Venres 12/02/21 | Produción Cultural (II). Festivais e eventos. Con Ángel Piñeiro
INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN
Sesión EN LIÑA a través da plataforma Microsoft Teams
É a que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais poderedes unirvos, como na anterior sesión, co voso correo habitual.
A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace. Tamén podedes facelo neste segundo enlace. Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo.
Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.
INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA
Nesta sesión achegámonos ás tarefas e responsabilidades que abrangue a produción cultural desde a perspectiva dun evento, especialmente con programación de artes ao vivo.
Da man de Ángel Piñeiro, responsable de produción da promotora Bring the Noise, coñecemos a correcta planificación da produción dun evento, tendo en conta cuestións temporais, localización, equipo e recursos, así como as ferramentas, consellos e modelos de documentos de uso habitual: rider, plan de produción, folla ruta, planning montaxe, etc…
Todo iso dende a súa experiencia persoal e a través de exemplos reais, tanto de grandes eventos como o Resurrection Fest, ata eventos de pequeno formato e festivais promovidos dende o asociacionismo, como o Castelo Rock de Muros. Aquí tes os vídeos da sesión:
CONTIDOS TEMÁTICOS
MATERIAIS COMPARTIDOS POR ÁNGEL
Compartimos aquí varios materiais relacionados coa sesión de Ángel Piñeiro. En primeiro lugar, a súa presentación:
En segundo lugar, tes AQUÍ un cartafol no que ver e descargar varios documentos relacionados coas diferentes fases de produción dun evento, así como un glosario de produción e exemplos de riders.
Por último, lembrámosche tamén aquí este contido que Ángel recomendaba ler antes da sesión e que seguro che seguirá sendo útil agora:
- Ángel indícanos que se tedes calquera dúbida contactedes con el en pinheiromuros@gmail.com