Venres 26/03/21 | Financiamento cultural (IV). Ecosistema creativo, buscando conexións improbables. Roberto Gómez de la Iglesia

INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN

Sesión EN LIÑA a través da plataforma Microsoft Teams

É a que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais poderedes unirvos, como na anterior sesión, co voso correo habitual.

A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace. Tamén podedes facelo neste segundo enlace. Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo.

Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.


INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

Este venres tivemos sesión con Roberto Gómez de la Iglesia, experto en cultura e innovación e responsable de Conexiones Improbables. Da súa man reflexionaremos sobre cal é o noso papel como axentes culturais no contexto socioeconómico actual e como establecer alianzas na contorna con outro sectores.

Aquí tes os vídeos da súa sesión:

CONTIDOS TEMÁTICOS

Para preparar a súa sesión, Roberto recomendáranos varios contidos. Este vídeo no que podedes achegarvos a Conexiones Improbables:

https://www.rtve.es/alacarta/videos/la-aventura-del-saber/aventura-del-saber-conexiones-improbables/2414264/

E estas dúas lecturas: sobre Kultursistema, unha plataforma da que se falará na sesión, e o “Manual práctico para la búsqueda de patrocinio” de Roberto Gómez de la Iglesia editado por Atalaya: