Unha pausa para coller impulso
Durante cinco edicións, o Curso de Expert* Universitari* en Xestión Cultural da USC, apostou por unha formación orientada á práctica profesional e baseada en dous principios: #aprenderfacendo y #aprendercompartindo.
Neste tempo, xerouse un espazo inédito de conexión profesional en Galicia polo que pasaron máis de 250 profesionais da xestión cultural, entre alumnado, docentes e colaboracións chegadas de moi diferentes entidades públicas e privadas; cunha clara perspectiva galega, pero sen esquecer as principais referencias estatais e tamén, cunha ligazón moi estreita coas nosas veciñas e veciños de Portugal.
Unha vez finalizadas as aulas do curso 2018-19, o equipo promotor do Curso decidiu realizar unha pausa nesta proposta formativa, debido principalmente aos seus diferentes compromisos profesionais nos vindeiros meses. O grao de esixencia que entendemos debe rexer unha formación de posgrao universitario require dunha adicación que no vindeiro ano académico non sería posible.
E a partir de agora?
Como indicamos, trátase inicialmente dunha pausa para o ano académico 2019-20. As persoas interesadas en recibir información de primeira man sobre vindeiras convocatorias ou sobre novas propostas formativas no eido da xestión cultural, podedes deixarnos o voso contacto neste sinxelo formulario.
Así mesmo, con máis de 150 profesionais titulad*s, dende o Curso manteremos activa unha bolsa de emprego para todas aquelas entidades públicas e privadas que busquen incorporar aos seus equipos profesionais con formación integral en xestión cultural. A diversidade de perfiles que acolleu o Curso inclúe persoas con formación en ciencias sociais, educación social, animación sociocultural, entre outras, ademais dun amplo abano de disciplinas artísticas, creativas e técnicas: música, escénicas, fotografía, audiovisual, deseño gráfico, produción técnica, etc… O xeito máis sinxelo de consultar as posibilidades desta bolsa de emprego é contactar a través do noso correo usc@xestioncultural.com.
O grupo promotor manterá as súas outras iniciativas docentes, divulgativas e investigadoras no eido da cultura, da creatividade e da innovación. Os xestores culturais Marcos Lorenzo y Sergio Lago a través da consultora cultural BenCuriosa e, no marco da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC que acolle o Curso, a profesora de economía aplicada Isabel Neira e o tamén profesor e experto en desenvolvemento local e innovación Gonzalo Rodríguez.
Coñecemento en aberto
Unha das apostas do Curso dende o inicio foi o noso blog colaborativo, no que están dispoñibles os resumos de todas as sesións celebradas nestas cinco edicións, tamén das iniciativas en paralelo, como mesas redondas e visitas profesionais.
Ademais, compilamos unha extensa selección bibliográfica na xestión cultural e promovemos a publicación “A xestión cultural en Galicia. Unha visión panorámica e actual”. Un total de trece textos de outros tantos profesionais e expert*s, que trazan unha panorámica sobre os retos e as potencialidades da cultura galega. O volume colectivo está dispoñible de xeito íntegro no xornal dixital Praza, completándose coa publicación en papel en xuño de 2019 na editorial Andavira.
Un punto e seguido
Finalmente, queremos agradecer a todas as persoas, alumnado, docentes e representantes institucionais a confianza, recoñecemento e agarimo que recibimos no equipo do Curso durante estes anos. Tamén, dun xeito especial, queremos dar as grazas, polas súas colaboracións imprescindibles, a Ruth Sousa, Diego Parajó, Sonia Díaz, Loli López e Nela Fraga.
E agora si, coa experiencia formativa do Curso condensada en cinco vídeos, un por cada edición, só nos queda por dicir… ata pronto!
(Tras esta pausa o Curso reanudou a súa actividade cunha sexta edición no ano 2020-21
e unha sétima convocatoria, actualmente activa, para o 2022-23)
Trackbacks y pingbacks
[…] Después de cinco intensos años, con más de 150 alumn*s formados en gestión cultural y con cerca de 100 docentes, expertos y colaboraciones llegadas de muy diferentes entidades públicas y privadas del ámbito ibérico, llegó el momento de parar para coger impulso, tal y como explicamos en la web del proyecto, a la que podéis acceder desde aquí. […]
[…] Logo de cinco intensos anos, con máis de 150 alumn*s formados en xestión cultural e con preto de 100 docentes, expertos e colaboracións chegadas de moi diferentes entidades públicas e privadas do ámbito ibérico, chegou o momento de parar para coller impulso, tal e como explicamos na web do proxecto, á que podedes acceder desde aquí. […]
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!