Posgrao da USC en Xestión e Innovación Cultural para a práctica profesional
O programa formativo en Xestión e Innovación Cultural da USC cumpre 10 anos de traxectoria ofrecendo unha experiencia de aprendizaxe adaptada ás características do sector cultural galego e ás necesidades formativas das súas profesionais.
A súa orientación é eminentemente aplicada, primando os casos prácticos a explorar na aula, ademais do contacto directo con profesionais de prestixio e coas institucións do sector. Este enfoque susténtase no principio de “aprender facendo” e pretende estimular as destrezas do alumnado, así como incrementar as súas capacidades útiles para o desempeño laboral. O obxectivo último é lograr que as asistentes poidan deseñar, planificar, coordinar e, en definitiva, xestionar proxectos culturais dun xeito integral.
O programa formativo incorpora tamén unha notable carga de innovación nos seus contidos, mostrando as novas tendencias no sector, así como experiencias inspiradoras da man de profesionais e entidades que están a desenvolvelas na práctica.
OS OBXECTIVOS
O ITINERARIO
MÓDULO 1
Análise e planificación estratéxica no sector cultural e creativo
A acción e xestión cultural contemporánea desenvólvese en ecosistemas cada vez máis complexos. É por isto que as xestoras/es culturais e responsables de políticas culturais precisamos dotarnos de metodoloxías e ferramentas actualizadas para planificar estratéxicamente liñas de traballo con maior garantía de éxito e impacto social.
MÓDULO 2
Deseño e xestión de proxectos culturais
Como transformar unha idea nun proxecto cultural viable que poña ás persoas no centro? Neste programa formativo prendemos a manexar ferramentas de planificación, produción, sustentabilidade, xestión orzamentaria, dereito cultural, marco legal e avaliación integral. Compartiremos a experiencia do equipo docente para desenvolver os nosos proxectos grupais ao longo do curso.
MÓDULO 2
MÓDULO 3
Mediación, comunidades e comunicación cultural
O programa formativo achegaranos a fórmulas de mediación coas comunidades máis próximas nos territorios onde intervimos, permitindo transformar audiencias pasivas en participantes activas e implicadas cos nosos proxectos. Dun xeito máis inclusivo e permitindo conectarnos con outros axentes, tanto doutros territorios como doutros sectores.
O PROGRAMA FORMATIVO DETALLADO
Módulo 1: Análise e planificación estratéxica no sector cultural e creativo
Outubro
04/10/24 | Presentación do Curso. Con Isabel Neira e Sergio Lago.
Marco profesional da xestión cultural (I). Políticas culturais: perspectiva histórica internacional e contexto galego. Marcos Lorenzo (investigador, consultor e xestor cultural).
11/10/24 | Marco profesional da xestión cultural (II). Cultura para a transformación social. Os Dereitos Culturais. Timanfaya Custodio e Alberto García.
(xoves) 17/10/24 | Marco profesional da xestión cultural (III). Acción cultural pública e equipamentos. Fran Núñez (Responsable de coordinación do departamento de Producción Teatral de AGADIC e director do Centro Dramático Galego (CDG).
Marco profesional da xestión cultural (IV). Traballar en cultura: retos no sector público e privado galego. Carlos Lorenzo (Técnico de Cultura de Carral e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural) e Emi Candal Bouzas (Urdime | Coordinadora da sectorial de cultura de EspazoCoop, asociación de cooperativas de Galicia).
18/10/24 | Marco profesional da xestión cultural (V). O perfil profesional e formas xurídicas na xestión cultural galega. Sergio Lago.
Análise e planificación estratéxica (I). Plan de traballo do Curso. Equipo de titorización.
25/10/24 | Análise e planificación estratéxica (II). Diagnose no ámbito cultural e creativo. Metodoloxías e técnicas de análise. Sergio Lago.
Novembro
/// 01 de novembro non hai sesión, por festivo ///
08/11/24 | Análise e planificación estratéxica (III). Proposta de valor, análise e segmentación de públicos culturais. Beatriz Fontán (Especialista en marketing cultural, xestión de públicos e patrocinio).
15/11/24 | Análise e planificación estratéxica (IV). Os públicos da cultura. Jaume Colomer (BissapLab)
(xoves) 21/11/24 | Análise e planificación estratéxica (V). Participación cultural e cidadanía. Montserrat Tort (Responsable del Observatorio de Datos Culturales y del Gabinete Técnico del Instituto de Cultura del Ayuntamiento de Barcelona -ICUB).
Marco profesional da xestión cultural (VI). A Cultura Comunitaria. Alberto García (Técnico de cultura de Boiro e ex-presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural).
22/11/24 | Marco profesional da xestión cultural (VII). A dimensión económica da cultura. Pau Rausell (Econcult, Universitat de Valencia).
29/11/24 | Marco profesional da xestión cultural (VIII). Ecosistemas culturais e creativos. Roberto Gómez de la Iglesia (Kultursistema, Conexiones Improbables, Hibridalab).
Decembro
/// (06 de decembro non hai sesión, por festivo) ///
13/12/24 | Análise e planificación estratéxica (VI). Financiamento cultural: Traballar desde/con/para unha entidade pública. Carme Casado (Responsable de Promoción Económica en CERSIA Empresa).
(xoves) 19/12/24 | Análise e planificación estratéxica (VII). Financiamento cultural: Estratexias de patrocinio público e privado. Beatriz Fontán (Especialista en marketing cultural, xestión de públicos e patrocinio).
Análise e planificación estratéxica (VIII). Financiamento cultural: Convocactorias, plataformas e redes estatais e europeas. Uxío Novoneyra (consultor de proxectos europeos).
20/12/24 | Análise e planificación estratéxica (IX). Presentación de traballos de diagnose.
Obxectivos específicos:
- Comprender a configuración actual do ecosistema cultural e creativo, tanto desde a acción e políticas públicas como na esfera privada, empresarial e sociocultural.
- Coñecer o marco profesional da xestión cultural, as diferentes formas xurídicas nas que se opera e os seus perfís especializados.
- Adquirir as ferramentas para realizar diagnoses de ecosistemas culturais, entidades -públicas e privadas- e equipamentos.
- Identificar e analizar as principais vías de financiamento para iniciativas culturais.
Módulo 2: Deseño e xestión de proxectos culturais
Xaneiro
10/01/25 | Estratexias e metodoloxías na xestión cultural (I). Planificación estratéxica, xestión situada e modelos de gobernanza na cultura. José Luis Pérez Pont (gerente del Consorci de Museus de la Comunitat Valenciana y director artístico del Centre del Carme Cultura Contemporània 2016-2023).
17/01/25 | Estratexias e metodoloxías na xestión cultural (II). Letras e oralidade. Soledad Felloza (Directora Festival Atlántica)
Estratexias e metodoloxías na xestión cultural (III). Audiovisual. Ana Estévez (Responsable DEAC e directora do MICE – Museo do Pobo Galego. Vicepresidenta de PROXECTA, Coordinadora Galega de Festivais de Cinema)
24/01/25 | Estratexias e metodoloxías na xestión cultural (IV). Música. Marcos Vázquez (Presidente Clubtura -Asociación galega de Salas de Concertos- e Responsable de proxectos en Esmerarte Industrias Creativas).
Estratexias e metodoloxías na xestión cultural (V). Artes Escénicas. Carmen Castro Pombo (Técnica de Cultura do Concello de Carballo e directora artística e coordinadora do FIOT (Festival Internacional Outono de Teatro).
xoves 30/01/25 | Estratexias e metodoloxías na xestión cultural (VI). Patrimonio. Manuel Gago (Director de culturagalega.gal, profesor na USC, divulgador, escritor e comisario de exposicións).
31/01/25 | Deseño de proxectos culturais (I). Técnicas de creatividade. Deseño centrado nas persoas. Diego Parajó (Socio fundador e xerente de XENEME Innovacion Social).
Febreiro
07/02/25 | Deseño de proxectos culturais (II). Das ideas ao proxecto. Estrutura e planificación dun proxecto cultural. Diego V. Meizoso (Xerente de Escena Galega -Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas-).
14/02/25 | Deseño de proxectos culturais (III). Produción cultural. Ángel Piñeiro (Bring The Noise).
21/02/25 | Deseño de proxectos culturais (IV). Xestión orzamentaria, financeira e laboral. Cristina R. Labandeira (O Cable Inglés).
(xoves) 27/02/25 | Deseño de proxectos culturais (IV). Plan de sustentabilidade integral. María Baqueiro (Coordinadora do Pacto por unha Cultura Sustentable).
28/02/25 | Deseño de proxectos culturais (V). Dereito da Cultura. Marco legal aplicado á xestión cultural. Marta Suárez-Mansilla (Avogada especializada en Dereito da Cultura e xestora cultural).
Marzo
07/03/25 | Deseño de proxectos culturais (V). Avaliación. Eloisa Pérez Santos (Universidad Complutense de Madrid).
Obxectivos específicos:
- Coñecer diferentes estratexias e metodoloxías de traballo práctico no sector cultural.
- Identificar as singularidades na programación de contidos das diferentes disciplinas creativas.
- Adquirir as ferramentas para deseñar, xestionar e avaliar proxectos e programas culturais.
- Aproximarse a necesidades e perfís máis técnicos da xestión cultural: produción, xestión económica, plans de sustentabilidade e dereito cultural.
Módulo 3: Mediación, comunidades e comunicación cultural
Marzo
14/03/25 | Mediación cultural e comunidades (I). Organizacións culturais con todas as persoas. Encarna Lago (Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo) e Ángeles Miguélez (Educadora na Rede Museística Provincial de Lugo).
21/03/25 | Mediación cultural e comunidades (II). Conectando cultura con educación, benestar e saúde. Roser Sanjuan (Responsable de Programas Públicos del Centre d’Art la Panera (Lleida).
(xoves) 27/03/25 | Mediación cultural e comunidades (III). Equipamentos e profesionais de proximidade: Os centros socioculturais e cívicos.
Mediación cultural e comunidades (IV). Equipamentos e profesionais de proximidade: As bibliotecas. Mar García (Mar García (Bibliotecaria e responsable de programación en biblioteca pública).
28/03/25 | Mediación cultural e comunidades (V). Activación de espazos de mediación coa comunidade. Claves prácticas, redes de traballo e de financiamento. Fran Quiroga (Investigador transdisciplinar e coordinador de Concomitentes).
Abril
04/04/25 | Mediación cultural e comunidades (VI). Estratexias territoriais e programas internacionais.
(xoves) 10/04/25 | Comunicación cultural e estratexia dixital (I). Estratexia dixital para organizacións culturais. Conxa Rodá (Co-directora do curso Estratexia Dixital en Organizacións Culturais | Museo Nacional de Arte de Cataluña – UOC).
11/04/25 | Comunicación cultural e estratexia dixital (II). Plan de comunicación cultural. Sonia Díaz.
/// 18 de abril non hai sesión, por festivo ///
(xoves) 24/04/25 | Comunicación cultural e estratexia dixital (III). Claves e tendencias na comunicación de proxectos culturais. A perspectiva das axencias. Marián Fernández (O Cable Inglés) e convidada por confirmar.
Comunicación cultural e estratexia dixital (IV). Claves e tendencias na comunicación de proxectos culturais. A perspectiva dos medios. Belén López (Diario de Pontevedra) e convidado por confirmar.
25/04/25 | Comunicación cultural e estratexia dixital (V). Marketing dixital. Marisa Del Río (Directora do Mestrado en Marketing Dixital da USC) e José Ramón Porto (Coordinador do Mestrado en Marketing Dixital da USC / Director Xeral en Pe-marketing)
Maio
/// (02 de maio non hai sesión, por ponte) ///
(xoves) 08/05/24 | Comunicación cultural e estratexia dixital (VI). Avaliación e análise de datos para a toma de decisións en cultura. Andreu Garrido (Teknecultura e ex-presidente da Associació de Professionals de la Gestió Cultural de Catalunya)
09/05/25 | Comunicación cultural e estratexia dixital (VII). Comunicación dixital, comunidades e redes. Clara Merín (especialista en comunicación e marketing dixital para entidades culturais).
16/05/25 | Comunicación cultural e estratexia dixital (VIII). Presentación de traballos.
Obxectivos específicos:
- Coñecer estratexias e metodoloxías de mediación cultural situada, con impacto social no territorio, para construír comunidades.
- Adquirir as ferramentas para deseñar e implementar un plan de comunicación cultural.
- Incorporar unha visión integral da estratexia dixital nunha organización cultural.