2018 12 05 da idea ao anteproxecto

O proxecto cultural: da idea ao anteproxecto

Por Alfonso Muñoz

Nesta nova sesión do CEU en Xestión Cultural, comezamos falando da visita da semana pasada ao Culturgal e das características dun evento destas dimensións e os participantes dos sectores culturais galegos, así como da conversa co director da feira,  Xosé Manuel Aldea, entre outras cuestións.

Para coñecer o orzamento da feira, Sergio Lago sinalou que a organización publica unha memoria anual económica e considerouna de especial interese. En comparación con outras feiras estatais, o orzamento que se manexa e bastante inferior. Pola súa banda, Diego Parajó destacou a ausencia dunha programación de intercambio entre profesionais, sinalando que foi absorbida polos stands adicados á venda ao público.

Xa metidos na aula correspondente, a primeira hora adicámola ao traballo en grupo e ao intercambio de ideas, conectando as sesións de diagnose e creatividade para, posteriormente, facer unha pequena presentación de cada grupo e elixir a idea principal do proxecto.

 

Equipo 1. Cangas do Morrazo

Forma xurídica: Equipo Municipal de Cultura.

O equipo de Cangas do Morrazo no seu proceso de traballo atopou un amplio abano de actividades culturais impulsadas en gran parte polo tecido asociativo co que conta o municipio. No proceso de diagnose, destacaron os seguintes puntos:

  • A oferta cultural non está enfocada hacia ningún público 2018 12 05 Equipo Cangasespecífico, o que dificulta chegar a determinados sectores do mesmo como é o caso da xente moza, público familiar… a pesares de que que a idade media da poboación ronda os 35 anos.
  • Non existe gran comunicación entre os concellos limítrofes que forman a mancomunidade, non habendo competencia entre eles, pero tampouco un diálogo común para o desenvolvemento dun proxecto cultural conxunto a longo prazo, nin tampoco existe diálogo entre as asociacións.
  • Os inmigrantes da zona están excluídos indirectamente das actividades culturais,  xa que non existe ningún plan nin acción específico para a súa participación.
  • Cangas sempre estivo vinculada á industria conserveira e a pesca. O seu desenvolvemento xirou entorno ao mar, coa chegada da democracia á vila en materia urbanística quedou estancada.
  • A época de máis afluencia de xente é o verán debido ao movemento turístico estival.

Como idea principal para o seu proxecto elixiron a creación dunha comunidade onde toda a veciñanza estivera representada, e en especial a xuventude, coa intención de movilizar a este sector de poboación e involucralo na vida cultural da vila.

 

Equipo 2. Barrio de San Pedro. Santiago de Compostela.

Forma xurídica: Empresa. Sociedade Limitada.

No barrio de San Pedro o equipo de traballo observou a existencia dunha poboación eminentemente nova na que a media de idade é de 44 anos cunha pluralidade cultural e étnica, e tamén con importantes edificios culturais ademáis dun gran tecido asociativo, así como servizos de transporte próximos ao barrio e incremento do número de persoas en situación de dependencia.

2018 12 05 Equipo San Pedro

Ideas resultantes da diagnose deste equipo:

  • Hai unha necesidade de maior dotación de recursos para garantir a escolarización, banco de libros, apoio escolar e necesidade de máis actividades extraescolares.
  • Falta de actividades formativas e ocupacionais, orientación laboral.
  • Persoas maiores en situación de dependencia, necesidade de fomento de actividades lúdicas e recreativas para este colectivo.
  • Minorías étnicas. Incremento de persoas estranxeiras, falta de alternativas formativas.
  • Necesidade de servizos de apoio ás familias, sobre todo aquelas que teñen menores ao seu cargo.

A idea principal sobre a que xirará o seu proxecto é a de dinamizar á xente nova para integrala no mundo laboral, mediante a introdución de negocios de xente nova no barrio para retelos nesta zona da cidade.

 

Equipo 3. A Coruña

Forma xurídica: Fundación

O marco de traballo do equipo 3 é a cidade vella da Coruña, 2018 12 05 Equipo Coruñana que se atoparon cunha poboación en descenso con vivendas desocupadas e falta de servizos comúns, ademais o sector económico crea gran cantidade de establecementos comerciais na zona, aínda que polo xeral teñen pouca duración no tempo.

Os datos da diagnose realizada polo equipo son os seguintes:

  • Non hai conexión entre as distintas entidades culturais do barrio.
  • Hai pouca difusión das actividades socioculturais e unha falta de implicación da poboación local na vida cultural.
  • Hai unha tendencia a convertir a zona nun barrio residencial de clase social alta.
  • Existencia de diversas entidades con programación dirixida a distintos públicos.
  • Hai un atractivo paisaxístico: a cidade vella foi declarada conxunto histórico-artístico en 1985.

Para o seu proxecto a idea escollida por este grupo foi a de incentivar a formación de maiores.

 

Equipo 4. Boiro

Forma xurídica: Empresa. Economía Social

O equipo 4 desenvolveu o seu traballo na vila de Boiro. Trátase dunha zona basicamente mariñeira pero cun sector cultural moi activo, cunha poboación moi implicada nas distintas asociacións culturais que traballan na zona.

Ideas da diagnose:

  • Desconexión entre as institucións e as asociacións. Falta de apoio da entidade local.
  • Descompensacións entre axudas ao deporte e á cultura por parte de Concello.
  • Falta de implicación da hostelería e aloxamentos na actividade cultural.
  • O ámbito industrial, fundamentalmente conserveiro e pesca, non busca nin se beneficia do sector cultural da vila. Pérdida nos anos 70 da industria téxtil.
  • Importante oferta cultural. Contan cunha sala de música referente en Galicia, ademáis de importantes grupos e músicos.
  • Alta participación e implicación dos habitantes. Boiro é un referente a nivel cultural. Sentimento de comunidade. Membros compartidos entre asociacións e cunha forte implicación.
  • Inestabilidade do traballo creativo e cultural. A falta de visibilidade e de oferta cultural provoca unha falta de demanda. Contraprogramación intensiva a nivel local e comarcal. Pouca vontade política con respecto á cultura.
  • Localización clave (a media hora de Santiago, de Pontevedra), pobo mariñeiro, etc. Vontade de colaboración cos empresarios da zona. As iniciativas culturais máis importantes son as que saen da xente, da súa demanda, dando lugar a unha forte implicación.

A idea final escollida para o proxecto deste grupo foi a realización dun festival no que se poñan en interconexión o sector cultural co sector industrial e se creen sinerxías de cara a unha futura colaboración máis habitual e fluída.

 

Preparación do pechakucha

Trala exposición dos distintos equipos de traballo pasamos a preparación do pechakucha, no que se fará a presentación de anteproxectos na vindeira sesión. Trátase dunha presentación áxil apoiada en 20 imaxes e cun tempo de 6 minutos.

Definimos a estructura básica:

Presentación

  1. QUEN SOMOS (fórmula xurídica e presentación do equipo)
  2. CONTEXTO (cidade, rural…etc)
  3. DIAGNOSE (principais ideas e outra información que queramos destacar), con DAFO e mapa de axentes.
  4. IDEAS (derivadas da diagnose e idea elixida)
  5. IDEA ELIXIDA:
  • Que (formato)
  • Cando (?)
  • Para que (obxectivos)
  • Para quen (definir o público)

Ademais dun último apartado de posibles proxectos de referencia.

 

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*