Xoves 26/11/20 | Marco profesional da xestión cultural: Cultura Dixital | Turismo cultural e desenvolvemento territorial
INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN
Sesión EN LIÑA a través da plataforma Microsoft Teams
É a que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais poderedes unirvos, como na anterior sesión, co voso correo habitual.
A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace. Tamén podedes facelo neste segundo enlace. Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo.
Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.
INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA
Esta sesión tivo dúas partes. A primeira estivo adicada á cultura dixital. Falamos de canles, dinámicas e creación, profesional nuns casos, pero tamén espontánea e colectiva, con María Yáñez, directora de Vinte, xornalista e investigadora -entre outras moitas facetas profesionais- especializada neste ámbito.
Aquí tedes o vídeo da sesión:
Tralo descanso, tivemos unha segunda parte na que nos achegamos ao turismo cultural como parte do desenvolvemento dun territorio. Para iso contamos coa participación de Carlos Martíns, consultor, economista e xerente da empresa portuguesa Opium, especializada en planificación cultural, territorial e económica. Aquí tedes o vídeo da súa sesión:
CONTIDOS TEMÁTICOS
CULTURA DIXITAL. MATERIAIS COMPARTIDOS POR MARÍA YÁÑEZ
Deixámosvos aquí as referencias que empregou María na súa intervención:
- https://vinte.praza.gal/artigo/como-o-video-en-internet-nos-axuda-a-levar-o-confinamento
- http://www.falamedesansadurnino.org/
- https://vinte.praza.gal/artigo/asi-se-fala-na-tua-comarca-e-asi-cho-explican-en-twitter
- https://vinte.praza.gal/artigo/como-usar-twitter-e-instagram-para-dar-a-conecer-a-historia-de-galicia
- https://vinte.praza.gal/artigo/os-mellores-sonos-que-a-xente-compartiu-en-twitter-en-2019
- https://www.instagram.com/explore/tags/solpor/
TURISMO CULTURAL. MATERIAIS COMPARTIDOS POR CARLOS MARTINS
Deixámosvos aquí a presentación que Carlos empregou na súa sesión: