20-03-2019 Cristina (2)

Marco europeo e cooperación cultural internacional. Con Cristina Farinha

Por Lidia Moledo

Cristina Farinha traballou na selección das capitais europeas da Cultura. Traballa para a Unión Europea. Avalía Europa Creativa, Erasmus Plus e Horizonte 2020. No ámbito académico é socióloga de formación, investigadora do Instituto de Socioloxía da Universidade Católica de O Porto. É docente do mestrado de Estudios de Industrias Creativas no Instituto Católico de O Porto. Aínda que é socióloga, traballa con Políticas culturais dende sempre, como consultora, como estratega. Fai investigación aplicada, non académica. Fai traballos de diagnóstico de estratexia para as municipalidades, para as rexións, para as autoridades públicas ou para fundacións privadas e tamén traballa moito con elaboración de proxectos e coas capitalidades europeas. Ubicada en Porto, pero os clientes que ten son estranxeiros. Está especializada en políticas culturais no papel da cultura na gobernación e no desenvolvemento. Foi directora da Adic (Axencia portuguesa para o desenvolvemento das industriais culturais e creativas).

Cristina presentounos unhas pincelas da Unión Europea e o rol que nela ten a cultura e falou do principio de subsidariedade:

A cultura  na Unión Europea é enteramente nacional, xa que é  considerada unha área de actuación local e  rexional. A cultura, igual que ocorre con educación, é unha área política que segue a ser enteiramente nacional e na que a Unión Europea non ten moita lexitimidade de acción.

A subsidariedade significa que, sempre que se pode pensar e actuar a un nivel más baixo, mellor facelo a un nivel baixo que a un nivel macro. Sempre que as municipalidades, rexións, países… están máis habilitados para poder intervir nunha área, a UE deixa aos estados a capacidade enteira de intervir porque a cultura ten moito que ver con valores, con formas de estar, con idiomas, con identidades, con cousas que non deben ser regladas. Son áreas que deben quedarse nas nacións, como é o caso de Portugal.

A Unión Europea intenta promover a cooperación nesta área. A UE non pode intervir directamente nin financiar a unha soa entidade: só pode financiar grupos de socios conxuntos, pero de diferentes países, porque o obxectivo é promover o diálogo, a cooperación entre os diferentes países para que a xente que traballa nos sectores culturais e creativos dos distintos estados se coñeza, aprendan uns dos outros. A UE promove e financia encontros, formación e proxectos que permiten aos suxeitos, actores da cultura , encontrarse, aprender e facer cousas en común para promover a integración.

Os obstáculos que encontra son, entre outros:

  • Fiscais
  • Recoñecemento de diplomas e cualificacións
  • Estatuto familiar
  • Autorizacións de traballo
  • Recursos financeiros
  • Seguridade social
  • Información
  • Dereitos de propiedade intelectual e derivados (copyright).

Cando se está no mercado internacional as esixencias son maiores e a dedicación é maior, por iso é moi difícil. A UE funciona por presuposto, por planos de traballo seriados (agora 2014-2020). Cando prepararon as políticas do 2014 analizaron o sector e o un problema que encontraron foi a fragmentación do mercado con lóxicas moi diferentes, cuxas reglas son nacionais que falan idiomas distintos.

Esta diversidade cultural é un, por unha banda, un obstáculo, pero a UE entende que, ao mesmo tempo, é unha riqueza moi grande. Temos un mercado moi rico cunha oferta moi rica e diversificada.

Cando a Unión Europea comezou a deseñar o programa de Europa Creativa pensou nos seguintes desafíos:

 

Mercados / Espazo cultural fragmentado:

As dificultades para os artistas e operadores culturais para entrar en novos mercados e a diversidade cultural e lingüística son un desafío e tamén un valor que a UE se compromete a salvaguardar e a promover. Hai que apoiar a movilidade e a circulación para crear conexións. Europa Creativa trata do desenvolvemento de competencias para apoiar os artistas a promover carreiras internacionais e reforzar as redes internacionais para crear oportunidades profesionais e soportar a circulación internacional das creación incluíndo a súa itinerancia, traducción e desenvolvemento de públicos.

 

A Revolución dixital cambiou toda a cadea de valor do sector:

Problemas:

  • Mudanza de forma como a arte é producida, diseminada e consumida.
  • Grandes desafíos e tamén grandes oportunidades.
  • Cambio de paradigma: necesidade de incluír ás audiencias como participantes activos e non só como meros observadores pasivos.

Europa Creativa pensou nun novo enfoque no desenvolvemento de audiencias e no desenvolvemento de competencias.

 

Acceso a financiamento:

Problemas:

  • Dificultades crónicas para as PEMEs do sector en acceder a financiamento bancario (60% son microempresas).
  • Os bancos non entenden o sector, xa que o seu perfil é de risco e falta un incentivo para invertir no coñecemento desenvolto. Europa Creativa xera un incentivo para os bancos e destaca a creación dun instrumento financiero novo para facilitar acceso a garantías bancarias.

 

Falta de datos:

Problemas:

Poucos datos comparables no sector fan difícil identificar problemas e a súa escala dificulta o desenvolvemento de políticas baseadas en evidencias, pero segue sendo necesario deseñar as mellores políticas a nivel nacional e europeo para apoiar estes sectores. Europa Creativa propón apoiar a colección de mellores informacións e comparables así como producir estudos e análises estadísticas e extender o mandato do observatorio audiovisual europeo para os outros sectores culturais e creativos.

As prioridades do programa (o que o programa financia) son a publicidade, a circulación de obras e de persoas, o desarrollo de públicos e a formación (informal). Todo o que son encontros, discusións que permiten ás persoas aprender con outros en ambientes informais. A parte de media ten moitas máis liñas de financiación. O lado de cultura os programas son moi abertos o que supón unha vantaxe. Hai liberdade de facer o que queiras.

Nos proxectos Erasmus, todas as actividades son formatadas, teñen presupostos estandarizados. Cambian as temáticas das formacións pero as formacións son claras, teñen valoracións e orzamento estandarizado. Todo está claro.

 

20-03-2019 Cristina (1)

 

Para a avaliación, os criterios que hai que ver nas candidaturas son a relevancia (como vamos a contribuír co noso proxecto para o programa), a calidade dos contidos dos programas de actividades, a parte de comunicación e, na parte dos socios, a coherencia  (experiencia). Estas son as catro dimensións que o proxecto ten que presentar para poder ser financiado.

 

O que interesa a Unión Europea é provocar intercambios de públicos, de artistas e de profesionais para despois ter repercusión a nivel de públicos. Como a nosa vontade vai a contribuír para o proxecto europeo é a cuestión máis abstracta. Cal é a relevancia do que queremos facer para as prioridades do proxecto, entendendo como prioridades a circulación, a dixitalización, o desenvolvemento de públicos,… temos que ser claros e o máis orixinais posibles. É a parte de creación. Como  a nosa actividade vai a contribuir ao público. Hai que ser claro cos obxectivos.

No que respecta ao programa de actividades, nesta fase da avaliación o que se agarda é un programa (artistas, cando, onde,…) concreto. Interesa financiar proxectos que van a continuar. Interesa saber si hai visión de continuación. Cando definimos un proxecto hai que pensar como vai a continuar despois. É importante pensar o futuro dentro do presente. Esta información é importante reflexala.

Finalmente os socios son algo moi importante porque son a esencia do proxecto. Un proxecto de cooperación é unha obra colectiva, de diferentes socios que teñen papeis diferentes e participacións diferentes. Teñen que participar activamente. Interesa un perfil que xustifique esta actividade concreta.

Os públicos non se ven como algo pasivo, deben participar na propia concepción do proxecto. Os proxectos non teñen que responder a todas as prioridades, só escoller unha: é mellor ter un proxecto só cunha única prioridade  ben fundamentada a ter un proxecto que intenta todas as prioridades sen conseguilo.

Hai unha parte de xestión grande. A parte de xestión é unha parte grande do proxecto. En Erasmus hai un subcriterio onde imos ver se os socios xa recibiron outros proxectos Erasmus e se non recibiron é bo porque entón vai ser a primeira vez.

 

Tendencias 2014-2020

  • Carácter inmaterial de dinamización e prooción de equipamentos e recursos
  • Desenvolvemento de diferentes entidades, tipoloxías de asociados e axentes.
  • Articulación de diversos subsectores, disciplinas, perfís profesionais e institucionais e sectores de actividades, clusters.
  • Promoción da cooperación entre varias rexións ao nivel nacional e internacional.
  • Forte dimensión empresarial e relevancia de modelos de negocio.
  • Integración de estratexia de comunicación e desenvolvemento de públicos obxectivos.
  • Integración cun territorio e comunidade do arredor.

Programas de acción externa UE:

Pre-accession countries/DG Enlargement

Neighbouring countries/http://www.enpi-info.eu

European External Action Service/EuropeAid Development and Cooperation

http://cutureinexternalrelations.eu

EU strategy for international cultural rellations (2016)

 

Financiamentos Transnacionais UE

  • COSME: competitiveness of SMEs
  • UFE+: environment
  • Europe for Citizens
  • Horizon 2020 (research & innovation)
  • Erasmus + (incl. Youth &spor)
  • Creative Europe (Culture/Media)

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*