USC Xestión Cultural
  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Inicio
  • Blog do Curso
  • Publicacións
  • Obxectivos
  • Destinatarios
  • Programa
  • Equipo Docente
  • Entidades Colaboradoras
  • Información e Matrícula
  • Search
  • Menu Menu
  • ENTENDER, SENTIR, DESEÑAR, EXECUTAR, AVALIAR

Buscamos formar profesionais da nova acción cultural. Neste sentido, o Curso incorpora unha notable carga de innovación nos seus contidos, mostrando experiencias reveladoras e inspiradoras, ademais de pór o acento en dous dos piares da viabilidade futura das iniciativas culturais: as estratexias de financiamento e de comunicación.

Existe un consenso xeneralizado sobre a importancia da cultura no desenvolvemento das comunidades. A cultura é vía de medranza persoal, factor de cohesión social, soporte de identidade local e un activo económico de primeira orde. Así o recoñeceu a Unión Europea a través da Axenda de Lisboa e así consta no Libro Verde das Industrias Culturais e Creativas. En Galicia o sector cultural aporta, segundo os últimos datos contabilizados, arredor do 2% do PIB, con 35.000 empregos e máis de 6.600 empresas e unha facturación global que ascende a 2.700 millóns de euros. Esta importante realidade socioeconómica require de profesionais cualificados que, con rigor e visión, saiban afrontar os retos do presente.

Os principais obxectivos que se perseguen son:

  • Dotar ao alumnado dos coñecementos e destrezas precisas para concibir e coordinar un proxecto cultural na súa integridade, garantindo a súa viabilidade económica e impacto social.

  • Facilitar a transición do sistema cultural galego cara novos modelos sostibles, con maior énfase na captación de recursos, no uso das novas tecnoloxías, na cooperación con outros sectores económicos e na vinculación cos públicos finais.

  • Vincular ao alumnado con algúns d*s profesionais máis destacad*s da xestión cultural galega e peninsular e coas principais institucións culturais da Comunidade.

  • Estimular a capacidade do alumnado para xerar proxectos innovadores que respondan ás necesidades de colectivos e territorios.

Ao finalizar a túa formación contarás coas ferramentas precisas para deseñar, planificar e coordinar proxectos culturais dun xeito integral.

Reserva a túa praza!
Followon TwitterSubscribeto RSS Feed

Blog do Curso

  • Programación e mediación cultural: audiovisual, con Pela del Álamo, e letras, con Soledad Felloza28/01/2021 - 16:30
  • Programación e mediación cultural: artes escénicas, con Paulo Rodríguez, e música, con Belén Bermejo22/01/2021 - 13:43
  • Retos transversais na xestión cultural: inclusión e accesibilidade, xénero, sostibilidade. Con Encarna Lago e Ángeles Miguélez18/12/2020 - 19:12
  • Presentación e contraste dos anteproxectos do alumnado18/12/2020 - 19:11
  • Traballo en equipo e técnicas de presentación de proxectos. Con Juan José Romero17/12/2020 - 18:47

Suscríbete ao noso boletín

CONTACTO: usc[@]xestioncultural.com | Tlf. USC +34 881811547 |||||||||||||| deseño do sitio web por BenCuriosa
  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
Scroll to top