A práctica profesional: visita ao Auditorio de Galicia
Por Cecilia Prieto
El Auditorio de Galicia é un edificio deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos arredor do ano 1989. Encadrado no Programa Nacional de Auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura en colaboración con entidades privadas.
A visita comeza na entrada principal do propio edificio, alí nos agarda Xaquín López, actual director-xerente do Auditorio de Galicia e coñecido como Xocas. Profesional do sector da cultura -licenciado en Filoloxía Galega pola USC, músico, produtor- conta cunha longa experiencia en actividades relacionadas coa dirección e xestión de proxectos culturais.
Unha vez realizadas as presentacións oportunas, procedemos a comezar a visita guiada polas instalacións e iniciamos unha conversa grupal e un devagar paulatino polos diversos espazos. Sen dúbida, uns intres de reflexión conxunta para o alumnado do CEU Xestión Cultural 2018-19.
O espazo
O Auditorio de Galicia conta con catro salas dividas en dúas plantas que descorren ao longo da superficie total do edificio, na zona de Vite. O xerente apunta que no seu momento realízase nesa zona da cidade, coa finalidade de iniciar a transformación urbanística de dita área polas necesidades da mesma.
- Planta Baixa: Sala (1) – Issac Díaz Pardo
Iniciamos o noso percorrido na planta inferior do edificio. É un espazo de 1.000 m² de forma irregular destinado ás exposicións. O primeiro do que nos percatamos na nosa ollada é que estamos ante unha sala de exposicións baleira.
Xaquín explícanos que isto débese a que, a partires do vindeiro sábado 22 de decembro, cédese o espazo para o lecer das familias a través da súa Programación do Apego, onde se insiren actividades diversas, dende accións formativas para futuras nais/pais ou obradoiros de arrolo, clases pre-parto, concertos familiares, etc,… É dicir, unha proposta que permite o desenvolvemento de diversos obxectivos (potenciar o vínculo en lingua galega) ou establecer un fío sentimental co edificio, crear hábitos culturais dende as primeiras etapas da vida, que permita ser nun futuro parte do público adulto.
Tamén nos indican as liñas de traballo no espazo, o compromiso coa acción cultural galega-incluíndo propostas que permitan re visitar o noso pasado- a nova creación contemporánea, actividades e acción que permitan a converxencia ou a reflexión do artístico co social, especialmente non últimos 50 anos (propostas de banda deseñada, discos,..).
Sinala que estamos ante una sala de exposicións que ten unha reforma posterior, xa que inicialmente o edificio permitía a entrada da luz natural, pero iso limitaba as posibilidades expositivas, polo que modificáronse parcialmente as estruturas orixinais.
En dita sala, e inxerida dentro da programación anual do Auditorio de Galicia, artéllanse outras propostas coma:
- Exposicións: un mínimo de tres ao longo do ano, por exemplo no 2019 (dende febreiro-marzo realizarase unha escolma sobre deseño en Galicia e a edición do correspondente catálogo,…)
- Premios a novos artistas: Con carácter bianual, o premio acolle a obras de 40 creadoras que son seleccionadas de entre os centos de portafolios presentados. As obras forman parte da exposición e reciben tres galardóns.
- Proxectos Europeos: formando parte das 10 institucións europeas da creatividade e liderando un proxecto no marco europeo (con formación, visualización de novos artistas, etc.,…).
- Programa de Abono: de musica clásica, que permite o aceso aos concertos da Real Filharmónica de Galicia, todos os mércores e xoves cunha media de 800 asistentes e unha taxa de ocupación do 75%.
No tocante ao funcionamento xeral e xestión do Auditorio de Galicia, Xaquín sinala que actualmente funcionan como un organismo autónomo local dependente da Concellería de Cultura do Concello de Santiago, para os que programan e colaboran no 90% das actividades ou accións culturais ao longo de todo o ano en Compostela. Dispoñen de orzamento propio, unha estrutura máis pequena e, polo tanto, máis áxil formando unha parte relevante do ecosistema cultural da cidade.
Primeira Planta: Salas (3).
- Sala Mozart
Entramos na sala máis pequena, con capacidade para 260 espectadores destinada entre outras actividades a concertos, conferencias e ensaios teatrais. Como é unha sala independente pódese usar á vez que as outras salas. Actualmente, reside nela a Banda Municipal de Santiago de Compostela.
Sala Circular
Trátase dun espazo cálido e máis reducido, sendo a sala máis pequena. Ten capacidade para 50 persoas, está destinada á celebración de coloquios, conferencias de prensa ou presentacións. Alí afondamos sobre aspectos relevantes na xestión cultural relativos ao impacto da crise, as cuestións orzamentarias, a redución do apoio a Cultura a nivel local e no propio Auditorio de Galicia.
Trasladóusenos unhas ideas xenéricas sobre o modelo ideal de financiamento, así como os gastos en persoal e mantemento da programación e o propio edificio. Tamén fixemos mención á escaseza de convocatorias para persoal directivo en cultura e á planificación política a medio ou longo prazo.
- Sala Angel Brague
Seguidamente, achegámonos á sala principal do Auditorio. A parte máis ilustrativa da visita, xa que se trata dun espazo con capacidade para 1.002 espectadores acondicionado para acoller representacións teatrais, ballet e ópera, así como concertos de música sinfónica e para a organización de congresos. Dende 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia.
Finalmente, rematamos a conversa entre bambalinas sobre montaxes, espectáculos, a concha acústica tan analóxica que dispón o edificio e das dotacións doutras instalacións do país.
Trackbacks y pingbacks
[…] coñecéndoas desde dentro: desde o Consello da Cultura Galega , o Museo do Pobo Galego, o CGAC e o Auditorio de Galicia ata Culturgal, a cooperativa Urdime e a fundación […]
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!