Vermú con… Susana Marques

En colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, iniciamos unha serie de encontros informais con docentes foráneos que participan da nosa iniciativa formativa. A idea é establecer un punto de encontro, sen periodicidade fixa, pero que nos permita compartir un vermú/café entre profesionais, estudantes e coa participación de persoalidades de referencia para a nosa profesión, superando o formato de charla unidireccional.

A primeira cita foi con Roberto Gómez de la Iglesia e a seguinte será con Susana Marques, fundadora e directora da empresa portuguesa de consultaría e xestión cultural Setepés, desde hai 15 anos. Susana é consultora da Unión Europea e membro de “A Soul for Europe EEIG”, así como profesora convidada na Escola Superior Artística do Porto.

Asiste como experta en coordinación e financiamento de proxectos europeos, temática sobre a que iniciaremos a conversa.

 

  • Cando e onde? Sábado 28 de febreiro de 2015 ás 12:00 na zona vella de Compostela (o local será comunicado ás persoas asistentes).
  • Como inscribirse? Escribindo ao correo do Curso: formacion@xestioncultural.com
  • Custe? De balde para asociad*s AGPXC.
  • Prazas limitadas

 

.

.

Susana Marques e o financiamento europeo

O venres pasado visitounos Susana Marques, directora da empresa de xestión cultural Setepés, así como consultora da Unión Europea e experta en desenvolvemento das industrias creativas.

Susana Marques fixo unha exposición eminentemente técnica, móstrándonos as diferentes liñas de financiamento europeo ás que se poden acoller os proxectos culturais. A comezar, ensinounos a estrutura da Comisión Europea, con 28 direccións xerais, nas que dúas teñen particular interese para nós: a de política rexional e a de educación, cultura, xuventude e deporte.

Os programas de cultura da UE están xestionados pola EACEA (Axencia europea da educación, cultura e deporte), e os de política rexional canalízanse a través de dous programas operativos: FEDER e INTERREG (para a cooperación transfronteiriza).

susana-marquesDentro dos programas lanzados desde EACEA, o máis relevante para o ámbito cultural é o Europa Creativa, que por vez se divide nos subprogramas Cultura e Media. O subprograma Cultura contempla: 1) proxectos de cooperación, de pequena escala (até 200.000 € e cun cofinanciamento europeo de até o 60%) e de grande escala (até 2 millóns de euros e cun máximo de cofinanciamento europeo dun 50%); 2) respaldo a redes europeas (iniciativas dun custe máximo de 250.000 €, cun cofinanciamento europeo do 80%, e con, ao menos, 15 membros); 3) apoio a plataformas europeas para a mobilidade de artistas e xestores culturais (iniciativas dun valor máximo de 500.000 €, cun 80% de cofinanciamento europeo e mínimo de 10 membros); e 4) tradución literaria (importe máximo de 100.000 € por proxecto e cofinanciamento europeo de até un 50%).

No que atinxe ao subprograma Media, Susana Marques só se detivo na liña de apoio a festivais de cine europeo, nos que debe haber (para acollerse a axudas da UE) un 50% de filmes nacionais e un 50% de películas de outros 15 países europeos.

En canto aos fondos de política rexional FEDER e INTERREG V, pódense consultar na web da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia. En breve presentarase o programa operativo FEDER 2014 – 2020, no que é probable que se inclúan contidos de cultura e de aposta polo gasto en proxectos inmateriais (non infraestruturais). O INTERREG V, de cooperación entre Galicia e Norte de Portugal, ten o seu centro de xestión na cidade do Porto.

Unha vez rematado o repaso polas vías de financiamento europeo, Susana mostrounos o proxecto Arts on Chairs, vencedor do Premio Regio Stars en 2014 e financiado con fondos europeos. O Norte de Portugal, a través da súa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento, ten unha liña específica de fomento das industrias criativas, a partir dos recursos recibidos de Bruselas. Unha liña cunha dotación de 40 millóns de euros, e que foi distribuída entre 25 M € para equipamentos e 15 M € para eventos. O proxecto Arts on Chairs é froito desa aposta. Co epicentro no municipio de Paredes, buscou a innovación da industria local do moble (800 fábricas) grazas á colaboración coas industrias creativas (deseño, artes, arquitectura…), implicando tamén a Universidades, escolares e cidadanía.

E para rematar a sesión, fixo unha breve alusión ao crowdfunding, e sobre todo aos Business Angels, empresarios que invisten en proxectos rendibles, tamén en cultura. En Cataluña a administración pública participa como socio nun Business Angel específico para a cultura (BANC).

 

Paulo Rodríguez, financiamento institucional de proximidade

Na sesión do venres 20 de febreiro conversamos con Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía de Castro (A Coruña), vicepresidente da AGPXC e presidente de RED (Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública), arredor do financiamento institucional de proximidade, especialmente no que se refire ás relacións profesionais e empresariais coas administracións públicas.

Durante a aula, puidemos realizar unha introdución aos tipos de entidades que forman parte do sector público e aos aspectos esenciais da contratación e licitación pública de proxectos, servizos e espectáculos culturais. Neste sentido, partimos dunha análise moi sintética do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP): Real Decreto Lexislativo 3/2011, a base que como xestores debemos coñecer para relacionarnos ou traballar na administración.

Fíxose mención2015 02 20 - Paulo Rodríguez tamén á obriga que as empresas e outras formas xurídicas, non os autónomos, teñen dende o 15 de xaneiro de 2015 de presentar exclusivamente factura electrónica.

Continuamos coa tipoloxía de contratos administrativos e os elementos esenciais dos contratos. Foi interesante coñecer algúns aspectos máis prácticos, como por exemplo a confidencialidade que a administración debe salvagardar nas ofertas que recibe e nos importes de cachés artísticos negociados, ou o feito de que un contrato verbal ten validez legal no sector privado pero non cun cargo político ou representante da administración pública.

As alianzas entre sector público e privado ocuparon o seguinte tramo da aula, comentando as distintas opcións para formalizar esta cooperación e tamén as dificultades normativas para adoptar novas prácticas neste eido.

Paulo aproveitou para complementar a explicación realizada nunha sesión anterior por Natalia Balseiro sobre o interesante proxecto de mediación e programación expandida realizado en TRC DANZA 2014, aportando neste caso a perspectiva dende a administración.

Para rematar, coñecemos algunhas claves a ter en conta nunha negociación directa con administracións e espazos de xestión pública, especialmente no referido ás canles de entrada, formato e contido de dossieres informativos, canles de comunicación, tempos e persoas a contactar.

Vermú con… Roberto Gómez de la Iglesia

En colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, iniciamos unha serie de encontros informais con docentes foráneos que participan da nosa iniciativa formativa.

roberto-gomezA idea é establecer un punto de encontro, sen periodicidade fixa, pero que nos permita compartir un vermú/café entre profesionais, estudantes e coa participación de persoalidades de referencia para a nosa profesión, superando o formato de charla unidireccional.

A primeira cita foi con Roberto Gómez de la Iglesia, consultor experto en cultura e innovación, especialista na colaboración entre os mundos da cultura e da empresa. Foi durante 25 anos conselleiro delegado do grupo Xabide, unha das empresas pioneiras na península ibérica en xestión cultural, así como coordinador do proxecto Disonancias. Actualmente é director de c2+i e de Conexiones improbables.

  • Cando e onde? Sábado 14 de febreiro de 2015 ás 12:00 na zona vella de Compostela (o local será comunicado ás persoas asistentes).
  • Como inscribirse? Escribindo ao correo do Curso: formacion@xestioncultural.com
  • Custe? De balde para asociad*s AGPXC.
  • Prazas limitadas

 

.

.

Roberto Gómez de la Iglesia: outras conexións entre cultura e empresa

O pasado venres puidemos gozar da exposición de Roberto Gómez de la Iglesia, economista e consultor cultural, director da empresa c2+i e coordinador do proxecto Conexiones Improbables.

Roberto comezou a clase debuxando un contexto actual incerto e neboento, onde cada vez é máis difícil planificar, o que nos obriga a dotarnos de estruturas (empresas, organizacións…) cada vez máis pequenas e lixeiras, e a diversificar riscos, traballando en proxectos moi diversos. Esta situación veu para quedarse e non mudará nin coa fin da crise económica.

O marco de referencia do mercado e das políticas culturais está composto por catro elementos: a oferta cultural, a demanda cultural, a xestión cultural e o financiamento cultural. Pois ben, na actualidade están a cambiar todos os elementos desta ecuación, a comezar polo modo de consumir cultura da poboación e polo tipo de patrocinios. As empresas patrocinadoras están a deixar de achegar cartos para proxectos culturais e comezan a ofertar directamente as súas actividades, nalgúns casos mesmo constituíndo as súas propias empresas culturais. Nesta situación, o noso rol para a ser o de provedor que deseñe proxectos a medida, en función dos intereses e preferencias do cliente. O patrocinio clásico cada vez ten menor relevancia. E polo tanto, debemos buscar novas formas de relación coas empresas.

2015 02 13 roberto gomez de la iglesia

En termos económicos, podemos diferenciar entre prezo, custe e valor. O valor é a percepción do cliente, aquilo polo que está disposto a pagar. Os axentes culturais tendemos a pensar que o valor dos nosos proxectos é moi elevado, pero o habitual é que pouca xente estea disposta a pagar por eles. Nesta tesitura imponse a necesidade de empaquetar e vender ben os nosos proxectos, de “poñelos en valor”. O que tamén implica que non debamos limitarnos a “captar recursos” para a cultura (visión pasiva) senón que precisemos “xerar novos recursos” para a cultura. E se precisamos xerar recursos, ter algo polo que nos paguen, entón debemos coñecer que valoran os clientes, as súas claves de asignación de valor. Ao fin e ao cabo, non vendemos proxectos, senón que vendemos utilidades, ou máis ao concreto, expectativas de utilidade.

Todo o anterior implica que debemos ser heterodoxos e traballar dun novo xeito, reinventármonos, facer as cousas dun modo distinto a como se viñeron facendo. O mundo da cultura debe resituar o seu rol na sociedade actual. O que os axentes culturais podemos aportar ás empresas, o coñecemento que dominamos e lles resulta útil, é o “valor de experiencia”, é dicir: crear significados, favorecer novos espazos de relación, emocionar e, en definitiva, xerar experiencias únicas e memorables. As persoas que traballamos en cultura e creatividade somos *s meirandes especialistas nesta materia.

Para detallar os múltiples campos de traballo en común entre os mundos da cultura e da empresa, Roberto mostrounos o “modelo da ferradura”, un gráfico onde se identifican 11 ámbitos posibles de relación comercial. En paralelo, explicou cales son as vías clásicas de financiamento da cultura, que como moito atinxen a dous dos ámbitos anteriores. Conclusión: quedan numerosas vías por explorar. Para ilustrar esta reflexión, citou un exemplo de fomento da lectura nunha empresa, como fórmula para estimular a innovación, o traballo en equipo, a internacionalización, etc.

A penúltima parte da clase estivo dedicada a explicar as claves do proxecto Conexiones Improbables, centrado na innovación a partir da colaboración entre organizacións e artistas ou pensador*s. Conexiones Improbables susténtase en dous principios: 1) Innovar nos modos de innovar; 2) Apostar pola diversidade para atopar solucións diferentes ante os retos de hoxe. A partir de aí, impulsa e tutela numerosos proxectos de interacción entre axentes culturais e tecido empresarial. Unha das súas últimas experiencias é a de AuzoLab, de colaboración entre artistas e veciñanza dun barrio, para resolver retos cidadáns.

E por último, remarcou algunha idea a respecto do patrocinio para que queden ben fixados os conceptos. Patrocinio é, para a empresa, unha técnica de comunicación baseada na xeración dunha mensaxe comercial indirecta. Nese sentido, para buscar patrocinio, debemos coñecer os valores da empresa á que queremos convencer, e buscar algún que coincida cos propios valores do noso proxecto, ou ben buscar onde coinciden os seus públicos cos nosos. Visto deste xeito, nós, como axentes culturais, somos unha plataforma de comunicación para a nosa empresa patrocinadora ou cliente.

 

Curso de Perfeccionamento en Marketing Cultural e Xestión de Públicos – Inscrición Aberta

 

Ata o vindeiro 4 de marzo de 2015 permanecerá aberto o prazo para solicitar praza no Curso de Perfeccionamento en Marketing Cultural e Xestión de Públicos da Universidade de Santiago de Compostela, cunha duración de 50 horas e que se desenvolverá do 13 de marzo ao 30 de maio de 2015. As prazas son limitadas.

 

Neste Curso realizaremos un achegamento ás ferramentas de comunicación, difusión e posicionamento dunha actividade ou marca cultural, tanto nos ámbitos mediático e sociocomunitario como na contorna dixital. O enfoque será eminentemente práctico, impartido por expertos universitarios e profesionais en activo e coñeceremos as novas canles e ferramentas para visibilizar e facer medrar os nosos proxectos culturais.

Os contidos están dirixidos a profesionais do sector cultural (traballadores de empresas e industrias culturais, técnicos de cultura das administracións, responsables asociativos, xerentes de eventos, autónomos, etc.) que queiran actualizar os seus coñecementos, así como a traballadores ou emprendedores doutros sectores que desexen formarse na xestión integral de proxectos.

Tamén poderán ser admitidos os licenciados e graduados universitarios, alumnado de últimos cursos e en xeral aquelas persoas con interese no mundo da cultura.

Non se precisa titulación universitaria previa para o acceso ao curso.

 

Información do Curso

Programa

  • 13-mar-15 Marco Teórico da Xestión Cultural. Marketing, RSC e valores culturais.
  • 27-mar-15 Marco Teórico da Xestión Cultural. Xestión de Públicos. Implicación territorial dos proxectos socioculturais.
  • 10-Abr-15 Marketing Cultural (I). Técnicas de Segmentación e Investigación de Mercados. Ferramentas para Plan de Públicos.
  • 17-Abr-15 Marketing Cultural (II). Deseño e xestión do Plan de Marketing Cultural. Plan de Públicos
  • 24-Abr-15 Comunicación cultural (I). Introdución.
  • 24-Abr-15 Comunicación cultural (II). Deseño e xestión dun Plan de Comunicación Cultural
  • 08-Mai-15 Innovación Social. Participación e empoderamento de públicos. Activación de procesos colectivos.
  • 15-Mai-15 A Contorna Dixital (I). Ferramentas e Estratexias. Marketing dixital e Social Media.
  • 22-Mai-15 A Contorna Dixital (II). Innovación e creación colectiva. Ferramentas dixitais para a creación horizontal. Público creador.
  • 29-Mai-15  A Contorna Dixital (III) Dinamización e divulgación cultural na rede
  • 30-Mai-15 (Sábado) Visita guiada a espazo cultural, mesa redonda e presentación (elevator pitch) ante profesionais expertos

Modalidade

Semipresencial:

  • Na aula (80%): clases e traballo en grupo.
  • Traballo persoal (20%): Desenvolvemento do proxecto final, con apoio telemático dos titores.

Emprazamento

Facultade de CC. Económicas e Empresariais, USC – Campus de Santiago de Compostela.

Horario

As aulas presenciais celebraranse todos os venres lectivos, de 16:30 a 20:30 horas.

A última sesión do módulo (30-maio-2015) celébrase en sábado, de 10:30 a 14:30 horas.

Idioma

Galego e Castelán.

Avaliación

A avaliación realizarase a través da formulación por parte do alumnado dun Plan de Marketing ou Plan de Comunicación Cultural.

Este proxecto desenvolverase seguindo a secuencia temática das aulas, contando ademáis coa titorización dos coordinadores do Curso e co apoio dos expertos e profesionais convidados.

A sesión de avaliación final realízase no marco dunha visita a un espazo cultural, onde se realizará unha breve presentación ante profesionais expertos en activo.

 

Equipo promotor

Isabel Neira

Isabel Neira

Directora Académica USC

Doutora en Ciencias Económicas e Profesora Titular de Economía Aplicada (Econometría) na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Investigadora en capital humano, capital social e emprendemento.

Actualmente é presidenta de AEDE (Asociación da Economía da Educación), membro do Consello Galego de Estadística, directora do equipo de investigación GEM-USC e directora do Curso de Experto en Coaching na USC.

Actúa tamén como asesora da ANECA (Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación) para a avaliación das TIC nas Universidades españolas e da ACSUG (Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia).

Marcos Lorenzo

Marcos Lorenzo

Contidos do Curso e Titorías

Economista e antropólogo, realizou estudos complementarios en xestión cultural, urbanismo e cooperación internacional.

Na actualidade é consultor independente e asesor da Cidade da Cultura de Galicia, onde recentemente dirixiu o I Encontro Internacional de Economía e Cultura, así como, entre outras actividades, o ciclo de cultura contemporánea NEXOS. Ao longo da súa traxectoria profesional foi responsable da política cultural do Concello de Ferrol, director da empresa de xestión cultural e-Burbulla S.A., xerente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, coordinador de proxectos europeos na Fundación Galicia Emigración e fundador da empresa social Cidadania S. Coop. Galega.

Autor de diversas investigacións e ensaios, imparte docencia en materias relacionadas coa xestión de proxectos, a creatividade e o desenvolvemento territorial.

Sergio Lago

Sergio Lago

Contidos do Curso e Titorías

Formado en Gráfica Publicitaria, dende 2003 ven participando na creación e dirección de proxectos no ámbito cultural galego. Ten traballado tamén en iniciativas do eido TIC, especialmente na implantación de estratexias dixitais, na creación e deseño de contidos web e no lanzamento de iniciativas de comercio electrónico.

En 2011 foi escollido como director de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, desenvolvendo xunto ao equipo de nócomún e ata maio de 2013, o proceso de reformulación estratéxica do modelo de feira, así como a organización integral do evento anual.

Actualmente colabora en diversos proxectos, entre eles a coordinación técnica e xestión de contidos na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

Profesionais e expert*s convidad*s

 

Héctor Pose

Héctor Pose

Profesor da UDC. Experto en Xestión Cultural.

Doutor en Psicopedagoxía e Profesor no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación na Universidade da Coruña.

Foi un dos máximos responsables do proxecto Interea, referencia da investigación e a publicación sobre xestión cultural en Galicia.

As súas liñas de investigación na actualidade lévanno a estudiar as políticas culturais locais, a relación entre cultura e cidade, os tempos escolares e tempos de ocio, así como a promoción da participación social municipal.

Ten publicado artigos en diversos libros e actas de Congresos e Xornadas sobre asociacionismo, animación teatral, xestión cultural, patrimonio, etc.

Beatriz Pereira

Beatriz Pereira

Responsable de Investigación Comercial en R e Consultora Asociada en iuni.

Licenciada en Psicoloxía pola USC e posgrao en Investigación, Comportamento do Consumidor, Investigación Comercial e Mercado.

Con máis de 14 anos traballando en investigación para sector privado e público, colaborou e asesorou a empresas e organismos como R Cable e Telecomunicacións de Galicia, Anova (Grupo O Correo Galego), Sondaxe (Grupo La Voz), Grupo de Investigación Psicom da USC, Xunta de Galicia, Centro Coreográfico Galego, Fundación Cidade da Cultura… entre outros. Socia fundadora de Ideara.

Beatriz Fontán

Beatriz Fontán

Freelance. Experta en marketing cultural.

Máster en Dirección Comercial e Marketing e Máster en Producción e Xestión Audiovisual. Educadora infantil. Especializada en marketing cultural.

Desenvolve a súa carreira nas áreas de comunicación, produción, xestión e mercadotecnia. Entre outras compañías ten traballado no Grupo Prisa, El Mundo e as produtoras galegas Filmax, Ficción Producións, Milú Films e Continental Producións, coordinando tamén o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela “Curtocircuito”. Durante os últimos anos colaborou estreitamente coa banda galega “Berrogüetto” asumindo as tarefas de management e contratación de xiras a nivel nacional e internacional.

Actualmente desenvolve temas de estratexia e comunicación efectiva para profesionais independentes e PEMES como consultora asociada de iuni consulting.

Luis Álvarez Pousa

Luis Álvarez Pousa

Profesor da USC. Director de Tempos Novos.

Profesor titular de Xornalismo Especializado na Facultade de Ciencias da Comunicación (Universidade de Santiago), imparte tamén aulas no Máster Universitario en Comunicación e Industrias Creativas da USC.

Exerceu como xornalista en La Voz de Galicia durante 23 anos, creando e dirixindo ata 1984 o seu primeiro Suplemento de Cultura. No grupo Voz foi coordinador xeral de Video Voz-TV e posteriormente de Multimedia Voz.

Fundador das revistas Teima e Tempos Novos, que dirixe na actualidade. É asimesmo membro do consello asesor do IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) e director do Observatorio Galego dos Medios (OM) do CPXG.

A principios dos 70 puxera en marcha e dirixiu as históricas Xornadas do Cine en Ourense. Entre 1983 e 1985 foi Director Xeral de Cultura, na Xunta de Galicia, creando entón o Centro Dramático Galego e o Arquivo da Imaxe.

Sonia Díaz

Sonia Díaz

Freelance en nócomún. Experta en comunicación cultural.

Licenciada en Xornalismo, cursou unha diplomatura en Estudos Culturais no Reino Unido, un doutoramento en Comunicación Audiovisual en Barcelona, un máster en Xestión Cultural en Chile e é asesora ICEX en Internacionalización Empresarial.

Colaborou coa Xunta de Galicia e coa AGE na organización e na difusión da presenza galega nas feiras internacionais do libro, foi asesora de comunicación de Ouvirmos e de Nordesía Producións entre outros. Actualmente deseña e executa as estratexias de comunicación de numerosos festivais, mercados e feiras de distintas disciplinas.

Aínda que centrada na asesoría estratéxica, tamén colabora esporadicamente como guionista audiovisual e como responsable de contidos de proxectos literarios, fotográficos ou expositivos.

Diego Parajó

Diego Parajó

Xerente de Xeneme Proxectos Sociais. Emprendedor social.

Diplomado en Educación Social. Experto en Xestión Cultural. Máster en xestión e comunicación da Responsabilidade Social Empresarial. Formado en desenvolvemento comunitario, coaching sistémico, project management e dirección de empresas.

Socio fundador e Xerente de Xeneme Proxectos Sociais desde 1998, na que desenvolve súa actividade como formador, asesor e project manager en servizos sociais, educativos e culturais.

Directivo de GALESED, patronal do sector de Lecer Educativo en Galicia. Socio e membro activo de AESGAL, asociación de sociedades laborais de Galicia.

Rubén Bastón

Rubén Bastón

Responsable de Marketing e Comunicación en Elogia.

Licenciado en Xornalismo, adícase de cheo ao marketing online desde 2007.

Actualmente é responsable de Marketing e Comunicación de Elogia, empresa de servizos online especializada en Marketing4eCommerce, con responsabilidade de servizo ao cliente na súa oficina de Vigo (Galicia e Noroeste de España). Director das áreas de Social Media (estratexia e xestión de campañas) e SEO (Search Engine Optimization).

Coordinador de equipos, ponente e profesor de Social Media e marketing online, tamén é un apaixoado do baile e da música tradicional galega.

María Yáñez

María Yáñez

Especialista en contidos dixitais e en distribución e promoción audiovisual en internet.

Licenciada en Xornalismo e Máster en Estudos Culturais e Literarios, leva máis de 15 anos traballando en cine, televisión e internet, e explorando as interseccións entre estes medios.

É socia e co-fundadora de A Navalla Suíza, empresa de comunicación dixital, e co-editora de EMBED.at, publicación en torno ao audiovisual integrado. Traballa de xeito independente como profesora de novas narrativas dixitais (MPXA, ESCAC, UNIA…) e tamén deseñando e executando estratexias de contidos dixitais e comunicación online para distintos proxectos relacionados co audiovisual.

O seu último proxecto é Screenly, unha plataforma de distribución de cine en salas baixo demanda, de ámbito estatal e de próximo lanzamento.

Manuel Gago

Manuel Gago

Profesor na USC. Director de culturagalega.org

Profesor asociado no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, impartindo materias como Arquitectura da Información e Teoría dos Cibermedios. Ao mesmo tempo, é director de culturagalega.org, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega.

As súas liñas de investigación tratan sobre redes sociais, deseño interactivo de cibermedios e divulgación científica en novos formatos interactivos.

É experto en deseño e desenvolvemento de medios dixitais e en comunicación multimedia sobre patrimonio cultural, gastronomía e ciencia .

 

(*)

Debido á extensión do curso, a nómina de docentes poderá verse modificada. Ditas modificacións non alterarán en ningún caso a súa excelencia curricular.

Ao finalizar a túa formación contarás coas ferramentas precisas para deseñar, planificar e coordinar proxectos culturais dun xeito integral.

 

A edición e comercialización de produtos culturais con Marcos López

Marcos López, responsable da Área Audiovisual de OQO editora, OQO filmes, foi o noso docente convidado o pasado venres 6 de febreiro. Dentro das distintas liñas de financiamento cultural que estamos a revisar neste 2º trimestre, a súa aula permitiunos coñecer as claves da edición e comercialización de produtos culturais, especialmente os editoriais e audiovisuais. Tamén puidemos achegarnos a diversos proxectos culturais de alfabetización audiovisual e animación á lectura que naceron a partir de albumes ilustrados, o produto referencial de OQO.

Comezamos a sesión repasando a evolución e características das industrias culturais e creativas, termos que Marcos defendeu en base á súa relevante importancia estratéxica dentro das economías e territorios máis desenvolvidos. Nesta economía da creatividade, a materia prima principal serían as ideas, polo que as creadoras e creadores deberan contar cunha especial protección. Tamén resultaría esencial realizar un esforzo maior na identificación das características e demandas dos públicos.

No seguinte tramo os protagonistas foron os dereitos de autor, tanto os morais como, especialmente, os patrimoniais ou de explotación, que son a base sobre a que traballa na edición de produtos culturais. Revisamos as implicacións de ser autor, as distintas figuras que poden ser titulares de dereitos, así como unha panorámica das principais entidades de xestión segundo o tipo de dereitos cos que operemos:

Entidades de xestiónEntidades de xestiónEntidades de xestión

Nunha sesión especialmente participativa, suscitou un gran debate o eido da comercialización dixital de produtos culturais e derivados. Marcos comentou as dificultades coas que se están a atopar nun mercado aínda incipiente para o álbum ilustrado, aínda que tamén remarcou a oportunidade que se abre no terreo educativo, tanto no sistema formal comcocorico oqoo na educación non formal. Segundo el, a través do álbum ilustrado pódese tratar case calquera tema e supón unha ferramenta moi empregada polo profesorado.

Falando xa da traxectoria de OQO editora coñecemos como, dende Pontevedra, crearon un espazo de creación con vocación internacional a través da produción propia en distintas linguas, traballando con autor*s, ilustrador*s e animador*s de todo o mundo e buscando sempre unha ampla diversidade de sensibilidades artísticas.

Para eles, un álbum ilustrado é unha forma de expresión característica, que supón sempre unha significación combinada entre texto e imaxe. A diferencia dun libro con ilustracións, no caso do álbum o texto non tería sentido de xeito independente.

No paso á produción audiovisual, escolleron a técnica de stop-motion para todos os seus proxectos porque consideran que é a que mellor recolle o espírito dos albumes. A súa intención foi sempre desenvolver proxectos tomando un álbum como punto de partida e cun equipo de animación propio, creando unha estrutura de produción constante e áxil, un dos principais retos que tiveron que afrontar en OQO filmes.

 

Claves audiovisualClaves audiovisual

 

Analizando o financiamento de producións audiovisuais falamos das liñas públicas e da necesidade de contar co apoio dunha canle de TV e dunha distribuidora audiovisual, cuestións moitas veces entrecruzadas. Tamén fixo fincapé na necesidade de contar cun plan de protección da propiedade intelectual e industrial de acordo cos produtos e mercados previstos, o que nos permitirá diversificar e internacionalizarse con maior seguridade xurídica.

Xa cara ao final da sesión, unha estratexia de 360º partindo dun produto que xa funcione contará con maiores posibilidades de éxito que intentar lanzar varias liñas de produto dende cero. No caso de non contar con esa referencia previa, recomenda comezar polo lanzamento inicial dun produto editorial, con menores custes de produción, para testear a resposta do público.

Rematamos a aula coñecendo distintos proxectos culturais como Cociña de contos, Nós tamén creamos ou Contos no Camiño, entre moitos outros que OQO desenvolve arredor do mundo.

 

.

.