Patrocinio e mecenado culturais. Con Sonia Díaz

Por Inés Vieites

Na sesión de hoxe Sonia Díaz ensinounos cómo realizar un dossier de patrocinio. Formada en periodismo, comunicación audiovisual  e xestión cultural, con experiencia na promoción internacional da cultura galega, estratexias de comunicación, mercados e feiras, asesoría estratéxica, guionista audiovisual e responsable de contidos de proxectos literarios, fotográficos ou expositivos, Sonia titorizará o noso plan de financiamento cos diferentes grupos de traballo.

A sesión dividiuse en dúas fases:

  • conceptos básicos e experiencia
  • dossier de patrocinio

 

Conceptos básicos

Repasamos ferramentas de marketing que xa nos soaban de sesiósn anteriores, como árketing Mix e as súas posteriores evolucións.

Falamos de comunicación e patrocinio, repasando outras ferramentas de comunicación e facendo distinción no nivel de retorno: fundraising, patrocinio, mecenado, RSC ou RSE e filantropía.

 

“É difícil recibir algo tanxible cando ofreces algo intanxible”

Actualmente as empresas buscan dar unha imaxe de compromiso social e cultural, buscan permanecer nas memorias dos seus públicos. Tamén foi mudando o que a marca busca mediante o patrocinio: antes demandaba un logo de un tamaño e nun lugar concreto e, cada vez máis, estamos a falar de construír conxuntamente, facer actividades propias cun relato coherente.

Seguimos coa definición de conceptos básicos claves: valores, públicos, visibilidade, custe e ROI (cuantificación de retorno ou rendibilidade).

É importante que realicemos un esquema de valores das nosas propostas, para que tódolos esforzos remen na mesma dirección á hora de preparar a nosa proposta de patrocinio. Sobre todo para buscar empresas que sexan coherentes co noso proxecto. Debemos de atopar un valor definido para atraer a un público concreto e non mudar os valores do proxecto por conseguir financiamento, perdendo a nosa esencia.

Sonia propúxonos unha estrutura de valores para encaixar as ideas que temos do noso proxecto, a modo de brainstorming:

  • Misión (curto plazo), visión (longo plazo) e valores
  • Definición básica: unha frase que explique o proxecto con linguaxe popular
  • Beneficio clave: o valor diferencial, aquelo que nos destaca e o que máis aporta ao público ao que nos diriximos
  • Atributos descriptivos
  • Beneficios funcionais
  • Beneficios emocionais
  • Beneficios proxectivos
  • Beneficios persoais
  • Esencia de marca: só os valores importantesIdentidade estendida: tódolos valores que foron aparecendo nos apartados anteriores, ordenados por orde de importancia

 

É aqui onde nos adentramos nos públicos. Non nos referimos só aos públicos que participarán das nosas actividades, senón a entidades que tamén poidan estar involucradas (concellos, empresas privadas que nos poidan patrocinar…. etc). Canto máis coñezamos os públicos, máis posibilidades teremos de conectar con eles e conseguir financiamento.

Para isto propúxonos unha actividade: definir aos nosos públicos (xeograficamente, socialmente, económicamente, culturalmente, idade, lingua e gustos) e coñecer a proximidade que teñen con nós. Son importantes tamén as referencias que teñamos, é dicir, se temos unha reunión cunha persoa determinada é tan importante coñecer á persoa como á entidade a que representa.

En canto a visibilidade é importante o grao, ordenado de menor a maior: publicidade compartida, roldas de prensa, comunicación mediada e presenza no evento. Temos que ter presente a achega que nos fai o patrocinador e a presenza que lle outorguemos no noso evento de forma equilibrada, aceptando as condicións que poidamos garantir.

Debemos controlar as propostas dos nosos eventos (custe), sistematizando as marcas e responsabilizando a alguén para que cada marca ocupe o lugar pactado segundo o seu grao de implicación; así como o tempo que empregamos (ROI, o beneficio/invertido)

 

O maior risco é que a relación non estea ben definida e que cada quen marche da reunión pensando que vai a recibir algo que nunca chegará”

Ao non ser algo definido por contrato, debemos de asegurarnos de deixalo todo ben definido e cuantificado. Así como darlle importancia as memorias ao finalizalo compromiso, para poder seguir contando co sponsor.

“A metáfora é moi difícil de cuantificar”

 

Dossier de patrocinio

Unha vez definidos os conceptos básicos poñémonos co dossier de patrocinio, cunha proposta de estrutura: que é o proxecto? equipo, públicos, como o facemos?, obxectivos, oferta e demanda, coidando o envoltorio e o contacto. Xunto con este dossier de patrocinio facilitaremos a carta de presentación, dirixida a unha persoa en concreto, relacionando os valores do noso proxecto cos da entidade, expoñendo a nosa proposta, solicitando a xuntanza e ofrecendo o noso contacto. Non nos recomenda enviar a carta e o dossier xunto, así como dependendo do destinatario ou as características do proxecto, substituir o dossier por algo máis creativo…, sempre confirmando os pasos dados por correo electrónico.

En resumo: INFORMAR, CONVENCER E EMOCIONAR.

Grazas Sonia!

Produción cultural: festivais e eventos. Con Xulio Cordeiro

Por Laura Villanueva

O pasado mércores 27 de febreiro recibimos no curso a Xulio Cordeiro, actual responsable de produción de eventos na Cidade da Cultura de Galicia, o cal conta cunha longuísima traxectoria adicada ao ámbito da produción técnica. Xulio foi o encargado de achegarnos todas as claves para saber en que consiste a produción dun festival ou dun gran evento. Para iso, adicamos esta última sesión a asentar as bases deste amplo e complexo proceso.

Durante a primeira parte da clase falamos sobre a pre-produción, momento clave no que facer a avaliación das necesidades do proxecto despois da toma de contacto co promotor. Aquí detectamos a información básica do evento, tendo en conta datos como lugar, data, aforo, se é gratuíto ou non, obxectivos, etc. Nesta fase inicial a localización é moi importante para saber como imos traballar no espazo. Analizalo e debuxalo é básico para evitar futuros problemas e vainos permitir saber que necesidades temos de accesos, valados, seguridade, servizos eléctricos ou persoal, entre outras. A isto hai que engadirlle as necesidades dos artistas, que nos proporcionan uns riders que podemos negociar.

 A continuación tratamos cada un dos apartados sobre os que temos que presentar atención. Son, iluminación, vídeo, backline, escenarios, tarimas, valos, rigging, servizos eléctricos (no que un bo electricista será o noso mellor aliado), maquinaria, camerinos, baños, duchas, cámping, barras, comunicacións, controles de acceso e sinaléctica. A pesares de ter que pasar moi por riba destas cuestións, Xulio proporcionounos numerosos consellos prácticos e moi valiosos para poder abordar calquera tipo de produción.

Xa na segunda parte da clase, e despois de avaliar todas as Xulio Cordeiro (1)necesidades do evento, centrámonos na elaboración do plan de produción. Este consiste en poñer en tempo todo o contemplado. Isto vai determinar realmente os custes, é dicir, o orzamento. Para facer a planificación cronolóxica debemos partir da data do evento cara atrás, calculando canto tempo nos vai levar cada tarefa. Durante esta etapa xérase múltiple documentación como follas de produción, de necesidades, de horarios de escenario, de ruta, etc.

Unha vez chegado a este punto, tendo listo o orzamento e a pre-produción, “só” queda unha cousa… poñelo todo en marcha. É aquí onde toca falar de permisos, seguros, plans de protección, seguridade, lexislación, e un longo etcétera. A produción será o momento de poñer a proba a nosa planificación. Se facemos unha intensa e correcta pre-produción estaremos mellor preparados para os posibles problemas que, de seguro, xurdirán. A capacidade de resolución é unha habilidade moi prezada!

Se algo quedou claro ao rematar o día é que a clase de Xulio é unha desas que deberían ser consideradas como imprescindibles para aquelas persoas que queiran levar a cabo calquera tipo de proxecto, xa que esta filosofía de traballo coida cada pequeno detalle dun importante abanico de tarefas. Unha actitude atenta, aberta e empática será determinante. Por este motivo, é aplicable a toda actividade que implique un mínimo de organización ou coordinación. E, como xestor*s, comprender a magnitude desta labor é fundamental.

Visita ao Consello da Cultura Galega. A práctica artística, con Patricia de Lorenzo, Belén Montero e Carlos Meixide.

Pechamos o mes de febreiro cunha visita ao Consello da Cultura Galega, para coñecer cal é a súa misión no tecido cultural galego e tamén para ter a ocasión de visitar as súas instalacións. Fixémolo da man da profesora de Literatura Galega da USC Dolores Vilavedra, que é a secretaria do CCG, e Manuel Gago, xornalista, escritor e divulgador cultural, director -entre outras moitas propostas-  de culturagalega.org.

Nesta visita aprendimos que o CCG é un órgano estatutario, 28-02-2019 CCG (5)propio de Galicia e que ten carácter asesor e consultivo. Os seus obxectivos son promover, difundir, asesorar e preservar os valores culturais do pobo galego. Ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, goza de total autonomía orgánica e funcional e actúa con independencia e obxectividade respecto dos poderes da comunidade autónoma e da súa Administración. O Pleno do Consello está formado por representantes de diferentes institucións culturais: academias, universidades, fundacións e centros de investigación especializados, e por profesionais dos diversos campos da cultura galega.

Que se fai no Consello da Cultura Galega? Pois en realidade, bastantes máis actividades que as que moita xente imaxina. Só hai que darse unha volta pola sección de eventos da súa páxina web! E inscribirse e participar neles ;)

 

Conversa aberta sobre práctica artística

A visita ao Consello da Cultura Galega completouse cunha conversa a tres bandas, moderada por Sergio Lago, un dos titores do Curso, que tivo como protagonistas á creadora audiovisual Belén Montero, á actriz Patricia de Lorenzo e ao escritor e editor Carlos Meixide.

O tema deste encontro era a práctica artística desde a perspectiva de tres creadores que, ademais, son xestores culturais. A conversa deunos un enfoque moi interesante de cousas a ter en conta, como xestor*s culturais, á hora de traballar con artistas, en canto a procesos, necesidades, carencias e prioridades que probablemente moit*s non coñeciamos.

Os tres compartiron con nós aspectos da súa experiencia relacionados coas vivencias persoais que os levaron a tomar a decisión de apostar pola creación como vía, non só de realización persoal, senón sobre todo profesional. Lonxe dos aspectos máis “románticos” das súas respectivas decisións, que tamén os hai, non tardaron en xurdir reflexións relacionadas coa precariedade, pero tamén sobre certa soidade e falta de alternativas máis alá da autoxestión. Como explicou Carlos Meixide, “se quero facer algo teño que facelo eu. Oxalá isto non fora así, porque hai modelos culturais nos que isto non é preciso, pero eu chegara a un punto no que quería estar orgulloso do meu traballo”.

Patricia de Lorenzo, integrante de Chévere Teatro, descubriu a súa vocación teatral con dezanove anos. Pouco despois tería a súa primeira -e recoñecida por ela mesma como negativa- experiencia empresarial. Hoxe non só crea e actúa na compañía, senón que leva o peso da administración. Di que é feliz co que fai e que vive dignamente do seu traballo, pero, aínda así, a súa experiencia ten partes negativas, seguramente comúns a outras moitas artistas e profesionais da cultura: “Hai tamén moito de auto-explotación. Eu, por exemplo, non me poño límites e iso pasa factura. Teño sorte, porque eu dedícome a algo moi bonito, pero hai que aprender a non explotarnos a nós mesmas”.

Belén Montero, pola súa banda, explicou que o mundo da empresa non lle era alleo, a pesar de que a súa formación se baseou no audiovisual, xa que de pequena axudaba coas contas ao seu pai. Pero se a túa empresa ten como eixo principal de traballo a arte, a cousa cambia bastante: “Non se contemplan honorarios de artista. Ti podes facerlle facturas a todo o mundo, pero para a artista non hai nada”. Belén coincidiu con Patricia na cuestión da auto-explotación: “O traballo artístico faise por unha necesidade, en realidade, e non sabes conciliar: atrápaste en ti mesmo, auto-explótaste”.

Ademais, a directora de Versogramas e secretaria da asociación de artistas de Galicia A Colectiva, apuntou unha carencia importante no eido de emprendemento artístico, e é que “a xente sae da facultade sen saber o que é unha factura ou un calendario de entregas. A xente descoñece o lado da empresa”.

 

As contas d@s artistas

“Non me podo permitir grandes luxos, pero sobrevivo”, di Carlos Meixide, que edita, autoedita e vende os seus libros de maneira directa: “convertinme -di- no vendedor do meu traballo”. Un traballo que reivindica como “oficio” fronte á “xenialidade” que, segundo explica, se valora de maneira excesiva.

“Pódese vivir do teatro? Pódese. Pero vexo precariedade e penso que hai unha certa perda do norte: moita xente sae da formación sen contacto coa realidade e hai poucas compañías solventes. Non estamos preparadas para acoller a tanta xente nova, porque non nos preocupamos por iso e é algo que debe cambiar”, explica Patricia de Lorenzo, que pon enriba da mesa outro tema: “Por que pides unha subvención? Unha subvención é o 20% do total, pero tes que xustificar todo, por tanto, tes que ter unha estrutura e un proxecto que permita abordalo todo. Desde esa perspectiva, convén pedila? Tes o preciso para facelo?”.

Aínda que a cuestión das subvencións, segundo Carlos Meixide, vai máis alá diso: “Moitas veces a subvención non é tanto unha cuestión de cantidade, senón do tipo de cultura que se quere promover. Ás veces, non é tanto axudar directamente como facilitar as cousas”.

Como vedes, a xornada deste xoves foi do máis completa: coñecimos por dentro unha das institucións culturais referentes do país e como é o traballo e a vida dalgunhas das nosas creadoras e xestoras culturais, que, como vedes neste pequeno resumo, nos deixaron unhas cantas cousas importantes sobre as que reflexionar.

 

 

Produción cultural no eido expositivo. Con Bea García

Por Guadalupe Lorenzo

Na sesión do pasado mércores 20, contamos no curso coa presenza de Beatriz García, que nos achegou algunhas das claves da producción cultural no eido expositivo. Con este fin, Bea explicounos cales son os pasos a dar á hora de facer unha exposición de principio a fin.

Comezamos a aula familiarizándonos co concepto de exposición, que é un proceso de comunicación e de mediación dos coñecementos. Unha vez tivemos claro este primeiro concepto, comezamos a coñecer os diferentes tipos de exposicións, que poden dividirse en dous tipos:

  • Exposicións de obxectos, nos que estes representan algo especial, co cal non é necesario mediar.
  • Exposicións de ideas, no que si se produce un proceso de mediación e de transmisión de conceptos. Dentro desta categoría, podemos atopar tres modelos diferentes:
    • Informativas, nas que o que se comunica son datos obxectivos
    • Pedagóxicas, nas que se empregan ideas que proveñen da educación formal, e que teñen coma fin a comprensión dos contidos
    • Exposicións relato, que para Bea constitúen as máis especiais, xa que obxectivo é contar unha historia a través da exposición, co fin de crear vínculos emocionais e invitar á reflexión.

Neste último caso, unha das recomendacións que nos deu Bea 2019 02 20 Bea García (1)foi tratar temas universais desde o coñecido, desde o local, xa que esta é a mellor vía para conectar co público. E esta foi unha das máximas da sesión, a implicación do público nas exposicións: “Mellor que facer exposicións para, comecemos a facer exposicións con”. Unha exposición na que participa o público ao que se destina ten un potencial incrible.

Logo de familiarizarnos cos tipos de exposicións, Bea explicounos tódolos pasos a seguir para levala a cabo, para o cal recalcou a importancia de facer unha boa investigación, definindo moi ben as hipóteses de partida, e recomendounos non só facer investigación sobre o papel, senón tamén de campo, se é posible, xa que é a mellor forma para coñecer sobre o que traballamos.

Unha vez feita a investigación, cabe preguntarse por que queremos contar o que queremos contar. E, sobre isto, Bea aconsellounos definir ben os obxectivos da nosa exposición, posto que é isto o que xustifica que a fagamos e o que a conecta co público.

Logo de ter as claves para facer unha boa investigación como punto de partida, falamos dos soportes do relato, a expografía:

  • Zonificación e percorridos, que no deben entra en contradicción co espazo
  • Distribución dos recursos no espazo
  • Recursos expositivos: peanas e vitrinas
  • Mediadores comunicativos, este últimos moi importantes porque poden servir de fío conductor do noso relato.

Unha vez tivemos todos estes conceptos claros, falamos dos principios de deseño na exposición, que son aqueles que lle dan unha coherencia visual e estética. Algunhas das cousas que temos que ter en conta son as dimensións, que teñen que estar armonía coa escala humana, as cores, as texturas, as formas, etc.

Na última parte da sesión, e antes de que fixeramos unha práctica, Bea deunos algúns consellos á hora de facer exposicións. Aquí van algúns deles:

  • Consume exposicións
  • Traballa continuamente e mostra o teu traballo
  • Interactúa con outros profesionais
  • O povera esta de moda. Non é necesario contar con grandes presupostos para realizar grandes proxectos.

2019 02 20 Bea García (3)Neste último consello, Bea falounos de que con pouco orzamento tamén se poden facer grandes cousas, xa que moitas veces ao ter menos recursos a creatividade incentívase e pódense facer cousas moi especiais.

Rematamos a sesión cunha práctica, na que por grupos tivemos a posibilidade de esbozar a nosa propia exposición, partindo dun tema e un público ao que dirixirnos. O tema sobre o que tivemos que traballar foi a artesanía galega, e cada grupo se dirixía a unha nena de 8 anos, un mozo de 19 e unha muller de 43, respectivamente. Despois dun tempo para traballar sobre o tema, tivemos a oportunidade de compartir as nosas ideas co resto da clase e comprobamos como, partindo dun mesmo tema, se poden orixinar exposición moi diferentes.

Dereito aplicado á xestión cultural. Con Ania González

Por Rita Fidalgo

Avanzamos nesta área do Dereito aplicado á xestión cultural da man de Ania González que comparte con nós a súa experiencia. Achegouse inicialmente ó dereito “por obrigación” para despois especializarse en museoloxía, imaxinación política, teoría crítica e feminismos no MACBA. Volveu a Galicia coa ilusión de reverter os modelos, mais rapidamente percibiu as dificultades desta empresa.

“O dereito é unha técnica fundamental para coñecer os marcos legais nos que nos temos que mover. É tan necesario coñecer os nosos dereitos coma as nosas obrigas”

 

Dereito universal e constitucional á cultura

Ania González no CEUXCSegundo o Artigo 44 da Constitución Española, os poderedes públicos promoverán e tutelarán o acceso á cultura á que que todos teñen dereito. Este dereito á Cultura, de acceso, participación e creación recóllese tamén no artigo 15 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (PIDESC) así como no 27 da Declaración Universal de Dereitos Humanos.

Non só é importante coñecer estes artigos para reivindicalos, senón tamén para dar consistencia ós nosos proxectos incluíndo fundamentación xurídica.

En España, a Lei Foral de Dereitos Culturais de Navarra é un texto normativo dedicado por enteiro ós dereitos culturais dos cidadáns. É a primeira vez que isto se recolle no ordenamento xurídico dunha comunidade autónoma española que ademais é o resultado dun proceso participativo.

 

Formas xurídicas

Partindo dos supostos nos que nos temos que situar nos nosos traballos de posgrado entramos a analizar as seguintes figuras:

  • Fundación: considerarase unha fundación pública se no momento da súa fundación máis do 50% do capital é público e viceversa.
  • Cooperativa de servizos ou de traballo: ten por obxecto por en marcha unha comunidade de traballadores e para a súa constitución é necesario un mínimo de dúas persoas.
  • Sociedade de Responsabilidade Limitada (S.L.): para a súa creación é necesario un capital de 3005€ en monetario ou en material.
  • Asociación sen ánimo de lucro: poden ter actividade económica

Sobre a Administración pública, analizamos as seguintes modalidades de relación coa mesma:

  • Contratos: rexidos pola lei contratos do sector público, deberán ser sometidos a concurso público excepto en importes inferiores a 15.000€ + IVE.
  • Convenios: pódense realizar cunha persoa física ou xurídica, teñen que demostrar que comparten un interese común e non son incompatibles coas subvencións.
  • Subvencións: a través de concorrencia competitiva.
  • Contrato de patrocinio institucional: contrato bilateral con contraprestacións recíprocas.

 

Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA)

Todos os traballadores deben cumprir a obriga de tributar polos seus ingresos ante Facenda e cotizar pola súa actividade á Seguridade Social.  A alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos implica o pagamento dunha cota mensual.

 

Imposto de actividades económicas

O Imposto sobre Actividades Económicas é un tributo que grava o mero exercicio en territorio nacional, de actividades empresariais, profesionais ou artísticas.

 

Propiedade intelectual

A propiedade intelectual dunha obra corresponde ó/á autor/a polo mero feito da súa creación e está integrada polos dereitos persoais e patrimoniais que atribúen ó/á autor/a o dereito exclusivo á explotación da súa obra sen máis límites que os legais. Os dereitos de autor/a teñen a duración da vida do/a artista e 70 anos despois da súa morte nos que serán titularidade dos seus herdeiros. Transcorrido este período pararán ó dominio público. Divídense da seguinte forma:

  • Dereitos persoais
    • Irrenunciables e intransferibles
    • Divulgación da obra baixo o seu nome, pseudónimo ou de forma anónima
    • Recoñecemento da autoría
    • Esixir respecto á integridade da obra
    • Modificar a obra respectando os dereitos adquiridos
    • Retirar a obra do comercio previa indemnización de danos e prexuízos
    • Acceder ó exemplar único, raro ou orixinal

 

  • Dereitos patrimoniais ou de explotación
    • Exclusivos
      • Corresponde ó/á autor/a o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación que non poderá ser realizada sen a súa autorización
      • Dereitos transmisibles mediante cesión e independentes entre si
      • Dereitos de reprodución
      • Dereito de distribución
      • Comunicación pública
      • Transformación
    • De obrigada xestión colectiva (SGAE, AGEDI, AIE)
      • Compensación equitativa por copia privada
      • Dereitos de simple remuneración

Para quen teña interese en profundar neste asunto, recomenda consultar o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual.

 

Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

Aplícase a espectáculos públicos que se celebren en espazosAnia González no CEUXC abertos ó público, independentemente do carácter público ou privado do organizador e da titularidade pública ou privada do establecemento, con fins lucrativos ou gratuíta.

Quedan excluídas as reunións familiares e as actividades efectuadas no exercicio dos dereitos de reunión e manifestación. Pola súa banda, os eventos con menos de 500 persoas ou que non impliquen montaxe de ningunha instalación deberán presentar de forma previa no concello unha declaración responsable.

Para unha asistencia superior ás 500 persoas ou que implique montaxe dunha instalación deberá solicitarse unha licencia administrativa ó concello. En caso de que a actividade se desenvolva en varios municipios, competerá á Xunta a concesión desta licencia.

Para máis información, consultar a disposición final primeira da Lei.

 

NOTA: Ania deixounos o seu contacto así como enlaces de interese no repositorio do curso.

Grazas por esta xornada Ania!

Programación e mediación cultural. Centros culturais e laboratorios de creación. Con Rosa Ferré

Pechamos o bloque adicado á programación e mediación cultural 2019 01 30 Rosa Ferré (1)cunha sesión centrada nos laboratorios de creación da man dun referente neste ámbito, como é Rosa Ferré, actual directora de Matadero Madrid. A traxectoria de Rosa comezou vencellada á investigación artística en torno a diversos temas, cun interese especial nas utopías sociais e políticas e o correlato estético da Revolución, que se plasmaría, por exemplo, no comisariado da exposición  La Caballería Roja  (La Casa Encendida,2011).

Rosa Ferré traballou varios anos en  CCCB de Barcelona, onde desenvolveu “outra maneira de concebir as exposicións”, en certa medida motivada pola explosión social do 15M, que impulsou unha maior transparencia e unha aposta pola co-creación de contidos, así como a posta en cuestión da institución. Algo, segundo nos explicou, positivo “para romper inercias e reinventarse” xa que, por norma habitual, mudar as dinámicas de calquera entidade non adoita ser doado.

 

Centro de cultura, pero de que cultura?

BIg Bang Data-CCCBBig Bang Data (2014) concibiuse como unha exposición na que poñer sobre a mesa temas importantes en relación á arte pero tamén á cidade. Incluía un espazo para actividades como hackathons, analítica de discursos electorais a través da arte e propostas de cultura dixital (A estación beta), a través da cal se teceu unha rede -unha comunidade creativa- entre persoas das artes, o ámbito dixital ou o xornalismo de datos, poñendo a exposición nos medios e incrementando notablemente a asistencia de público.

“Hai que construír comunidades con discursos que interesen ás persoas”, +humansdi Rosa Ferré, quen tamén cre que “as exposicións son como unha especie de caixa de ferramentas, nas que os temas estraños para o público xeral interesan a través da interacción das artistas”. Unha convicción que materializou de novo en +Humans (2015-16), unha proposta expositiva en torno ao futuro da especie en relación ao cambio climático, a tecnoloxía, etc,… Desta experiencia naceron Ministerio do Futuro ou a proposta “Despois da fin do mundo”. Esta exposición, ademais, viaxou polo mundo, e nese viaxar -como lle pasa a calquera ser vivo- evolucionou, de tal xeito que a exposición que chegou a Estados Unidos non se semellaba á que nacera, tempo atrás, en Barcelona.

O breve repaso que Rosa fixo pola súa extensa traxectoria profesional serviunos para ir vendo as bases do centro cultural como laboratorio de creación para comprender moito mellor, na segunda parte da sesión, as cuestións relacionadas coa súa xestión.

E, por suposto, tivemos tempo de falar sobre cuestións comúns a todos os ámbitos da xestión cultural, como a escaseza -cando non carencia- de estudos e políticas de públicos, a tiranía do “éxito” inmediato e cuantitativo e da transparencia e o valor, paradóxicamente enganoso, dos datos obxectivos.

Foi unha tarde na que puidemos #aprendercompartindo, con Rosa Ferré pero tamén cun numeroso grupo de alumnos de anteriores edicións do Curso, que non se quixeron perder  esta sesión, sen dúbida inspiradora.

Algunhas das cousas das que puidemos falar con Rosa Ferré, e algunha máis, tédelas na entrevista que, a raíz do seu paso polo Curso, lle fixo o xornal La Voz de Galicia, á que podedes acceder desde aquí.

Mediación e programación cultural. Cinema e libro. Con Pela del Álamo e Soledad Felloza

Por Iria Loira

En la pasada sesión contamos con la presencia de Pela del Álamo y Soledad Felloza, dos artistas que compaginan sus proyectos personales con la dirección y gestión de actividades paralelas, como es el caso de Curtocircuíto y Atlántica, respectivamente.

Empezando por la primera sesión, hablamos del Curtocircuíto Film Festival, un festival  de carácter público que tiene lugar en  Santiago de Compostela. Esta iniciativa nace en el 2003 en un contexto de efervescencia de festivales dedicados al cortometraje y en el que al mismo tiempo ambos formatos -largo y corto- se situaban en extremos completamente diferentes. Hoy, sin embargo, son muchos los festivales que apoyan el pequeño formato y que incluso apuestan por la convergencia entre ambos, como demuestra este evento anual que cumple ya 15 de trayectoria.

Sin embargo, la evolución, en su mayor medida ascendente, de esta propuesta cultural no solo se debe a la apuesta por un formato a priori mas infravalorado, sino a saber el momento, el lugar y sobre todo los tiempos en los que se enmarca, analizando en cada momento las tendencias y las modas.

Así, Pela del Álamo nos habla de las cinco claves que para él son fundamentales a la hora de llevar a cabo un festival de estas características:

 

La filosofía del festival: desarrollar y cuidar una línea de comunicación que vaya desde el diseño hasta el departamento de prensa, de marketing y de redes sociales. Donde poder plasmar un discurso claro, concreto e identificativo al tiempo que se crea un modelo pedagógico dentro del festival que ayude en aspectos divulgativos y de comprensión de cara al público.

Marcar una filosofía es importante desde los inicios del proyecto, ya que ayudará a marcar las bases de la programación y de las decisiones futuras que se quiera tomar. La dicotomía fundamental en la cultura es la de descubrir vs entretenerse, ambas válidas y cada una importante a su manera. Sin embargo, es importante entender que el cine no es solo una herramienta de distracción, o que en caso de serlo ya existían otras alternativas en la ciudad que cubrían dicha demanda, motivo por el cual el festival apostó desde el primer momento por el descubrimiento de nuevos universos que ayudasen a la reflexión y a una mayor implicación del público.

 

Definir el modelo de festival a nivel estructural: en este punto son importantes las tareas administrativas, el despliegue de recursos humanos y la composición de un equipo multidisciplinar que sepa defender la línea del festival ante cualquier situación.

Para ello, dentro de un festival como el Curtocircuíto, donde la apuesta por la vanguardia y el riesgo es fundamental, contar con un equipo renovado y con las nuevas generaciones para que aporten nuevas perspectivas e ideas es indispensable para saber gestionar los códigos y para seguir descubriendo nuevas propuestas.

 

Praxis y metodología de trabajo: la organización de las diferentes etapas de un festival es primordial para una buena gestión del calendario, evitando con ello que se solapen las fases de preproducción, producción y comunicación. Por otro lado, también es importante conocer el ecosistema cultural de la ciudad en la que se inscribe el proyecto para que coexistan las diversas actividades que se hacen en ella, evitando así el solapamiento tanto en fechas como en contenidos. Por ejemplo, en Santiago de Compostela, el Curtocircuíto comparte escenario con Cineuropa, Numax y el WOS entre otros. En el caso de Cineuropa, existe una coexistencia sana, ya que se trata de modelos con estructuras y objetivos diferentes y por lo tanto suplen necesidades distintas; sin embargo, con el caso del WOS, al tener un concepto similar, se hace más difícil la gestión de la programación, un punto importante a tener en cuenta a la hora de plantear las actividades.

 

Financiación y viabilidad: los festivales de cine suelen ser públicos, las subvenciones y las ayudas públicas son su principal motor, dado que el patrocinio es muy reducido. Por ello, para asegurar cierta viabilidad, es necesario contar con el control de ciertas cuestiones logísticas, como pueden ser la gestión de los espacios, los técnicos y aquellas empresas que colaboren ofreciendo sus servicios, así como contar con los ingresos en taquilla que ayudarán por otro lado a medir los hábitos de consumo.

 

Retorno: por último, es necesario entender que el retorno de un evento de estas características no es algo que genere frutos a corto plazo, ya que hoy día el único festival que se podría considerar que tiene retorno es el Primavera Sound. Sin embargo, este retorno puede medirse a través de otras vías, como puede ser el impacto mediático (cuantificando todas las apariciones en medios) o bien la promoción de la marca ciudad (en cuántos lugares salió la ciudad de Santiago de Compostela gracias a noticias relacionadas con el festival).

Programación cultural en el ámbito del libro

Ya en la segunda parte de la sesión, se abordó el Festival Internacional Atlántica de Narración Oral, cuyo nacimiento surge dentro de un contexto de crisis donde profesionales del ámbito de las artes escénicas encontraron un nicho sin explotar dentro del territorio gallego, país que abarca gran número de contadores de historias que no tenían un espacio donde poder reunirse y darse a conocer.

Se trata de un festival de referencia cuyas principales líneas de acción no solo radican en la difusión de un arte escénico considerado menor  – como ocurría con el cortometraje anteriormente – sino en promover la investigación y recogida de la tradición oral atlántica y trabajar en red con otros festivales.

Soledad Felloza no CEUXCDirigido por Soledad Felloza, esta actividad, al contrario que el Curtocircuíto, tiene un carácter asociativo cuyo territorio no se circunscribe a una sola ciudad, sino que se trata de un festival itinerante cuyo propósito principal es crear una red más grande y llegar al mayor número de públicos posible, tanto infantil como adulto.

Para la directora, existen tres puntos fundamentales dentro de este festival de narración oral. El primero de ellos, como se hablaba anteriormente, es el diseño grafico y la línea que se marca con él. Dicha línea, que bebe directamente del título y la intención del proyecto, gira en torno a historias y temáticas marinas.  Por poner un ejemplo, este año, como explican en su web ,coincidiendo con el aniversario de la visita de Julio Verne y con la creación del primer submarino gallego por parte de Sanjurjo Badía, la imagen del festival cuenta con un submarino.

Por otra parte, para este festival es muy importante mantener una buena relación con los medios de comunicación, ya que no solo es fundamental para una buena comunicación con el público y para crear una imagen acorde a sus propuestas, sino que el hecho de estar presente en muchos de los medios de comunicación les ayuda a organizar un dossier de prensa de mayores dimensiones que les ayuda a preparar las propuestas de años anteriores como a presentársela a las instituciones.

Por último, dada la itinerancia y diversidad de sus actuaciones, mantienen especial atención en la programación a la hora de organizar los horarios, ya que consideran que al hacerse en varios espacios es importante cuidar al público y no saturarlo o dificultarles la asistencia a las actividades.

Medación e programación cultural. Artes escénicas e música. Con Paulo Rodríguez e Marián Fernández

Por Jimmy Núñez

O pasado 16 de xaneiro comezamos o módulo do curso Mediacion e Programacion Cultural e contamos na clase coa presenza de Paulo Rodríguez, director do teatro Rosalía de Castro da Coruña, para falarnos de programación teatral e con Marián Fernández, socia cooperativista de O Cable Inglés, que produce, entre moitas outras cousas, os Premios Martín Códax da Música.

En primeiro lugar,  Paulo Rodríguez ensinounos como fai el a xestión do teatro que dirixe, o Rosalía de Castro. Para iso, dividiu a súa sesión en dúas partes: na primeira falándonos do plan operativo de programación que leva a cabo, e como elabora el a programación regular do teatro, e despois fixemos unha análise, ou, máis ben unha retrospectiva do falado, botando man da programación regular do teatro.

Dentro da súa charla, o primeiro que fixo foi ensinarnos un video de Cultural Box e acto seguido falounos sobre cales eran as labores dun director artístico dun teatro:

  • Técnico de administración.
  • Xefe de persoal.
  • Administrador e tesoureiro.

E dicir, un director artístico encárgase de labores moi diversas tales como: estéticas, administrativas, económicas, sociais… Unhas labores das que se encarga sempre facendo un proxecto escrito que ten que pasar polas mans das administracións para que o aproben.

Dentro da labor como programador, segundo el hai que tomar uns riscos. El considera que non hai unha fórmula para programar, pero podemos botar man dunha serie de recursos ou ferramentas. Ante todo débese encontrar un equilibrio entre propostas: que haxa de teatro e danza, propostas en español e propostas en galego, propostas máis clásicas e propostas máis contemporáneas… O obxectivo da programación é xerar unha experiencia artística significativa para tod@s @s que a comparten, xunto con poñer en contacto a artistas ou creadores cos públicos.

Para poder realizar a programación tómanse unha serie de criterios:

  • Analizando o contexto, saberemos que propostas que programaremos serán atractivas para o publico.
  • Participación en ciclos e redes, tales como a Rede Galega de Teatros e Auditorios ou a RED.
  • Equilibro entre as propostas.

E dentro do proceso de programación hai unha serie de fases:

  • Pre-produción ou pactos coas compañías. Decídese o caché, a montaxe, a desmontaxe, a ficha técnica… É dicir, nesta fase páctase quen asume cada cousa.
  • Toma de decisión. Contratación dos espectáculos. Deséñanse os límites ou a cartografía pola que se van mover os públicos.
  • Política de prezos. Facilitaran o acceso aos espectáculos dos diversos públicos.
  • Mostra dos espectáculos.
  • Avaliación da programación.

 

TRCDRecalcou que a figura do programador ten que ser, na súa fin, a procura da calidade e a procura da oportunidade. Ademais de que, no teatro que el administra, existe un proxecto de fidelización, que na actualidade conta con algo máis de 500 abonad*s.

Toda esta información intentámola asimilar analizando a programación Ciclo Principal de Primavera 2019 do Teatro Rosalía de Castro, onde a programación ten diversas frontes: hai espectáculos contratados directamente polo teatro, outros programados a través da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia, así como a través de RED. Tamén hai un ciclo de danza, o TRC Danza. Todo isto apoiado por unha política de prezos que facilitara a conexión entre os artistas e os públicos, estratexias de comunicación e a política de fidelización.

A maiores, recomendounos bibliografía que nos pode complementar e axudar a hora de realizar unha programación teatral:

La programación de las artes escénicas.” de Kenneth Foster.

Diseño de proyectos culturales” de David Rosello.

La xestión de teatros: modelos y estrategias para equipamientos culturales.” de Lluis Bonet.

Despois foi turno de Marián Fernández, integrante da cooperativa O Cable Inglés, que impulsou, por exemplo, os Premios Martin Codax da Música. Para poder entender o seu proceso de traballo e, os paradigmas da súa sesión,  apoiámonos nun artigo escrito por ela para “A Xestión Cultural en Galicia”, publicado en Praza.

Analizamos así a situación da música dentro da xestión cultural V-Premios-Martín-Códax-da-Música-1en Galicia. Existe, desde hai uns anos, un boom festivaleiro, sumado á programación habitual de distintas salas que se espallan por toda Galicia. Ese boom festivaleiro foi ese o tema central da charla. Analizamos que a lei de contratos resta tempo e funcionalidade aos proxectos por centrar os esforzos en facer contas e contratos.

Agora mesmo existe FestGalicia, que consta con 10 festivais asociados, mais non entran dentro dos circuítos de venda de cultura, senón de turismo. É dicir, estanse utilizando os festivais de musica coma un reclamos turístico para atraer públicos e turistas a Galicia. Para isto utilizase o reclamo de “Galicia como territorio de festivais”

Acto seguido, fixemos un exercicio práctico ao redor dos Premios Martín Códax. Consistía en facer un simulacro sobre a súa elaboración.  Por grupos, encargabámonos de facer as tarefas da xunta directiva, do equipo de produción, de comunicación e de financiamento.

Deseño operativo dos proxectos. Con Marcos Lorenzo e Sergio Lago

Por Sonia Taboada

O pasado mércores 9 de xaneiro comezamos a primeira sesión do ano da man dos titores Marcos Lorenzo e Sergio Lago para profundizar no deseño operativo dos proxectos culturais. Trala presentación dos anteproxectos na última clase do 2018, adentrámonos de cheo na seguinte etapa do noso proxecto: os apartados operativos.

Neste segundo trimestre daremos resposta ás seguintes cuestións:

  • COMO? A metodoloxía ou itinerario a seguir.
  • A TRAVÉS DE QUE? Accións
  • CANDO? Temporalización, os tempos.
  • ONDE? Localización
  • CON QUE? Recursos
  • CON QUEN? Equipo e colaboracións
  • CANTO? Orzamento
  • QUEN O FINANCIA? Plan de financiamento

 

Despois da presentación desta nova etapa, Marcos e Sergio expuxeron dous proxectos dos que formaron parte: Culturgal e Nexos. Estas programacións servíronnos para resolver certas dúbidas sobre a metodoloxía a seguir, orzamentos, etc.

Na segunda parte da sesión traballamos por equipos para comezar a definir a metolodoxía, é dicir, un plan de traballo a seguir nos nosos proxectos. Adicamos a clase a desenvolver unha planificación dos tempos do noso proxecto. Para isto hai que ter en conta o que nos levaría cada unha das fases do proxecto e así poder visualizar se o que estamos a programar é viable ou, pola contra, que facer para que sexa viable.

A recomendación dos titores foi que partiramos da data final do noso proxecto e que fósemos debullando as subtarefas, xa que a data final é a que marca todo o proceso do proxecto.

Unha sesión para reflexionar sobre por que deseñar o proxecto deste xeito e non doutro?, para quen?, para que?.  Todas estas cuestións son esenciais para reflexionar sobre a viabiliade dun proxecto cultural.

Presentación de anteproxectos e conversa aberta: inclusión, sostibilidade e igualdade. Con Encarna Lago, Julio González e Paula Cabaleiro

O pasado 20 de decembro celebramos a derradeira sesión do ano cunha doble proposta: por unha banda, a presentación en formato pechakucha dos anteproxectos dos catro equipos de traballo e, por outra, a conversa aberta sobre accesibilidade e inclusión, igualdade e sostibilidade entre tres profesionais de referencia no sector e o alumnado. Estas tres personas -coas que os equipos tiveron tamén ocasión de contrastar os seus traballos- foron Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Julio Gómez, promotor musical e director de Sinsal, e Paula Cabaleiro, comisaria de arte e directora do museo de arte contemporáneo Fundación Florencio de la Fuente (Cuenca).

A escolla destas cuestións ten moito que ver coa necesidade social xeral de tratalas e traballalas, pero aínda máis coa necesidade que hai, no eido da xestión cultural, de incorporalas ás propostas que se desenvolven non só con conciencia social ou boa intención, senón con ideas claras de que facer e como -é dicir, dunha metodoloxía- para acadar a súa materialización real.

 

Inclusión, sostibilidade e igualdade

Foi Encarna Lago a encargada de achegarnos a necesidade 2018-12-20 valoración dos proxectosde mudar, na premisa ética, estética e empatía, esta última por alteridade. É dicir, non só ter a capacidade de entender o que a outra persoa poida sentir, senón ser quen de incorporar realmente a súa perspectiva. Algo fundamental á hora de abordar as cuestións relacionadas coa inclusión de todas as persoas nos espazos museísticos que, como nos lembrou, non teñen clientes, senón usuari*s e traballador*s con dereito, neste caso, ao acceso á cultura. Para falar do que é, ou do que debera ser a inclusión, Encarna compartiu palestra con Ángeles Miguélez, compañeira súa no Museo Provincial do Mar  e responsable no último ano de máis de 75 obradoiros. Ángeles é invidente, unha circunstancia que nunca impediu o seu traballo como guía a responsable dos talleres deste espazo: ” Para min traballar no museo -explicounos- supuxo entrar no mercado laboral e por tanto ter plena autonomía, pero tamén autoestima: pasei de ser “a cega” a ser unha persoa máis”.

Con Encarna falamos tamén do valor das palabras, que ás veces, mesmo sen querer, definen as relacións e os enfoques. Neste sentido, quedounos claro que somos divers*s, non distint*s, e que para garantir a inclusión debemos escoitar, non prexulgar, e estar sempre en contínua formación. E ser flexibles: “diranvos que tedes que ser unha orquesta sinfónica. Eu dígovos: sede jazz”.

Trala intervención de Encarna e Ángeles tomou a palabra Julio Gómez, quen nos explicou a política de sostibilidade da súa empresa, SINSALaudio, así como do festival Sinsal, un referente de boa práctica cultural tamén neste ámbito. Con el falamos de medidas no plano medioambiental, como as accións que implementaron para reducir e xestionar mellor os residuos xerados, pero tamén de introducir criterios sostibles desde o punto de vista social e económico. Así, durante a sesión abordáronse cuestións como a economía circular, a aposta polo produto e os provedores locais, a análise de mobilidade de públicos… pero tamén de garantir a inclusión, a igualdade, a diversidade de xénero e a non discriminación, ademais dunhas condicións laborais dignas para as persoas que traballan en torno aos proxectos.

O último tema a tratar na conversa aberta foi o da igualdade, da man de Paula Cabaleiro, que fixo un repaso á súa propia vida laboral para entender o porqué de aplicar un enfoque de xénero á xestión cultural. Segundo nos explicou, ao rematar Belas Artes decatouse de que, sendo as alumnas o 70% do alumnado xeral da facultade, no mercado laboral, especialmente no eido artístico, esta pirámide invertíase até case desaparecer as artistas, fronte a unha ampla presenza en concursos, galerías e ferias de artistas masculinos. Por iso, o seu obxectivo, como galerista e xestora cultural, foi o de apostar polas artistas para posibilitar unha representación equilibrada do sector. Algo no que, segundo nos explicou, xa están a incorporar algunhas feiras de arte, mestras que outras -paradóxicamente, as máis consolidadas do mercado- seguen mantendo inmutables os seus criterios.

 

Catro anteproxectos para rematar o ano

Pero, antes de participar na conversa aberta, o alumnado do Curso presentounos o resultado do traballo desenvolto nestas últimas semanas. Aquí tedes un pequeno resumo dos estupendos anteproxectos culturais desta 5ª edición:

 

Equipo 1: Cangas

2018-12-20 equipo CangasO equipo 1 adoptou, para desenvolver o seu proxecto, a fórmula de equipo municipal de Cultura, situado nunha vila mariñeira, que resultou ser Cangas. A súa proposta inicial, co nome provisional de Marearte, está dirixido ás persoas novas da vila, cunha franxa de idade de entre 15 e 35 anos, e parte cun obxectivo: achegarse aos seus gustos e linguaxes, coa idea de traballar nun espazo de lecer, formación e creatividade un proxecto vinculado á recuperación histórica e patrimonial da vila, tecendo sinerxías co alumnado e profesorado do bacharelato de Artes e coa Bienal de Arte do Morrazo, entre outras entidades.

 

 

Equipo 2: barrio de San Pedro (Compostela)

O equipo 2 planificou como sociedade limitada un proxecto 2018-12-20 equipo San Pedronun entorno urbano, que foi o barrio compostelán de San Pedro. Nel puideron observar, no desenvolvemento do traballo de diagnose, unha grande actividade cultural e unha importante presenza de entidades e asociacións de perfil sociocultural. Pero tamén unha certa falta de sinerxías, de propostas para a xente maior e de novas actividades para un sector da mocidade (23-30 anos) que moitas veces acaba por marchar do barrio por falta de inserción laboral. Precisamente estes últimos son o público de Creadores á Feira, unha proposta na que novos creadores disporían dun mes para dar forma ás súas propostas, en colaboración coas entidades do barrio, para despois expoñelas, durante unha semana, nos mesmos locais onde foron creadas e tamén nos comercios da rúa.

 

Equipo 3: casco vello da Coruña

2018-12-20 equipo A CoruñaO equipo 3 debía traballar no contexto dunha fundación e nun entorno histórico, para o que escolleron a fundación Luis Seoane e o casco vello da Coruña. A súa proposta, Memorarte, trata precisamente de paliar unha das debilidades que detectaron no seu traballo de diagnose: a desvinculación entre o espazo museístico e o barrio no que foi construído. Unha zona, ademais, con non moita actividade sociocultural, non sendo a difusión patrimonial pensada para persoas alleas ao barrio. Memorarte trata de buscar a esencia do barrio a través da historia que non se escribe en maiúscula, pero que é a que constrúe a identidade local, a través da veciñanza de maior idade e o arte de vangarda.

 

Equipo 4: Boiro

O equipo 4, constituído para a ocasión como cooperativa de economía social, debía desenvolver o seu traballo nunha vila mariñeira, para o que escolleu Boiro. Un lugar no que, certamente2018-12-20 equipo Boiro, hai moitas propostas culturais e moitos colectivos traballando nelas, pero no que tamén observaron unha desconexión entre as institucións e estas entidades e a escasa vinculación dalgúns sectores económicos da vida cultural. Como primeira idea xurdiu a necesidade dunha acción coordinada entre todo o que se está a facer e elementos como a importante canteira musical da vila. E a partir de aí estableceron tres posibles liñas de traballo: a recuperación da memoria téxtil, un festival musical e a recuperación -mediante o uso cultural- dos espazos industriais hoxe baleiros. Como proposta final, o equipo ofreceunos Medre o Mar, un festival de mar e música sobre o que traballarán os vindeiros meses.

 

Tanto os titores como os profesionais convidados destacaron a gran calidade dos pechakuchas e a frescura das propostas, e, ademais de consellos e recomendacións sobre cuestións puntuais, déronlle moitos azos ao noso alumnado para seguir avanzando como futur*s xestor*s culturais.

Nos vindeiros meses veremos como evolucionan estas catro propostas coas que pechamos o primeiro trimestre de Curso. No 2019, seguiremos a #aprendercompartindo e #aprenderfacendo con tod*s vós ;)