Venres 13/11/20 | A práctica profesional (III). Técnicas de creatividade. Deseño centrado nas persoas. Con Diego Parajó

INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN

Sesión EN LIÑA a través da plataforma Microsoft Teams

É a que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais poderedes unirvos, como na anterior sesión, co voso correo habitual.

A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace. Tamén podedes facelo neste segundo enlace. Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo.

Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.

Será unha sesión en liña cunha única premisa previa: todos os equipos debedes chegar coas vosas diagnoses finalizadas.

Lembrade que tedes ao voso dispor aos titores en Trello para o que precisedes antes da celebración da sesión!

Na sesión empregaredes a plataforma Miro, onde a recomendación de Diego é que credes un perfil, para poder traballar mellor na sesión. Aquí tedes un titorial!


INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

Nesta sesión achegámonos con Diego Parajó ás técnicas e metodoloxías creativas que nos poden axudar a deseñar e desenvolver proxectos centrados nas persoas ás que nos queremos dirixir.

A sesión combinou Teams e Miro, cunha primeira parte de perfil explicativo que deu paso, no seguinte bloque da tarde, a unha sesión de prototipado rápido por equipos.

Foi unha sesión de creatividade guiada, orientada á exploración de posibles solucións culturais que se poderían desenvolver nos diferentes contextos dos proxectos.

Compartimos a gravación correspondente á primeira parte:

CONTIDOS TEMÁTICOS

Recollemos aquí algunhas das referencias que facilitou Diego durante a sesión: