USC Xestión Cultural
  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Inicio
  • Blog do Curso
  • Publicacións
  • Obxectivos
  • Destinatarios
  • Programa
  • Equipo Docente
  • Entidades Colaboradoras
  • Información e Matrícula
  • Search
  • Menu Menu

En Galicia non abunda a reflexión escrita sobre os métodos de traballo no eido cultural. Agás o lembrado oasis do proxecto Interea, apenas houbo espazos articulados de investigación e divulgación en xestión cultural, fose no ámbito público, privado ou social.

Unha das apostas do Curso dende o inicio foi o noso blog colaborativo, no que están dispoñibles en aberto os resumos de todas as sesións celebradas nestas cinco edicións, tamén das iniciativas en paralelo, como mesas redondas e visitas profesionais. Ademais, compilamos unha extensa selección bibliográfica na xestión cultural.

2019-portada-publicacionCEUXC

Co gallo da 5ª edición do Curso, promovemos “A xestión cultural en Galicia. Unha visión panorámica e actual”. Un total de trece textos, realizados por profesionais en activo, bos e boas coñecedoras dos seus respectivos ámbitos de traballo, nos que son referentes, cun obxectivo: abrir un espazo no que divulgar e compartir coñecementos sobre a xestión cultural en Galicia e no que debater sobre os retos e as potencialidades da cultura galega.

Edición, audiovisual, artes plásticas, música, políticas públicas, acceso a financiamento, comunicación e públicos, cultura dixital… son só algunhas das áreas temáticas e das perspectivas de análise que nos permiten trazar un mosaico global sobre a actualidade da cultura de nós.

O volume colectivo publicouse -un artigo por semana- no xornal dixital Praza.

Esta primeira difusión dixital completouse coa publicación do conxunto de todas as achegas nun libro editado por Andavira.

  • Onde podes atopar a publicación?

    Podes solicitar un exemplar de “A xestión cultural en Galicia” na túa libraría ou tenda en liña de confianza.

    Se non o teñen nese momento na tenda e para facilitar a súa localización, podes indicar o seu ISBN 978-84-8408-880-6 ou simplemente que está distribuído en Galicia a través de Arnoia.

    Tamén podes atopalo nas seguintes librarías, que acolleron presentacións do libro e nestas tendas en liña:

  • Librarías

    • Libraría Couceiro (Santiago de Compostela)
    • Libraría Berbiriana (A Coruña)
    • Libraría Paz (Pontevedra)
    • Libraría Trama (Lugo)
    • Libraría Eixo (Ourense)
    • Librouro (Vigo)
  • Tendas en liña

    • Imos Ver
    • Amazon
    • Librerías Nobel
  • Opcións gratuítas

    • A publicación pode atoparse en bibliotecas públicas galegas.
    • Tamén habilitamos a súa descarga en formato pdf.
    • E está dispoñible en academia.edu.

Que -e a quen- podedes ler en A Xestión Cultural en Galicia?

De Malraux á cultura cidadá, unha viaxe no tempo que nos leva de novo ao inicio, de Alberto García (técnico de cultura no concello de Boiro e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural)  abriu a serie de contidos difundidos a través de Praza o pasado 30 de novembro, ao fío da presentación no Culturgal desta iniciativa, seguida, o sábado seguinte, de Galicia, destino musical. Programar música en Galicia: desafíos e tendencias, de Marián Fernández (socia de O Cable Inglés e organizadora dos Premios Martín Códax da Música).

Ademais deles dous, participan na publicación o economista e consultor cultural Marcos Lorenzo, que fala sobre as políticas culturais en Galicia; o tamén politólogo e emprendedor cultural Uxío Novo, que describe as diferentes canles de acceso a financiamento para proxectos culturais; o xornalista Manuel Gago, director do portal culturagalega.gal, quen apunta á necesidade de dotármonos de relatos atractivos para activar o triángulo patrimonio – turismo – desenvolvemento. Ou Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, que defende a reformulación dos museos desde a diversidade, a igualdade e maiores cotas de participación social; e a xornalista e experta en comunicación cultural Sonia Díaz, que aborda a necesidade dunha reflexión sobre os públicos dos proxectos culturais desde a súa propia experiencia profesional.

A Xestión Cultural en Galicia tamén ofrece unha análise dos diferentes sectores. Coma as artes escénicas en Galicia, con Paulo Rodríguez, director do teatro Rosalía de Castro; ou do mundo editorial trala crise, con Henrique Alvarellos, xornalista e vicepresidente da Asociación Galega de Editoras. Non faltan tampouco nesta análise as artes plásticas, coa xestora cultural e comisaria de arte Paula Cabaleiro; e o audiovisual, da man da xornalista cultural e produtora de contidos Andrea Villa. Sen esquecer a cultura dixital, coa súa realidade presente e os seus retos, descritos pola xornalista especializada en contidos dixitais María Yáñez. Completa a lista de achegas o xestor e consultor cultural Sergio Lago, que traza unha panorámica sobre o contexto laboral e profesional da xestión cultural en Galicia.

Podes ler en Praza a maioría dos artigos da publicación accedendo desde aquí

A Xestión Cultural en Galicia
Followon TwitterSubscribeto RSS Feed

Blog do Curso

  • Retos transversais na xestión cultural: inclusión e accesibilidade, xénero, sostibilidade. Con Encarna Lago e Ángeles Miguélez18/12/2020 - 19:12
  • Presentación e contraste dos anteproxectos do alumnado18/12/2020 - 19:11
  • Traballo en equipo e técnicas de presentación de proxectos. Con Juan José Romero17/12/2020 - 18:47
  • Marketing cultural e xestión de públicos. Con Beatriz Fontán11/12/2020 - 14:09
  • Os públicos da cultura. Con Jaume Colomer04/12/2020 - 10:49

Suscríbete ao noso boletín

CONTACTO: usc[@]xestioncultural.com | Tlf. USC +34 881811547 |||||||||||||| deseño do sitio web por BenCuriosa
  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
Scroll to top