Venres 06/11/20 | Marco profesional da xestión cultural (VI). Economía da cultura. Con Pau Rausell
INFORMACIÓN PREVIA DA SESIÓN
Sesión EN LIÑA a través da plataforma Microsoft Teams
É a que emprega a USC, polo que podedes acceder coas vosas credenciais de alumna/o (as que empregastes para a matrícula). As persoas que non tedes aínda activas estas credenciais poderedes unirvos, como na anterior sesión, co voso correo habitual.
A primeira vez que entredes debedes unirvos ao “Equipo CEUXC 2020-21” neste enlace. Tamén podedes facelo neste segundo enlace. Todas as sesións telemáticas do Curso apareceranvos xa ligadas a este grupo.
Facilitamos nesta pequena guía algunhas indicacións xerais de uso, tanto para quen tedes credenciais como para quen non, que complementa a información que vos ofrece a USC ao respecto.
En canto ao contidos da sesión, adiantamos algunhas cuestións que poden ser de interese:
- Por unha banda, un recente informe de Econcult sobre o impacto da covid nas entidades e institucións culturais, ao que podedes acceder desde aquí.
- E estes dous artigos:
INFORMACIÓN XERAL COMPARTIDA
Nesta sesión en liña recibimos a Pau Rausell, profesor da Universidade de Valencia, onde dirixe Econcult, un dos centros académicos de referencia, a nivel nacional e internacional, no eido da Economía da Cultura
Dentro desta disciplina analízanse as actividades dos sectores culturais e creativos, pero tamén todas aquelas dinámicas, sociais e territoriais que interaccionan dalgunha manera coa dimensión simbólica, a creatividade ou a innovación.
Con el trazamos unha panorámica xeral, historia e principais debates actuais dentro da Economía da Cultura, pero tamén coñecemos casos nos que esta disciplina propiciou novas perspectivas sobre industrias e mercados culturais, sobre o impacto da cultura noutros sectores ou sobre algún aspecto das políticas culturais.
Tamén nos ocupamos da evolución do modelo cultural estatal e europeo, das perspectivas de financiamento cultural e miramos ao futuro, marcado polo impacto da covid-19. Aquí tedes os vídeos da sesión!
Na segunda parte da sesión veredes que faltan un par de minutos do comezo:
CONTIDOS TEMÁTICOS
MATERIAIS COMPARTIDOS
Recollemos aquí os contidos aportados por Pau Rausell durante a súa sesión. Comezando pola propia entidade que dirixe, Econcult, á que podedes acceder dende aquí.
Tedes, por unha banda, a presentación que empregou na sesión:
Tamén esta achega á Economía da Cultura:
E o vídeo documental Fes Cultura, que queda aquí ao voso dispor: