Venres 27/11/20 | Marco profesional da xestión cultural (IX). O sector cultural e creativo. Retos na era da economía de plataformas. Xulio Vázquez | O proxecto cultural (IV). Traballo en equipo titorizado
INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN
Sesión EN LIÑA a través da plataforma Microsoft Teams
É a que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais poderedes unirvos, como na anterior sesión, co voso correo habitual.
A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace. Tamén podedes facelo neste segundo enlace. Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo.
Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.
O venres atoparedes en Teams unha reunión xeral, para a primeira parte da sesión, e reunións habilitadas nas canles dos grupos, nas que poderedes entrar na segunda metade da aula para o traballo en equipo.
INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA
A primeira parte da sesión estivo adicada a coñecer os retos para o sector cultural e creativo na era da economía de plataformas. Para iso acompañounos Xulio Vázquez, con máis de 20 anos de experiencia no sector cultural.
Coñecedor da área pública, como ex-coordinador da área de Cultura no Concello da Coruña, onde re-deseñou o Festival Noroeste, entre outros proxectos. E tamén do ámbito privado, como dinamizador sociocultural, promotor, xestor cultural e actualmente moi vinculado ao deseño de proxectos que conxugan arte, cultura e tecnoloxía a través de Noad Cultura Digital, axencia da que é co-fundador. Aquí tedes o vídeo da sesión!
CONTIDOS TEMÁTICOS
MATERIAIS COMPARTIDOS
Deixámosvos aquí a referencia dos contidos que abordou Xulio na súa intervención:
- https://www.janavirgin.com/CO2/CO2GLE_about.html
- https://www.todostuslibros.com/libros/fenomenologia-del-fin_978-987-1622-56-6
- https://www.todostuslibros.com/libros/la-sociedad-del-espectaculo_978-84-8191-442-9
- https://www.todostuslibros.com/libros/el-ojo-y-la-navaja_978-84-948205-8-8
- https://www.todostuslibros.com/libros/fragmentar-el-futuro_978-987-1622-89-4
- https://aws.amazon.com/es/stateandlocal/digital-government/
- https://www.todostuslibros.com/autor/brynjolfsson-erik-mcafee-andrew
- https://www.todostuslibros.com/libros/machine-platform-crowd-harnessing-the-digital-revolution_978-0-393-25429-7
- https://www.tnc.cat/ca/tncdigital
- https://www.apmusicales.com/la-sala-barts-presenta-un-proyecto-pionero-de-streamig/?utm_source=Suscriptores%20APM%20%28nueva%20ley%29&utm_campaign=5851d608a2-EMAIL_CAMPAIGN_3_23_2018_COPY_01&utm_medium=email&utm_term=0_19e1db923c-5851d608a2-63343287
- https://www.studioroosegaarde.net/project/waterlicht
- https://www.lozano-hemmer.com/level_of_confidence.php
- http://www.eyewriter.org/
- https://tadega.net/
- https://bandcamp.com/
- http://bigbangdata.cccb.org/es/
- http://noad.es/