Venres 09/10/20 | Marco profesional da xestión cultural (III). Historia, actualidade e perspectivas da xestión cultural.

– O perfil do xestor cultural: evolución histórica e retos contemporáneos | Lluís Bonet.
– A xestión cultural en Galicia, perfil profesional e estratexias de futuro | Sergio Lago.

INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN

Sesión EN LIÑA a través da plataforma Microsoft Teams

É a que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). Tamén tedes un convite para acceder xa na vosa conta de correo da USC. As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais recibiredes o convite específico no voso correo habitual.

A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace.

Tamén podedes facelo neste segundo enlace.

Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo. Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.


INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA

Nesta aula achegámonos á evolución do perfil profesional e os retos presentes e de futuro nestes tempos de Covid-19.

Lluís Bonet, é unha das máximas referencias académicas e intelectuais no ámbito europeo da xestión cultural. Dirixe a prestixiosa área de posgrao en xestión cultural da Universidade de Barcelona. Tedes uns apuntes ampliados do seu CV na sección de docentes.

Sergio Lago, realizou unha achega máis próxima, sobre a realidade galega da profesión. As dúas lecturas recomendadas, para quen desexe afondar nos contidos son:

CONTIDOS TEMÁTICOS

Vídeo da intervención (compartido exclusivamente para alumnado, prohibida a súa difusión pública)