Xoves 25/03/21 |  Financiamento cultural (III). Traballo en equipo titorizado (obradoiro) |Fundacións e mecenado. Carlos Almela (Fundación Carasso)

INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN

Sesión MIXTA a través da plataforma Microsoft Teams ou presencial na facultade (aula pendente de confirmar)

Teams é a plataforma que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais poderedes unirvos, como na anterior sesión, co voso correo habitual.

A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace. Tamén podedes facelo neste segundo enlace. Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo.

Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.


INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

As limitacións de viaxes e os festivos que temos por diante obrigaban a bastantes semanas sen poder vernos de novo. E despois do que nos gustou re-atoparnos de maneira presencial nas últimas sesións, pensamos en formular esta sesión de xeito mixto: en liña e en directo integramente por Teams, como estaba inicialmente previsto, e tamén de maneira presencial dende a facultade.

Esta sesión tivo dúas partes:

  • Unha inicial expositiva e de obradoiro, vinculada á dimensión de financiamento dos vosos proxectos culturais.
  • E unha segunda parte na que recibimos telematicamente a Carlos Almela, responsable de Arte Cidadá da Fundación Carasso. Carlos compartiu connosco información sobre a fundación, pero tamén outras cuestións, como os criterios cos que a súa entidade, e outras de filosofía similar, detectan e seleccionan proxectos ou como estar ao día de convocatorias e de redes profesionais colaborativas. Previamente, pedíranos que compartísemos esta mensaxe con vós:

Soy Carlos Almela, nos vemos este jueves para la clase que sin duda todxs esperáis: fundaciones.

Justamente… como las fundaciones son un terreno más desconocido, a menudo distante, en ocasiones hostil, os quería pedir que leyerais por favor este breve texto en inglés. Es del típico señor que, tras un tiempo trabajando en un sector, dice BASTA y se marcha pegando un portazo. Por eso me interesa, creo que os puede ayudar a adentraros en una postura de “crítica institucional” que me gustaría pudiéramos adoptar entre todxs el día de la clase. Si alguna persona no hablara inglés, no pasa nada, abordaremos los titulares en clase.
https://www.pioneerspost.com/news-views/20150423/not-fit-purpose-why-im-done-the-foundation-world

Además, aunque sea un poco tedioso, me gustaría pediros que leáis las bases de esta convocatoria, actualmente abierta, de la Fundación Carasso.

https://www.fondationcarasso.org/wp-content/uploads/2021/03/Convocatoria-Componer-saberes-2021-6.pdfSeguro que muchos de vosotros tenéis sobrada experiencia en el campo de la solicitud de financiación y la justificación, pero tanto si sí como si no, y os animáis a leer las bases, criterios,… incluso si alguna se anima a meterse en el formulario de solicitud de financiación (que está ahora mismo abierto), genial.

Sólo por si os anima a leer o a guiar la reflexión, os dejo algunas preguntas:

– ¿Puede una convocatoria de este tipo ser cuidadosa? ¿Cómo sería?
– ¿Puede esta convocatoria ser feminista? ¿Anticlasista/anticapacitista? ¿ecológica?…

Gracias y nos vemos!

Aquí tedes o vídeo correspondente á súa parte da sesión:

CONTIDOS TEMÁTICOS

(Pendentes de incorporar)