Venres 30/10/20
Marco profesional da xestión cultural (V). Ámbito sociocultural. Participación e cidadanía. Con Alberto García
INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN
Sesión PRESENCIAL na aula 8 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
(Avda. Burgo das Nacións, s/n. | 15782 Santiago de Compostela)
É o novo espazo que empregamos xa na anterior sesión con Ana Lorenzo. Segundo entrades na Facultade, metédesvos pola cafetaría e seguides ata o fondo dese corredor. Xusto despois dunhas portas de cristal de apertura automática.
Para preparar a súa sesión Alberto recomendou algúns contidos previos. Como esta lectura:
E estes contidos audiovisuais:
INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA
Na súa sesión Alberto García realizou unha introdución teórica ao concepto de sociocultura en relación con outras áreas como a educación social, a xestión cultural ou a mediación cultural. Alberto, que dirixe o centro sociocultural de Boiro, compartiu co nós o seu enfoque de traballo en cultura baseado na centralidade da cidadanía, a cultura popular e o empoderamento da comunidade. Aquí tedes os vídeos da sesión!
Ademais, Alberto desenvolveu unha práctica por equipos, nas que houbo que conectar ás persoas que asistiron á clase presencial coas que o fixeron en liña. Esta foi a proposta:
E este o seu resultado:
CONTIDOS TEMÁTICOS
PRESENTACIÓN DA SESIÓN
Aquí tedes o contido que desenvolveu Alberto García na súa sesión:
CONTIDOS COMPLEMENTARIOS
Alberto recoméndavos varias lecturas para completar a súa sesión.
- O capítulo adicado á animacion sociocultural do Manual Atalaya de Apoyo a la Gestión Cultural, ao que podedes acceder dende aquí.
- O libro Cultura libre de Estado (Jaron Rowan, Ed. Traficantes de Sueños, 2016), que tedes aquí ao voso dispor.
- A publicación da Red Española de Desarrollo Sostenible (REDS) Cultura y Desarrollo Sostenible. Tédela aquí.