Venres 20/11/20
O proxecto cultural (III). Da idea ao anteproxecto. Con Diego V. Meizoso
INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN
Sesión PRESENCIAL na aula 8 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
(Avda. Burgo das Nacións, s/n. | 15782 Santiago de Compostela)
Lembrade: segundo entrades na Facultade, metédesvos pola cafetaría e seguides ata o fondo dese corredor. Xusto despois dunhas portas de cristal de apertura automática está a aula 8.
Nesta sesión, que estará guiada por Diego V. Meizoso, debullaremos as ideas, conceptos e estrutura básica na que se debe asentar asentar a chamada dimensión externa dun proxecto cultural, unha vez realizado o proceso de diagnose do contexto no que se quere intervir.
Para iso centrarémonos nos apartados descritivos do mesmo, debullando os distintos ítems nons que se sostén a fase de anteproxecto, e que explicarán a contextualización, obxectivos e persoas (impulsoras e públicos) da nosa proposta.
No comezo da sesión falaremos do festival Agrocuir da Ulloa, que podedes coñecer a través destes dous vídeos:
Ademais, Diego recomenda a lectura previa dese artigo de David Roselló Cerezuela, un dos referentes académicos no eido de deseño de proxectos culturais. Deberedes ler atá a páxina 5 e a bibliografía, se a considerades necesaria:
INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA
Aquí tedes os vídeos da sesión: