USC Xestión Cultural
  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Inicio
  • Blog do Curso
  • Publicacións
  • Obxectivos
  • Destinatarios
  • Programa
  • Equipo Docente
  • Entidades Colaboradoras
  • Información e Matrícula
  • Search
  • Menu Menu
  • A SEXTA EDICIÓN 2020-21 XA ESTÁ EN MARCHA!

Queres estar ao tanto de próximas convocatorias?

A 6ª edición do Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural 2020-21, titulación propia da USC incluída na súa oferta de Posgrao e Formación Continua, xa está en marcha.

Para recibir información sobre o Curso ou sobre vindeiras edicións, podes cubrir o pequeno formulario que atoparás a continuación e recibirás información puntual da apertura do proceso de preinscrición de próximas convocatorias.

Contacto

Para calquera consulta podes escribirnos a usc@xestioncultural.com

Información da edición 2020-21

Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural
(6ª Edición | Universidade de Santiago de Compostela)

Número de créditos: 30 (300 horas) | Duración cursos: 1
Data inicio: 02/10/2020  | Data oficial de finalización: 30/09/2021

Horario: As aulas presenciais celebraranse todos os venres lectivos e un xoves de cada mes, de 16:30 a 20:30 horas.
Información institucional USC sobre docencia presencial segura: Covid-19

Prazo aberto para envío de información previa á asignación de prazas: dende xuño 2020 na web do Curso.
Fin Preinscrición: 31/08/2020
Inicio Matrícula: 01/09/2020 | Fin Matrícula: 13/09/2020

A partir do 14/09/2020 poderase realizar a matrícula, pero só no caso de quedar vacantes dispoñibles

Existe un mínimo de alumnado para a realización do curso | Máximo alumnos: 30

Requisitos de acceso: Non se precisa titulación universitaria para o acceso ao curso, podendo acreditarse de xeito alternativo unha traxectoria profesional ou como activista no sector cultural e creativo.

Sistema de selección: Valoración de curriculum vitae. Entrevista persoal.

Prezo curso completo: 1.750,00 €, coa posibilidade de pago fraccionado sen xuros nin trámites adicionais:
# 1º prazo de 950,00 € coa matrícula, do 01/09/2020 ao 13/09/2020
# 2º prazo de 800,00 € do 20/11/2020 ao 20/12/2018

Non hai previstas bolsas nin descontos nesta 6ª edición.

Se actualmente es traballador/a por conta allea podes beneficiarte de posibles bonificacións á formación por parte da Seguridade Social e da FUNDAE. Isto inclúe tamén a posibilidade de valorar coa túa empresa un “Permiso Individual de Formación”.

Idiomas do curso: galego, castelán e ocasionalmente portugués. Puntualmente poderán manexarse recursos en inglés.

Modalidade: Semipresencial
(55%): Clases e traballo en grupo na aula.
(45%): Desenvolvemento en equipo de proxectos, con apoio telemático do equipo de titorización e uso de ferramentas colaborativas da contorna profesional.

Titorías: As titorías fixaranse persoalmente entre equipo de titorización e alumnado.

Procedemento de Avaliación: Realizarase a través da formulación por parte do alumnado dun proxecto de xestión cultural. Os proxectos desenvolveranse seguindo a secuencia temática das aulas, contando ademais co asesoramento do equipo de titorización do Curso e co apoio de docentes e profesionais que nos visiten na aula. As sesións de avaliación inscribiranse no marco de presentacións ante profesionais en activo.

Prácticas: Optativas, en institucións e empresas culturais de referencia a realizar durante un tempo mínimo de 120 horas e máximo de 350 horas. As prácticas poderán desenvolverse ata o 30/09/2021.

Para saber máis da normativa e procedemento xeral de matriculación na USC: admisións e matrículas

Ficha do Curso na web da USC: Curso de Formación Continua 2020-2021

Solicitude de títulos: As persoas matriculadas que superen a avaliación poderán en calquera momento solicitar a expedición do título e certificación das prácticas. As solicitudes deberán presentarse directamente á Sección de Terceiro Ciclo do Servizo de Xestión Académica da USC: http://www.usc.es/sxa/

Sede e enderezo do curso: Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. | 15782 Santiago de Compostela

Followon TwitterSubscribeto RSS Feed

Blog do Curso

  • Programación e mediación cultural: audiovisual, con Pela del Álamo, e letras, con Soledad Felloza28/01/2021 - 16:30
  • Programación e mediación cultural: artes escénicas, con Paulo Rodríguez, e música, con Belén Bermejo22/01/2021 - 13:43
  • Retos transversais na xestión cultural: inclusión e accesibilidade, xénero, sostibilidade. Con Encarna Lago e Ángeles Miguélez18/12/2020 - 19:12
  • Presentación e contraste dos anteproxectos do alumnado18/12/2020 - 19:11
  • Traballo en equipo e técnicas de presentación de proxectos. Con Juan José Romero17/12/2020 - 18:47

Suscríbete ao noso boletín

CONTACTO: usc[@]xestioncultural.com | Tlf. USC +34 881811547 |||||||||||||| deseño do sitio web por BenCuriosa
  • Twitter
  • Facebook
  • LinkedIn
Scroll to top