FORMACIÓN PARA A PRÁCTICA PROFESIONAL
A orientación do Curso é eminentemente aplicada, primando os casos prácticos a realizar na aula, ademais do contacto directo con profesionais de prestixio e con institucións do sector. Este enfoque susténtase no principio de “aprender facendo”, e pretende estimular as destrezas do alumnado, así como incrementar as súas capacidades útiles para o desempeño laboral.
O Curso facilitará aos alumnos e alumnas que así o desexen a posibilidade de realizar prácticas en entidades e empresas culturais galegas de referencia, a realizar durante un tempo mínimo de 120 horas.
METODOLOXÍA
En canto ás ferramentas pedagóxicas, combinamos clases maxistrais con traballos en grupo na aula, visitas guiadas a centros culturais, mesas redondas con axentes do sector, algunhas sesións en liña e titorías personalizadas.
Estas titorías desenvólvense moitas veces a distancia, atendendo ás diferentes procedencias do noso alumnado. Para favorecer a práctica do traballo en equipo de maneira telemática, e para acompañar na titorización dos proxectos, incorporamos as mesmas canles e ferramentas colaborativas dixitais que as empregadas nun contexto profesional.
Ademais, no caso de ser necesario, estamos preparad*s para adaptar a docencia á contorna dixital e ao noso alumnado, de tal xeito que ninguén perda os contidos e propostas previstos no programa.
PROGRAMA DETALLADO
Materias e calendario de sesións 2022-23
07/10/22 | Presentación do Curso. Con Isabel Neira, Gonzalo Rodríguez, Marcos Lorenzo e Sergio Lago.
Marco profesional da xestión cultural (I). Políticas e acción cultural pública, unha perspectiva histórica dende Galicia. Con Marcos Lorenzo.| Marco profesional da xestión cultural (II). O perfil profesional na xestión cultural galega. Con Sergio Lago.
14/10/22 | O proxecto cultural (I). Plan de traballo do Curso. Con Sergio Lago, Diego V. Meizoso, Beatriz Fontán e Sonia Díaz. | A práctica profesional (I). Técnicas para o traballo en equipo e ferramentas colaborativas. Con Diego Parajó.
(xoves) 20/10/22 | Marco profesional da xestión cultural (III). Conversa aberta “Os marcos dende os que operamos en cultura, retos no sector público galego”. Con Encarna Lago (xerente da Rede Museística Provincial de Lugo) e Carlos Lorenzo (técnico de Cultura de Carral e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural) | Marco profesional da xestión cultural (IV). Unha perspectiva de cultura inclusiva. Con Ángeles Miguélez (educadora na Rede Museística Provincial de Lugo)
21/10/22 | Marco profesional da xestión cultural (V). Conversa aberta: “Dereitos culturais da cidadanía, novos marcos de referencia na xestión cultural”. Con Mª Camino Barcenilla Tirapu (Dirección general de Cultura-Institución Príncipe de Viana | Ley Foral de Derechos Culturales de Navarra) e Tony Murphy (Culturalink| Ley del Sistema Público de Canarias)
28/10/22 | Marco profesional da xestión cultural (VI). A dimensión económica da cultura. Con Pau Rausell (Econcult-Área de Investigación en Economía de la Cultura y Turismo, Universitat de Valencia)
04/11/22 | Marco profesional da xestión cultural (VIII). A dimensión sociocultural e transformadora da cultura. Con Alberto García ((Técnico de cultura de Boiro e ex-presidente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural).
11/11/22 | Marco profesional da xestión cultural (VII). Patrimonio, cultura e desenvolvemento territorial. Unha visión Europea. Con Cristina Farinha (Portugal).
18/11/22 | Marco profesional da xestión cultural (IX). Conversa aberta “Os marcos desde os que operamos en cultura, retos no sector privado galego“. Con Patricia Hermida (DotBeat | Presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais) e Emi Candal (Urdime | Coordinadora da sectorial de cultura de EspazoCoop). | Marco profesional da xestión cultural (X). Unha perspectiva de cultura sustentable. Con María Baqueiro (Coordinadora do Pacto por unha Cultura Sustentable)
25/11/22 | O proxecto cultural (III). Análise e xestión de públicos. A viaxe e experiencia de usuario. Con Beatriz Fontán.
(xoves) 01/12/22 | Marco profesional da xestión cultural (XI). Conversa aberta “A cultura no contexto dixital, unha perspectiva desde Galicia”: María Yáñez e Xulio Vázquez. | O proxecto cultural (II). Traballo en equipo titorizado. Con Sergio Lago e Diego V. Meizoso.
02/12/22 | Marco profesional da xestión cultural (XII). Os públicos da cultura. Con Jaume Colomer.
(xoves) 15/12/22 | Marco profesional da xestión cultural (XIII). Conversa aberta: Experiencias prácticas no traballo con públicos: diversidade, mocidade, adultos maiores e conexión interxeracional. Con María Lobo (Gingko) e Carmen Suárez (Fálame de San Sadurniño) | O proxecto cultural (IV). Traballo en equipo titorizado. Beatriz Fontán, Sergio Lago e Diego V. Meizoso.
16/12/22 | O proxecto cultural (V). Presentación e contraste de diagnoses ante titores e/ou responsables das entidades culturais.
13/01/23 | Marco profesional da xestión cultural (II). O perfil profesional na xestión cultural galega. Desde onde operamos. Con Sergio Lago | A práctica profesional (III). Técnicas de creatividade. deseño centrado nas persoas. Con Diego Parajó
20/01/23 | Financiamento cultural (I). Traballar desde/con/para unha entidade pública. Con Carme Casado (Responsable de Promoción Económica en CERSIA Empresa).
(xoves) 26/01/23 | Financiamento cultural (II). Conversa aberta: Estratexias comerciais desde o sector privado. Nacho Fungueiriño (Culturactiva) e Álvaro Pérez (Ainé Producións e presidente da Academia Galega do Audiovisual) | Financiamento cultural (III). Estratexia de financiamento dun proxecto cultural. A conexión co cliente e cos públicos. Con Beatriz Fontán
27/01/23 | A práctica profesional (II). Marco legal aplicado á xestión cultural. Dereitos de autor e retos do contexto dixital. Con Marta Suárez-Mansilla.
03/02/23 | O proxecto cultural (VI). Estrutura e planificación dun proxecto cultural. Con Diego V. Meizoso
10/02/23 | Mediación e programación cultural (I). Ecosistemas culturais, a perspectiva da ruralidade e da cultura comunitaria. Con Fran Quiroga.
17/02/23 | Mediación e programación cultural (II). Ecosistemas creativos, buscando conexións improbables. Con Roberto Gómez de la Iglesia.
(xoves) 23/02/23 | Mediación e programación cultural (III). A práctica artística e creativa. Con Caterina Varela e Clara Rodríguez Cordeiro (7H Coop) | O proxecto cultural (VII). Traballo en equipo titorizado. Con Sergio Lago e Diego V. Meizoso.
24/02/23 | Mediación e programación cultural (IV). Cooperación, comunidades e coñecemento en rede. Con Sofía Coca (Zemos98).
03/03/23 | Mediación e programación cultural (V). Artes Escénicas. Con Paulo Rodríguez (Director do Teatro Rosalía de Castro) | Mediación e programación cultural (VI). Letras e oralidade. Con Soledad Felloza (Directora Festival Atlántica).
10/03/23 | Mediación e programación cultural (VII). Audiovisual. Con Ana Estévez (MICE – Museo do Pobo Galego e vicepresidenta de PROXECTA) | Mediación e programación cultural (VIII). Música e espazos singulares. Con Belén Bermejo (Sirgotorcendo).
17/03/23 | Financiamento cultural (IV). Valoración dos recursos e deseño de orzamento. Xestión económica. Con Cristina R. Labandeira (O Cable Inglés).
(xoves) 23/03/23 | Produción Cultural (II). O eido expositivo. Con Agar Ledo (Museo de Pontevedra) e David Barro (Fundación DIDAC)| O proxecto cultural (VIII). Traballo en equipo titorizado. Con Sergio Lago e Diego V. Meizoso.
24/03/23 | Produción Cultural (I). Festivais e eventos. Con Ángel Piñeiro (Bring The Noise).
31/03/23 | O proxecto cultural (IX). Presentación e contraste INTERNO dos PROXECTOS. Con Sergio Lago, Diego V. Meizoso, Diego Parajó, Beatriz R. Fontán e Sonia Díaz.
14/04/23 | Comunicación cultural e estratexia dixital (I). Plan de comunicación cultural. Con Sonia Díaz
21/04/23 | Comunicación cultural e estratexia dixital (II). Estratexia dixital para organizacións culturais. Conxa Rodá (UOC)
(xoves) 27/04/23 | Comunicación cultural e estratexia dixital (III). Claves e tendencias na comunicación de proxectos culturais. A perspectiva das axencias. Con Andrea Villa e Lucía Pita. Moderada por Sonia Díaz | Comunicación cultural e estratexia dixital (IV). Claves e tendencias na comunicación de proxectos culturais. A perspectiva dos medios.
28/04/23 | Comunicación cultural e estratexia dixital (V). Avaliación e análise de datos para a toma de decisións en cultura. Con Andreu Garrido (Teknecultura, ex-presidente da Associació de Professionals de la Gestió Cultural de Catalunya)
05/05/23 | Comunicación cultural e estratexia dixital (VI). Estratexias para espazos e contidos dixitais na cultura. Con Lucía Calvo (Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona- CCCB)
12/05/23 | Comunicación cultural e estratexia dixital (VII). Comunicación dixital, comunidades e redes. Con Nacho Granero (La Cultura Social).
(xoves) 25/05/23 | O proxecto cultural (XI). Avaliación. Traballo en equipo titorizado.
26/05/23 | O proxecto cultural (XII) Presentación e contraste na aula dos proxectos finais do alumnado.
Emprazamento
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais – USC
Avda. Burgo das Nacións, s/n.
15782 Santiago de Compostela
Horario
As aulas presenciais celebraranse todos os venres lectivos e un xoves de cada mes, de 16:30 a 20:30 horas.
Idiomas
Galego e castelán, puntualmente poderán manexarse recursos en inglés e portugués.
Modalidade
Semipresencial:
- (48%): Clases e traballo en grupo na aula.
- (52%): Desenvolvemento en equipo de proxectos, con apoio telemático dos titores.
Avaliación
Realizarase a través da formulación por parte do alumnado dun proxecto de xestión cultural. Os proxectos desenvolveranse seguindo a secuencia temática das aulas, contando ademáis co asesoramento dos titores do Curso e co apoio de docentes e profesionais que nos visiten na aula. As sesións de avaliación inscribiranse no marco de presentacións ante profesionais en activo.