Venres 04/12/20 | Marco profesional da xestión cultural (X). Os públicos da cultura. Con Jaume Colomer
INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN
Sesión EN LIÑA a través da plataforma Microsoft Teams
É a que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais poderedes unirvos, como na anterior sesión, co voso correo habitual.
A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace. Tamén podedes facelo neste segundo enlace. Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo.
Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.
INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA
Nesta aula achegámonos aos públicos da cultura da man de Jaume Colomer, consultor de longa traxectoria especializado neste ámbito.
A sesión estruturouse en tres bloques temáticos: unha achega teórica sobre os públicos da cultura, na que se falou tamén do impacto na covid 19 e a transición dixital e transmedia; o desenvolvemento de públicos culturais, no que falamos das ferramentas de marketing e a transición de públicos consumidores a comunidade de interese; e cuestións metodolóxicas, como a análise do proxecto cultural, a identificación de públicos obxectivos e a súa segmentación, elaboración e difusión dunha proposta de valor ou a xestión relacional de públicos. Aquí tedes os vídeos da sesión!
CONTIDOS TEMÁTICOS
MATERIAIS COMPARTIDOS
Aquí tedes a presentación que empregou Jaume na súa sesión: