Presentando os proxectos e despedindo o primeiro trimestre

Coas sesións do venres, 19 e sábado 20 de decembro, demos por concluído o primeiro dos módulos do Curso, o dedicado ao deseño e xestión de proxectos culturais.

Ambas sesións foron ben esixentes. O propio venres, na aula da Facultade de Económicas, os equipos expuxeron os seus proxectos para sometelos ao contraste avaliador do resto de compañeir*s. Mediante un sistema de anotacións en post-it cada equipo recibiu os comentarios, dúbidas e críticas que suscitaron as súas presentacións, dispoñendo así dun valioso feedback co que perfilar mellor as súas propostas cara o sábado. A sesión foi intensa: en ocasións os nervios afloraron, noutras a aula aplaudiu emocionada, e todo baixo a mirada atenta e escrutadora das cámaras de Andrea e Damián, soci*s da empresa miramemira encargada de realizar un vídeo sobre o Curso.

Coas impresións recibidas, os equipos traballaron arreo de noite para afinar mellor (ou remozar completamente) as súas presentacións.

2014 12 20  -museopobogalegoAo día seguinte quedamos ás 10:30 AM para realizar unha visita guiada ao Museo do Pobo Galego e coñecer un pouco máis a fondo o seu modelo de xestión. Ás 11:30 horas trasladámonos ao espazo cultural autoxestionado da Gentalha do Pichel, onde se realizaron as presentacións dos proxectos diante de tres sinalados profesionais da xestión cultural: Encarna Lago, xerente da Rede de Museos Provinciais de Lugo, Alberto García, politólogo e técnico de cultura do Concello de Boiro, e Julio Gómez, codirector de Sinsal Audio e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Os tres deron boa réplica e bos consellos aos proxectos presentados e ficaron gratamente sorprendidos polo traballo feito neste trimestre.

E finalmente desprazámonos ao restaurante O Dezaseis, onde concluímos a xornada e o primeiro módulo cun xantar de confraternidade no que puidemos relaxarnos e poñer a guinda gastronómica a tres meses intensos e vibrantes que nos puxeron a proba.

A nosa vindeira cita será o 9 de xaneiro, data final de entrega dos (ante)proxectos do módulo I e arranque do módulo II (Financiamento de proxectos culturais). O encargado de abrir ese segundo módulo será Pau Rausell, un dos meirandes especialista peninsulares en Economía da Cultura.

Que non decaia!

2 replies

Trackbacks & Pingbacks

  1. […] alumnado estivo a deseñar varios proxectos dende cero, co apoio dos titores do Curso. Despois de defender en decembro unha primeira proposta ante docentes e expert*s en activo, durante este 2015 definiron unha estratexia de financiamento para facelos viables, contrastaron a […]

  2. […] do alumnado está a deseñar catro proxectos dende cero, co apoio dos titores do Curso. Despois de defender en decembro unha primeira proposta ante docentes e expert*s en activo, durante este comezo de 2015, definiron unha estratexia de financiamento para facelos […]

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*