Venres 19/02/21 | Produción cultural (II). Eido expositivo. Con Bea García
INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN
Sesión EN LIÑA a través da plataforma Microsoft Teams
É a que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais poderedes unirvos, como na anterior sesión, co voso correo habitual.
A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace. Tamén podedes facelo neste segundo enlace. Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo.
Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.
INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA
Nesta sesión achegámonos á produción dun proxecto expositivo da man de Bea García, museóloga e xestora de proxectos, con quen realizamos unha panorámica do proceso de produción dun proxecto expositivo, de carácter artístico ou divulgativo, centrándonos na planificación, xestión, comisariado e deseño expográfico.
Analizamos boas prácticas e coñecemos as últimas tendencias no enfoque das exposicións, así como as posibilidades dende o traballo con diferentes públicos.
A sesión estruturouse en bloques, nos que se abordou a secuencia lóxica na organización de calquera exposición: contidos (o relato), expografía (os soportes dese relato) e produción. Houbo tamén tempo para o traballo en equipo. Aquí tedes a primeira parte:
E tamén parte do segundo bloque da sesión:
CONTIDOS TEMÁTICOS
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA
Estas son as recomendacións de Bea García para ampliar os contidos da súa sesión:
Sobre o primeiro paso:
AA.VV. (2020), Miradas sobre diseño participativo, en Diseño y Diáspora, podcast 71. Disponible on-line.
Ferrándiz, F. (2019), Cómo hacer una mini-etnografía. Ministerio de Educación y Formación Profesional. Disponible on-line.
Hernández, F. (2010), El museo como espacio de comunicación. Gijón: Trea.
Salgado, M. (2013), Diseñando un museo abierto: Una exploración sobre la creación y el compartir de contenidos a través de piezas interactivas. Florida : Wolkowicz Editores. Disponible on-line.
Sobre o segundo e o terceiro paso:
Alonso Fernández L. Y García I. (2010), Diseño de exposiciones: Concepto, instalación y montaje. Madrid: Alianza.
Equipo EVE (2019), Transformando Exposiciones en Experiencias, en EVE Museos e Innovación. Disponible on-line.
Rico, J.C. (2006), Manual práctico de museología, museografía y técnicas expositivas. Madrid: Sílex
Indicámosvos tamén o seu correo electrónico, por se quixerades compartir con ela algunha dúbida: bea.garcia.gzlez@gmail.com
Tamén a través de Twitter en @BeaGarciaGzlez