Venres 05/02/21 | Mediación e programación cultural (V). Laboratorios e cultura comunitaria. Con Fran Quiroga

INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN

Sesión EN LIÑA a través da plataforma Microsoft Teams

É a que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais poderedes unirvos, como na anterior sesión, co voso correo habitual.

A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace. Tamén podedes facelo neste segundo enlace. Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo.

Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.


INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

Nesta sesión, que de novo celebraremos en liña, achegámonos ao papel que dentro de ecosistema cultural teñen os laboratorios de creación, espazos de mediación coa comunidade e propostas que, en xeral, manexan a perspectiva da activación de procesos e da creación de comunidade máis que do produto ou unha programación cultural pechada. Achegámonos ás súas liñas de traballo e vimos como son estas iniciativas no contexto galego e a razón da súa importancia.

Con Fran Quiroga, investigador transdisciplinar e xestor cultural de ampla traxectoria, que nos facilitou uns marcos teóricos e prácticos para concebir os proxectos culturais como lugares xenerativos e a mediación cultural como  ferramenta para que a comunidade poida co-crear. Aquí tedes o vídeo da primeira parte da sesión:

En relación á súa sesión Fran recomendáranos previamente estes contidos:

O libro Gestión comunitaria de la cultura: valores, retos y propuestas (2018) . La Hidra cooperativa (Mauro ) y Artibarri (Javier Rodrigo) 2018, que podedes descargar aquí.

Glossary of Common Knowledge: www.internationaleonline.org/glossary/

CONTIDOS TEMÁTICOS

SESIÓN POR CELEBRAR
(Posteriormente subiremos os contidos compartidos)