Venres 16/10/20
– O proxecto cultural (I) Estrutura básica. Plan de traballo do Curso. Sergio Lago, Diego V. Meizoso.
– A práctica profesional (I). Técnicas para o traballo en equipo. Ferramentas colaborativas. Diego Parajó.
INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN
Sesión PRESENCIAL na aula habitual (28) da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
(Avda. Burgo das Nacións, s/n. | 15782 Santiago de Compostela)
Comezaremos a abordar o proxecto cultural no que traballaremos ao longo do Curso. Da man do equipo de titorización, revisaremos a estrutura básica dun proxecto cultural, o cronograma de traballo e configuraremos os equipos. A última parte, máis ampla, estará adicada a mostrar pautas para o traballo en equipo e o uso de ferramentas colaborativas.
Nesta sesión é recomendable asistir con PORTÁTIL, ou no seu defecto tableta ou móbil.
Tamén, probar ao chegar á aula, que podedes conectarvos á wifi.
INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA
Foi unha sesión con varias dinámicas, algunha delas difícil de transcribir:
- Coñecemos a Diego V. Meizoso, do equipo titor e despois Diego Parajó realizou unha actividade para coñecernos mellor como grupo.
- Posteriormente, compartimos e explicamos todos os documentos de traballo que xa están dispoñibles na páxina principal da área privada, na sección “RECURSOS PARA O TRABALLO DOS EQUIPOS“:
- Cronograma 1º trimestre do CEU XC 2020-21, coa información das sesións e dos fitos de entrega.
- Estrutura do proxecto CEU XC 2020-21.
- EQUIPOS e CONTEXTOS iniciais a seleccionar (16 outubro).
- Diego Parajó realizou unha actividade práctica sobre como xestionar o traballo en equipo, empregando Miro, unha ferramenta dixital onde compartimos ideas de xeito colaborativo. O resultado está dispoñible aquí.
- E xa, para rematar, explicouse o funcionamento da ferramenta que empregaremos para o seguimento dos proxectos. Podedes acceder aquí ao convite do Trello xeral do Curso 2020-21.