Venres 15/01/21

O proxecto cultural (VI). Deseño operativo dos proxectos culturais. Con Sergio Lago, Diego V. Meizoso e Diego Parajó

INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN

Sesión PRESENCIAL na aula 8 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
(Avda. Burgo das Nacións, s/n. | 15782 Santiago de Compostela)

Para esta sesión é importante que poidades facer un repaso previo nos equipos dos anteproxectos, para incorporar as suxestións recibidas na última sesión e chegar este venres listas para traballar na parte operativa.

A aula estará facilitada polos titores de Curso, Sergio Lago, Diego V. Meizoso e Diego Parajó.

INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

Esta sesión, na que nos puxemos ao día trala pausa do Nadal,  estivo adicada ao deseño operativo dos proxectos culturais. Nela abordamos a estrutura operativa e de entregas das vindeiras semanas, así como os contidos que deberán abordar estes traballos, entre outras cuestións.

Nesta sesión tivemos varios problemas técnicos, por iso este primeiro vídeo só ten audio, coas explicacións de Sergio Lago e Diego Parajó. A parte de Diego compleméntase coa presentación que compartiu na sesión e que podedes atopar na seguinte sección de contidos temáticos:

Aquí tedes o vídeo da segunda parte da sesión, con Diego V. Meizoso:

CONTIDOS TEMÁTICOS

Aquí tedes o contido da sesión que desenvolveu Diego Parajó: