Venres 05/01/21 | O proxecto cultural (VIII). Deseño integral dos proxectos

INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

Como xa avanzamos na última xornada e nas titorias que celebramos estas últimas semanas, esta sesión de deseño operativo consistirá nunha dinámica de presentación e contraste interno.

Aproveitamos para lembrar que as presentacións poderán desenvolverse na súa posta en escena e formato de maneira totalmente libre, co único requisito de durar 10 minutos como máximo por equipo e proxecto.

A información relativa a este traballo en equipo e a vindeiras entregas está dispoñible nesta web.

CONTIDOS TEMÁTICOS

Aquí tedes os vídeos da sesión. Por unha banda, as vosas presentacións cos correspondentes retornos:

E, por outra, a intervención de Diego V. Meizoso sobre avaliación de proxectos: