Xoves 08/04/21 | Financiamento cultural (VII). Cooperación e financiamento cultural internacional. Con Zemos98

INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN

Sesión EN LIÑA a través da plataforma Microsoft Teams

É a que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais poderedes unirvos, como na anterior sesión, co voso correo habitual.

A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace. Tamén podedes facelo neste segundo enlace. Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo.

Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.


INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

Nesta sesión achegarémonos ao ámbito da cooperación cultural da man de Pedro Jiménez, un dos profesionais que forma parte do colectivo Zemos98.

Con el coñeceremos os criterios que fan que, para Zemos, un proxecto ou entidade cultural poida pensar nunha posible internacionalización, así como ámbitos temáticos, formas de proceder,  oportunidades, barreiras, cuestións presupuestarias e de capacidade financeira, sostibilidade persoal e da entidade, posibles convocatorias ou aliados chave en relación á cooperación cultural internacional.

CONTIDOS TEMÁTICOS

SESIÓN POR CELEBRAR
(Posteriormente subiremos os contidos compartidos)