafíos do programa Europa Creativa: o do propio programa, xa que se traballa nun mercado fragmentado nos 28 mercados que o conforman provocando dificultades na creación de redes,  aínda que resulte enriquecedor pola diversidade de contidos;  o da revolución dixital, xa que vive en constante cambio mudando así as formas de creación e, por último, o do acceso ao financiamiento,  onde non existe garantía ningunha, aínda que xa están a disposición os novos créditos internacionais a través da banca destinados a este tipo de proxectos vía CERSA.

Aínda que máis alá de toda unha teoría que asemella lonxe e dificultosa, tamén pode existir unha vía de finaciamento para calquera dos nosos proxectos  atopando dous países máis dentro da UE co mesmo obxetivo e as mesmas características sen ter que responder ás tres prioridades culturais do programa Europa Creativa: mobilidade fronteiriza, desenvolvemento dunha audiencia e creación de capacidades. É dicir, pensa no teu proxecto, se existisen dous países máis que fixeran un evento baseado no mesmo que este e seguiran a mesma liña de actuación, soamente sería enlazalos, xa que o plan de comunicación sería o mesmo coa única diferenza de chegar a unha escala de visibilidade internacional. Tendo en conta que se lle tería que dar unha relevancia, unha calidade no contido e nas actividades máis fundamentadas que para un simple evento local, dando resposta a todas as cuestión técnicas posibles e, demostrando sempre que non será un evento puntual senón que terá unha continuidade, aínda que logo non a teña realmente.

Non esquecer que só se aproban ao redor dun 15 por cento das candidaturas presentadas, de todas formas, boa sorte!

A parte do Europa Creativa existen moitos máis programas de finaciamento transacional visibles coma o programa Erasmus, o COSME, o LIFE +, Europe for citizens, Horizon 2020. Ou outros de acción externa, desenvolvemento e cooperación coma o Cultures Plus ou mesmo proxectos de internacionalización dunha cidade a través da cultura como pode ser a selección dunha Capital Europea da Cultura, Culture 21, Eurocities, Like ou o Creative Cities Network en colaboración coa Unesco.

Calquera cousa:

cristina-farinha-2

E para todo o demais, vémonos no Cesto ás 8.30 na sexta feira.

Marketing e comunicacion cultural. Plan de comunicación cultural. Sonia Díaz

Por: César No

O pasado venres 21 de abril tivemos o pracer de contar con Sonia Díaz, quen inaugurou o bloque de Marketing e Comunicación Cultural e nos achegou diversas ferramentas para a realización dun Plan de Comunicación Cultural.

Sonia Díaz está formada en Xornalismo, posúe ademais unha diplomatura en Estudos Culturais no Reino Unido, un doutoramento en Comunicación Audiovisual en Barcelona, un máster en Xestión Cultural en Chile e na actualidade é asesora de ICEX en Internacionalización Empresarial (entre outras cousas).

Sonia iniciou a aula evocando a René Magritte e a súa obra “Ceci n’est pas une pipe”, para lanzar unha mensaxe clara a un público que ela xa coñecía e xa tiña estudado e así comezar a explicar un modelo para  o deseño e a execución dun plan de comunicación para un proxecto cultural e presentar as novas tendencias, as ferramentas e as liñas de traballo dentro da comunicación cultural. Sonia iniciou a súa aula comunicando as súas intencións, e iso fíxose presente nunha aula dinámica e participativa na que finalmente puidemos aplicar os contidos nos nosos proxectos de grupo.

Polo tanto, na primeira parte da aula, preséntasenos a estrutura para a realización dun Plan de Comunicación sempre segundo este modelo que nos achega e que, como di Sonia, non é único. É a seguinte:

  1. Diagnose
    O primeiro paso será a realización dunha análise DAFO que nos ten que servir para atopar solucións aos problemas que se nos presentan. Deste xeito poderemos facer unha listaxe de observacións e de recomendacións que nos permitan dar os nosos primeiros pasos.
  1. Obxectivos
    Tanto os cuantitativos como os cualitativos.
  1. Públicos
    Debemos definir todos os públicos que nos van a axudar a acadar os nosos obxectivos à creadores/as, productores/as, distribuidores/as, programadores/as, financiadores/as, mediadores/as e públicos.
    Unha vez temos isto, debemos de relacionar os públicos facendo diferentes preguntas: “Comparten código?” “Comparten canle?” “Comparten contexto?” “Comparten interese?” “Onde os situamos?”
  1. Soportes
    Unha vez sexamos capaces de contestar as preguntas anteriores e realizar as relacións entre os públicos poderemos escoller os soportes máis axeitados para dirixirnos aos distintos grupos.
  1. Estratexias e tácticas
    Unha ferramenta clave à o esquema de valores.
    O esquema de valores está formado por:
  • Definición básica: que é o noso proxecto?
  • Beneficio clave: diferenciación con outros proxectos similares.
  • Atributos descritivos: as propiedades obxectivas, e dicir, o que ofrecemos.
  • Beneficios funcionais: os que obtén quen participa do proxecto.
  • Beneficios emocionais: que van máis alá dos funcionais.
  • Beneficios proxectivos: os valores que proxecta o proxecto.
  • Beneficios persoais: os valores que pode proxecta a imaxe de quen participa.
  • Esencia de marca: todos os valores (nunha orde de prioridades)
  • Identidade estendida
  1. Acción e materiais
    Consiste en pensar as accións que podemos levar a cabo para achegarnos a cada público e en definir todos os materias que precisamos para conseguilo.
  1. Cronograma
    Nunha táboa que recolla os tempos e as datas nas que se realiza o plan de comunicación partindo do seguinte: data-medios-dixital-impresión-directa-xeral
  1. Orzamento

sonia-diaz-2

Xa para ir rematando esta primeira parte, Sonia achéganos novas tendencias e recursos que son empregadas de maneira constante na comunicación como:

-Medios de comunicación: prensa, radio, televisión e medios electrónicos e como se viron afectados algúns deles polo nacemento das redes sociais.

-Webs e redes sociais: desexos e realidades.

-Comunicación directa: cartelaría, guerrilla, accións promocionais e a comunicación corpo a corpo.

-O camiño do medio: crowdfundings e outros patrocinios.

Por último, entre todos fixemos aportacións de exemplos de boas prácticas a hora de realizar un Plan de Comunicación para así poder analizar as estratexias e accións que empregaron. Algúns dos nomes que saíron foron:

  • Resurrection fest: conseguen chegar á xente que lles interesa o seu evento, non dirixíndose cara todo o mundo. De feito chegan a xogar con publicar a “horas malas” para non estender a súa campaña de comunicación cara outras direccións.
  • Sinsal audio: cumpren as expectativas do público que acode e realizan unha campaña enfocada nos valores que contén o seu proxecto.
  • Voadora: captadora de público a través dun traballo en redes e prensa, dende unha comunicación coherente coa súa liña de proxecto de compañía.
  • Play Doc, Carballo Interplay,…

Xa na segunda parte da sesión nos colocamos por grupos e comezamos a trazar o Plan de Comunicación de cada proxecto.

O proxecto cultural. Deseño integral. Avaliación e continuidade dos proxectos. Marcos Lorenzo e Sergio Lago

Por: Agustín Bolaños

1 – Esa tarde estaban con nós Sergio Lago e Marcos Lorenzo e comezou a sesión coa habitual avaliación da sesión anterior con Miguel Martín. Comentouse que é fundamental o tema dos orzamentos, mais foi demasiado comprimido e “de sopetón”, unha clase de realidade que deixounos KO e fíxonos derrubar proxectos case que por completo.

(En homenaxe ó que nos deixou a sesión anterior, escoitemos ésta peza durante a lectura: https://youtu.be/-0kcet4aPpQ)

Segundo Marcos Lorenzo: “Entran os temas económicos e esa idea perfectamente armada, esa programación tan bonita, ten un coste criminal, totalmente inasumible e hai que rebentar esa programación”. Pois si, foi unha masacre.

(Para cando teñades un momento despois: O Ogro da Economía, https://youtu.be/QdkFYPJGi6o)

O feito de que a aparición de temas novos (producción, orzamento, etc.) produza que haxa que repensalo todo, fai que adquiramos conciencia da grande importancia que teñen eses temas.

Falouse do enfoque da sesión, non tanto por si mesma, como polo momento axeitado no proceso de creación dos proxectos do curso.

2017 04 07-2E mentres os poñentes loitaban co proxector, as dilixentes alumnas e alumnos debatían sobre o anteriormente falado, ou facían plans para a Semana Santa ou a viaxe a Portugal.

2017 04 07-3As dilixentes e os dilixentes

2 – Ó comezo da sesión xa o anunciaba Sergio Lago, que a tarde prometía “outra apaixoante sesión que vamos a ter” de:

“Fórmulas xurídicas para operar como xestor cultural”.

(Queda dito por diante que NON recomendan TRABALLAR EN NEGRO, por suposto.)

A sesión centrouse no caso de, se queremos traballar no sector cultural, como podemos facelo legalmente e coas leis que nos afectarían como traballadores. No ámbito no que estamos a falar, a xestión cultural, centrarémonos no traballo por conta propia, tanto de xeito individual como en equipo.

A nivel individual, hai traballos que podemos cobrar como colaboracións esporádicas (charlas obradoiros, etc.) e despois temos xa a alta no réxime de autónomos (RETA). Comentamos como os límites nos que se poden cobrar estas colaboracións esporádicas moitas veces atópanse nun limbo legal, especialmente se comezan a ser unha actividade “habitual”. Se ese é o noso caso, deberiamos facturar coa retención de IRPF correspondente (15% é o común) e constaranos na declaración da renda como “rendementos do traballo”.

O tema dos autónomos é o grande tema desta parte da sesión, xa que a grande parte dos traballadores por conta propia do sector están baixo este réximen. Fixo fincapé na resposablidade persoal que temos en coñecer qué aspectos legais e tributarios son os que nos afectan, e tamén que temos que esixirllos a quen lles ofertamos o noso traballo: exencións de IVE ou os diferentes tipos de IRPF.

Tamén falamos do duro que é ser autónomo neste país e o diñeiro que teriamos que gañar para, despois de pagar tódalas cuotas e impostos, ter un salario digno dese nome.

Outra parte da sesión foi a que atinxía ás posibilidades de traballar en grupo. Nesta parte falamos de contratos privados, de colectivos informais e as U.T.E, constituídas éstas por autónomos e orientadas maiormente a licitacións. Tamén falou sobre as sociedades que se podían constituír e as cooperativas, chamando a atención sobre os novos modelos de cooperativas de facturación. Neste caso, indicou que cada comunidade autónoma ten a súa lexislación particular e hai que coñecela para poder usar este tipo de servizos.

Rematou a sesión lembrando que temos á nosa disposición moito material no espazo que compartimos na carpeta virtual do curso. E con isto fomos todos a tomar un café.

2017 04 07-4Os profes felicitándose porque o alumnado chegara esperto ó tempo do descanso

3Avaliación de proxectos culturais

E despois da pausa, voltamos á aula para que Marcos falara da avaliación de proxectos.

(Aquí teño que facer unha pausa e confesar que o material que recollín borrouse da memoria que levaba. Deste xeito, á hora de facer o resumo, só teño un par de follas escritas, unhas fotos e a inestimable axuda da miña compañeira Adela, que tivo a xentileza de pasarme as súas notas. A ver que sae)

En que consiste avaliar? Era a súa primeira pregunta. Antes de contestar, comentou que ningún dos nosos proxectos tiña obxectivos cuantitativos reais. E sobre iso facemos a avaliación dos mesmos, sobre os obxectivos previos á creación dos proxectos, tanto máis canto máis grande ou complexos sexan.

O deber do xestor cultural é asumir a avaliación coma unha parte intrínseca do seu traballo. Así, unha avaliación é unha investigación sobre o proceso e sobre os resultados do proxecto. Aquela, permítenos adquirir coñecementos sobre nós e o noso traballo, permitíndonos aprender como organización.

Outra pregunta que formulou foi: está presente a avaliación no nosa contorna/política cultural?
Non, non é habitual nin temos ese costume. Isto é así porque asociamos avaliar con fiscalizar, acusar a alguén, personalizar o erro, o medo ás consecuencias. Buscar culpables no canto de buscar solucións.

Para que avaliar? Para mellorar os nosos proxectos e o noso modo de funcionamento. Tamén para dar unha imaxe de profesionalidade, baseada nunha documentación interna, que podemos ofrecer ós posibles clientes. Temos que ser, así mesmo, conscientes de que ningunha avaliación é neutra e, como en calquera investigación social, hai gañadores e perdedores.

Neste punto da charla, tanto Marcos como Sergio, aconselláronnos, por enésima vez, o libro de David Roselló, “Diseño y evaluación de proyectos culturales”, no que estaba baseada a sesión e tamén é referencia para unhas cantas máis das anteriores e das futuras.

2017 04 07-5Lembren que o 23 de abril está próximo.

Vimos someramente os tipos de avaliación, as ferramentas que podemos empregar para facelas e as fases nas que está dividida. Aquí, recalcou algo, que por obvio, non deixa de ser pertinente sabelo: “DEFINIR O PROXECTO”. Atopar indicadores que podamos empregar e poder asignar eficazmente os recursos que temos, son dúas pezas fundamentais se queremos que o proxecto saia adiante. Na investigación podemos atopar moitas cifras, que serán o que nos dean os volumes, as dimensións, do proxecto, e as entrevistas que aportarán historia que lle dará ese valor engadido diferente.

Así, Marcos puxo coma exemplo a súa experiencia no proxecto “Galicia, ceo das letras”, relatando as diferentes ferramentas que empregaron para facelo e melloralo nas seguintes edicións. Para rematar, fixemos un caso práctico no que tiñamos que identificar nos nosos proxectos, tres indicadores de proceso (aqueles que avalían a organización) e tres indicadores de resultado (avalían se logramos os obxectivos)

E con isto, rematamos esta sesión, cunhas gañas tremendas de coller as vacacións!!! Ata a próxima!!!

2017 04 07-6Ánimo Marcos, que este ano saen proxectos chulos

2017 04 07-7Parte do alumnado, entusiasmado ante as vacacións