Xoves 04/02/21 Mediación e programación cultural (II). Visita a espazo público de programación cultural | Mediación e programación cultural (III). A práctica artística e creativa 

INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN

Sesión EN LIÑA a través da plataforma Microsoft Teams

É a que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais poderedes unirvos, como na anterior sesión, co voso correo habitual.

A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace. Tamén podedes facelo neste segundo enlace. Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo.

Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.

Tralo descanso, a sesión seguirá na plataforma Zoom a través do enlace https://zoom.us/j/98170132936 


INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

Esta é unha dobre sesión adicada á mediación e programación cultural en dous ámbitos distintos. O primeiro, os espazos públicos. Para iso, e dadas as circunstancias sanitarias, cambiamos a visita prevista ao Auditorio de Galicia por un encontro co seu director-xerente, Xaquín López, que nos falou das claves que manexa este equipamento público á hora de deseñar e desenvolver a súa programación e para adaptarse a unha situación tan cambiante e complexa como a actual.

Na segunda parte da sesión achegámonos á práctica artística a través do testemuño de tres profesionais da cultura: a coreógrafa e bailarina Caterina Varela, co-directora da compañía La Macana, a cineasta e fundadora de Esnatu Zinema Jaione Camborda e a respostable de xestión cultural de 7HCoop Clara R. Cordeiro. Con elas coñecemos as claves da xestión cultural dende a perspectiva da creación e puidemos conversar, intercambiar ideas e resolver dúbidas:

CONTIDOS TEMÁTICOS

Xaquín recomendou a lectura de La gestión de teatros: modelos y estrategias para equipamientos culturales, de Lluís Bonet e Héctor Schargorodsky, que compartimos aquí:

Recollemos aquí as referencias aportadas polas participantes neste bloque:

  • Caterina recomendou coñecer a Colectivo RPM
  • Clara falounos da súa traxectoria laboral e como naceu 7HCoop, unha cooperativa cultural da que podes saber máis aquí.
  • Jaione explicounos da súa experiencia como creadora, pero tamén produtora e distribuidora cinematográfica a través da súa empresa, Esnatu Zinema.